venres, 28 de decembro de 2018

Tentación

Foguetes Verdes (10)
O Museu de Arte Antiga de Lisboa acolle un dos cadros máis engaiolantes da historia da pintura, ‘As tentacións de San Antonio’ do Bosco. Un cadro que xustifica toda unha viaxe


É CERTO QUE sobran os motivos para achegarse a Lisboa. Percorrer as súas rúas, sentir o latexar da súa vida portuguesa, seguir as pegadas de Fernando Pessoa... sería innumerable a cantidade de atractivos que se agochan nunha das capitais europeas máis fermosas. Pero as veces hai unha serie de motivos que están aínda máis ocultos pero que posúen tal capacidade de atracción e de sedución que poden ser o pulo para realizar unha viaxe por si sós. En Lisboa un deses reclamos podería ser un cadro, pero evidentemente non un cadro calquera, senón un cadro firmado polo Bosco e que se garda na sala nº 61 do Museo de Arte Antigua.
Cando un vai a un espazo así non presta atención ao que vai pasando ante os seus ollos. Cadros dunha enorme calidade nos que para nós destaca unha gran sala adicada aos doce apóstoles asinados por Zurbarán. Pero no Museo atopámonos cadros de Durero, Van Dyck, Tiepolo, Rafael ou Lucas Cranach, só por citar algúns mestres da arte universal, e sen esquecer a importante colección de pintura portuguesa na que destacan os paneis de ‘San Vicente’ de Nuno Gonçalves, do século XV.
Os pasos van nunha soa dirección sabedor do tesouro que alí se agocha e as pernas tremen ante a prevista emoción que chegará nuns poucos minutos. Intúese a súa presenza pola acumulación de persoas (nada que ver co que acontece con outros cadros e noutros museos) que nas anteriores salas eran case un deserto, pero alí, son varias as que ante o tríptico do Bosco dan voltas ao seu arredor, vendo tamén a parte traseira que tamén está pintada, xa que serve de peche para o tríptico, ao tempo que escoitan por uns auriculares as explicacións sobre o contido do cadro. A peza, nun primeiro moito, non deixa tempo para buscarlle explicacións ás esceas representadas xa que o espectador só está abraiado ante o que alí se amosa. o rico e febril universo creativo do Bosco, as zonas de escuridade e luz, a paisaxe, os detalles das figuras, as formas monstrosas, a imaxinación inagotable. A medida que pasan os minutos xa buscamos unha explicación e é cando nos achegamos á historia representada, a das tentacións de San Antonio, sendo cando adaptamos a xenialidade do pintor a un discurso iconográfico.
O cadro, que formaba parte da colección real ata a instauración en 1911 da República, incorporouse á colección do Museo sendo, dende entón, unha das súas pezas sobranceiras, máis aínda coa recuperación do Bosco nos últimos tempos como un dos grandes mestres da pintura a partir de grandes exposicións como a que no Museo do Prado levou este mesmo cadro como peza importante da súa traxectoria. A súa parte traseira, en grisalla, representa o prendemento de Cristo, así como o Calvario subindo coa Cruz ás costas. O panel esquerdo do tríptico amosa o voo e a caída de San Antonio, o central, de maior tamaño, amosa as tentacións que sufriu o santo e os seus rexeitamentos. Lujuria, brujería, gula, falsos ídolos... son algunhas desas tentacións que asoman ante San Antonio do xeito máis inimaxinable posible. Por último, o terceiro panel, amosa o momento da meditación do santo, aínda non a salvo dalgunha tentación. Todo un efervescente imaxinario plantexado na étapa final do pintor, cando o mundo medieval tocaba ao seu fin e o Renacemento enchía Europa de novas percepcións arredor do ser humano. O Bosco fixo iso tan complexo para calquera creador como é xerar un universo propio a través de símbolos e lecturas propias dese momento determinado, respostando así, como calquera pintor, ao seu tempo, un tempo que se pode recuperar dende Lisboa, xunto ao cauce calmo do Tajo e a carón dunha obra mestra da pintura. Toda unha tentación.



Publicado no Diario de Pontevedra/El Progreso de Lugo 28/12/2018


mércores, 26 de decembro de 2018

Eterno Chaplin

Charles Chaplin falleció en un día de Navidad. Hasta en eso fue singular el que sin duda es uno de los mayores genios de la historia

Charles Chaplin maquillándose en una secuencia
de 'Candilejas' ante otro genio del cine mudo, Buster Keaton.

EL PRÓXIMO AÑO se cumplirán 130 años del nacimiento de Charles Chaplin, ahora que lo pienso los mismos que cumplirá este centenario periódico. Desde su llegada a este mundo, hasta su fallecimiento, el 25 de diciembre de 1977, la presencia de Charles Chaplin entre nosotros lo convirtió en uno de los mejores exponentes de la creatividad y la genialidad humana. Su legado cinematográfico resiste muy pocas comparaciones, solo las de gigantes como John Ford, Alfred Hitchcock o nuestro Luis Buñuel. Su intuición y capacidad para entender y desarrollar lo que suponía el cine en un momento tan determinado como el de los años veinte y treinta, sí que no tuvo rival alguno, así como ciertas poéticas de la imagen y del sentido del ritmo que muchos quisieron igualar, quedándose por el camino.
Cada día de Navidad me acuerdo de Charles Chaplin, como cada día de Navidad lo inicio de madrugada tomándome una copa en el Cafe de Rick en Casablanca. Liturgias de cinéfilo, pero también la mejor manera de resguardarse en un lugar donde sí encuentro esos valores que tantos vociferan estos días, pero que luego no pasan de convertirse en una declaración de intenciones puramente actoral. En el cine de Chaplin también tenemos esa dosis precisa para entender al ser humano que no demasiados en el cine fueron capaces de plantear de manera tan lúcida. Al director y actor británico no le hacían falta sonidos, simplemente gestos y miradas. Se resistió a la palabra, sabedor de que las palabras son demasiadas veces un engañabobos, y la peor manera del ser humano para reflejar sus ansias autodestructivas. La industria, del cine y del espectáculo, lo arrolló bajo los nuevos tiempos que dejaron al cine mudo como un relicario donde todavía hoy nos encontramos las mejores esencias del cine. Ahora casi nadie ve una película de cine mudo, los planes de estudio de nuestros institutos desprecian ese lenguaje, como el de la práctica totalidad del cine, como vehículo de cultura y de conocimiento, pero ver una película de esa época mantiene todavía un halo mágico donde el actor se movía a pecho descubierto. Tal y como hizo Chaplin en sus cortometrajes iniciales en los que el humor y el gag se impusieron a una progresiva nostalgia, melancolía y compromiso frente a una sociedad que cada vez le gustaba menos. Sus ocho películas, realizadas bajo su sello propio de producción, United Artists: «Una mujer de París’, ‘La quimera del oro’, ‘El circo’, ‘Luces de la ciudad’, ‘Tiempos modernos’, ‘El gran dictador’, ‘Monsieur Verdoux’ y ‘Candilejas’, dirigidas entre 1923 y 1952, son la mejor muestra de madurez de un director de cine y la consagración definitiva del genio eterno de este hombrecillo menudo pero de una increíble inteligencia que no dejó de mostrar durante toda su vida hasta esa Navidad final, hasta esa última nevada en la que, en su residencia de Suiza, se apagó una vida que ya en los últimos años, y debido a una demencia senil, no le permitía recordar su trayectoria. Él ya nos había dejado uno de esos tesoros impagables, películas y secuencias convertidas en caricias de celuloide para una sociedad que no debería olvidar nunca su legado.



