mércores, 15 de marzo de 2017

Sapos sen final feliz

Rue Saint-Antoine nº 170
Literatura. A estrea literaria de Ana Cabaleiro, ‘Sapos e sereas’ (Editorial Galaxia) pon nas nosas mans un mollo de relatos nos que se traballa nos estereotipos de xénero ante os que a historia e a nosa renuncia como sociedade igualitaria nos mergullaron, e iso sen deixar de lado unha coidada escrita que agocha un esperanzador futuro.



Sapos e sereas, homes e mulleres fantásticas que os relatos que a historia compuxo ao longo dos séculos para decorar a nosa paisaxe de nenos e nenas que medran cunha mitoloxía da demagoxia e que pouco ben lles fixo ao longo da súa vida. Figuras literarias que se suceden nos contos que lemos dende cativos, como aquelas mulleres marabillosas que fan que se afundan os barcos cos seus cantos dende as rochas ou homes que mudan en canto os bica unha muller para converterse nese príncipe azul que toda muller desexa ter. Ana Cabaleiro arremete contra estes clixés para, ela si, afundilos coa súa escrita no fondo das nosas conciencias.
Unha estrea literaria feita dende o compromiso, dende a mirada anovada a unha sociedade que ten que mudar e para iso Ana Cabaleiro vai ata onde todo xorde, ao imaxinario que pouco a pouco se foi pousando no noso maxín e que sen darnos conta queda preso no noso interior por moitos anos que pasen. De aí que a autora se arrodee de Reis Magos, de lobos feroces ou de sapos e sereas para darlle unha volta ás cousas, para amosar que baixo o tópico emerxen os matices que ao fin e ao cabo, son a realidade da vida, e aí é onde traba Ana Cabaleiro ao real, onde crea as súas propias historias que devecen por pegarse a nosa realidade, ao hoxe que vivimos e no que o engano e a dormente que tanto gostan moitos de espallar como un aire narcótico fan de todos unha especie de ‘replicantes’, de seres que viven cheos de medo, sen aquelas liberdades xenéticas coas que nacemos pero que nesta sociedade se sementan  ao longo dun rego errado. Nos relatos de Ana Cabaleiro ese rego non vai dereito, que é como ten que ser a vida, cos seus xiros e as súas voltas: as dúbidas, os erros, os medos e as equivocacións, pero tamén o humor, a ledicia e a esperanza.
Ese acomodar os relatos na vida de hoxe é o que lle dá a todos eles o carácter de achegarse ao lector, acadando unha proximidade que se agradece xa que moitas desas situacións son tamén as nosas, ou as que a pouco que xire esa vida sabemos que se poderían producir na nosa pel. Así é como nos textos vaise esvarando dende o territorio do irreal ou cando menos do que pode ser un mundo de soños ou de crenzas cegas, ata o acontecer do diario, que ven definido polas relacións entre homes e mulleres coas que Ana Cabaleiro aproveita para arremeter contra o que moitas veces se espera deste tipo de relacións, das convencións que amosan ás mulleres debecendo por un home no que pousar tódalas súas arelas de futuro, levando ao mesmo tempo a súa propia marxinación. Tamén para dirixir a nosa mirada cara capítulos de violencia de xénero e as posicións que dende a sociedade se adoptan fronte a esa eiva. As conductas previas aos sucesos, así como a paisaxe que queda aberta despois e que non poucas veces se volta contra a propia vítima. Faise así da escrita un lugar para tentar comprender (iso non, que é imposible) pero polo menos para poñer ante os nosos ollos aquilo que cada vez máis apodrenta a nosa sociedade.
E neses relatos tamén se coa o humor, ás veces un humor de gran finura, tenro, pero noutras un humor cheo de sorrisos como o adicado ao Lobo feroz, unha xenialidade pola que desfilan moitos personaxes ben coñecidos nun inesperado ambiente. Pero tamén hai espazo para imaxes cheas de poesía, como as dun poema escrito nun papel desfacéndose na neve, tal e como se desfán as relacións cando as cousas se poñen baixo cero. Eses dous son só algúns deses momentos rutilantes que asoman ao longo destes textos que o que fan sempre é poñernos ante nós mesmos a través dunha serie de historias que tamén amosan as posibilidades dunha nova escritora na nosa narrativa. O que de saída xa é unha espléndida noticia que, ademais, vese acompañada por todo o bo que teñen estes relatos dos que o mellor que se pode dicir é que semellan poucos cando chegamos ao seu final, botándose en falla algún máis para darlle máis corpo a un conxunto de textos que nos abren os ollos, e que nos fan mirar a todo ese pouso que a nosa sociedade labrou na nosa infancia para facernos medrar e agora espertarnos bicando sapos que lonxe de transformarse son aínda máis repulsivos que cando se puxeron ante nós.
Remata o libro cun acaído epílogo que baliza os camiños en feminino, os daquelas mulleres que a historia situou nun lado de perversión como demos fronte ao home, mulleres inzadas de pecados aos que carregar con tódolos nosos males e que van ben máis alá dun conto. Un sapo que se lles fixo tragar para poñer máis difícil un final feliz en feminino.



