Levantou o pano o Culturgal e o fi xo un ano máis na nosa cidade.
Pontevedra eixo da cultura como xeito diferenciador e como aposta na
construción común. Mentres outros rexeitan e se afastan dela, Pontevedra segue
a reivindicar aquela bandeira tan ben izada polo profesor Filgueira Valverde cando dixo de Pontevedra que era a pequena
Atenas, e que de xeito tan fermoso refl icte, dende a mi rada de hoxe, o
engaiolante vídeo que nos da a benvida ao salón. Unha benvida entre cabezudos,
eses mesmos que enchen de ledicia as nosas rúas nas festas, agora mergúllanse
na cultura. A cabeza como parte do todo, metáfora da nosa capacidade para
pensar e que aínda é máis poderosa cando chega da man do diversión. Achéguense
ao Culturgal e collan un libro nas súas mans (non morden!), séntense ao lado
dun grupo de ca tivos e escoiten a algún contacon tos, vexan unha obra de
teatro ou unha serie de televisión, escoiten un concerto, ou achéguense a un
escritor para oílo falar do seu últi mo libro ou para que lles adique ese texto
cos namorou, xoguen con algún monicreque e por favor non deixen de darlle unha
aperta ao noso benquerido Orbil.
Percorrer o Culturgal é todo iso e máis, asegúrolles que é deixarse levar polo
maxín de moitos galegos e galegas que adican o seu tempo, e que fan do seu
traballo, algo para que todos podamos gozar e me drar como colectivo, tamén
como país. Escritores, editores, actores, músicos, libreiros... e así todas e
cada unha das profesións que se moven arredor da industria da cultura algúns
aínda se negan a suliñar a súa potencialidade como industria compoñen durante
esta fin de semana un espazo de lecer que fai da cultura unha festa. A
Culturfesta!
Ese pracer, que o é todos os anos, nesta edición un aínda a goza un
chisquiño máis pola me llor disposición do recinto, unha feira que ule a
modernidade e a bo gusto e que fai do Recinto feiral un ámbito envexable para
cali brar moito do que somos e ao que somos quen de chegar. Ese gozar
multiplícase tamén ao saber como por desgraza esta edición sufriu a anguria das
tesoiras e recortou o seu presuposto á metade, unha barbaridade, pero cando un
ca miña entre os diferentes stands entende iso do que se fala sempre como do
intanxible da cultura, algo que non podemos calibrar con cartos, pero sí con
sorrisos ou con saúde. Non son bos tempos para ambas cousas, nin para so rrír
nin para a boa saúde, de aí o reclamo desa faciana da cultura como benfeitora
da saúde. Pasen unhas horas alí dentro e xa verán como saen, e non se esquezan
da aperta ao bulideiro Orbil.
Vexámolo polo lado positivo e aferrémonos ás luces e sombras de ‘O
terceiro home’ a película de Carol Reed
e a unha das frases que, como case todo nese fi lme, atribúese a Orson Welles: En Italia, en trinta anos
de domina ción dos Borxia houbo guerras, matanzas, asasinatos... Pero tamén
estiveron Leonardo, Miguel Anxo e o Renacemento. En Suiza,
pola contra, tiveron cincocentos anos de amor, paz e democracia. E cal foi o
resultado? O reloxo de cuco! Pois que así sexa, e que nes tes tempos nos que a
cultura vese asoballada dende moitos poderes, sexa o maxín dos creadores o que
faga abrollar o mellor de nós mes mos para que cando pasen os anos os cativos
que nestes días se ache guen cos seus pais ata o Culturgal a escoitar un conto,
a ver unha peza de teatro ou a participar nun obradoiro, pensen que nestes
tempos escuros houbo xente que co seu labor resistiu fronte aos que non
entenden nada do que é quen de facer a cultura e o que iso supón para a
sociedade.
Agora toca facer mostraxe ao outro lado do río, practicar ese deporte que
tanto nos gusta aos pontevedreses chamado faipon ting, para coñecer as
inquedanzas dos nosos creadores e confirmar coa nosa presenza a súa valía. Unha
música, un libro, un actor ou un contacontos se non teñen con quen compartir o
feito o seu labor non tería sentido. Así que xa saben, estanos esperando a
todos e Orbil quere que o abracen, como a cultura, a nosa cultura, quere que
nos sintamos orgullosos dela. Para mostra o Culturgal, unha festa dos sentidos.
Unha chulada!
Publicado en Diario de Pontevedra 30/11/2013
Fotografía: Gonzalo García
Fotografía: Gonzalo García
Ningún comentario:
Publicar un comentario