martes, 29 de outubro de 2019

Un roteiro polo bosque de Leiro

A obra do cambadés Francisco Leiro chega de novo a Madrid para amosar un dos universos máis singulares da escultura actual. A Principal de Tabacalera acolle casi un centenar de obras entre esculturas e debuxos que nos levan a unha chea de enerxías e inspiracións galegas


Xa é un deses clixés que adoita acompañar sempre a Francisco Leiro cando se fala do seu traballo. A súa definición como o noso escultor máis internacional, abofé que dende os tempos do mesmo mestre Mateo, converte o seu traballo nun foco permanente de atención, xa non só polas calidades formais das súas pezas, senón por cómo en cada exposición, en cada plantexamento fronte ao público, o escultor redimensiona o seu traballo con novas posibilidades de expresión, tamén coa hibridación de materiais e de significantes, dentro dun proceso de permanente revisión dun mesmo.
Iso é o que máis seduce agora mesmo de Francisco Leiro, o comprobar como xa non son precisas as súas figuras ciclópeas, nin o seu premeditado salvaxismo á hora de rematar a talla das súas pezas, ni o pretendido impacto brutal no espectador. A obra de Leiro foi madurando de seu, acubillada baixo séculos de tradicións, de solpores fronte ao mar de Arousa, de beizos das brumas e de oficios que se foron sedimentando nas mans do escultor. Agora, unha pequena talla, un debuxo, ou un grupo de pezas de reducido tamaño, nas posicións máis inverosímiles, son quen de emocionar do mesmo xeito que os seus xigantes, capaces, cada un deses traballos, de condensar o espíritu do artista, a alma do canteiro ou o latexo do carpinteiro.
De poucos artistas un crítico pode gozar máis escribindo que do noso paisano. Esa conxunción do carácter internacional da súa obra, mesturado cunha incuestionable raíz galega, conxúranse para xerar unhas obras engaiolantes que un nunca se cansa de ver, de tocar, e ata de respirar. Si, respirar, porque a obra dos grandes escultores é quen de humanizarse das máis variadas maneiras: movéndose, mirándote e ata respirando.
Ata o dez de novembro o propio espacio La Principal de Tabacalera, no madrileño barrio de Embajadores, forma parte do discurso da obra de Leiro. Un espazo posindustrial, de paredes descarnadas, e cunha contundencia que o afasta das cuidadas presentacións dos museos ou as galerías de arte, pero que serve, intelixentemente, para alentar máis suxerencias nas súas pezas, como si as esculturas atopasen un hábitat máis axeitado aos seus propósitos que os acubillos tradicionais.
A mostra de nome ‘Leiro. Roteiro’ ten moito desa sensación, a de facer un camiño, de tirar por unha corredoira á espera de atoparse con toda unha serie de seres entre reais e irreais, entre máxicos e absurdos, entre o lexendario e o soñado. Un ‘Leviatán’ de granito dá a benvida ao visitante, unha especie de Caronte que nos conducirá por todo ese camiñar no que debemos cruzar unha fronteira. Como todo devir na vida, trátase de superar aneis, de medrar un mesmo dentro dun ámbito colectivo. A súa ‘Fronteira’ son un conxunto de pezas que xogan a indagar nese concepto, o dun lado e outro, hai algunha diferencia entre estar dun ou doutro lado do Miño? Ou o desa peza chamada ‘Entre hortas’ que nos leva ao recordo, ao choque dun mundo tribal e o moderno, que reflicte a experiencia vivida en Compostela, na rúa dese mesmo nome, cando o escultor viu a unha muller cortando millo mentres a cidade asistía a revolución urbanística da man do alcalde Xerardo Estévez. Espazos límite entre tempos e sensibilidades que agora voltan a nós da man da escultura, da arte, da sensibilidade, da memoria.
Tránsito’, ‘Semilleros’ os ‘Once Lázaros’, ‘Nichos’, ‘Lugar’ ou ‘Modelos’, entre outras, son as diferentes paradas nesa especie de bosque que constrúe coas súas obras Francisco Leiro. Seres cheos de vida que se enfrontan a nós para cuestionarnos, para que nos midamos con eles e con toda a súa compoñente conceptual, chea de xestos, expresións ou experiencias que humanizan a todas estas pezas e lle conceden ao escultor esa condición de Deus ex machina que sempre amosa o de Cambados, e que como poucos se integra nas súas pezas case como unha apropiación da propia alma do artista presente en cada unha delas.



