luns, 27 de xullo de 2020

Enerxías culturais. Ventos, pandemias e esquecementos


Amosounos o 2020 a súa cara máis fera. A que cada certo tempo pon á sociedade nunha situación límite. Situándonos ante un cantil fronte ao que ollar, non só cara a enfermidade e a dor, senón tamén cara nós mesmos como especie. As semanas de confinamento que marcarán, non só este ano, senón o resto das nosas vidas, puxéronnos a proba para medirnos dende o invidual fronte ao colectivo. Se de algo pode presumir a nosa especie é da súa capacidade para aprender, para tentar superar as complexidades, porén, como raza, tamén temos no noso ADN unha incríble capacidade para petar dúas e ata tres veces na mesma pedra, repetir erros e esquecer as ensinanzas da vida.
Os días pasan e os pesadelos quedan atrás co que é tempo de pensar naqueles que nos botaron unha man para pasar ese trago de illamento no que a cultura e as súas inquedanzas convertéronse no vento fresco co que poder respirar durante tantas semanas. Certo é que isto non é algo novo, se algo aporta a cultura a toda sociedade é esa capacidade de mudar, cos seus ventos de creatividade e imaxinación, a nosa cotiandade. A cultura leva abrindo fiestras e impulsando amenceres dende que é un músico compuxo as súas primeiras notas, un escritor apuntou as súas primeiras narracións ou alguén fixo un garabato nalgunha parede. Por esa capacidade para modificar ou calmar os demos é polo que a cultura é importante en calquera sociedade, un valor que medra cando as cousas aínda se poñen peores e serve para comprobar como ese potencial é algo a reivindicar e a poñer en valor, non só cando veñen mal dadas e non dubidamos en gabar o ben que nos fixo ler un libro mentres estabamos pechados, escoitar un concerto nas redes, ver un filme ou visitar un museo de xeito virtual. Esa doazón ao colectivo da cultura é un valor a reivindicar máis alá de pandemias e ten que converterse nun dos activos máis afoutos e senlleiros de calquera sociedade.
Galicia, a Galicia que neste día celebramos como un elo cos nosos devanceiros e co valor dunha terra capaz de xerar un ámbito singular na nosa creatividade, é a que non pode deixar nunca de lado aos seus creadores. Unha sorte de zume que, como nas plantas, móvese no colectivo e fainos medrar con forza e coa posibilidade de gozar das nosas inquedanzas. Ese zume en Galicia é tan diverso coma vigoroso. Diverso porque os nosos creadores traballan dende campos tan variados como son o da plástica, o musical, o audiovisual, o teatro, a cociña, o deseño, a escrita ou a banda deseñada, por citar só algúns deses territorios creativos, nos que temos sobranceiros exemplos da súa capacidade, así como do seu liderado en todo o Estado, e todo iso acubillado nunha lingua propia. Temos, polo tanto, o máis difícil sempre, a semente, aquilo que non se pode comprar con cartos, senón que xorde en base a sensibilidades, coñecementos e profesionalidade; pero o que se bota en falla é como ese produto é quen de inzar na sociedade máis alá duns círculos reducidos e tamén cómo poñemos todo ese potencial en valor nun contexto máis amplo, fóra de Galicia, como xeito de reivindicarnos como unha terra de creación, co que iso ten, non só de afianzamento dun pobo, senón tamén como parte dunha industria capaz de xerar emprego e ingresos.
Por todo isto é polo que os artistas precisan, e máis nestes tempos de incertezas e desacougos, que se aposte polo seu traballo, que se participe nos seus proxectos, primeiro dende o individual coa compra e participación nos seus produtos, que tantas horas e horas de esforzo levan con eles; pero tamén dende a administración, que ten que servir de lanzadora para transportar todos eses soños que forneceron nun cadro, nun disco ou nun libro cara outros escenarios. Estamos obrigados a saber vender o que facemos, a xerar mercados cos nosos soños e a situar a nosa cultura no exterior. Vimos de pasar un proceso electoral no que a cultura estivo afastada de debates e liortas entre candidatos. Nada novo. A cultura, unha das que deberían ser as tres grandes patas de toda sociedade que pense no valor do individuo, xunto coa sanidade e a educación, desprázase de cotío do foco mediático, castigándoa e magoándoa dun xeito que atenta contra nós mesmos. Quéresenos poñer ese foco de xeito permanente no ‘Camiño de Santiago’, xustamente o noso produto máis coñecido en toda Europa e no mundo, mentres se esquecen as corredoiras polas que nos movemos cada xornada, eses talleres dos nosos artistas, bulideiros e cheos dunha ilusión á que lle damos as costas. Esquecemos tamén a Portugal, comunidade de noso, coa que máis alá do testimonial teríamos que fornecer unha alianza estratéxica clave para dúas culturas irmás.
Os ventos dos nosos creadores non poder quedar máis tempo pechados entre unhas fiestras que deixan ver a nosa contorna pero que impiden que esa cultura se achegue de xeito máis intenso á cidadanía. Poñámonos en valor, escoitemos aos protagonistas deses diversos territorios da creatividade, entendamos as súas necesidades e plantexemos, dende as súas propostas, alianzas entre os diferentes sectores para non repetir erros, para non quedar illados daquilo que nos ten que dar a vida: a cultura.


