Rue Saint-Antoine nº 107
Fotografía.
Como cada mes de novembro a Fundación Cuña-Casasbellas enche os días deste mes
de outono de iniciativas arredor do pensamento, da poesía e da plástica. Así,
este ano, a súa programación de recitais poéticos complétase coa exposición do
fotógrafo Roberto Gómez que propón dúas series de imaxes cheas de interese.
Novembro
é o mes desta Fundación que dende o nome dos grandes Manuel Cuña Novás e Jorge
Cuña Casasbellas traballa dende eses dous alicerces para construir un espazo de
reflexión e solidaridade cultural co home como principio irrenunciábel. Un mes
que enche de recitais e iniciativas culturais en lembranza desas dúas figuras
pero que dende o verso se achega a outros moitos nomes a partir dos que
establecer eses chanzos para reforzar o noso pensamento. Un deses proxectos ven
da man da fotografía e extenderase ata o 17 de decembro tempo no que poderemos
achegarnos, na sede pontevedresa da Fundación, na rúa Gerardo Álvarez Limeses,
á fotografía de Roberto Gómez, unha feliz descuberta dun traballo que sobre
todo valora a mirada.
A
partir de dúas series de imaxes Roberto Gómez propón un achegamento a súa
mirada, que pretende ser tamén a nosa. Dúas propostas moi diferentes se falamos
do formal pero que acurtan esa distancia pola importancia que se lle presta ao
xeito de mirar, a facer dese acto non casual, senón dirixido, un xeito de
relacionarnos coa realidade.
A
primeira delas é un elegante xogo compositivo, unha arquitectura dos obxectos
que poéticamente invaden o espazo compoñendo unha nova realidade. Sombras e
luces que reflicten como a nosa mirada se pode educar dende o tratamento da
beleza, como se pode facer dun espazo unha reinterpretación de liñas e obxectos
que reclaman un potencial plástico que engaiola ao fotógrafo que da a sensación
de abstraerse horas e horas compoñendo estes territorios imaxinados para
capturalos coa súa cámara e poñelos así ante a nosa mirada para que lle
continuemos o xogo, para que a nosa complicidade teña, neste mergullo estético,
unha profundidade como a que tiveron moitos dos artistas das vangardas, sobre
todo as vangardas soviéticas do século XX, nas que o Constructivismo definiu
unha nova estética na que a composición tiña unha importancia fundamental.
Fronte
a esa mirada máis do estético atopámonos con outra serie de fotografías nas que
a mirada recupera a idea do ‘voyeur’, nas que fai desa mirada un xeito de
apropiarse dunha realidade que se integra así no seu proxecto artístico. Un
banco ante o que Roberto Gómez se asoma cada día é o que centra esta segunda
serie de imáxenes plantéxanse como diferentes fotogramas dunha historia ou
historias en cor, xa que cada ‘tira’ desas fotografías serve para compoñer unha
realidade diferente, a de aquelas persoas que fan dese banco un instante da súa
vida. Persoas anónimas, das que non sabemos nada, simplemente que ocupan ese
banco durante uns instantes e que o converten en parte momentánea da súa
existencia, pero tamén como un cruce desas existencias. Xentes que coinciden
nese fragmento de tempo, rapaces ou maiores que se achegan durante o tempo que
están no banco, aínda que logo non pase nada entre eles. É unha lectura do
cotiá, daquilo ao que non lle concedemos importancia e que, sucedendo ao noso
arredor, desprezamos. Pero o fotógrafo si que repara nese momento, servíndolle
de motivo, servíndolle de reflexión sobre aquilo que acontece no seu estudo
mentres el está tan preocupado na súa composición ‘constructivista’, nesa outra
mirada perfectamente meditada e pensada en función dunha fotografía que se
pretende, mentres que no exterior, a través desa fiestra, é a propia vida a que
xenera a súa composición sen aceptar interferencias.
Temos,
polo tanto, un contraste que Roberto Gómez nos achega para que coñezamos o seu
traballo, para que sexamos partícipes desas dúas formas de mirar que un mesmo
fotógrafo pode obter da realidade, facendo desta exposición un lugar intermedio
entre o íntimo e o público, entre o que acontece no estudio dun artista e ese
outro mundo que no exterior semella ás veces non importarlle ao artista.
Colocarnos nese punto de equilibrio é a gran virtude de Roberto Gómez e da súas
imáxenes, parte non só dun proxecto persoal, senón agora tamén desa permanente
proposta da Fundación Cuña-Casasbellas para reflectir o noso mundo e o ámbito
da creación dende unhas claves fondamente humanistas. Non perdan a oportunidade
e achéguense a ese espazo intermedio, a un lugar entre a sombra e un banco de
rúa. Entre o artista e a realidade. Entre o creador e o home.
Publicado no Diario de Pontevedra 28/11/2016
Thanks for sharing, nice post! Post really provice useful information!
ResponderEliminarGiaonhan247 chuyên dịch vụ mua hàng mỹ từ dịch vụ order hàng mỹ hay nhận mua nước hoa pháp từ website nổi tiếng hàng đầu nước Mỹ mua hàng ebay ship về VN uy tín, giá rẻ.