Foguetes verdes (4)
Xoel López presenta en Vigo o seu último traballo, ‘Sueños y pan’, un disco maduro e firme que amosa ao mellor Xoel López. Letras fermosas, poéticas e cheas da súa habitual riqueza rítmica
Xoel López presenta en Vigo o seu último traballo, ‘Sueños y pan’, un disco maduro e firme que amosa ao mellor Xoel López. Letras fermosas, poéticas e cheas da súa habitual riqueza rítmica
REMATA O ANO Xoel López
do mesmo xeito que o comezou, despregando o seu talento dende a
música e a escrita. Dende a música que se encerra no seu disco
‘Sueños y pan’ no que nos atopamos ao mellor Xoel López, ese
que os anos amosan xa non só como un músico espectacular, senon
como un autor de letras cada vez máis rendondas e ata literarias,
nas que se agochan historias persoais nas que todos nos podemos
sentir reflectidos dun ou doutro xeito.
Os dez temas que
compoñen ese último traballo son todos eles fantásticos. Un non se
cansa de ouvilos unha e outra vez, de asistir a concertos nos que o
artista coruñés converte a conexión entre o artista e o público
nun pulo de vida e de forza no que se desborda todo o aprendido ao
longo da súa traxectoria. En boa parte dende esa abraiante mezcla de
sons e ritmos que, como se fosen cursos universitarios, superáronse
nos seus anteriores discos: ‘Atlántico’ e ‘Paramales’, e que
xunto ao que xa viña no petate da súa época de Deluxe converten a
música de Xoel López nun laboratorio de experiencias que cada bien
acada mellores resultados.
O seu ‘Jaguar’,
primeiro tema do disco, convértese nese fillo que sendo espello fixo
que Xoel López rachase calquera tipo de vaidade persoal. O artista
achégase así máis á vida, á tactilidade do real, ao cotiá.
Aquilo que realmente te converte nun ser con medos e inseguridades
que xa non van cun mesmo, senón co que xa entendes como o máis
importante e necesario na vida. Un «jaguar de la noche» en el que
aínda hai moito que descifrar, e esa noite mudou tamén dentro da
vida do artista. Noites que se alumearon dende o ‘Insomnio’, a
terceira canción do álbum. Un temazo, como se adoita dicir, no que
a palabra, o relato, compón ese espazo de estrañas culpabilidades,
de pensamentos laberínticos na procura de versos para as cancións.
Porque as súas cancións amosan esa faciana poética de metáforas e
imáxenes agochadas nos cofres que deixan sempre as palabras cando un
as busca dende esa mirada, -poesías que tamén chegan a nós a
través do seu libro ‘Bailarás cometas bajo el mar’-. Un canción
na que se mesturan os soños co pensamento do real, unha fina liña
na que a música deixa as pegadas precisas para volver ao espazo do
cotiá.
Para alguén que viaxou
tanto, que se estableceu durante moitos espazos temporais en
diferentes cidades do mundo é importante musicar ás cidades. Así
sucede neste disco con ‘Madrid’, a cidade na que todos nos
cruzamos, e onde a sorte de moitos esta botada. Unha cidade complexa
que, como di o artista, «abraza e engule», pero dotada dun
magnetismo atávico do que é moi difícil esquecerse ou afastarse
durante moito tempo.
‘Primavera’, ‘Lodo’
ou ‘Balas’ lévannos por diferentes territorios, por «mundos de
todos contra todos», onde nos temos que desenvolver da mellor
maneira que poidamos, afrontando feridas e silencios que funcionan
coma unha caixa de resonancia do noso propio ser, daquilo que fomos,
do que somos e do que podemos chegar a ser.
E xunto con esas
cancións dúas que completan o disco cantadas en galego. Recunchos
da memoria íntima do artista: ‘Serpes’ e ‘Durme’. A primeira
unha volta aos bosques e as sensacións da infancia, unha esculca
sentimental daquilo que se queda sempre dentro dun, vaias a onde
vaias. E a segunda un arrolo para ese Jaguar, chea de sensibilidade e
acubillo.
Mañá volta Xoel López
a Vigo, o territorio do seu íntimo Iván Ferreiro, polo que non
descartemos algunha sorpresa sobre o escenario, onde xunto ao novo
será obrigado voltar a cancións esenciais para nós e para a música
deste país como ‘Tierra’ ou ‘Turnedo’, nun concerto cheo de
soños.
Publicado no Diario de Pontevedra/El Progreso de Lugo 9/11/2018
Fotografía. Rafa Fariña
Ningún comentario:
Publicar un comentario