Publicado en Diario de Pontevedra 26/12/2018


venres, 21 de decembro de 2018

Un artigo cíclico

Traballos de búsqueda do desaparecido
no 'Sin querer II. (Lavandeira Jr.)

CADA CERTO TEMPO o mar obríganos a escribir este artigo. Por moitos anos que pasen, por moito que melloren os nosos medios de navegación, por moito que as medidas de seguridade sexan cada vez máis estritas, o mar non perdoa. Nunca te podes relaxar fronte a el, nunca podes considerarte o suficientemente coñecedor dos seus movementos como para crerte a salvo. Leva sendo así dende o principio dos tempos, como se o mar precisase das nosas vidas como parte da peaxe por todo o que nos aproveitamos del.
Dous barcos máis pasan a formar parte desa listaxe de vidas esnaquizadas. O ‘Sin querer II’ e ‘O Silvosa’ deixaron nas últimas horas ese ronsel de mágoas convertidas nunhas escumas que envolveron os corpos de varios dos seus mariñeiros, que remataron nel as súas vidas. Fálase de homes con experiencia e tamén de embarcacións ben preparadas, de ausencia de perigos no momento dos accidentes, pero todo iso semella que pouco importa cando o océano quere impor a súa lei, cando a gran balea branca chea de rabia decide engulir aos que se se enfrontan a ela a diario nunha loita eterna que de cando en cando remata en traxedia.
Non é a primeira vez que estes dramas xorden días antes do Nadal, cando os horizontes de ilusións semellan xa fixarse nas nosas miradas. Adoitan ser días de moito traballo, de encher as adegas dos barcos cunha boa carga que terá saída segura nos moitos mercados que amosan unha actividade frenética ao longo destes días de présas, pero tamén de mares embravecidos, de ondas que medran de xeito axitado entre os ventos dun outono que remata para converterse en inverno.
De novo tivemos que pagar un prezo moi alto por ese labor, por un traballo do que moitas familias do noso territorio dependen. Galicia é mar, e como mar ten esa relación coa perda asumida como parte dun negocio ancestral. As xentes do mar son valentes por natureza, heroes cotiás, como sempre escasamente recoñecidos, pero non son só valentes cando botan días e meses lonxe das súas casas e familias loitando con mares extremos, senón que tamén son valentes os que quedan en terra, os que asexan dende as fiestras cara unha liña do horizonte onde todo son dúbidas, inquedanzas e medos. Valentes en porto coa sensación constante de que as súas roupas, nun momento inesperado, tinguiranse de negro. Ese loito é o que marcará para as familias dos catro mortos e un desaparecido xa non só o Nadal, senón o resto das súas vidas, nas que volverán tirar desa valentía propia de todos eles para lembrar aos seus e agardamos que tamén para que sintan o orgullo dos galegos que sabemos do seu oficio, do seu esforzo e agora tamén da súa pena.
Cambados, Portonovo, Fisterra, Malpica... Rías Baixas, Rías Altas, escenarios da dor enguedellados por unha traxedia que outras moitas veces tocoulle a diferentes portos de Galicia. O mar fía con todos eles un tecido de solidariedade, pero tamén de compromiso cos que arriscan dende o seu anonimato. Agoran saíron del coma vítimas que salpican os medios de comunicación coas bágoas que toda sociedade agradecida ten que ter cos que traballan por ela e rematan deste xeito abrupto. As augas do noso mar calmaranse durante un tempo, semellará que nunca pasou nada nel, os mariñeiros seguirán sucando as súas ondas dende a lealdade ao seu oficio, ata que un día volvamos contar de novo como o tributo volveuse cobrar en forma de perda, como escribiu o poeta embarcado, Manuel Antonio: «Fomos ficando sós/O mar o barco e máis nós».



Publicado no Diario de Pontevedra 21/12/2018


mércores, 19 de decembro de 2018

De tú a tú

Una amplia exposición retrospectiva en Barcelona y una instalación en el madrileño Palacio de Cristal reivindican a Jaume Plensa.


APROXIMARSE a la obra de Jaume Plensa supone un acercamiento a la escultura como medio de diálogo con el ser humano a partir de unas piezas que nos contienen como entes individuales pero asociados a una comunidad. Siempre moviéndose alrededor de esa dualidad, entre el individuo y el conjunto, su obra es reclamada y admirada desde los más diferentes rincones del mundo por esa capacidad que tiene de sugerir desde lo contemporáneo sin despegarse de aquello que le rodea. Acostumbrados como estamos a que la sobrevalorada modernidad tienda a despegarse de nuestra realidad, su trabajo hace de esa realidad materia y forma, alma y espacio. Sus piezas son un emocionante contenedor de ideas, de sueños y de culturas, también de pensamientos que nos llevan a señalizar el momento que vivimos, tan repleto de incertidumbres y de miedos que solo unos sueños convertidos en arte pueden generar una sensación de alivio ante ese entorno tan agresivo.
El Museo de Arte Contemporáneo de Barcelona (MACBA) y el madrileño Reina Sofía, en su sede del Palacio de Cristal, proponen dos atractivas aproximaciones a su trabajo. El primero plantea una exposición retrospectiva desde los años ochenta, mientras en Madrid una instalación etérea se mueve en la condición casi inmaterial de ese espacio tan específico ubicado en el parque del Retiro. Ambas posibilidades, como todo lo que genera el creador catalán, parten de un mismo inicio, de una misma idea que alienta un proceso de estudio y percepción del entorno en que se va a instalar, ya sea un espacio público o un ámbito privado, para luego ir evolucionando, modificándose a medida que entran en juego los materiales y sus posibilidades. Pocos artistas hacen de ese material un elemento con tantas consecuencias de cara al resultado final, logrando generar un vehículo que nos transmite todo el potencial de sentidos y significados que contiene esa pieza. Y es que cada una de esas obras son como un gran recipiente que sin rubor alguno reclama la belleza para relacionarse con nosotros y para abrirse como ninguna escultura es capaz de conseguir hoy en día. Si algo emociona y cautiva de las piezas de Jaume Plensa es la capacidad para entender el contexto en el que se va a ubicar, en el caso de la escultura pública, pero en cualquier caso, por cómo la pieza nos hace formar parte de su interior. La luz interna de algunas de sus obras, el alabastro traslúcido de otras, sus figuras formadas por letras que cierran un vacío interior... todas ellas son capaces de hacernos sentir que en su interior sucede algo, que la escultura no es solo un bloque trabajado desde fuera sino que posee alma.
No dejen pasar la oportunidad durante los próximos meses de acercarse a esas dos citas artísticas, a las que se les unirá desde mañana la instalación de una de sus gigantescas cabezas en la madrileña plaza de Colón, convocándoles de nuevo ante un auténtico genio que poco a poco, y como suele suceder, antes fuera que en su propio país, está obteniendo el reconocimiento que su obra merece. Ante sus obras se emocionarán y entenderán cómo una escultura se puede alejar de la frialdad y dialogar abiertamente con el ser humano de tú a tú.



