Todavían
semellan refulxir as luces da inauguración do hoxe Auditorio Afundación, antes
Centro Social, na nosa cidade. Unha conquista de Pontevedra feita a través da
súa entidade bancaria máis querida. O fío perfecto entre anos de aforros e a
xente que se enchía de orgullo dun icono urbanístico que, grazas a César
Portela, acadou a excelencia arquitectónica. Pero tamén polo seu uso como gran
dinamizador cultural dunha cidade sempre vencellada á cultura. O seu
espectacular auditorio, a gran sala de exposicións... todo facía que nos
lambésemos ante o que se erixía ante nós e, sobre todo, ante o que estaba por
chegar. Pero todo foise esvaecendo coma nun soño. A boa actividade do principio
foi diminuíndo de xeito alarmante, e o que eran unhas instalacións feitas precisamente
para alentar os soños, caeron nun sono de sombras e aburrimento.
Sen
apenas programación e coa sala de exposicións pechada, soamente a visión dese
gran edificio consólanos ante os soños esnaquizados. Nin Pontevedra, nin a
inversión feita nese gran contedor cultural, poden permitirse o luxo dese
baleiro tan inmenso, dese desacougo do que podía ser e do que finalmente é. A
historia da Caixa de Aforros de Pontevedra é moito tamén da historia dos apoios
á cultura, do emprendemento á hora de afrontar proxectos arredor dos nosos
artistas e de colaborar con outras institucións para seguir renovando esa
tradición cultural.
Cunha
Obra Social sen unha liña de actuación definida e, sobre todo, afastada da
cidadanía, polo menos en Pontevedra, sen grandes exposicións e simplemente
remexendo nos seus fondos para cumprir o expediente, e ante a efeméride dos dez
anos da apertura do seu gran Centro Social, é un bo momento para pensar cara
onde ir e se a aposta pola cultura é efectiva ou simplemente unha especie de
obriga bancaria afastada das ilusións necesarias para que este tipo de proxectos
xeneren futuro. Dez anos despois as sombras gañáronlle ás luces.
Publicado no Diario de Pontevedra 21/06/2016
Fotografía. Gonzalo García
Quero compartir con todos vós aquí como obtendo o meu préstamo do señor Benjamin que me axuda cun préstamo de 400.000,00 euros para mellorar o meu negocio, foi sinxelo e rápido cando solicito o préstamo cando as cousas se estaban complicando co meu negocio Sr. Benjamín concédeme sen demora. aquí tes o correo electrónico do señor Benjamin / whatsapp: +1 989-394-3740, Lfdsloans@outlook.com /
ResponderEliminar