A Asociación PuntoGal, o Festival de Cans ou o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra optan a ese galardón, e o certo é que as cousas están ben reñidas entre as dúas últimas. Cando quedan unhas horas para pechar as votacións, que lles parece darlle un empurronciño a un dos nosos mellores inventos no eido da cultura feito na nosa cidade? Ese Salón do Libro xa é un referente literario de primeiro nivel que lle outorga valor aos nenos e aos escritores. Valorémolo agora nós a través dos nosos votos. Anímense!
Publicado en Diario de Pontevedra 14/11/2013
Ningún comentario:
Publicar un comentario