Publicado en Diario de Pontevedra 19/12/2018
Fotografía: Jaume Plensa junto a una de sus obras en el MACBA (Quique García)


luns, 17 de decembro de 2018

CGAC 25

Foguetes Verdes (9)
O Centro Galego de Arte Contemporánea cumpre 25 anos nun complexo momento para os espazos artísticos de Galicia. A súa posición segue a ser sólida e fulcral dentro da nosa arte


AÍNDA ESTANDO baleiro a visita ao edificio do CGAC de Santiago de Compostela xustificaría calquera desprazamento ata el. A arquitectura de Álvaro Siza, esencial, de liñas puras, de xeometrías que converten o espazo nun xogo de baleiros nos que a luz e a sombra semellan ter vida propia, é todo un espectáculo pero que ademais, ao longo de xa vintecinco anos, converteuse nun ronsel da arte contemporánea en Galicia.
Coa súa apertura en 1993 Galicia deu un salto cara adiante nas súas aspiracións artísticas. Un edificio audaz e moderno que representou o tránsito do sistema artístico galego cara unha nova dimensión, deixando no pasado a percepción clásica dun museo de acumular e amosar. Un centro de arte, polo tanto, que servise para reflectir o traballo máis contemporáneo na nosa sociedade, e xunto a ese labor, o de compoñer unha colección que permitise percorrer o que comezaba a ser unha nova historia da nosa arte.
Antón Pulido, Gloria Moure, Miguel Fernández-Cid, Manuel Olveira, Miguel von Hafe Pérez e, actualmente, Santiago Olmo, dirixiron este espazo con toda a súa forza e capacidades dentro de moi diferentes dinámicas, normalmente asociadas aos mellores ou peores momentos dunha economía que marca, como en tantos sectores da nosa vida, os ritmos e os resultados finais fronte aos obxectivos apriorísticos.
Unha publicación que saiu a luz o mes de setembro, aínda que dun setembro de vintecinco anos despois da súa inauguración, permítenos lembrar o que foi todo este tempo de tantas enerxías consumadas. Unha especie de álbum no que en diferentes tempos fixaron unha chea de experiencias e lembranzas. De exposicións coas que nos engaiolamos da arte: Giovanni Anselmo, Frank Thiel, Leopoldo Nóvoa, Ánxel Huete, Manuel Moldes, Vik Muniz... o listado sería tan interminable como fabulosamente ecléctico (que é como teñen que ser as programacións destes centros); artistas de aquí e de alá que se foron enguedellando ao longo deste tempo para xerar unha programación que co paso dos anos só pode ser calificada de extraordinaria. Tamén de lembranza de persoas ás que coñecimos traballando alí e que non deixaron de medrar no campo artístico, profesionais que agora son parte da realidade cultural a moitos niveis, excedendo a propia óptica galega. O CGAC, vintecinco anos despois, é xa moitas cousas máis que un museo, é un espazo de encontro e recordos fornecido pola afouteza da arte como catalizador de sensacións.
A carón do casco histórico, e en permanente diálogo con Bonaval, a arquitectura de Álvaro Siza é hoxe unha gran plataforma á que sentírmonos unidos. Alegrámonos cando as cousas vanlle ben, cando as súas exposicións funcionan, cando ten uns bos orzamentos para cumprir a súa necesaria función de poñer ante nós as máis diversas sensibilidades de entender á realidade coa peneira da mirada artística, e lamentamos cando percibimos como se poderían facer moitas máis cousas se os orzamentos repuntasen, e se aumentasen os seus profesionais.
Lendo as páxinas desta publicación, cos textos de Santiago Olmo e Iago Seara, un se recoñece a si mesmo pasando moitas horas no seu interior, lembrando a tanta xente, a admirables creadores e a amizades inesquecibles, en definitiva, entendendo o museo como algo vivo e que así permanece. Por iso aínda poden achegarse durante estas semanas a dúas exposicións, a do portugués Julião Sarmento, recollendo boa parte da súa recoñecida traxectoria; e a ‘Xeografía do tempo’ dos fotógrafos Bleda e Rosa. Nomes que engadir a unha lista que nos enche de orgullo, e que esperamos siga medrando, como o interese de todos pola cultura.