Publicado no Diario de Pontevedra 13/03/2017

luns, 13 de marzo de 2017

Mulleres bravas

«-E por que os ían face-los homes? Vaia solución.
-Pois porque as mulleres andarían en traballos máis cualificados, nas profesións liberais, na dirección de empresas, nas actividades artísticas, nas viaxes longas, nos proxectos...»
[‘Anagnórise’ (1988).
Mª Victoria Moreno ]



Nesta semana tinxida de violeta non foron poucas as iniciativas ou os xestos que de novo puxeron en valor ás mulleres, e aínda máis, as mulleres fronte á fenda que teñen que superar no seu día a día respecto a unha sociedade esaxeradamente masculinizada. Minoradas en infinidade de eidos do noso mundo fronte ao home, a cor malva destes días ondeou como unha bandeira movida pola brisa da esperanza e axitada polos refachos da coraxe por andar a estas alturas da película con estas reinvindicacións que semellan propias de séculos pasados.
Hoxe mesmo, na Librería Paz, terá lugar outro deses axitar de bandeiras coa presentación na nosa cidade, Culturgal aparte, dunha colección de libros dirixidos ao lector infantil, aínda que non só a el, que saen do prelo da Editorial Urco baixo o título de Mulleres bravas. Unhas publicacións nas que se fai unha escolma de mulleres que amosaron a súa afouteza fronte á vida, ensarilladas pola lingua a unha terra da que nunca se desfixeron é a que honraron ata as súas respectivas mortes. Polo de agora son dous os títulos publicados, o primeiro inevitábelmente tiña que estar adicado a Rosalía de Castro, a pedra angular da historia da muller na sociedade galega, na que vida e poesía compuxeron unha clara cerna reivindicativa que aínda hoxe é ronsel para moitas outras mulleres. O segundo deles achégase moito máis aos nosos días e tamén a nosa Pontevedra, a inesquecíbel María Victoria Moreno é a protagonista dun deses libros que reluce como unha pequena xoia dende o que volver a compartir tanto como nos deixou esta muller. Certamente o de brava encaixalle a María Victoria Moreno perfectamente, ela que deseguida que aterrou en Galicia acolleu a nosa lingua como súa, e non só iso, senón que fixo un primixenio apostolado dela, xa non só coa súa fala, senón ensinándoa ou, como non, dende a escrita de numerosos libros cos que engaiolar a miles de rapaces para facelos entrar, dende a educación e a lectura, no territorio do galego. Libros que eran divertidos, cheos de temáticas actuais e próximos a mocidade, con mulleres que os protagonizaban dende unha cotidianeidade que viña a rachar con moitos dos estereotipos daquel momento, e nos que sempre habían algunha mensaxe que pegar á pel, que levar ao noso carón para sempre. Textos inagotábeis aos que un aínda se asoma hoxe coa emoción de coller unha antiga edición dese Anagnórise que formou parte das nosas vidas e na que se suceden os nomes de varios membros da familia que puxeron mans e ollos sobre el. Un axóuxere doutro tempo coa forza suficiente para levarte a un tempo de construción, de formación dun mesmo que nin siquera podía imaxinar este hoxe que temos onde ás veces todo semella que está baleiro. Un tempo no que, abofé, non confiabamos nin en nós mesmos, pero alí estaba María Victoria Moreno. Ela xa o facía poñendo nas nosas mans moito do preciso para medrar coas súas palabras e coas súas arelas: «As persoas estamos feitas para levar adiante os soños máis fermosos», escribiu nese texto. Ela foi das primeiras en incluir esas arelas nos plans de estudos, do mesmo xeito que fixo dos afectos manuais para servir de alicerce a todos eses cativos que se proxectaron nela e dende ela.
Como muller brava, como heroína dunha vida na que sempre fuxiu de protagonismos, precisaba tamén de actores secundarios. Alma, a súa cadela, ou Teresita o seu coche vermello, foron algúns deles. Pingas que compuxeron o océano da súa personalidade no que, como vemos, aínda se botan barcos a navegar sabedores, como sabemos moitos, que aínda se poden apañar moitos peixes.
Eli Ríos, que fixo o texto deste libro, como María Lado fixo o de Rosalía, xunto ás marabillosas ilustracións de Eva Agra en ambos, ou o traballo dende a editorial de Andrea Jamardo, son tamén mulleres bravas que reivindican hoxe un traballo en feminino é unha mirada á realidade cada vez máis necesaria. Cada un destes libros é un deses chanzos precisos para seguir na liña do progreso, na do ascenso que as mulleres deben manter  de xeito firme para recortar esas diferenzas co home que, como crebas na nosa sociedade, obríganos a un esforzo co que non contabamos e que probabelmente o optimismo de María Victoria Moreno non contaba con andar aínda a voltas con iso neste tempo. Tomar como exemplo a Rosalía de Castro ou a María Victoria Moreno é un axeitado canon polo que seguir poñendo os pés sobre as súas pegadas, un camiñar cheo de luzadas moradas. Unha cor de reivindicación para facer do berro xuízo e razón que alumeou ao longo desta semana en rúas, institucións ou medios de comunicación coa intención de facelo ao longo de todo o ano.
Hoxe, entre os libros de Cano Paz, proxectarase moito do que esas dúas mulleres fincaron en Galicia dende a lingua, pero tamén dende o seu compromiso co ser humano. Un Vermú con libros que fará, dende as 12.30, que voltemos a mirada cara esas mulleres bravas da nosa historia. Achéguense, non o pasarán mal, lembrando, e sobre todo coñecendo ao relevo nas mulleres bravas desta terra que xa lles digo eu que pagan moito a pena, e ata poden mercar un deses libriños para os seus cativos, estarán sementando bravura, tamén conciencia, pero sobre todo futuro.