Publicado no suplemento cultural Táboa Redonda. Diario de Pontevedra/El Progreso de Lugo 6/10/2019. Foto Tabacalera. 


No pasamento dun poeta

Coa morte de Manuel Álvarez Torneiro as letras galegas perden a un dos seus maiores poetas. O seu xeito avelaíño á hora da escrita permitía ao lector sentir o agarimo da palabra, ao tempo que a súa obra tiña un fondo ancoradoiro no ser humano e na cultura como táboa de redención


"Este señor amigo dos amigos./Este cónsul do ceo das palabras./Este abraio que fai dos luns domingos. O poeta dos ángulos da brasa». Deste xeito remata ‘Retrato de T.’ un poema escrito por Luis Rei adicado a Manuel Álvarez Torneiro, do que o primeiro editou tres libros dentro da colección de poesía Tambo dende o gorentoso prelo de Kalandraka. Palabras que nos falan de quen tiña na amizade un tesouro que adoitaba cultivar cunha correspondencia que había que gardar como xoias, polo seu coidado na presentación e na súa escrita; tamén nos remiten a alguén que abofé era un «cónsul no ceo das palabras», polo seu manexo da linguaxe e a súa sedutora maneira de enguedellar esas palabras; as súas lecturas convertíanse nunha festiña, capaces de converter en domingo calquera día no que o lector se decidise a ler un dos seus poemas; e por último, o poeta dos ángulos da brasa, o título do seu gran poemario e o que lle levou a acadar o Premio nacional de Poesía, o que significou que por primeira vez este galardón recaese nunha obra escrita en lingua galega.
O seu recente pasamento levounos a un deses apagóns brutais que adoitan acontecer cando un sistema literario perde a un dos seus autores máis sobranceiros. Manuel Álvarez Torneiro apagouse como se apagan os soles, o astro maior dun sistema que xa non voltará a ser o mesmo sen a presenza do poeta coruñés. Despois do xornalismo, e xa cumpridos os cincuenta anos, volcouse na poesía, unha poesía que estaba a levedar no seu inteiror dende tempo atrás ata desembocar no momento xusto en que foi preciso abrir a billa da súa escrita, e é que a súa poesía ten moito diso, de manancial de auga fresca e saborosa (que é iso de que a auga non ten sabor!), de líquido capaz de levarte a un estado de ebriedade poética que poucos poden provocar coa súa obra. Os poemarios de Manuel Álvarez Torneiro son auténticas bacanais, festas dionisíacas do verso no que o lector pode gozar dun xeito axitado, de forma que con cada verso nos atopamos a un poeta espido, a alguén que non deixaba nada no tinteiro. Afastado de especulacións, todo nel xermolaba a partir dese complexo intento de comprender ao ser humano, de explicar as súas condutas así como de facelo tamén cun tempo estraño, cheo de miserias morais, individuais e colectivas, que só, dende a poesía, dende a acumulación de referentes culturais e sensoriais, podía atopar un xeito lene de redención. Unha maneira de expiación de todos nós que só polo vieiro da beleza podía atopar un acougo ante esta loucura. Beleza e palabra escorregando por cada verso, afirmando cada poemario como un compás ao que xa non pode renunciar o ser humano. Un belisco na pel que lembraremos sempre.
Eses ángulos da brasa son a incandescencia da persoa, o punto de ignición de quen cada vez máis esconde os seus sentimentos, confusa ante unha realidade que a despoxa do seu eu máis válido e necesario. Unha confusión ante a que a poesía de Manuel Álvarez Torneiro encende o facho para alumear a travesía na que chegado ao seu remate estará sempre el. «Tornaremos a ti os que fomos cantores./Tornaremos a ti cando xa non sexamos/... mocidade dun día», escribiu o poeta. A gruta do tempo polo que transitar o verso, o caneiro que nos nutre. «Xa son un home maior e non me queda máis que memoria», afirmou Manuel Álvarez Torneiro na presentación dun dos seus libros para amosar onde se afundía a súa obra, no tempo e na memoria que explican unha vida, que lle dá sentido á necesidade de darlle a palabra a esa experiencia para tentar hoxe comprender, e aí é onde a poesía o axudaba. Cando o poema rebelábase ante o inicialmente previsto, cando procura o seu camiño para levar da súa manciña ao propio poeta, abraiado por ese gozoso feito. Manuel Álvarez Torneiro sabía que ese era o poema bo, o que se impoñía ao previsto, o que demandaba o seu espazo fonte ao corsé do autor. E así é como os seus poemas convertéronse en palabras ceibas, en mananciais libertarios para o individuo que atopa neles un acubillo tan necesario como feliz. Unha patria que quedou sen o seu cónsul, sen quen nos deixou un monllo de poemas inmensos aos que na súa ausencia teremos que voltar unha e outra vez para facer de cada luns domingo, para atopar nos ángulos da brasa o que somos, seres rigorosamente humanos.



