Hoxe o Concello de Marín vai a presentar un catálogo no que estiven a traballar nos últimos tempos sobre a obra de Manuel Torres no Museo que leva o seu nome ás 20,00 horas. Estades todos invitados así como as charlas que ó longo da semana terán lugar para analizar a súa obra (se pinchades na imaxe teredes o programa). O tempo non foi moi agarimoso con este extraordinario pintor, ogallá estes actos servan para a súa reivindicación e a visualización dunha obra que fixo de Marín o seu refuxio e motivo e coma ningún outro deixou inmortalizada cara o futuro para que estea permanentemen exposta no Museo que leva o seu nome e que se pode chegar a convertir nun recurso cultural, turístico e económico de Marín.
Ningún comentario:
Publicar un comentario