Publicado no Diario de Pontevedra 11/03/2017
Fotografía. María Victoria Moreno no 2003 (Gonzalo García)

xoves, 9 de marzo de 2017

Vila-Matas y su contratiempo


Esperadas siempre con una gran expectación, las novelas de Enrique Vila-Matas acostumbran a ser una reflexión en torno a la literatura, pero, sobre todo, sobre la construcción de la novela como artefacto. En esta ocasión, aun más, al hacer de la idea de repetición su argumento.


LLENAS DE TÚNELES que recorrer entre sus líneas las novelas de Enrique Vila-Matas se constituyen como auténticas introspecciones a la naturaleza del autor, a su manera para conformar relatos, para transitar por la novela como foresta que devastar. Un itinerario que el autor de Dublinesca lleva recorriendo desde sus primeras obras, pero que ha ido sofisticando hasta sus últimos trabajos en los que se encierran infinidad de recovecos alrededor de la creación literaria y de la escritura como herramienta para la narración. 
Si algo preocupa a cualquier escritor es el sentir la originalidad de su trabajo, el establecer caminos lo más singulares posibles para definir una escritura propia o, como se afirma en el libro, "buscar una voz propia". Enrique Vila-Matas no solo pretende esto con sus novelas, sino que, en esta ocasión, emplea ese argumento para nutrir un relato que bajo el título de Mac y su contratiempo (Seix Barral), es casi un ensayo, o un conjunto de relatos o un diario, o... en definitiva, una premeditada hibridación de géneros con visitas de ilustres como Roberto Bolaño y alguna sorpresa más, con las que seguir perforando esa superficie establecida por la vida, a través de un personaje con ciertas peculiaridades que, obsesionado con un escritor vecino y con la novela escrita por este hace treinta años, decide reescribir aquella novela imperfecta. Tenemos por lo tanto la propia literatura como inspiración, al hacer de ese beber de otros relatos un análisis de las relaciones de los escritores con obras del pasado de las que inevitablemente se alimentan, pero también el relato permite al escritor hacer de la vida de este hombre un reflejo de las propias relaciones personales, de su trato con su familia y con un barrio que emerge con una inusitada fuerza, haciendo de la calle un espacio lleno de energías en el que los protagonistas se escrutan bajo el microscopio de un entomólogo.
Especialmente brillante es ese continuo navegar por lo literario, empleando Enrique Vila-Matas el análisis de ese libro anterior para vincularlo con autores y profundizar en sus estilos, convirtiendo muchos fragmentos de la novela en ensayos sobre otros escritores. También el libro se adentra en opiniones del autor sobre situaciones de hoy en la literatura, como la suficiencia de algunos nuevos novelistas "increíblemente preparados en su inagotable vanidad" o aludiendo a la "bilis negra" de ciertos críticos que ya anunciaban "los tiempos que vendrían después, los tiempos de las redes sociales". Haciendo todo ello con una fluidez que no cae en lo pretencioso de esos ensayos, normalmente demasiado sesudos, al tiempo que relaciona esas situaciones con la vida del protagonista. Un tras la puerta que se abre y vincula con el exterior en una simbiosis llena de ricas aportaciones al relato. Es así como a través de esos otros autores el texto se convierte en coral, las voces se alternan unas a otras en un ejercicio de ventriloquía que tiene guiño incluido, situando el contrapunto preciso a ese discurrir por lo literario en el ámbito vital del protagonista, una vida conyugal llena de miradas irónicas, y su relación con el entorno y los personajes de su cotidianeidad permiten anclar a Mac al mundo real, frente a sus divagaciones sobre lo literario.
"No evoluciono: viajo", escribió Pessoa. Esta sentencia, incluida por Enrique Vila-Matas en el libro, es también una afirmación personal del propio autor que no ha dejado de viajar desde su primera novela publicada en 1973 hasta estos días en que ha puesto en circulación una novela realmente fascinante a partir de una estructura que no deja de sorprender hasta un final de voces, de escrituras de a pie por caminos ignotos, por otros ya pisados y por un sinfín de sabores que, al fin y al cabo, son los que le dan sentido a la vida, tanto de escritores como de lectores, aunque esto, al final de un libro, sea hablar de una misma identidad.



