A TODOS NOS amolan
estes días. Xornadas de molladuras, de paraugas estragados, de
árbores esnaquizados, atascos de tráfico ou sobresaltos pola noite
que rachan o noso sono. Unha chea de situacións que enchen estes
días de pequenos imprevistos que rachan a nosa prezada vida cotiá.
Pero se miramos do outro lado, tras estas tolemias do tempo,
atopámonos a nosa marabillosa natureza en plena liberdade, nun acto
de rebeldía ante moitas das dubidosas fazañas do ser humano.
Estas xornadas de
temporais déixannos unha chea de imaxes abraiantes da nosa contorna,
pertencentes a unha Galicia inagotábel no referido as súas
posibilidades paisaxísticas, e posuidora dunha bravura engaiolante
dende cada un dos seus recantos. Do Caurel a Fisterra, de Estaca de
Bares á ‘raia’, a nosa terra acumula durante estes días unha
chea de postais a cada cal máis fermosa, pero tamén vén a poñer
en discusión a natureza a e nosa relación con ela. Unha relación
baseada, de xeito corrente, no seu asoballamento, na certeza de
considerarse o ser humano un ser superior e coa capacidade para facer
dela un elemento secundario das súas vidas, estando nas nosas mans a
súa modificación, de xeito consciente ou inconsciente, sen ter que
pedirlle explicacións a ninguén, ou cando estas se esixen o mal é
xa irreversíbel. Así atopámonos con moitas desas paisaxes, que
cando se contemplan de xeito pracenteiro amosan unha chea de
contaminacións, primeiro visuais, e logo de modificacións das
compoñentes do territorio. Pero cando a natureza libérase, cando a
meteoroloxía dispara as súas condicións máis extremas, nós xa
pouco pintamos nela. A natureza entón ponnos no noso sitio, na nosa
insignificancia, e aí é cando moitas desas accións feitas polas
nosas mentes tan evolucionadas como egoístas, incrementan as
consecuencias negativas deses temporais. Dende ríos que medran no
seu caudal e ocupan o seu espazo natural, ese mesmo que o home foi
enchendo coas súas construcións, estradas que se adentran por zonas
boscosas de xeito indiscriminado, ata portos que modifican as liñas
e condicións da costa con diferentes consecuencias. En definitiva,
moito do noso suposto avance social non se realiza conforme coa
natureza que, ao fin e ao cabo, é o noso hábitat a respectar.
Estes días tamén
deberían servir para converter a nosa reflexión en parte dun
comportamento máis sostíbel co noso medio, o alento para unha
complicidade con eses espazos naturais capaces de xerar unha emoción
xigantesca cando presenciamos a esa natureza desfacerse de nós e
debuxarse libremente baixo ballóns estremecedores, saraibadas
arrepiantes, lóstregos alumeantes, néboas poéticas ou o bruar do
vento berrando a súa trascendencia.
Non nos gusta mollarnos
cando os nosos traballos nos obrigan a facelo, cando o ir e vir polas
nosas rúas non nos deixa outra opción que a de sentir como o vento
abaneas os nosos paraugas ou cando estes rematan nunha papeleira.
Porén non me digan que non está fermosa Galicia nestes días, e xa
sei que hai certos perigos, e que non se tería que recomendar,
fronte ás xustificadas alertas das autoridades. Pero ubíquense en
espazos como as fervenzas do Toxa, A Barosa ou no mítico Ézaro, a
Costa da Morte ou a da Vela no Morrazo; pero tamén o noso interior,
os Cañóns do Sil, a Fonsagrada ou calquera das nosas carballeiras,
e poucos impactos terán máis fondos na súa vida que contemplar a
unha natureza en liberdade, unha natureza na que a nosa presencia as
máis das veces sobra, como tantas das nosas accións nela.
Publicado no Diario de Pontevedra 20/12/2019
Foto. Costa de Camariñas co faro Vilán ao fondo. Cabalar/Efe
CÓMO OBTENGO MI PRÉSTAMO DE ESTA GRAN EMPRESA
ResponderEliminarHola queridos, soy Linda McDonald, actualmente vivo en Austin, Texas, EE. UU. Soy viuda en este momento con tres hijos y estaba atrapado en una situación financiera en abril de 2018 y necesitaba refinanciar y pagar mis cuentas. Traté de buscar préstamos de varias firmas de préstamos, tanto privadas como corporativas, pero nunca con éxito, y la mayoría de los bancos rechazaron mi crédito, no se aprovechan de esos matones que los llaman prestamistas de dinero propio, todos son una estafa, todo lo que quieren es su dinero y es muy probable que no vuelvas a saber de ellos. Me lo han hecho dos veces antes de conocer al Sr. David Wilson. Lo más interesante es que mi préstamo me fue transferido dentro de las 74 horas, por lo que te aconsejaré que te comuniques con el Sr. David si está interesado en obtener un préstamo y está seguro de que puede devolverle el dinero a tiempo, puede comunicarse con él por correo electrónico ……… (davidwilsonloancompany4@gmail.com) Sin verificación de crédito, sin cosignatario con solo una tasa de interés del 2% y mejores planes de pago y programar si debe comunicarse con cualquier empresa con referencia a la obtención de un préstamo sin garantía, entonces contacte al Sr. David Wilson hoy para su préstamo
Ofrecen todo tipo de categorías de préstamos que
Préstamo a corto plazo (5_10 años)
Préstamo a largo plazo (20_40)
Préstamo a plazo de medios (10_20)
Ofrecen préstamos como
Préstamo hipotecario ............., Préstamo comercial ........ Préstamo de deuda .......
Préstamo estudiantil .........., préstamo de inicio comercial
Préstamo comercial ......., préstamo empresarial .............. etc.
Correo electrónico .......... (davidwilsonloancompany4@gmail.com)
Cuando se trata de crisis financiera y préstamos, entonces el préstamo financiero de David Wilson es el lugar para ir, solo dígale que la Sra. Linda McDonald le dirige buena suerte ................... ....