Publicado no Especial Día de Galicia 25/07/2020. El Progreso/Diario de Pontevedra/ La Región/ Atlántico



sábado, 25 de xullo de 2020

Poeta (s) chileno (s)


[Ramonismo 34]
Alejandro Zambra plantea una deslumbrante novela sobre el mundo poético chileno y el hecho de ser padre



“LOS NOVELISTAS chilenos escribimos novelas sobre los poetas chilenos”. Esta frase asoma en varias ocasiones a lo largo de la novela ‘Poeta chileno’, que Alejandro Zambra publica en el sello Anagrama como la confirmación de su talento literario apuntado en diferentes registros anteriores, tanto desde la poesía, como desde el ensayo o la novela. Un género en el que podemos destacar ‘Formas de volver a casa’ que recibió, en su edición inglesa el English Pen Award, por citar alguno de los reconocimientos de este autor nacido en 1975 en Santiago de Chile, aunque residente en Ciudad de México.
No caeré, tras acuñar estos datos, en subrayar la precocidad de Alejandro Zambra, algo que él mismo apunta en su relato sobre la visión que se tiene de los poetas o de los escritores considerados jóvenes, pese a un relativo paso de los años. Pero sí que, tras acercarme por primera vez a un texto suyo, no puedo dejar de mostrar el goce de descubrir una escritura tan inteligente y seductora para el lector, en un relato que hibrida la pulsión literaria de los poetas, con especial incidencia en el ecosistema chileno (que por otra parte no debe ser muy diferente de otros parnasos poéticos del mundo), con una emocionante muestra de lo que supone ser padre y cómo esa relación filial puede derivar en insospechadas consecuencias.
Así es como Alejandro Zambra nos cuenta la historia de Gonzalo, aspirante a poeta, y su relación con Carla, que lleva aparejada el ejercer de padrastro de Vicente quien, con el paso de los años, también mostrará ilusiones literarias, pese al distanciamiento con el propio Gonzalo. Se plantea así una madeja de relaciones que pasa de la juventud del protagonista, de su amor por Carla, de sus desvelos por vivir de la poesía, hasta que el niño Vicente se hace adulto y también reivindica esa pasión por lo poético, algo nada extraño, como gran género que es de la espina dorsal de la cultura chilena. El libro es, por lo tanto, un festín metapoético sobre esa realidad del país andino, cuna de Pablo Neruda, Nicanor Parra, Vicente Huidobro, Gabriela Mistral, Pablo de Rokha o Raúl Zurita, por citar sólo los grandes astros de aquel ecosistema poético. Astros que iluminan de una manera singular, pero también que ciegan con su luz a cientos de poetas que quien llegar a esa magnitud y con los que la naturaleza o las musas no pueden, ni deben ser tan benévolos, pereciendo abrasados en el intento de llegar a ser poeta, aunque para ello baste un solo libro.
Con toda esa armazón es con la que Alejandro Zambra nos va haciendo poner pie en cada uno de esos ámbitos, el familiar y el literario, con todo un país como trasfondo y capaz de llenar de connotaciones singulares ambos caminos. Especial atención merece el cómo su autor es quien de ajustar ambos senderos, de llegar a ciertas encrucijadas emocionantes en las que la sangre de los protagonistas late bajo los amores literarios, bajo la condición de la poesía como gran hacedora de íntimas realidades, de inquebrantables deseos y de una manera de mirar la vida que solo los poetas son quien de condensar en unas pocas palabras. Alejandro Zambra se vale de esas palabras, también de la especial manera de hablar de su país, para concedernos una novela llena de audacia, de momentos repletos de humor, de melancolías, de refugios literarios a los que uno ya quiere echarse nada más que remata la novela y de un desparpajo que libera muchos de los corsés que se podían pensar de antemano ante esa arriesgada mirada al universo poético chileno.
Descubrirse como poeta también tiene mucho de descubrirse como padre. Ambas son dos formas de creación, dos maneras de estar en un mundo al que la poesía disecciona como pocas artes. Un hijo, como un libro, se deposita ante el mundo con la esperanza de que éste confíe en él, con la ilusión de que se valore como parte de una experiencia vital o como un bumerán que se arroja al aire y que puede olvidarse de él hasta que en un momento concreto, de manera inesperada, vuelve a irrumpir en tu vida.
Alejandro Zambra escribe ‘Poeta chileno’ como uno de esos novelistas chilenos que escriben sobre los poetas chilenos, pero también lo hace como un gran escritor.