Publicado en el suplemento cultural Táboa Redonda. Diario de Pontevedra/El Progreso de Lugo. 5/03/2017


luns, 6 de marzo de 2017

Unha lección de imaxinación

Rue Saint-Antoine nº 170
Teatro. A despedida do ciclo Domingos do Principal deixounos o ronsel da balea branca. ‘Moby Dick’, o mítico relato de Herman Melville, adaptado para todos os públicos pola prestixiosa compañía ‘Teatro Gorakada’, amosou un abraiante espectáculo visual e literario que reflicte como os grandes textos da literatura teñen acomodo nos cativos.


A historia da balea branca pasou onte por Pontevedra. O desexo de vinganza do capitán Ahab, a súa obstinación por cazar a Moby Dick, a amizade entre os mariñeiros, as decisións que poñen en perigo aos demáis, o desexo de aventuras... todo iso é Moby Dick, e moito máis. Pero Teatro Gorakada ben sabe que ese moito máis é como meterse no océano a capturar a propia balea branca da interpretación, xa que os cativos, aos que vai dirixida esta adaptación, naufragarían ante unha empresa tan descomunal. Pero a condensación da novela de Herman Melville é tan axeitada que resume moitos dos seus aspectos esenciais amosándoos dunha maneira distendida para que unha hora de representación pase voando.
Todo é sorprendente no traballo desta compañía, dende o seu propio traballo actoral, o desenvolvemento da música, a importancia dos obxectos, o humor, os sons, a iluminación...todo xoga a favor de obra nesta travesía na que o espectador non pecha a boca durante a súa duración. Un deses espectáculos que respaldan ao teatro, non só como gran contador de historias, senón que amosa a súa utilidade para trasladar aos máis pequenos textos clave da literatura universal sen darlle as costas as súas esencias e poñendo ante os seus ollos un auténtico espectáculo entretido e a pouco que os pais completen a narración, dunha fonda utilidade para todos eles.
Herman Melville publica Moby Dick (na súa primeira edición titulábase ‘A balea’), en 1851, unha novela na que se mesturaban experiencias persoais das súas viaxes con noticias sobre a caza de baleas e, neste caso, a dun cachalote branco que se enfrontaba aos seus cazadores. Así construiu unha das novelas máis importantes da literatura universal na que se agochan moitas cuestións referidas á relixión, a política, á conducta do ser humano, convertendo ao Pequod nun tubo de ensaio dende o que achegarse ao home e a moitos dos seus comportamentos. Non é, polo tanto, unha aposta sinxela a desta compañía vasca a de adaptar o relato nunha representación dirixida a nenos maiores de seis anos, pero á vista do resultado un non pode menos que aplaudir ata botar fume coas palmas por cómo se consigue reflectir todo ese universo. Un traballo fiel ao espírito da novela e que se detén nos episodios centrais do relato: A chegada de Ismael á pousada, a contratación da tripulación, a historia que se agocha trala perda da perna do capitán Ahab, a procura das baleas, a obstinación do capitán, e a loita final con Moby Dick. E para todo isto Teatro Gorakada precisa de cinco actores, unha corda, un par de madeiras, un cubo de latón, un barril de chapa, dous instrumentos musicais, un pouco de auga e unha caveira, todo iso compleméntase coa escuridade e a luz para conformar un escenario cheo de maxia para o espectador, no que os actores móvense nunha coreografía perfectamente artellada e polo que entre as sombras do relato emerxe o emprego de humor para conectar co espectador, para facer do riso unha ferramente intelixente fronte aos desvaríos dun capitán egoísta que polo seu propio desexo de vinganza é quen de arrastrar, dende a súa loucura, á morte a vida doutras persoas. Ese riso ensarilla o texto clásico con algunhas trasnadas dos actores, chiscadelas con músicas, ou expresións do presente e que conectan moi ben cos nenos. É o lado amable dunha representación na que o aspecto musical tamén é fundamental, concedéndolle gran vivacidade a todos os momentos e formando parte do propio relato. Ata os obxectos son música, os seus golpes así como os sons dos actores imitando diferentes sons da natureza envolven todo o devir da función na que unha e outra vez o público sorpréndese por cómo se consegue materializar os diferentes escenarios: a pousada, o Pequod, a propia balea... só movendo unha serie de obxectos. Un milagre de vida que evidencia ao teatro como unha ilusión que cando se afronta con calidade ten pouco parangón con outras artes.
Moby Dick pasou por Pontevedra e deixou o seu ronsel nun Teatro Principal cuxas táboas quedaron molladas. Sobre elas volveuse a reflectir a loita do ser humano contra o seu destino e como certas teimas pódennos levar ao desastre. Onte o desastre mudou en caras de ledicia, en xestos de felicidade por uns nenos e uns pais que volveron a mergullarse nunha novela xigante e á que ogallá moitos lles entrasen as gañas ao chegar a casa de coller o libro entre as súas mans para seguir completando  o visto no Teatro Principal. O certo é que o de onte foi un broche de ouro para un ciclo, Domingos do Principal, que é unha beizón para esta cidade. Compañías dunha gran calidade e que dende Galicia e de outros puntos do Estado traen os seus traballos para amosar como o teatro é unha fonte inesgotable de cultura, pero tamén de sensacións que pouco a pouco van enchoupando a cada vez máis fieis que enchen as butacas para non perderse nin unha soa función.
Por alí resopra! Un chorro de vapor saía das entrañas da besta. O aviso de que home e natureza seguían co seu ritual ancestral pero neste caso fronte a uns espectadores aos que se lles deu a mellor lección que se lles pode dar: a lección da imaxinación.