Publicado no Diario de Pontevedra 14/12/2018


venres, 14 de decembro de 2018

O cinema, escola de vida



POUCAS MANIFESTACIÓNS artísticas son capaces de capturar a vida como o cine. Poucas poden transmitir ao público un anaco da realidade como as imaxes en movemento que se proxectan nunha pantalla. Así aparece Pontevedra nestes días de final de outono, dirixindo a vista, ao longo desta semana, as pantallas do venturoso festival Novos Cinemas, que un ano máis é quen de ofrecernos as miradas de diferentes realizadores, necesarias para que sexamos nós mesmos os que entendamos e gocemos desa capacidade do cine para explicarnos a través da propia vida.
O bo deste tipo de festivais é que xunto ao que acontece no interior da película, moitas das súas historias saen dela formando parte da nosa realidade, como se fose ‘A rosa púrpura do Cairo’ de Woody Allen. E todo grazas a que temos con nós aos seus directores, que nos contan como xorden os proxectos, como medran as ideas ou como estas se converten en planos de cine. Impagables encontros, como o que onte puidemos compartir coa directora portuguesa Teresa Vilaverde, á que o Festival lle adica unha retrospectiva. Na Casa das Campás, con fragmentos das súas películas, e con ela e o crítico Martin Pawley, tratouse ese equilibro entre a pantalla e o que acontece fóra dela. O acento luso da directora repinicaba lembrando o seu contacto co cinema a través da Cinemateca de Lisboa, o mirar unha e outra vez películas de xeito continuo para acabar sabendo que a súa vida estaría adicada a contar historias, como as que pasaban ante os seus ollos.
Cando en 1989 dirixe o seu primeiro filme, ‘Alex. A idade maior’, a directora xa afronta un relato dende a memoria da guerra, da marcha de homes que deixaron fillos en Portugal. De adultos que choran, de impactos na memoria dunha rapaza. Imaxes cheas de sensibilidade para arrincar unha traxectoria que xa non se moveu desa idea de facer un cine entendible, un cine comprensible para todo o mundo. «As persoas complican a idea de facer cinema», dixo a directora ao principio da súa conversa. Unha especie de manifesto para facer da súa linguaxe unha expresión sincera da propia vida. Películas como ‘O termómetro de Galileu’, ‘Os mutantes’ ou a que hoxe mesmo poden contemplar dende as 16.00 horas no Teatro Principal, ‘Colo’, son historias nas que se pode tocar a vida, onde a pel dos personaxes supera á propia pantalla e se ofrece, dende as diferentes idades dos protagonistas dos seus filmes (nenos, adolescentes, vellos...), como un territorio polo que moverse os espectadores.
O cinema, como escola de vida, permite achegarse a ela dun xeito sincero. Afastándonos de efectos visuais que nos distraen e que nos conducen a un espectáculo moitas veces sen sentido. Se algo teñen claro os organizadores é a liña de traballo que se procura nas súas escollas dentro das diferentes seccións, pero que responden a unha idea global. Iso é o verdadeiro éxito da súa programación, as miradas que xorden dende o terreo inciático, cando a perversidade do sistema aínda se resiste ante unha inocencia que lle senta moi ben ao cinema.
Quédanlles tres días para aproveitarse desas miradas, para ver a realidade a través delas, para poñer un pé no interior da pantalla e outro fóra e facer como Mia Farrow, sentir a vida dun e doutro lado. Teran risas, bágoas, estremecemento, medo, ledicia... sensacións que só o invento dos Lumière pode acadar ata esa acumulación fronte ás demas artes. Pontevedra volve a latexar cinema co seu festival. Tres edicións xa que veñen a apoiar o seu ideario, e tamén as nosas ganas de sentir.


Publicado en Diario de Pontevedra 14/12/2018

mércores, 12 de decembro de 2018

Trinta lumes

A película de Diana Toucedo é unha das participantes na sección oficial do Festival Novos Cinemas que arrinca hoxe na cidade


O SEU TRABALLO está sendo un dos máis comentados nos diferentes festivais cinematográficos nos que é convidada a participar en diferentes seccións. Inesquecible a súa participación na sección Panorama da Berlinale de Berlín, a ela fóronse sumando citas como as que se sucederon nos festivais de Málaga, San Sebastián, Toulouse ou no máis recente de Tarragona, no que vén de acadar o premio do Xurado Novo. Premios que enchen os andeis desta muller que abofé ten como maior premio o de ter feito con ‘Trinta lumes’ a súa primeira longametraxe e, aínda por riba, por centrala na súa terra.
Pousar a mirada na nosa contorna as veces non resulta doado, sempre son moitos os ollos da responsabilidade que se dirixen cara un, sempre tan esixentes con nós mesmos. Diana Toucedo resiste esa situación co seu reflexo da realidade, un cine entre o documental e a ficción que nos leva ata o Caurel para coñecer, dende os ollos dunha rapaza, Alba, ese latexo tan máxico como engaiolante que se move pola nosa terra. O universo da inocencia amósase aquí inxerido nunha atmosfera de misterio que parte dunha chea de lendas que converten a Galicia nun lugar singular, e ao que as cámaras séntanlle moi ben, e así o están descubrindo moitos realizadores novos que non teñen medo a filmala, afastados xa de complexos e de que as historias hai que buscalas a centos de kilómetros de distancia ou en recunchos exóticos. A forza das imaxes de Diana Toucedo nútrese desa enerxía entre o telúrico e o panteísmo, froito da conexión do ser humano, deste caso dos habitantes desa contorna rural de Galicia, cunha natureza moi presente nas súas vidas e que marca o paso dun tempo que as veces semella pendurado no aire.
Alba Arias e Samuel Vilariño representan esa mirada nova, esa mirada da descuberta ante o que acontece ao seu arredor, no que descubrir é unha das obrigas da vida e un acto que xa non se poderá esquecer xamais. Os dous estarán hoxe xunto á directora no Teatro Principal, ás 21,30. Eles presentarán o filme co que arrinca, na mesma xornada que a canadiense ‘Fail to appear’, a  sección oficial dunha nova edición do Festival Novos Cinemas. Poucas ocasións mellores van ter de coñecer o que se esconde tras un traballo como este, recoñecido pola súa humildade e capacidade para transmitir sensacións, quizais o mellor que se pode decir de calquera película, que teña a capacidade de beliscar a pel do espectador.
Diana Toucedo hoxe sentirá tamén algo diso. Non é sinxelo presentar a película preto da súa casa natal de Redondela. Terá moitos coñecidos entre o público e tamén lembrará que ela é parte da familia deste Festival do que formou parte do xurado na súa primeira edición. Agora, na súa terceira edición, refuxiado na maior intimidade do inverno, é bo momento para deixarse arrastrar nunha sala de cine ata o Caurel e buscar alí a presenza do ser humano a través deses trinta lumes que significan trinta fogares fronte á natureza, pero tamén fronte á descuberta do descoñecido, nun territorio que fai equilibrios entre o mundo dos vivos e dos mortos, entre o real e o irreal, nin máis nin menos que como o propio cinema.



Publicado no Diario de Pontevedra 12/12/2018


venres, 7 de decembro de 2018

Barcos


Foguetes Verdes (8)
O dono do derradeiro minuto’ é a tradución ao galego dunha escolma de poemas de Luis García Montero e un dos títulos da nova editorial Tulipa que propón o acubillo da poesía

Luis García Montero na recente presentación do
seu poemario no Culturgal (Rafa Fariña)