Publicado en Revista. Diario de Pontevedra 25/07/2020


luns, 20 de xullo de 2020

Un canto por México


[Ramonismo 33]
Natalia Lafourcade presenta, con su nuevo disco, un proyecto para apoyar la vigencia del legado musical del Son Jarocho



LA MEXICANA Natalia Lafourcade, además de ser una de las cantantes más reconocidas de su país, es una de las artistas más comprometidas con la supervivencia del riquísimo folclore musical mexicano. Cuando son muchos los que se envuelven en banderas de defensa de su país pero de una manera demasiadas veces de cara a la galería, Natalia Lafourcade lleva varios años testimoniando esa pasión por sus raíces con diferentes proyectos que buscan siempre activar los sentidos de sus paisanos, y de más allá de sus fronteras, en la necesidad de mantener vivos esos sones.
Uno de ellos, abierto al espectacular Caribe, es el Son Jarocho, procedente de la ciudad de Veracruz, territorio siempre en la deuda eterna de tantos españoles que a él llegaron huyendo del fascismo triunfante en la Guerra Civil, pero al que también llegó, décadas antes, nuestro paisano Valle-Inclán, en su inolvidable periplo por lo que bautizó como ‘Tierra Caliente’.
Con numerosos discos de éxito, con triunfos clamorosos en los premios Grammy, y todo ello pese a nacer en 1984, Natalia Lafourcade publica este disco, titulado ‘Un canto por México’, con cuyos ingresos busca ayudar en la reconstrucción del Centro de documentación del Son Jarocho en Veracruz, afectado por el terremoto de 2017. Un centro que trabaja en esa preservación, estudio y difusión de esos ritmos activando a músicos indígenas y diferentes artistas para mantener vivo un legado del que muchos artistas famosos nutren sus discos y sus giras.
Tras varios conciertos, con uno muy especial celebrado en el Auditorio Nacional de Ciudad de México, Natalia Lafourcade impulsó este disco entendido como un abrazo a la vida, tanto de ella hacia la música que la rodea desde chiquita, como hacia aquellos que escuchen y compren este trabajo que es una felicidad. Desde su versión del famosísimo ‘Cucurrucucú paloma’, con el que se cierra el disco, pasando por maravillosas canciones nacidas bajo la cálida brisa de ese refulgente Caribe, como ‘Mexicana hermosa’, cantada con Carlos Rivera, ‘Para qué sufrir’, junto a Jorge Drexler, o ‘Mi tierra veracruzana’, junto al grupo Los Cojolites, uno de los más afectados por los efectos de aquel seísmo y con una participación esencial a lo largo de todo este trabajo.
Desde este lado del Atlántico y con el cariño por aquel país tan especial para nosotros, estos sones mexicanos son una bendición, un canto alegre en momentos que no lo son tanto y que se escuchan con la complicidad con aquellas tierras hermanas y que los que las hemos pisado no olvidaremos nunca, recordándola por la amabilidad de sus gentes y por todo un enorme patrimonio cultural, natural o gastronómico que hace imposible el no enamorarse de México. Así es como cada vez que escuchamos estas músicas sentimos su capacidad de transportarnos hasta el país azteca, y hasta parece que vemos a las mujeres con sus trajes jarochos danzando, moviendo sus faldas blancas, mientras los tacones golpean el escenario.