 Publicado en Diario de Pontevedra 6/03/2017
Fotografía. Laura García

sábado, 4 de marzo de 2017

Mujeres

«Las guerreras amazonas/se cortaban una teta de un tajo,/para poder apoyar mejor/la flecha del arco"
[‘Las Amazonas’. Poema de Gloria Fuertes en ‘El libro de Gloria Fuertes. Antología de Poemas y vida’]



Un 8 de marzo de 1857 un grupo de obreras textiles salió a las calles de Nueva York para protestar por las condiciones laborales en que desarrollaba su trabajo. A partir de ahí el camino siguió siendo pedregoso, cuanto más para caminarlo descalzas, siempre en inferioridad de condiciones bajo décadas y décadas de menosprecio. Ese 8 de marzo sirve cada año, desde 1910, para poner el foco en la mujer, en su grito cada vez más atronador para entender como ha sido esa travesía, como continúa siendo y, para que una todavía asombrosa cantidad de hombres entienda que no son más que ellas, por muy protegidos que lleven sus pies.
Todavía uno tiene que pensar en que tiempo realmente está viviendo cuando oye ciertos comentarios defendiendo diferencias entre hombres y mujeres y oír todo ello en el Parlamento Europeo donde se entiende que están los que nos representan, aquellos que surgen de las bienaventuradas democracias. En esta ocasión ha sido un eurodiputado polaco cuyo nombre ni puedo ni quiero reproducir. También hay que resituarse en el tiempo cuando se asiste, en plena calle, a exhibiciones absolutamente bochornosas que eternizan esos roles seculares en una sociedad que lucha por superarlos, pero que me da a mí que todavía sin pisar a fondo el acelerador, mientras asistimos a un goteo incesante de víctimas mortales que se sitúan en el extremo de esas situaciones que observamos entendiendo que son el germen del delirio final.
Son mujeres en su inmensa mayoría anónimas, acodadas en sus vidas, las más de las veces atrapadas en jaulas de las que se ven incapaces de salir. Mujeres sin futuro y en un presente de insumisión y de miedo, de horas lacerantes en las que los minutos pesan como una lapidación íntima, ahogándose lentamente bajo una sociedad que las ignora, salvo cuando toca el minuto de silencio en su recuerdo.
Otras mujeres han hecho de su labor creativa en diferentes sectores de nuestra sociedad el referente de su talento y sus capacidades. La parte por el todo, para darse cuenta de sus valías con independencia de edades, educaciones o sensibilidades, simplemente personas llenas de capacidades. Les traigo cuatro que podrían ser millones, cuatro que esta semana han coincidido por algún motivo para hacerme pensar en pasado y presente. En algunas, como el caso de Gloria Fuertes, el pasado se modifica en el presente, y aquella mujer limitada por los tiempos de la Transición a una literatura pueril, casi de rasca y pica, ahora emerge en su centenario, gracias a la recuperación de su obra completa por la editorial Blackie Books en una edición mayúscula, como una poesía íntima y dolorosa, que confiaba a la palabra su lesbianismo en pleno franquismo. Una poesía de verdad, intensa y hermosa y que la historia había condenado a un simple juego infantil de palabras graciosas ancladas a su inocente imagen.
Otro nombre del pasado, la pintora Ángeles Santos, con varias piezas asombrosas en el Centro de Arte Reina Sofía y a la que esta semana el segundo canal de Televisión Española dedicó ese programa realmente imprescindible llamado Imprescindibles. Pintora surrealista a la altura de los mejores, un don que también fue su condena, justamente por ser mujer pintora en los años treinta. Una lucha permanente contra el entorno, contra las miradas que la acusaban de pintar prostíbulos cuando tan solo pintaba una tertulia de mujeres que leían, que fumaban, que se maquillaban, que miraban directamente a los ojos. La imaginación cercenada, la libertad pictórica domesticada por unas sombras que aún hoy se niegan a disolverse.
Y en el hoy, Rosalía. Hasta hace 48 horas yo tampoco sabía quién era y ahora es un erizar la piel de manera constante. Su disco, recién publicado, Los ángeles nos coloca ante una joven de veintitrés años que canta «como una vieja» según le dijo Pepe Habichuela y escribe Guillermo Arenas en Tentaciones. A los trece años se echó a Camarón y hasta hoy. Un flamenco de entrañas y de uñas fantasía, de quejíos primarios instalados en una estética urbana. Dos mundos en un cuerpo de mujer sin miedo, sin vergüenza y por derecho.
Una última. Hoy a las doce la pueden disfrutar estrenando el ciclo Matinés en el Teatro Principal de Pontevedra, es actriz y cantante, Leonor Watling. Una voz de terciopelo que ha hecho de Marlango uno de esos paisajes musicales únicos en España y a la que su trabajo de actriz, de rostro popular, no ha hecho perder la cabeza con lo que realmente le gusta, con esa sensación de estar sobre un escenario haciendo de la voz alambre con el público. 
Cuatro mujeres que, repito, podrían ser millones, pero son cuatro formas de ser mujer en un ayer y un hoy en el que todavía continuamos en el pedregal, desde el que reivindicar a la mujer, que es lo mismo que reivindicar nuestro fracaso como especie. Ellas, que nos dan la existencia, y que luchan como amazonas en el día a día, tantas veces fuera de los escenarios, del folio o del lienzo, simplemente, en la vida.