AS PALABRAS SON barcos/e pérdense así, de boca en boca,/como de brétema en brétema./Trasfegan a súa mercadoría polas conversas/sen atopar un porto,/a noite que lles pese igual ca unha áncora». Así beliscan a pel as palabras de Luis García Montero na nosa lingua. Palabras que son barcos para sucar alí onde a nosa sensibilidade permita un océano para o goce da poesía, para a necesidade da poesía. A poesía brinca polas linguas e polas almas, de aí que a iniciativa da nova editorial Tulipa, da man de Isabel Patiño, de traducir ao galego a diversos autores, é unha das máis fermosas, e tamén valentes (non o esquezamos), travesías, que se poden facer na nosa lingua.
O dono do derradeiro minuto’ son cincuenta poemas, dun dos mellores poetas casteláns, traducidos ao galego. Cincuenta sensacións que ao longo de toda unha vida alumearon a conciencia creativa, e tamén diría que cívica, do poeta granadino. Temos poemas de momentos distintos, poemas que falan da súa experiencia vital, auténticas balizas nese océano polo que entender a unha persoa comprometida coa cultura, coa literatura e case por consecuencia, co ser humano e a necesidade de liberdade. Por que se algo se agocha tras os brancos que miden as liñas da súa poesía é esa obriga moral coa persoa, o desexo por conducila dende a súa fraxilidade a unha rotundidade que moitas veces só a palabra é quen de acadala, ou, polo menos, de poñela ante nós.
Nese verso inicial do poema ‘O amor’, que como todo o poemario converteu en galego outro dos nosos grandes nomes, Isaac Xubín, as palabras son barcos que van de boca en boca, movéndose entre as brétemas á procura dun porto. Andalucía ten mar, pero Luis García Montero tamén escribe de Galicia e do seu mar, porque a deriva da mente non entende de fronteiras ou xeografías. Terra como conxunto e home como unidade. Espallar esa mensaxe no maior número de linguas convértese nun faro na noite estrelada.
Luis García Montero arriba nun porto de Galicia porque sabe ben dela e dos seus poetas. Admirador dende hai moito tempo de Rosalía de Castro, a ela lle ten adicado algún poema nos seus libros, a iso engádelle as conversas con outro nome senlleiro da nosa poética, Ramiro Fonte e, como non, pola achega do seu veciño, Federico García Lorca, quen deixou impresos seis poemas galegos convertidos en monumento do compromiso. Agora, o autor de ‘Habitaciones separadas’, retoma esa tradición e converte ao galego en parte súa. Unha realidade na que inxerir a poesía para aumentalo seu horizonte. O horizonte sempre como equilibrio, a mirada fixa nel como a do mesmo Manoel Antonio a bordo daquel ‘Constantino Candeira’ que, coma un cabalo de troia, meteuse no mar para facer un asento da súa relación coa existencia. E nese horizonte a súa percepción dunha poesía co verniz que deixan as novas escumas do Atlántico. A salgadura dunha terra que modifica todo o que toca. Así é como os seus poemas soan diferente, porque son diferentes, máis brincadeiros, tamén mais sensíbeis. máis pegados a ese latexo que xorde entre verdes e azuis, cores fríos que quecen ante a proximidade de Luis García Montero e o acubillo da súa escrita.
Dende hai uns meses Luis García Montero ocupa a presidencia do Instituto Cervantes, unha das súas liñas públicas de acción e a consideración de todas as linguas do Estado. Non todos afirmaron iso con tanta rotundidade. Se o máis antipoético que hai, a política, o permite, poderá acadar novos chanzos nesa pretensión que agora, no privado, convértese en toda unha realidade chea de emocións e de preguntas: «A chuvia que pregunta por min na esquina/sabe ben que non era miña aquela casa.



Publicado no Diario de Pontevedra/El Progreso de Lugo. Foguetes verdes (8) 7/12/2018


mércores, 5 de decembro de 2018

A pulsión da cor

O ingreso de Menchu Lamas na Academia de Belas Artes é un berro dende a cor e o xesto desa pintura que alumea no Artium de Vitoria


LEVO bastantes horas dándolle voltas na cabeza a un dato tan abraiante coma vergoñento. A cifra fala de que no Museo do Prado, das 1.700 obras expostas ao público, só sete corresponden a mulleres. Agora que tamén está a repinicar ese número nas súas, e que tardarán en esquecer, pensen nese dato que fala da invisibilidade das mulleres na historia da arte como reflexo doutro territorio do que foron expulsadas ao longo do tempo.
Refírome a mulleres pintoras, da mesma estirpe que Menchu Lamas, protagonista, estes días e como sempre, polo seu facer creativo dende a pintura, pero tamén por unha dobre situación. En primeiro lugar por amosar a súa obra nun dos centros artísticos máis relevantes e interesantes da nosa xeografía, o Artium de Vitoria, e, en segundo, polo seu ingreso, a pasada fin de semana, na Academia Galega de Belas Artes, como académica numeraria da Sección de Pintura e Gravado. Unha entrada que debemos unir á da escultora Soledad Penalta na obrigada procura da normalidade, fronte a unha situación que non era en absoluto exemplar. A posición de mulleres alí onde deben estar, ombreiro con ombreiro cos homes, e máis alá da súa presenza limitada a exposicións ou ao traballo no taller, fala moi ben da institución académica, pero tamén o fai das nosas mulleres artistas e, como non, da propia Menchu Lamas, por conseguir, dende o seu compromiso coa pintura, artellar un discurso propio que, tanto dentro como fóra de Galicia, reflicte unha das nosas traxectorias creativas máis sólidas.
No seu discurso de entrada á Academia quedou ben claro ese compromiso a través dunha pintura que é prolongación do seu propio corpo dende a xestualidade e o simbólico. Formas que se moven en tensión no interior dun lenzo do que sempre se tenta fuxir, ou polo menos dubidar. Unha finitude física que estoupa dende a cor como pulsión física. E así leva sendo dende os anos oitenta, aos que é inevitábel volver cando se fala de pintura en Galicia e cando se tenta explicar o proceso artístico dos que formaron parte daquel osíxeno que foi ‘Atlántica’. Osíxeno para eles pero tamén para todos nós. Porque a pintura para unha sociedade ten moito diso, de aire que respirar, de horizonte no que albiscar o que un realmente é. «Cada vez que desaparece un espazo artístico ou cultural medra a ameaza á liberdade, polo que cómpre estar vixiante ante estas situacións», dixo a pintora no seu discurso pronunciado no MARCO, que, con todo o que acontece nese naufraxio museístico, converte esas palabras noutra medalla para ela.
Os máis de 650 quilómetros que separan o seu Vigo natal de Vitoria redúcense, ata o 20 de xaneiro, ás súas ‘Cores nómadas’, intelixente título para unha exposición que xermina dende a cor para que dela medre todo o seu universo simbólico: as liñas, os ritmos, as mans, as xeometrías, as dialécticas abstracción/realidade... Xeitos de tensar unha superficie para convertela en constante desafío co traballo creativo, pero tamén, e tal e como amosa a historia, coa súa condición feminina, que agora non só reivindica dende a súa pintura, senón tamén co seu recén estreado papel na Academia.