Músicas del mundo que necesitamos conservar, intentar preservar frente a este entorno cada vez más globalizado y uniforme en tantas cuestiones que, sin embargo, solo desde esta pureza, tiene sentido para disfrutar la vida o, tal y como se despide Natalia Lafourcade en su disco: «¡Gracias vida, vámonos lejos!»


Publicado en Revista. Diario de Pontevedra 18/07/2020

martes, 14 de xullo de 2020

Dúas Galicias


Ana Pontón no mitin de campaña
celebrado en Pontevedra (Gonzalo García)

Botáronsenos enriba as eleccións do coronavirus como un trance que tiñamos que pasar entre suores fríos, e alá foron. Agora xa aprendimos a votar tamén coa canícula, e a participación non se resentiu, ben ao contrario, ao sinalar o compromiso da cidadanía coa súa responsabilidade, que non se viu, por exemplo, nos votantes vascos. Coas urnas cheas de votos, o reconto, entre efluvios de hidroxeles e luvas profilácticas, deixou uns datos que marcarán a política galega nos vindeiros catros anos. As galegas e os galegos falaron alto e claro, e queren seguir os pasos de Feijóo e a súa Galicia xestionada dende esa burocracia de equilibrios financieiros, garabatas e brindes por unha Galicia de postal ou de propaganda turística, pero que pouco se achega ás necesidades da xente. Sanidade e economía terán a lupa posta sobre elas, como parte dese compromiso para superar as físgoas do coronavirus, pero educación ou cultura deberían poñerse na folla de ruta do novo Goberno como parte orgullosa e necesaria desa recuperación e como elementos diferenciadores co resto do Estado.
Ante esa Galicia as eleccións deixáronnos outra, a que pretendeu ser, pero que non chegou ata onde soñaba. A Galicia de Ana Pontón, coas velas inzadas na procura dun futuro de soños cos que activar un cambio que non se acadou, pero que, lonxe de abatir á candidata, semella facer dela o máis temible adversario de cara á seguinte cita (cun Feijóo en retirada, non sabemos se en Madrid ou noutras ocupacións) na que o BNG xa contará como opción firme de goberno. As dúas aparicións públicas de Ana Pontón, despois de saber os resultados, non mostraron a unha muller exultante, senón a unha muller que non puido dar o salto á presidencia, pero que, consciente da fazaña acadada, xa prepara o tempo que virá, no que tentará apostar por esa outra Galicia, máis apegada á terra, a do rural, a das cidades e a do mar. A da xente que quere soñar e que por fin atopou quen lle poña palabras a eses soños coa firme voz dunha muller. E canta falta fai que as que soñen e manden sexan as mulleres!
O Parlamento convertirase nun debate entre esas dúas Galicias, e o que se afaste desa dobre mirada galega é que non entendeu nada do que pasou antonte.