Publicado en Diario de Pontevedra 4/03/2017
Fotografía. 'La tertulia' (1929) de Ángeles Santos. Museo Centro Nacional de Arte Reina Sofía

venres, 3 de marzo de 2017

Buñuel en el desierto

En 1947 se estrena Gran Casino, una película menor en la filmografía de Luis Buñuel pero que se significa por ser su entrada en un nuevo contexto que sería clave en su cinematografía, como fue su periplo mexicano. Setenta años después miramos a aquellos años en los que la carestía de medios no fue más que el acicate necesario para que la imaginación del aragonés nos dejase algunos de los títulos más significativos de su carrera y de la historia del cine, caso de ‘Los olvidados’, ‘Él’, ‘Ensayo de un crimen’, ‘Nazarín’, ‘El ángel exterminador’ o ‘Simón del Desierto’.




DE LAS 32 PELÍCULAS que conforman la filmografía de Luis Buñuel 20 fueron realizadas en México. El director aragonés murió con pasaporte mexicano en su cartera y en el D.F. residió casi la mitad de su vida, en una casa, de tres plantas y jardín, construida por un compañero de la Residencia de Estudiantes, el arquitecto Arturo Sáenz de la Calzada, una casa de ladrillo visto, como el centro de estudios que tan importante fue para Buñuel y cuyo recuerdo le acompañó siempre. Una vivienda que desde hace un par de años se encuentra en medio de litigios entre los ministerios de Cultura y Exteriores para su uso tras su compra y rehabilitación. Es, por lo tanto, México una parte fundamental en el periplo vital de Luis Buñuel, allí llegó en 1946 para dirigir una adaptación de la obra de Federico García Lorca ‘La casa de Bernarda Alba’ de la mano del productor Oscar Dacingers, a quien Buñuel ya conocía de su etapa parisina, quien no sabía que Lorca había vendido esos derechos. Pero Buñuel y Oscar Dacingers establecieron una fértil alianza que abriría desde ese año el trabajo del director de ‘Un perro andaluz’ en México hasta el año 1964 en que remata ese periodo con ‘Simón del desierto’ y antes de realizar sus últimas películas en Francia.
Son, por lo tanto, estos años mexicanos vitales en su cine dentro de una industria con numerosas carencias tanto técnicas como presupuestarias lo que serviría para reafirmar su talento y la capacidad de sus imágenes para realizar entre estas películas varias obras maestras, sobre todo en aquellas en que no debía estar tan ligado a los condicionantes de la producción y en las que disponía de una mayor libertad para llevar a cabo sus proyectos. Fue, precisamente esa primera película, una de esas obras hechas por obligación, en las que Luis Buñuel tuvo que trabajar con dos estrellas de la canción mexicana del momento, Jorge Negrete y Libertad Lamarque. La película fue un fracaso comercial pero Buñuel, con un trabajo y sus papeles y los de su familia en regla, había encontrado un hogar. Los siguientes tres años fueron difíciles para Luis Buñuel, subsistiendo con el dinero que le enviaba su madre, hasta que Oscar Dacingers le ofrece sustituir al protagonista de esa película, Fernando Soler, que también iba a ser su director. Buñuel toma las riendas de la dirección de una película que sí funcionó en taquilla. Buñuel logra la ciudadanía mexicana y el productor, ante un proyecto presentado por Buñuel para realizar una película titulada ‘¡Mi huerfanito, jefe!’, le convence para que cuente la historia de los jóvenes de los barrios pobres de Ciudad de México. Luis Buñuel estuvo seis meses investigando de incógnito la situación que se vivía en aquellos barrios antes de realizar el guión de ‘Los olvidados’ (1950), la película que le supuso el reconocimiento mundial gracias a la Palma de Oro en el Festival de Cannes de 1951, pero también la que generó diferentes polémicas entorno al contenido de la misma. Por un lado muchos mexicanos  vieron en esta película un ataque al país, al mostrar una cara poco agradable de éste, liderados por el cantante Jorge Negrete, aquel que fuera el actor de su debut mexicano, y por otro, desde Europa sus antiguos compañeros surrealistas veían una traición a los postulados creativos de Luis Buñuel al ver en esta película un trabajo eminentemente realista y muy próximo al neorrealismo. Pero Buñuel había recuperado el prestigio de aquellas películas anteriores a su exilio americano, a su paso por Nueva York y su llegada a México. La vida o el azar le llevaron hasta allí y en alguna ocasión se le planteó al director como hubiesen sido sus películas de haberse establecido en el Hollywood con el que coqueteó levemente antes de cruzar la frontera, algo que no lamenta, ya que, «pese a disponer de medios sin comparación posible con los exiguos presupuestos con los que habría de desenvolverme en México, mis películas hubieran sido completamente distintas. ¿Qué películas? No lo sé. No las he hecho.», afirmó el director. Pero si algo está claro, a la vista de se hizo, es que el cine que Luis Buñuel dirigió en México sería imposible en el Hollywood del Código Hays, en el que la moral limitaba gran cantidad de imágenes y los planos que bullían en el cine de Luis Buñuel serían imposibles o se convertirían en algo muy alejado de su pretensión inicial. 
Este periodo, por lo tanto, va a estar muy condicionado por las limitaciones que se vivían en la industria y por la necesidad de Luis Buñuel por realizar películas para tener ingresos de cara a mantener a su familia, eso es lo que está detrás de la irregularidad de los trabajos realizados. «A veces, he tenido que aceptar temas que yo no había elegido y trabajar con actores muy mal adaptados a sus papeles. Sin embargo, lo he dicho a menudo, creo no haber rodado nunca una sola escena que fuese contraria a mis convicciones, a mi moral personal», apunta Luis Buñuel en el imprescindible libro de memorias ‘Mi último suspiro’. Esta precariedad hacía que el tiempo de rodaje de sus producciones estuviesen siempre entre 18 y 24 días cada una, gastando muy poca película y a lo que se le sumaban tan sólo dos o tres días para finalizar su montaje, con medios escasos y sueldos muy limitados, e incluso en dos ocasiones rodando tres películas en un mismo año. Por lo tanto una producción muy barata que a Buñuel le concedía una gran libertad que procedía de su talento y de su peculiar y genial visión del cine.

