Cores
Azul, vermello, laranxa e violeta. Son
as catro cores que definiron a esta campaña electoral. A máis diferente da nosa
historia democrática, a primeira na que catro opcións políticas, cos seus catro
candidatos, teñen opcións claras de formar parte dun goberno na España do bipartidismo agotado,
extenuado, e en claro estado de oxidación.
As enquisas, os sondeos ou as cociñas
dos partidos xogan a subir e baixar as diferentes posibilidades ao longo da
campaña electoral, a plantexar diferentes xogos de forzas de cara ao que poden
ser os resultados finais no día de mañá. Todos eles confían en acadar
porcentaxes de voto suficientes para situarse en posicións de privilexio, con
opcións, ben de gobernar ou de ser decisivos de cara á creación dun goberno
estable, pero é tal a indefinición que se acerta entre os electores cun pensa
que todo pode ser posible.
Ao longo destes longuísimos quince días
comprobamos a teima do PP por
continuar coas mesmas políticas empregadas ata hoxe; tamén a resurrección, a
media campaña, de Pedro Sánchez; a
posibilidade dun partido de estragar todas as súas opcións en só uns poucos
días, como é o caso de Ciudadanos, a
adaptación ao medio dun ser salvaxe como Podemos
e, no caso de Galicia, como dúas
opcións que se necesitaban xuntas, Nós
e En Marea afrontan unha loita
fratricida cuxas consecuencias aínda non adiviñamos.
Publicado no Diario de Pontevedra 19/12/2015
Ningún comentario:
Publicar un comentario