Publicado en Diario de Pontevedra 14/07/2020

Galicia é unha festa

[Ramonismo 32]
Xurxo Lobato achéganos un espectacular percorrido fotográfico por esa singularidade do noso país como son os festas

Festa do Albariño en Cambados (Xurxo Lobato)

Festas relixiosas, festas gastronómicas, festas adicadas a conmemoracións históricas... festas e máis festas. Galicia é unha festa e poucas situacións nos identifican máis como o pobo que somos que ese carácter festivo, que esas celebracións comunitarias que nos levan a xuntarnos arredor dun motivo para celebrar algunha cuestión en concreto, aínda que o que celebremos finalmente é a vida e todo o que nos pode dar.
A nosa terra está sementada de citas festivas, de norte a sur ou de leste a oeste, a nosa xeografía é un permanente recital de celebracións. A elas achégase o fotógrafo Xurxo Lobato no libro ‘Galicia é unha festa’ para facer unha compilación de instantes, de fotografías que resumen, como poucas cousas, o que acontece en cada unha desas celebracións. Un libro para fachendear de nós mesmos e da nosa capacidade para sentir a festa como parte da nosa identidade, para converter cada un deses escenarios, algúns deles ben singulares, nunha parte do noso folclore e dunha forma de patrimonio de tipo inmaterial que se leva no interior das sucesivas xeracións que cumpren o rito de participar desas convocatorias.
Antes de chegar ás imáxes o libro engrandécese coa participación de Felipe Senén a través dun prólogo no que sitúa o contexto axeitado dentro dun marco histórico, pero tamén fala da diversidade de espazos e as características de cada unha desas festas. Os santos, as romarías, o rural, o urbano, a música... en definitiva, unha chea de componentes xenéricas que teñen en cada unha das entradas propostas polo fotógrafo a súa rede particular de citas. Cando accedemos a cada unha delas a calidade das fotografías ensalza as festas para sumerxirnos neses universos de cor e celebración, de maxia, ledicia ou devoción e que, dun xeito tan particular, é quen de recoller o autor do libro. Xurxo Lobato acada ese punto de vista diferente nun tema xa moi explorado, dende o publicitario ou a investigación patrimonial, pero o que logra o fotógrafo coruñés e atopar un punto de vista co que nos fai participar da propia escena. Planos impredecibles, instantes conxelados, detalles que só a mirada casual e nunca pretendida do que está alí presente é quen de concederlle ese sentido de inmediatez que lle outorga a vida que todas as imaxes do libro conteñen.
Estamos ante un libro imprescindible para achegarnos a todo este universo das festas en Galicia. A calidade na súa edición, a potencia das fotografías e os textos que as acompañan, asinados por Omayra Lista, converten a este volume nun compás máis que axeitado para ter connosco unha parte de nós mesmos. O propio Xurxo Lobato nas súas palabras de presentación fala das festas como os espazos nos que «a xente se expresa con máis liberdade e menos ataduras», o que encaixa perfectamente nese labor que o fotógrafo vén facendo dende hai máis de corenta anos de «retratar ás xentes do meu país». Pois aquí as tedes, xentes dunha chea de recunchos, dende Malpica ata o Caurel, dende Ortigueira ata Baiona, e todos eles cunha mesma paixón, a de gozar a vida en comunidade e apegada a súa terra.
Especial atención se adica a unha das nosas grandes celebracións comúns a toda Galicia, o Entroido, a través dun capítulo final, tamén introducido por Felipe Senén, e no que se nos amosa esa diversidade de Entroidos, de traxes e máscaras, de cores e ritos que fan desa festa un motivo moi especial no noso calendario festeiro, tan cheo de propostas como de imaxes e que tan ben reflicte coa súa cámara Xurxo Lobato neste exemplar e necesario traballo.