A ‘Los olvidados’ le seguirían ‘Susana’ (1950), ‘La hija del engaño’ (1951), ‘Una mujer sin amor’ (1951) y ‘Subida al cielo’ (1951). Al año siguiente volvería a repetir con tres títulos: ‘El bruto’, ‘Robinson Crusoe’ y ‘Él’. Esta última una de sus mejores películas, llena de secuencias simbólicas con muchos de los elementos oníricos de su cine. El propio Buñuel la tenía entre sus favoritas y reconocía haber puesto mucho de sí mismo en ella. En 1953 cumple uno de sus proyectos que se habían quedado atrás en el tiempo, como fue el adaptar la novela ‘Cumbres borrascosas’ de Emily Brontë, que tanto interesaba a los surrealistas y lo hace con el título de ‘Abismos de pasión’. En ese mismo año dirige ‘La ilusión viaja en tranvía’, en 1954 ‘El río y la muerte’ y en 1955 otro de sus grandes títulos ‘Ensayo de un crimen’, película en la que como en ‘Él’ hay mucho de las obsesiones, del trabajo con el subconsciente, de los deseos, las filias y las fobias, y ambas son quizás las más transgresoras y quizás las más cercanas a sus dos obras maestras del surrealismo, ‘Un perro andaluz’ (1929) y ‘La edad de oro’ (1930). En Europa dirigirá ‘Así es la aurora’ en 1955 y de nuevo en México ‘La muerte en el jardín’ 1956, ambas coproducciones con Francia que, desde el triunfo en Cannes, había puesto el ojo en el director. En 1958 dirige otra de sus grandes obras, ‘Nazarín’, la adaptación de la novela homónima de Benito Pérez Galdós y que convierte a un sacerdote interpretado por Francisco Rabal en una especie de Quijote de los Evangelios, acompañado por dos mujeres. ‘Los ambiciosos’ (1959) y ‘La joven’ (1960) dan paso a sus dos últimas películas en México y dos de sus títulos más importantes, filmando antes, en su regreso a España en 1961 ‘Viridiana’. El revuelo causado por esta película realizada en el franquismo y refrendada por el éxito en Cannes volvió a poner el punto de mira en el genio del aragonés que regresó a México para dirigir dos obras mayores. ‘El ángel exterminador’ (1962) y Simón del desierto (1965). La primera una historia que podría desarrollarse en cualquier lugar del mundo en el que una serie de personajes se ven atrapados en una estancia sin un motivo aparente que les lleve a ese encierro. El propio Buñuel veía en los actores mexicanos una limitación a lo que él pretendía desarrollar en la película, al limitarlo a un contexto muy determinado, pero es tal la sugerencia que permite rodar ese encierro que el conjunto se impone en un relato en el que a Luis Buñuel le interesaba reflejar las cosas que se repiten en la vida. Con ‘Simón del desierto’, la historia del anacoreta del siglo IV que pasó más de cuarenta años en lo alto de una columna en el desierto, Luis Buñuel se despedía profesionalmente de un territorio fundamental para él y que quiso mucho. «México es un verdadero país, en el que los habitantes se hallan animados de un impulso y un deseo de aprender y avanzar que raramente se encuentra en otras partes. Se añaden a ello una extrema amabilidad, un sentido de la amistad y la hospitalidad que han hecho de México, desde la guerra de España (nuestro homenaje al gran Lázaro Cárdenas) una tierra de asilo seguro». Buñuel fue feliz en México, la ‘tierra caliente’ que diría Valle-Inclán, la que acogió a tantos españoles y fue inspiración y aliento para parte de su cine. El tubo de ensayo utilizado como un entomólogo para reflejar sus obsesiones y sus fetiches, convirtiendo todo ello parte del mejor cine del siglo XX. El cine de Luis Buñuel.