Publicado no Diario de Pontevedra 5/12/2018


luns, 3 de decembro de 2018

O misterio da luz


XA VAI UN ANO daquel lóstrego co que comezou o mes de decembro do 2017. Baixo aquel estremecemento Manuel Moldes morrera, a pintura escureceu e un baleiro inmenso abriuse ante nós. Os días pasaron e, neste primeiro cabodano, se algo queda claro é que o tempo non cicatriza tanto como esperabamos. Perder a un creador é unha das eivas máis grandes que poder ter unha sociedade. Italia chora estes días a Bertolucci, España laiouse recentemente da perda doutro enorme pintor como Eduardo Arroyo e nós, nós seguimos chorando a Manuel Moldes, decatándonos en todo este tempo de ausencia da súa enorme obra e inesquecíbel personalidade. 
Eu sigo pasando cada día ante o seu estudio lembrando sempre cando alumaba no fío da noite un resplandor no seu interior. Aquela fiestra converteuse agora nun burato negro. Xa non hai a luz que anunciaba a súa presenza e os seus cadros esperan caladiños que alguén os mova para volver a enfrontarse ao espectador, o sentido último de calquera obra de arte. Todos eles agardan que alguén se decida a darlle un pulo a esa posible Fundación que preserve e  dea  a coñecer a súa obra, ou algún tipo de iniciativa que saque da escuridade todo o que se agocha nos lenzos de Manuel Moldes que, ao fin e ao cabo, non deixa de ser un reflexo de nós mesmos, que somos os que realmente nos agochamos entre as súas pinceladas.
Misterio+Luz=Pintura, era unha das súas teimas para explicar ese milagre que se produce en cada cadro. O misterio para a súa concepción, na procura da atmosfera precisa; a luz como vibración do que se representa; a axitación dunha proposta que sen a luz non é nada. E, como resultado, a pintura, aquilo para o que nacera Manuel Moldes e que o levaba a enfrontarse de xeito diario co desafío que era facer un cadro ou unha serie deles, tal e como estaba a facer coas súas últimas obras vencelladas coa recuperación estética e memorística do Lérez.
Un ano despois a pintura segue calada e un ano despois esa ecuación segue pendurada de todos nós, tal e como Manuel Moldes a deixou escrita nunha das paredes da galería About-Art de Pontevedra en 2016, co gallo dunha das súas últimas exposicións. Unha galería xa desaparecida pero que, con bo tino, a súa propietaria, María Díaz, ante o traslado a Lugo dese espazo, deixou alí impreso o que se converteu nun afouto epitafio.
Un non se fai moitas ilusións co que acontece despois da morte aínda que gustaríame pensar en Manuel Moldes debuxando as súas figuras nalgún lugar, tamén discutindo desa ecuación con Bacon ou Goya, ou a carón de Carlos Oroza falando do divino e do humano. Eu que sei!!! Co pouco que sei da vida como para saber tamén da morte. O que si sei é que se bota moito en falta a Manuel Moldes, e a nosa responsabilidade como sociedade,  da que formou parte e na que se involucrou en moitos aspectos, dende a súa arte, dende a súa enorme vocación como mestre na Facultade de Belas Artes ou no eido reivindicativo nos malos momentos do noso tempo, é que o seu legado non se disolva no tempo. O paso dos días vai contra esa misión. Ogallá entre todos poidamos purrar por facer que a luz volva a alumear todos eses cadros. Xa sei que na fiestra do seu taller non volverei a ver luz, pero váleme con poder achegarme a algún dos seus cadros. Se lles pasa algo parecido a min, vaian á sede da Uned en Monte Porreiro e pasen un anaco de tempo ante o seu gran mural no hall de entrada. Sentirán como o misterio e máis a luz explican a pintura, explican a Manuel Moldes.



Publicado no Diario de Pontevedra 30/11/2018


venres, 30 de novembro de 2018

Culturgal

Foguetes Verdes (7)
A gran cita da cultura en Galicia enche na fin de semana o Recinto Feiral de Pontevedra cunha morea de manifestacións creativas que amosan todo aquilo que fai mellor a este país


POUCOS TERRITORIOS da nosa sociedade hai dos que estar máis orgullosos que aqueles que sinala a nosa cultura. Espazos nos que sentírmonos parte dunha comunidade, dun conxunto que ten nos seus creadores un dos seus alicerces máis significados. Percorrer cada ano o Culturgal é retomar aquela frase da película ‘O falcón maltés’ cando lle preguntaban a Humprey Bogart de que material estaba feita aquela estatua negra con forma de paxaro e el respondía «do material co que están feitos os soños». Os soños de Galicia teñen moito que ver co labor dos seus escritores, dos seus editores, músicos, artistas plásticos, actores e atrices, dos máis diferentes axentes culturais, isto é, con todos os protagonistas dunha creatividade que se reactivou nos últimos anos na nosa terra dun xeito incríbel. Cada edición, e xa van once, o Culturgal convértese no compás preciso para facer visíbel dun xeito colectivo aquilo que ao longo do ano nos chega en forma de pílulas por cada un dos creadores. Así, como un ente colectivo, a forza que se amosa nesta fin de semana ten que enchernos de ilusións e de esperanzas para que eses soños sigan a medrar.
Dende hoxe e ata o domingo temos tamén neste espazo un lugar de lecer a carón de todas estas propostas que procuran actuar co público, co consumidor de cultura, que estes días se sente coma nun parque de atraccións. Ata el este ano tamén se pode chegar en autobús dende diferentes puntos de Galicia grazas á aposta da organización por traer ao público que se atopa máis lonxe de Pontevedra.
A partir de aí, consultar a axenda de actividades para estes tres días é un inmenso crebacabezas no que non hai nin un minuto de descanso. É moi difícil escoller e cada un farao en función das súas preferencias. Presentacións de libros, contacontos, obradoiros, accións poéticas, arte, concertos, ciencia, ilustración, conversas, libreiros, palabras... todo un océano de creatividade a paixóns fiadas pola lingua como canle dende a que todo cobra o seu sentido. A lingua é o que nos suxeita ao territorio, e dende ela medra a creación máis próxima a nós. Todos estes proxectos persoais e colectivos, de empresas ou institucións, teñen esa obriga de responder ao que acontece na nosa contorna. Con máis ou menos posibilidades, son os proxectos os que defenden a cultura dun país e o Culturgal está inzado de proxectos e de ilusións. Percorrer os diferentes estands que artellan o espazo físico é conversar e sentir como a cultura segue a medrar en Galicia, como a creatividade é o que mellor nos identifica fronte a outras realidades e posíbelmente sexa o que mellor lle fai a este país.
A cultura, polo tanto, ten que ser o noso mellor sinal de identidade, un sector estratéxico que debería ser sempre alentado por todos para chegar a máis sitios e cunha maior fortaleza. Calquera investimento neste terreo ten sempre repercusión na nosa sociedade. Un retorno do que un se decata ao longo destes tres días abeirados no Lérez sentindo as ilusións dos seus protagonistas pero tamén as facianas dos visitantes, de pais e nais que xunto aos seus cativos rin en galego, de escritores orgullosos do feito e de lectores agradecidos con todos eles.
Falamos de máis de cen expositores que redimensionan a nosa cultura e dos que podemos gozar para entender mellor como somos. Pódolles asegurar que sairán moito mellor do que entraron, orgullosos dos seus, do que se fai aquí, e tamén sentirán como o seu espírito medra porque a cultura, se algo acada, é que o ser humano sexa máis ser e máis humano, sexa, en definitiva, mellor persoa. Só por iso paga a pena mergullarse na cultura, pero é que ademais o van pasar moi ben grazas ao esforzo dunha organización cada vez mellor e, sobre todo, grazas ao talento que medra na nosa terra.



