XOGUEN se queren co número de compoñentes do Parlamento, poden xogar a
facer máis ou menos kilómetros de estradas, xoguen tamén a seguir xuntando
concellos... pero co que non poden xogar, no seu posto de políticos, é coa
Sanidade. Nesa materia, coñas as xustas, xa que as súas decisións custan vidas.
E en Pontevedra xa estamos bastante cansos desas leas coas que nos envolven no
ámbito sanitario. Faláronnos dun novo hospital e agora resulta que o novo
hospital de Pontevedra está en Compostela. A recente decisión de derivar
pacientes desta área sanitaria a ese centro hospitalario deixa claras dúas
cousas... ou tres. Unha, que ese novo hospital foi un engano que xa deixou de
selo; dúas, que a alcaldía de Pontevedra ao PP impórtalle ben pouco, xa que
esta decisión custa dous ou tres concelleiros menos; e tres, que o PP ten a
sanidade como un xogo cunhas fichas a piques de saltar do taboleiro.
Entre Dous. Diario de Pontevedra 20/01/2014
Ningún comentario:
Publicar un comentario