Publicado en el suplemento cultural Táboa Redonda 26/02/2017

xoves, 2 de marzo de 2017

Relacións espaciais

Rue Saint-Antoine nº 170
Escultura. O  novo espazo artístico pontevedrés, Musart, na rúa Herreros, acolle unha serie de pezas do creador Eusebio Rivero nas que reflicte diferentes relacións do ser humano coa arquitectura e o espazo. Unha interesante experiencia artística chea de miradas á conexión do home coa realidade dende o contraste do vacío e a ocupación


Xúntanse dúas boas noticias ao achegarnos á exposición de Eusebio Rivero na ‘Galería de Arte. Musart’ de Pontevedra. Por un lado o propio contedor, acostumados como estamos á orfandade de lugares nos que facer unha axeitada exposición de obras. Esta nova iniciativa na nosa cidade debería converterse nun sementeiro de expresións artísticas, de apostas por xente nova, abofé a que máis precisa destes espazos, co alicerce da presenza cercana da Facultade de Belas Artes, pero tamén de canle de expresión para numerosos creadores que teñen moito que dicir e que non atopan o lugar axeitado. Esta é a segunda boa nova, a de enfrontarnos con un creador que ten moito que amosar a través dun traballo cheo de interese e de miradas suxerentes sobre a realidade.
Non evita Eusebio Rivero o mirar enfite a nosa sociedade, e facelo a través da súa arte, dende un xeito de expresar que non precisa de grandes escenografías, senón de atinar con cómo se plantexa unha idea fronte ao público. O interese do artista por amosar a loita do home co ámbito urbano, da fricción entre o baleiro e a ocupación. O continuo asulagamento da arquitectura fronte a nós mesmos, converte a esta mostra nun xeito de reflexión sobre os nosos modelos de vida. Esta mezcla de pintura, escultura ou instalación ponnos ante homes expulsados da propia arquitectura, a piques de caer nun abismo moitas veces propiciado pola propia especie. Situacións que levan ao traballo de Eusebio Rivero a moverse polas canles da arte conceptual nas que o artístico conflúe co filosófico ou co antropolóxico.

Os diferentes conxuntos de pezas expostos van a achegarse a esas preocupacións de xeito visualmente moi efectivo dende uns personaxes que se moven case que atordados por diferentes escenarios nos que o autor integra referencias a arquitecturas recoñecidas, acompañadas por eses personaxes que en ocasións incluso carecen desas referencias espaciais e camiñan simplemente por un baleiro negro, e para iso Eusebio Rivero emprega obxectos, a priori, sen nengunha referencia artística. Uns borradores fincados na parede, uns buratos negros sobre unha cartulina ou unhas pizarras no chan permiten xerar percepcións a priori impensables pero que logo encaixan de maneira brillante co que se pretende. Coa exposición que, baixo o título de ‘Arte e espazo arquitectónico’, coido que vai moito máis aló do que ese propio nome amosa, converténdose nunha experimentación visual sobre aspectos nos que se adoitan xerar infinidade de teorías dende o punto de vista das ciencias humanas pero ás que a arte pode servir tamén como ferramenta para a súa análise.
Formado na Facultade de Bellas Artes de Salamanca, esta relación do home co espazo é a gran preocupación artística de Eusebio Rivero, que pretende reflectir a través dunhas pezas nas que os diferentes soportes son posibilidades para tantear esas relacións nas que xa leva tempo traballando, así como explorando novos vieiros de expresión como pode ser a fotografía. Achegándonos a estas pezas e ante a descontextualización do ser humano, afastado das súas anclaxes cotiás na cidade, visualizamos esa situación de inseguridade e de expulsión do propio territorio. Figuras no limiar das pezas, en diferentes posicións, dentro, fóra, algúns incluso coa cabeza metida no chan. Escenarios da perplexidade que nos sitúan ante unha realidade social do noso tempo ao que á arte pretende dar respostas, ou polo menos plantexar unha serie de preguntas. As respostas virán da nosa participación, da nosa maneira de achegarnos a esta proposta de Eusebio Rivero que estará aberta ata o 23 de marzo na Galería de Arte: Musart, un novo espazo no que, neste caso, estudar os nosos espazos de vida.




Publicado no Diario de Pontevedra 27/02/2017
Fotos. Laura García