Publicado no Diario de Pontevedra/El Progreso de Lugo 30/11/2018
Vista xeral do Culturgal na edición do ano 2017. Foto: Rafa Fariña


mércores, 28 de novembro de 2018

Novecento

Hay películas que justifican una filmografía y cuanto homenaje pueda llegar. ‘Novecento’, de Bernardo Bertolucci, es una de ellas


SE muere Bernardo Bertolucci pero su cine sigue en pie. Es la gran virtud de los creadores, que sus obras, sus ideas y sus apuestas seguirán entre nosotros con esa vocación de eternidad que solo el arte puede alcanzar. El director italiano nos deja varias obras con esa condición, películas que marcaron tiempos y momentos muy concretos de la historia, una historia que volcaba inteligentemente en la práctica totalidad de sus proyectos. Junto a sus tres grandes títulos: ‘El último tango en París’, ‘Novecento’ y ‘El último emperador’, películas como ‘La estrategia de la araña’, ‘El conformista’ o ‘El cielo protector’, conforman una de las filmografías más importantes del cine europeo de las últimas décadas y quizás el último exponente de ese cine italiano que se nutrió con la posguerra, en el Neorrealismo y que agitaron poco después Pasolini y Fellini.
Con el primero se inició en el cine, y el trabajo fue su escuela. Sin aprendizajes teóricos los planos y las historias se fueron sucediendo hasta que con ‘El último tango en París’, Bertolucci reclamó la atención del mundo bajo el escándalo originado por las escenas entre Marlon Brando y Maria Schneider. Una polémica que se ha venido reactivando cada cierto tiempo hasta estos últimos años. Su siguiente película fue ‘Novecento’, uno de los grandes testimonios cinematográficos de la historia del ser humano y que hoy mismo, esta nueva y oxigenada Televisión Española, emitirá como homenaje al director dentro de ‘Días de cine clásico’, regalándonos de nuevo la oportunidad de recorrer las cinco primeras décadas del siglo XX en Italia a través de la relación entre el hijo de un terrateniente y el de uno de los trabajadores de esas tierras. Ambos, interpretados por Robert de Niro y Gerard Depardieu, respectivamente, nacen el mismo día, pero es ese nacer en lados diferentes de la vida lo que va a marcar su camino en los años sucesivos. La película registrará los conflictos de clase, y cómo la amistad se va a ir magullando entre ese tenso ambiente en el que afloran las ideologías de principios de siglo. Las guerras mundiales y el ascenso del fascismo serán el paño de fondo para esa historia de personas maravillosamente interpretadas por un gran plantel de actores, uno de los puntos fuertes de la película, a lo que se le suman elementos como la fotografía de Vittorio Storaro o la música de Ennio Morricone, todos ellos nombres que, junto al del propio Bertolucci, son esenciales en la historia del cine. Compruebo que ambos viven, y de pronto pienso en como acaban de contemplar la muerte de parte de su propia historia personal y profesional.
Lo importante, insisto, tanto para los vivos como para los muertos, es que la humanidad pueda contemplar su trabajo. Si esta noche decidimos volver a ver o incluso descubrir (para aquellos que no lo hayan hecho será una noche enorme) en La 2 esta película, será la mejor manera de honrarlos a todos ellos, además de que podamos comprobar como el cine es uno de los mejores medios para explicar al ser humano, e intentar, a través de él, comprender nuestras actitudes y comportamientos a lo largo de la historia. Para ese fin ‘Novecento’ es uno de los monumentos que quedarán para la historia, por encima de tumbas, epitafios, crónicas y recuerdos, siendo sus imágenes el mejor testamento de un director eterno.


Publicado en Diario de Pontevedra 28/11/2018


martes, 27 de novembro de 2018

Concepción Arenal, mujer al descubierto

Rue Saint-Antoine nº 170
Literatura ▶ La defensa de la mujer, la reforma penal y la causa obrera están detrás del pionero trabajo en nuestra sociedad de Concepción Arenal (1820-1893). La pensadora más importante de su tiempo posee ahora una extraordinaria biografía con la que comprender mejor su tarea y su vida con un trascendente vínculo con Pontevedra

Plaza de Concepción Arenal en Pontevedra (Joel Martínez)

