Murmurounos onte na Libraría Paz Pedro Feijoo a súa nova aventura, e o
fixo envolto en libros, moitos deles agochando crimes e historias de vinganzas
e sangue. A través dese ollo, ao xeito da vértixe de Hitchcock, descorreu, ata
onde se pode ler, o pano dunha historia de asasinatos arredor dunha imaxe mítica
do noso país. 'A memoria da choiva' é o anzol para levar ao lector cara unha
historia na que se agocha moito máis do que semella nun principio. Unha pescuda
na nosa identidade a través dun mcguffin puramento galego que so Pedro Feijoo
pode artellar coa solvencia dun xénero tan necesario na nosa literatura como
ausente durante demasiado tempo. E ademáis estaba el.....para dicirnos que
"agora é cando ides coñecer de que madeira están feitos os vosos
santos".
Ningún comentario:
Publicar un comentario