mércores, 13 de novembro de 2019

Pinturas de guerra

Ángel de la Calle propón unha intensa novela gráfica na que, arredor da procura de documentación sobre a actriz Jean Seberg, artéllase unha paisaxe humana, política e histórica de diferentes feitos que tensionaron á sociedade das décadas centrais do século XX


Eu quería escribir un libro cheo de cultura cinéfila, novidades e engado, resaltando a suave beleza de Jean, o seu evasivo xeito de actuar, os amoríos sen futuro, o inestable compromiso coas causas xustas e, sen saber como, atópome metido nunha historia de guerra fría, de sucidade política». Deste xeito, o protagonista da novela, o propio Ángel de la Calle ubicado nun París cheo de enigmas do pasado, explica no mesmo texto, cara onde derivou esta extraordinaria novela gráfica editada por Retranca editora e que traduce ao galego o texto que xa fora publicado en Reino de Cordelia.
Unha espléndida edición que dignifica a novela gráfica e dalle a honra precisa a esta mestura a partes iguais de relato e imaxe na que Ángel de la Calle afronta un tremendo esforzo para situar diferentes historias persoais que xorden dos numerosos procesos represores e de negación da liberdade a unha chea de vítimas en países latinoamericanos, en especial xente adicada ao mundo da creación, e que fixeron de París unha especie de oasis vital, aínda que as consecuencias físicas e mentais do sufrido xa serían irreversíbeis.
Varios elementos chaman a atención a medida que un pasa as páxinas e se deixa levar polo que lle están contando nesta ‘Pinturas de guerra’. Nun primeiro lugar o estilo gráfico, a ausencia de cores, o branco e negro, a contundencia do que alí se reflicte sen posibilidade de distracción. Tamén como o creador móvese cunha enorme liberdade á hora de empregar ou non a viñeta, de superar a tiranía do marco e espallar as imaxes, se é preciso, para unha mellor comprensión da narración. Xunto a iso a estrutura é a outra gran achega dende o punto de vista técnico por cómo Ángel de la Calle plantexa unha serie de capítulos que se poden seguir lendo de xeito continuado, tal e como son presentados, ou podemos lelos según o noso criterio. Istos sonaralles á brincadeira de Julio Cortázar con ‘Rayuela’, pois iso asúmeo o autor no capítulo final de aclaracións, no que ‘Rayuela’, ese París do Cortázar, xunto a tantos emigrantes latinoamericanos que buscaban respirar o aire da bohemia, da liberdade, do existencialismo e da creación ás beiras do Sena, son tamén parte do relato, asomando esa rayuela debuxada en varios momentos da novela.
Pero a novela é tamén unha gran paisaxe dun tempo determinado daquelas décadas de mediados do século XX, coa Guerra Fría de pano de fondo, as accións do FBI e nas que latinoamérica desangrábase co terror dos gobernos militares que afastaban calquera proxecto democrático. Uruguay, Chile, Arxentina, foron algúns deles, ou outros nos que se esmagaba calquera xeito de revolta, como a dos estudantes universitarios en México do 68 antes dos Xogos Olímpicos e, por riba de todo, como estaba perfectamente artellado todo un sistema de terror e tortura que afectaba a todo aquel que sospeitoso ou non podía ofrecer algunha información sobre aqueles colegas que podían ser perigosos para os novos sistemas. En non poucos momentos o autor consegue o arreguizo ante as diferentes formas de tortura, e como iso formaba xa parte das persoas que lograban sobrevivir a todo aquel horror e que ao tratarse dunha novela gráfica, acada un punto maior de arrepío que si se tratase dunha novela puramente literaria.
Todo iso é o que rodea a cerna da narración, a procura de información sobre a actriz Jean Seberg, un axeitado símbolo dunha época e de todo o que amosa esta novela. Ela, a actriz dun novo tempo, a referencia feminina da Nouvelle Vague, despois da súa participación en ‘À bout de souffle’ e cuxa prematura morte estivo sempre vencellada ao misterio e a incertidume por si verdadeiramente foi un suicidio ou un asasinato do que o FBI puido formar parte polas conductas desafortunadas, dende o punto de vista norteamericano, e de alguén que formara parte de Hollywood, demasiado liberais en canto a súa sexualidade, así como de compromiso con diferentes movementos de igualdade racial ou dos máis desfavorecidos.
O certo é que esta novela gráfica plantexa un amplo abano de escenarios e personaxes amosando unha guerra latente en rúas e países no envés dun mundo que non sempre é o que parece por moi fermoso que sexa o cadro que se nos queira pintar.



Publicado no suplemento cultural Táboa Redonda. Diario de Pontevedra/El Progreso de Lugo 22/09/2019
  

1 comentario:

  1. CÓMO OBTENGO MI PRÉSTAMO DE ESTA GRAN EMPRESA

    Hola queridos, soy Linda McDonald, actualmente vivo en Austin, Texas, EE. UU. Soy viuda en este momento con tres hijos y estaba atrapado en una situación financiera en abril de 2018 y necesitaba refinanciar y pagar mis cuentas. Traté de buscar préstamos de varias firmas de préstamos, tanto privadas como corporativas, pero nunca con éxito, y la mayoría de los bancos rechazaron mi crédito, no se aprovechan de esos matones que los llaman prestamistas de dinero propio, todos son una estafa, todo lo que quieren es su dinero y es muy probable que no vuelvas a saber de ellos. Me lo han hecho dos veces antes de conocer al Sr. David Wilson. Lo más interesante es que mi préstamo me fue transferido dentro de las 74 horas, por lo que te aconsejaré que te comuniques con el Sr. David si está interesado en obtener un préstamo y está seguro de que puede devolverle el dinero a tiempo, puede comunicarse con él por correo electrónico ……… (davidwilsonloancompany4@gmail.com) Sin verificación de crédito, sin cosignatario con solo una tasa de interés del 2% y mejores planes de pago y programar si debe comunicarse con cualquier empresa con referencia a la obtención de un préstamo sin garantía, entonces contacte al Sr. David Wilson hoy para su préstamo

    Ofrecen todo tipo de categorías de préstamos que

    Préstamo a corto plazo (5_10 años)
    Préstamo a largo plazo (20_40)
    Préstamo a plazo de medios (10_20)
    Ofrecen préstamos como
    Préstamo hipotecario ............., Préstamo comercial ........ Préstamo de deuda .......
    Préstamo estudiantil .........., préstamo de inicio comercial
    Préstamo comercial ......., préstamo empresarial .............. etc.
    Correo electrónico .......... (davidwilsonloancompany4@gmail.com)
    Cuando se trata de crisis financiera y préstamos, entonces el préstamo financiero de David Wilson es el lugar para ir, solo dígale que la Sra. Linda McDonald le dirige buena suerte ................... ....

    ResponderEliminar