Publicado no suplemento cultural Táboa Redonda. Diario de Pontevedra/El Progreso de Lugo
Foto. Manuel Álvarez Torneiro en PontePoética. (Dani Massó)


venres, 25 de outubro de 2019

O Día de Galicia Lorca en Galicia

Interior do Café Moderno a principios do século XX
(Pintos. Museo de Pontevedra)

O 25 de outubro de 1916 Federico García Lorca pisaba Galicia por primeira vez. Unha data que se quere poñer en valor para que o 25 de outubro sexa celebrado cada ano como o Día de García Lorca en Galicia. Unha data de conmemoración cultural para as nosas letras, dende unha figura que escribiu en galego, aí están os seus ‘seis poemas galegos’, recuperados pola editorial Alvarellos. Non sei se Lorca chegou a escribir en moitas linguas máis, pero non creo que pasen de tres ou catro, e entre elas estaría o galego, converténdose nun incomparábel embaixador da nosa lingua. Tamén esa data serviría como un alicerce máis do noso compromiso coa memoria histórica, cun símbolo, encarnado no autor granadino, dunha desas máis de cen mil persoas asasinadas e cuxos corpos están nas cunetas e nos foxos da ignominia da historia.
Citaba antes o libro, premiado como o mellor editado do ano 2018 en Galicia, a edición facsímil dos ‘Seis poemas galegos’, xa publicados en 1935 no prelo de Ánxel Casal e que agora recuperou Alvarellos. Unha xoia polo que contén, xunto cos poemas, o prólogo de Blanco Amor, e unha colección de fotografías na que se recollen as xeografías galegas da súa presenza na nosa terra, dende aquela viaxe de 1916. Esta mesma editorial publicou ‘El gran viaje de estudios de García Lorca’, no que se recolle aquela chegada a Galicia do poeta e que o deixou marcado, voltando a ela cando se requeriu para compartir a súa engaiolante figura, ou como membro do ilusionante proxecto da Barraca, no que o teatro clásico español se levaba por pobos e cidades.
Ámbolos dous libros, que conforman unha importante achega á presenza lorquiana en Galicia, son a cerna desa iniciativa que o propio editor, Henrique Alvarellos, está a promover para que o día de hoxe sexa o Día de García Lorca en Galicia, co que tería de visibilidade e de poñer o foco en Galicia e no galego.
Unha relación na que Pontevedra deixou unha das maiores pegadas dentro dese itinerario vital. Son dúas as presenzas do autor de ‘Poeta en Nova York’ na nosa cidade. A finais de agosto de 1932 co espectáculo da Barraca que se desenvolveu na praza da Estrela, e tres meses despois, convidado para pronunciar unha conferencia sobre a pintora María Blanchard, no desaparecido Cine Coliseum. Nesa viaxe foi ‘asaltado’ por un grupo de mozos, poetas, escritores e ilustradores, que compuxeron unha das máis fermosas aventuras creativas na nosa cidade, a revista ‘Cristal’, capitaneados todos eles por Juan Vidal Martínez. Levado ata a ‘redacción’ daquela revista pedíronlle un poema para publicar no seguinte número. No Café Moderno, sobre unha daquelas mesas de mármore, sobre as que Castelao e Bóveda imaxinaron unha Galicia afouta, ou na que Luis Amado Carballo compuxo varios dos seus poemas, García Lorca armou un soneto para que aqueles mozos o axitasen como unha bandeira de liberdade e esperanza. Lorca tocou o piano, Lorca paseou baixo a lúa de Pontevedra, Lorca foi ata Samieira a gozar da ría, Lorca falou por Radio Pontevedra, Lorca apoiou a Laxeiro na concesión das Bolsas Artísticas e Lorca falou de María Blanchard antes de coller o tren en Campolongo, antes de facer de Pontevedra unha parte da súa vida.



