domingo, 15 de decembro de 2019

A paranoia luminosa


TEMPOS ESCUROS estes nos que o abraio e a admiración da xente móvense a ritmo de leds. Cos museos demasiado baleiros adicámonos a poñernos baixo uns arcos de luces a mirar pampos cara unhas lámpadas, como se iso fose unha especie de revelación artística e creativa. Ese brillo da posmodernidade máis simple está prendendo en numerosas cidades, en vilas e pobos que queren seguir o fulgor da estrela de Vigo, incrementando os seus gastos luminosos e decorativos para facer desas cidades, durante uns poucos días, un puntiño de luz sobre a face da terra.
Unha cantidade de leds que adoita ir en contra da calidade nas propostas dos que decoran eses espazos urbanos. Acumulacións de watts que deixan a estética no derradeiro lugar das súas propostas. Cegados por ese brillo todos semellan querer subir a ese carro luminoso. A esmagadora promoción que conseguiu o alcalde de Vigo, de todo punto indudable, en canto ao que falen de nós polo que sexa, provocou un andazo de electricidade por toda España. Políticos paranoicos medindo as súas forzas enerxéticas, veciños solicitando luz e máis luz como Goethes resucitados, compañías de instalación destas decoracións facendo o seu agosto todo o ano e Greta Thunberg ao borde dun ataque de nervos.
Realmente se lle poderá poñer fin a unha tolemia que máis que adornar adoita ensuxar unhas cidades nas que só se pensa como soporte de lámpadas e non como unha parte máis a reivindicar do urbano? O certo é que pinta mal a cousa. A nosa sociedade está cada vez máis afastada da reivindicación dunha estética eficaz, vivindo de cheo un momento dunha estúpida acumulación de adornos que moitos entenden como parte obrigada do Nadal, converténdose, deste xeito, no mellor símbolo do que son hoxe estas festas, un prender e apagar sentimental e económico cada vez con menos sentido.
Pois xa saiu a economía! O capitalismo descubriu fai tempo que as luces atraen os cartos como ás couzas. Ata elas van os cidadáns a empurrar as súas arelas mercantilistas. Compradores que non queren moverse na escuridade dos seus desexos e precisan dun arco da vella de luces para incentivar as súas gañas de gastar cartos. E que acontecerá cando se apaguen esas luces? Esgotarase o consumo? Pecharán os negocios? Porque non invertir esa barbaridade de cartos en programas de mellora dos comercios ou en propostas para incentivar o consumo dun xeito máis sostible? E, sobre todo, é que ninguén sabe facer unha decoración de Nadal con bo gusto? Camiñen por vilas e pequenos pobos de Portugal, por aquilo de citar algún espazo que nos quede de man, e atoparán fermosas decoracións que respectan a súa contorna e que converten estas datas nun acubillo para a alma e as relacións das persoas. Materiais recuperados da natureza, integración dos motivos navideños cos elementos arquitectónicos da cidade ou o preciso equilibrio entre a luz e a escuridade son algunhas das compoñentes que fan brillar a moitas vilas de todo o mundo pero que hoxe é moi estraño ver no noso país, sometidos á tiranía de cantos máis watts mellor.
Xa sei que non é unha tarefa sinxela para moitos cargos públicos que se senten obrigados pola masa vociferante, as oposicións municipais sempre ao lume que máis quenta e os que pensan que canta máis luz mellor. Facer respirar a unha cidade en Nadal é atopar un equilibrio entre a propia cidade, o seu espírito e unha decoración que nos fale da época na que estamos, non que nos cegue coa súa escura vacuidade.





Publicado no Diario de Pontevedra 15/11//2019
Foto: Rúa Principe de Vigo coa iluminación de Nadal. Salvador Sas (Efe)

1 comentario:

  1. CÓMO OBTENGO MI PRÉSTAMO DE ESTA GRAN EMPRESA

    Hola queridos, soy Linda McDonald, actualmente vivo en Austin, Texas, EE. UU. Soy viuda en este momento con tres hijos y estaba atrapado en una situación financiera en abril de 2018 y necesitaba refinanciar y pagar mis cuentas. Traté de buscar préstamos de varias firmas de préstamos, tanto privadas como corporativas, pero nunca con éxito, y la mayoría de los bancos rechazaron mi crédito, no se aprovechan de esos matones que los llaman prestamistas de dinero propio, todos son una estafa, todo lo que quieren es su dinero y es muy probable que no vuelvas a saber de ellos. Me lo han hecho dos veces antes de conocer al Sr. David Wilson. Lo más interesante es que mi préstamo me fue transferido dentro de las 74 horas, por lo que te aconsejaré que te comuniques con el Sr. David si está interesado en obtener un préstamo y está seguro de que puede devolverle el dinero a tiempo, puede comunicarse con él por correo electrónico ……… (davidwilsonloancompany4@gmail.com) Sin verificación de crédito, sin cosignatario con solo una tasa de interés del 2% y mejores planes de pago y programar si debe comunicarse con cualquier empresa con referencia a la obtención de un préstamo sin garantía, entonces contacte al Sr. David Wilson hoy para su préstamo

    Ofrecen todo tipo de categorías de préstamos que

    Préstamo a corto plazo (5_10 años)
    Préstamo a largo plazo (20_40)
    Préstamo a plazo de medios (10_20)
    Ofrecen préstamos como
    Préstamo hipotecario ............., Préstamo comercial ........ Préstamo de deuda .......
    Préstamo estudiantil .........., préstamo de inicio comercial
    Préstamo comercial ......., préstamo empresarial .............. etc.
    Correo electrónico .......... (davidwilsonloancompany4@gmail.com)
    Cuando se trata de crisis financiera y préstamos, entonces el préstamo financiero de David Wilson es el lugar para ir, solo dígale que la Sra. Linda McDonald le dirige buena suerte ................... ....

    ResponderEliminar