luns, 2 de decembro de 2013

Ata o vindeiro ano



REMATOU o Culturgal co pracer que deixan as cousas ben feitas. Montaxe e organización, xunto á brutal resposta do público (e logo din que a cultura non interesa, pobriños) deixan no padal ese bo gusto de ter pasado as horas a carón daqueles que fan do seu traballo o goce do público. Todo un luxo poder escoitar un concerto de Pablo Díaz e a súa banda presentando o fermoso ‘Toc-Toc’, asistir ao nacemento dun novo medio de comunicación en papel como é Luzes, escoitar a conversa de Pedro Feijoo e Diego Ameixeiras sobre os seus libros, ou iso creron eles, según Camilo Franco; escoitar a Manolo Rivas ler un conto a centos de rapaces, para logo cantar xunto a eles, ver as facianas dos cativos escoitando a Mamá Cabra, ollar a moitos nenos traballando nos obradoiros, coller nas mans as preciosidades que fan editoriais como Urco ou Rinoceronte, ver a xente mercando libros... iso foi o Culturgal.


Entre Dous. Diario de Pontevedra 2/12/2013

Ningún comentario:

Publicar un comentario