Publicado no Diario de Pontevedra 25/10/2019
Foto Pintos. Arquivo gráfico Museo de Pontevedra


mércores, 16 de outubro de 2019

'Too much'. Á procura da visibilidade

Arte ▶ ‘Too much’ é unha iniciativa artística que procura atopar espazos de visibilidade para artistas cuxas obras posúen unha indudable calidade, pero que non sempre son acollidos polos espazos referenciais das artes galegas. Artistas plásticos e poetas traballando uns a carón doutros xerando novas sensibilidades para a nosa arte


Superar a escuridade. Abater as paredes do estudio. Conectar a obra coa sociedade. Deste xeito é como debemos entender a mostra ‘Too much’ que podemos visitar na Sala de exposicións do Palacete das Mendoza de Pontevedra ata o 25 de outubro. Artistas á busca do público como posición ante unha sociedade que semella darlle as costas ao creativo, ao cultural. Aínda así o máis grave para a nosa arte é a negación deses espazos de visibilidade por parte das administracións, de centros culturais as veces estigmatizados pola procura dunha excelencia que, as máis das veces, convértese en pretendida máis que real.
«A creación é un azar de tenruras e terrores nun labirinto por escribir», escribe o poeta Xaime Toxo, participante, xunto a outros poetas, como Elisabeth Oliveira e Carmen Quinteiro, desta mostra colectiva cos artistas plásticos Xaquín Chaves, Basilisa Fiestras, Lito Portela, Antón Sobral e Fiz Valcárcel. Nese labirinto é no que nos sitúan todos eles con este paso adiante na reclamación da súa consolidación como creadores que, de xeito inevitable, precisa de plataformas de acción, de escenarios dende os que darlle o sentido final ao seu traballo, isto é, dende o contacto co público.
Antón Sobral exerce de comisario, e tamén de dinamo, desta pequena mostra do que pode ser nun futuro. Sementeira dun Observatorio Galego das Artes, con esa premisa da visibilidade e da aposta por unha serie de creadores galegos necesitados de atopar eses puntos de luz. Propiciar un debate sobre a función das políticas culturais do país, atopar o apoio da empresa privada no mundo da cultura establecendo canles de colaboración, así como xerar un diálogo entre todos os axentes vencellados dun ou doutro xeito á cultura, serían tres das liñas de traballo deste Observatorio que, dende a positividade, buscaría achegar posibilidades sempre dende a visión dos artistas, duns creadores que moitas veces son sempre o último elo da cadea, cando son os maiores protagonistas.
Os nove creadores que aquí nos convocan fan da súa individualidade unha parte do colectivo, e amosan, cunha ollada, a súa maneira de enfrontarse ao artístico. A lírica da abstracción de Xaquín Chaves, a simbólica paisaxe de Antón Sobral, a mezcla de linguaxes de Carmen Hermo, a natureza de Lito Portela, a figuración de Fiz Valcárcel, a sensibilidade de Basilisa Fiestra, o inxenio de Elisabeth Oliveira, a emoción de Xaime Toxo e a intensidade de Carmen Quinteiro, confírmanos esa sensación de novos aires na nosa creatividade, e o ben que lle senta a nosa sociedade que novos nomes teñan o seu espazo. Se algo deixan claro é a súa calidade como creadores, as posibilidades das súas maneiras de entender a sociedade dende o soporte elexido, e cómo as súas linguaxes pódense medir coas de calquera outro creador, de aquí e de lonxe de Galicia, cando tantas veces nos deixamos levar por aquilo de que o que vén de fóra é mellor co noso.