«Abride escolas e han pechar os cárceres», es la inscripción que ante el Colegio Froebel recuerda su labor a favor de la educación y la reinserción en la sociedad, pero también nos quiere recordar el paso por Pontevedra de una mujer que dinamitó muchas de las concepciones sobre lo femenino que en el siglo XIX se mantenían vigentes. Ahora, una biografía a cargo de Anna Caballé reivindica su personalidad alejada del cliché acuñado sobre su personalidad y explicando como su voz «fue la más poderosa de su siglo».
«La naturaleza ha querido que los dones de las mujeres se destinaran a la felicidad de los otros y que muy poco lo emplearan en sí mismas». Estas palabras, de la propia Concepción Arenal, son tomadas de una de sus autoras preferidas, Madame Stäel y Anna Caballé las recupera, de manera sorpresiva, tras consultar documentación, para realizar esta biografía, en las cuatro cajas de materiales que se encuentran en el Museo de Pontevedra. En esas cajas se encuentra la mejor manera de voltear los prejuicios que se tienen sobre la autora, al conservarse escritos que se salvaron de la destrucción de documentos que se produjo en sus días finales y tras su muerte. Anna Caballé además de ocho obras de teatro, dos novelas y un poemario, todos ellos inéditos, se dio de bruces con varios cuadernos de apuntes en los que se encuentra la mujer Concepción Arenal: «Un hallazgo iluminador y la mayor satisfacción que me ha deparado esta difícil biografía en la que que por primera vez se reconstruye toda la vida de la autora. En Pontevedra comprendí que junto a la severa pensadora y reformista latía otra mujer, rebelde, enamorada, desafiante y orgullosa, sobre la cual la primera se había impuesto con los años», escribe Anna Caballé en la introducción a este volumen titulado ‘Concepción Arenal. La caminante y su sombra’ que la editorial Taurus incluye en una espléndida colección de biografías.
Placa en vivienda de la calle Oliva en la que vivió la escritora
Reafirma así Pontevedra su vinculación con la autora nacida en Ferrol en 1920, y mantenida en vida cuando llega a la ciudad en 1889, al destinar Fomento a su hijo Fernando a la ciudad en su calidad de ingeniero de obras públicas, instalándose en la céntrica calle de la Oliva, lugar en el que hoy se conserva una placa en recuerdo de la estancia de la escritora y donde rápidamente organizó encuentros con diferentes personalidades de la ciudad con las que poder conversar de sus inquietudes. Por allí pasaron el Marqués de Riestra, la familia del marino Méndez Núñez, el catedrático Ernesto Caballero, Casto Sampedro, Augusto González Besada o los poetas Renato Ulloa y Heliodoro Fernández Gastañaduy. Hombres que sin embargo admiraban a Concepción Arenal. Son esos los años finales de la autora, con numerosos problemas de salud. Catarros y fiebres se van sucediendo siendo consciente de que el final llegará más pronto que tarde. En 1890 el traslado de su hijo a Vigo la lleva a dejar la capital y allí fallece tres años después.
Más allá de estos apuntes locales para nuestro interés, lo brillante de la biografía radica en esa descubierta y aproximación a la mujer, a la madre, a la hermana, a sus deseos y flaquezas que humanizan un relato que, por otra parte, tiene en la brillante narración de su autora el elemento necesario para no caer en la pesadez y rigidez con que muchas veces se envuelven este tipo de textos.
Concepción Arenal fue la primera mujer en asistir a la Universidad Española, lo hizo como oyente en un principio y disfrazada de hombre, para lo que incluso se cortó el pelo. Su deseo es licenciarse en Derecho lo que logra pese a ser descubierta en su engaño por el rector y, tras superar unas pruebas para su admisión, consigue llevar hasta el final dichos estudios. Su interés por las causas humanitarias apoyando a la Sociedad de San Vicente de Paúl la lleva a obtener una enorme consideración desde la administración. La beneficencia, la ayuda a los más necesitados y las situaciones de los penales españoles la irán preocupando cada vez más. Escribe numerosos textos dando a conocer esas situaciones que se daban en la sociedad española. El ministro de Justicia y el director general de Establecimientos Penales la nombran Visitadora de Cárceles de Mujeres, siendo la primera mujer en ocupar ese cargo. «Odia al delito y compadece al delincuente» es una de sus famosas frases sobre la redención de los presos y la necesidad de mejora de las situaciones de los penales.
Concepción Arenal fue también una pionera en cuanto al feminismo, criticando las teorías que defendían la inferioridad biológica de la mujer y luchando por conseguir su acceso a todos los niveles de la enseñanza. Toda esta serie de luchas y anhelos literarios de la escritora, Anna Caballé, los sincroniza con su periplo vital, con un caminar que tuvo numerosas sombras convertidas en penas- como la muerte de su esposo nueve años después de casarse- y que tenían el alivio necesario en esas preocupaciones por lograr una sociedad mejor, más justa e igualitaria entre los seres humanos.



Publicado en Diario de Pontevedra 26/11/2018


luns, 26 de novembro de 2018

Mártires


Foguetes verdes (6)
Castelao maxistral’ amosa a importancia da educación para o autor de Rianxo como ferramenta para instruír á poboación e así se rastrexa ao longo do seu variado traballo plástico


UNHA GRAN FOTOGRAFÍA á entrada da mostra contextualiza todo o que vai vir despois. Dela prende o sustento no que vai derivar a mostra: o compromiso cos ensinantes, con aqueles mestres que rexeneraron durante uns anos de esperanza  a España e a Galiza dende unhas aulas cheas de modestia, nos seus materiais, pero afoutas de ilusións e compromisos daqueles mestres que tiñan na educación dos cativos á mellor maneira de fornecer a todo un país de xente que tirase del. O levantamento militar, a Guerra Civil, esmagou todo iso, e moitos mestres foron asasinados. Cen deles en Galiza, cuxos nomes forman parte tamén da exposición. Nesa homenaxe é na que se enxerta o labor de Castelao, mestre durante un pouco tempo de debuxo no actual Instituto Valle-Inclán de Pontevedra, pero que tivo a educación como argumento de moitos dos seus traballos artísticos e que elexiu a un dos mestres do nacionalismo, Alexandre Bóveda, para evidenciar co seu martirio a perda da sociedade dos valores daqueles que aportan as súas luces sen máis intereses cos de facer medrar a un país.
A fotografía que nos recibe foi tomada o 17 de agosto de 1945, no centro Ourensán de Bos Aires no que se presentaron un busto en bronce de Alexandre Bóveda e o cadro de Castelao ‘A derradeira lección do mestre’. Pouco máis que aportar a esa mensaxe, o home fusilado nun 17 de agosto na Caeira, e o seu exemplo tomado como o motivo dun cadro que recuperaba a sexta ilustración que Castelao fixera en Valencia dentro do álbum Galicia Mártir e cuxo orixinal se atopa no Museo de Pontevedra. pero que durante o tempo da exposición acompaña ao cadro. Esa estampa foi a elexida por Castelao para aquela homenaxe no exilio arxentino, sabedor de que Bóveda fora o mestre de moitos e o mártir que simbolizaba o martirio de tantos outros, mestres e non mestres, nunha sociedade que tiña como testemuñas do horror aos nenos, eses mesmos que ante o cadáver choran e se laian da perda. Ás árbores núas, sen polas, sen follas que falen dun futuro esnaquizado con accións coma esta.
Este cadro que por primeira vez deixa o seu fogar arxentino e chega a Galiza é o gran atractivo da mostra. O altofalante mediático para atraer ao espectador e levalo á Cidade da Cultura de Compostela para percorrer esta mostra na que ademáis se amosan moitos outros materiais que teñen a súa significación dentro do contexto que se orixina da man do seu comisario Miguel Anxo Seixas Seoane. Ata chegar a ese cadro atopámonos caricaturas, debuxos, acuarelas, viñetas de prensa ou publicidades nas que Castelao reflicte o mundo dos nenos e a necesidade da educación. Dotar de fondos as escolas, a relación dos mestres cos alumnos ou a importancia dunha lingua propia están dentro delas xunto con tres das teimas de Castelao: a perda de peso do centralismo, as clases sociais evidenciadas na figura do cacique, e a lingua, son tamén as que imos a rastrexar no quefacer de Castelao que, co paso do tempo, foi mudando as achegas máis vencelladas ao puramente artístico cara o valor concienciador da arte como reflexión para a identificación dun país.
Emocionantes son tamén outros elementos da mostra como os debuxos realizados por unha das súas alumnas en Pontevedra, María Ameijeiras Rodríguez, pero tamén os obxectos que formaban parte daquelas aulas que nos levan ao tempo do propio Castelao en Galiza. e permiten ao visitante poñer formas ao que vimos en películas como ‘A lingua das bolboretas’, debedora desa misión do mestre republicano, e que tamén ten o seu protagonismo no final desta exposición que, se a algo ten que obrigarnos, é a pensar no feito por tantos e por como o horror e a represión poden esnaquizar as ilusións dun pensamento libre.



Publicado no Diario de Pontevedra 23/11/2018. Fotografía: Manuel G. Vicente. Cedida por Cidade da Cultura