Publicado na Revista Diario de Pontevedra 11/07/2020


luns, 6 de xullo de 2020

Cerveza, bares, poesía


[Ramonismo 31]
La editorial Visor celebra su número 1.100 con un canto a la poesía desde la relación de los autores con los bares



SON SUS tapas negras un azabache refulgente que llena las más prestigiosas estanterías dedicadas a la poesía. La colección Visor es una referencia en la edición poética y cada volumen que se publica un alborozo de la palabra que acoge diferentes voces, de ayer y de hoy, siempre marcadas por una excelencia que es la que ha ido prestigiando a este sello y a los autores que en él se integran.
Llega la Colección Visor de Poesía a un número especial. Un brindis emocionante por la capacidad de resistencia y por plantar cara a un tiempo que quizás solo la poesía sea quien de explicar en sus derivas y afrentas al ser humano, desde las intenciones de los protagonistas que convierten cada libro en esa necesaria expiación de la realidad para forjar la poesía como «un ajuste de cuentas» con el entorno, como la tiene definido en más de una ocasión uno de los protagonistas del libro, Luis García Montero. El brindis es por el número 1.100, y para él se ha pensado en una edición especial que agrupa a numerosos autores, de una espléndida calidad y que bajo el feliz título de ‘La cerveza, los bares, la poesía’, presenta poemas o textos relacionados con esos ecosistemas en los que muchos de ellos encuentran inspiraciones varias, detonantes para el equilibrio del verso o, simplemente, una barra en la que apoyarse ante las embestidas de la vida.
Estamos, por lo tanto, ante una selección de autores que ha capitaneado el propio Chus Visor, Jesús García Sánchez, demiurgo de esta colección envuelta de noche y cuyas estrellas son los nombres de los propios poetas. Hombres y mujeres que, desde ambas orillas del Atlántico, conforman con su obra un faro de palabras en el luto del día. Un haz de luz por el que ahora recorremos su pasiones, querencias, gustos y distanciamientos con el universo alcohólico. Ante el rosario de cuentas Chus Visor nos regala un texto, a modo de introducción, sobre la importancia de estos ambientes perfumados en la vida de los distintos autores, y a partir de ahí entendemos cómo a lo largo de la historia, desde el Antiguo Egipto hasta el decálogo de un bebedor de Álvaro Mutis, la obra de cada uno de ellos se ha enhebrado desde esos espacios, entre lo íntimo y lo público, con el debate de lo que sucede puertas afuera, allí donde todo es más áspero e imposible de contener en una copa reparadora.
El heterodoxo listado en estilos y geografías permite, al tiempo que comprobar las posibilidades inspiradoras de bares y alcoholes, radiografiar buena parte de la poesía de las últimas décadas en castellano. La presencia de Visor en Latinoamérica también se referencia a lo largo de estas páginas en las que numerosos creadores de allí nos encierran acá sus textos, lo que en muchos casos permite descubrir poéticas de las que tirar de su hilo para una aproximación más detenida.
«Yo tengo nostalgia; tú tienes morriña!», es el fin del poema del mexicano Luis G. Urbina, puritita emoción para esta tierra en un poema que sigue a los antiguos y anónimos, adentrándonos en ese listado en el que no faltan los Machado, Pessoa, Camba y su país de la cerveza, Lorca, Neruda, Pavese, Lezama Lima, Gil de Biedma, Marilyn Monroe, Daisy Zamora, Juan Gelman, Ángel González, Sabina y sus 500 noches, Benjamín Prado, Manuel Vilas, Raquel Lanseros o Antonio Lucas. Poetas de barra, poetas de tronío.


Publicado en Diario de Pontevedra 4/07/2020