Así acontece en demasiadas ocasións, cada vez máis a nosa presenza deixa de ser requerida dende centros artísticos de primer nivel que terían que ter como obriga da súa programación o apoio aos nosos creadores, máis aínda cando a súa calidade, como xa se afirmou, non ten que envexar a ningunha outra, ao tempo que se moven nunha situación de desamparo que ‘Too much’ tenta paliar dende este primeiro chanzo.



Publicado en Diario de Pontevedra 14/10/2019
Fotografía: Gonzalo García


xoves, 3 de outubro de 2019

Rebeldes con causa

La última obra de divulgación de James Rhodes es un espectacular manifiesto en forma de playlist sobre los genios de la música


Hay libros que te cautivan sólo con verlos. Publicaciones que cuando caen en tus manos son capaces de hipnotizarte con su aspecto y su contenido. Esta percepción se incrementa cuando ese libro habla de música y de músicos, de grandes genios de la historia de la música que aquí se alejan de los tediosos discursos que tantas veces ensombrecen la música clásica, presentándose de una manera distendida, visualmente atractiva, y llena de curiosidades que, al fin y al cabo, son las que muchas veces nos importan más de la gente de éxito. Porque nadie debe dudar que Bach, Mozart, Beethoven, Chopin, Schubert, Rachmaninov o Ravel fueron grandes estrellas de su tiempo. Incomprendidos a veces y como se definen en este libro: «Rebeldes y revolucionarios de la música».
James Rhodes, el conocido pianista cada vez menos inglés y más español, nos presenta a todos ellos bajo su batuta, bajo su manera de entender cómo la música clásica responde a unos criterios que pueden ser perfectamente equiparables a los que se manejan con otros músicos de un mayor reconocimiento popular. Todos estos rebeldes, como el propio James Rhodes, tienen una causa común, la música. «Cierra los ojos un momento e intenta imaginarte un mundo sin ella», exclama el autor del libro en la primera línea de su introducción, como la clave que rodea a todo este trabajo, la exaltación de la música como parte esencial del ser humano, como recurso de libertad desde el principio de los tiempos y hasta nuestros días.
Cuando James Rhodes actuó en Pontevedra hace tan sólo unos meses nos dejó bien clara su capacidad para empatizar con el público, para hacer de su manera de tocar y entender su relación con el piano una singular conexión con el espectador, muchos de ellos a los que posiblemente nunca se les hubiera ocurrido pagar una entrada para asistir a un concierto de piano. Pero el talento y el virtuosismo del pianista excede a su calidad como tal, y se prolonga con esa capacidad que tienen ciertas personas para trasladar mensajes a la sociedad que en el caso del pianista convierten a la música en su gran activo.
La editorial Planeta propicia con este volumen una nueva manera de relacionar a James Rhodes con la sociedad, y lo hace con un libro magnético. Desde esa portada, entre lo pop y lo psicodélico, con un sinfín de ilustraciones a cargo de Martin O’Neill, James Rhodes nos cuenta a través de una playlist, que se presenta al inicio del libro, la que sería su lista musical definitiva, en la que selecciona dos obras de cada uno de los músicos anteriormente citados. Es entonces cuando nos adentramos en la genialidad de cada uno de esos autores, desde Bach, «el padrino»; hasta «la malacara» de Rachmaninov; pasando por Beethoven, «la primera estrella del rock»; o Chopin, «el hombre de la medianoche». Frente a cada uno de ellos James Rhodes despliega una serie de datos para contextualizar al autor en su época, también cómo sus músicas fueron empleadas muchos años después en el cine, así como una serie de curiosidades sobre sus vidas que hacen empatizar al lector con esos acontecimientos personales a los que tantas veces los manuales de música dan la espalda, cuando en realidad marcan la vida de las personas, tanto de las famosas como de las anónimas. Es entonces el turno de diseccionar y explicar, eso sí, a su manera, como diría el mismísimo Sinatra, esas dos composiciones seleccionadas, siendo capaz de que podamos ver la música, algo que se entiende abstracto, pero que cuando se le pone palabras puede llegar a verse, ya que al fin y al cabo, como lenguaje que es, su finalidad es transmitir emociones, sensaciones o experiencias de la propia vida del autor.
James Rhodes ha sentido, a través del íntimo contacto de sus teclas con el piano, lo que se esconde detrás de esas notas, y desde su manera clara y desenfadada de hablar, nos lo traduce de una forma como no se había hecho antes. El libro se completa con varias entradas en las que se explican diferentes elementos de la música como el lenguaje musical, la configuración de una orquesta o la cronología de la música clásica, surgiendo así un trabajo que nos acerca de una manera arrebatadora a uno de los grandes misterios de la creación humana, la música, y su emocionante combinación de sonidos y silencios.



Publicado en Diario de Pontevedra 2/10/2019
Fotografía. James Rhodes en la presentación del libro (Efe)


martes, 1 de outubro de 2019

Ella. The best

Los premios que designan a los mejores en el planeta del fútbol coronan a la americana Megan Rapinoe como una gran estrella

SUBIÓ Megan Rapinoe al escenario de la impresionante Scala de Milán para recoger el premio a la mejor futbolista del mundo en la estelar gala The Best. Fue la última en hacerlo, cerrando esa fiesta, como corresponde al gran premio de la noche que hasta el lunes siempre fue un hombre el que la cerraba y que por fin posiciona a la mujer, y al fútbol femenino en una situación de igualdad con el fútbol masculino. Pero no olvidemos que estábamos en un teatro, y mucho de lo que en su interior sucede responde a un espectáculo, es por ello que las palabras de agradecimiento del premio por parte de la deportista norteamericana nos situaron en la realidad de este juego, al hablar de las abismales diferencias salariales entre hombres y mujeres, del menosprecio por parte de muchos aficionados al fútbol, de las numerosas afrentas racistas e incluso de situaciones de una inexplicable intolerancia, como el impedir el acceso a las mujeres en Irán a presenciar partidos masculinos, lo que incluso llegó a provocar la inmolación de una aficionada al negársele ese paso.
Megan Rapinoe habló maravillosamente bien, articulando un discurso poderoso e inteligente, capaz de llegar al público presente-las grandes estrellas de este deporte- pero también a los millones de personas que seguían la gala por televisión. Gente de todo tipo, desde las mujeres del primer mundo que disponen de posibilidades para practicar este deporte, hasta las mujeres de países pobres, con infinitos inconvenientes para disfrutar de su pasión. Unas palabras que dejaban en paños menores los balbuceos de Messi que no pasaban de transmitir la felicidad de compartir ese momento (bastante surrealista, por cierto, ya que el mejor jugador del mundo recibía por primera vez el premio The best) con sus hijos. La jugadora, campeona del mundo con Estados Unidos, asumió ese papel que a la prensa le encanta de mujer contestataria, de rebelde capaz de sacarle los colores, si es que eso es posible, al mismísimo presidente Trump, y se mostró orgullosa de sí misma y de las posibilidades del fútbol femenino como activación de sensibilidades y compromisos en una sociedad que cada vez se abre más a este fútbol.
Muy elegante y, porque no decirlo, bellísima, Megan Rapinoe se erigió en la gran protagonista de la noche. Libre de complejos y mostrándose con una espontaneidad que no acostumbra a asomar en este tipo de territorios tan masculinizados y donde tanto, tanto, se echaba de menos la presencia de la mujer. Al comienzo de su discurso dio la bienvenida a aquellos que se están sumando a la fiesta del fútbol femenino, tras un Mundial, el recientemente celebrado en Francia, espectacular, y que está asistiendo en diferentes latitudes, como lo puede ser España con la Liga Iberdrola, a una potenciación de equipos y de las diferentes competiciones que cada vez lo hacen mucho más atractivo para el espectador.
Figuras como Megan Rapinoe son clave en este desarrollo. Su poder mediático es la cima de un sistema que debe trabajar desde la base para favorecer que más y más mujeres conviertan el deporte en un medio más de igualdad con el hombre y hagan de esta sociedad un entorno mucho más justo.



Publicado en Diario de Pontevedra 25/09/2019.