xoves, 30 de abril de 2015

Pontevedra entre laranxeiras

Rue Saint-Antoine nº 170
Literatura. A entrega en Pontevedra dos premios da Crítica a través da Asociación Española de Críticos Literarios entre o moito bo que deixou ten outra achega máis ao noso firmamento literario. Un libro editado por Galaxia e o Concello de Pontevedra no que se recollen diferentes textos de autores vencellados a unha vila chea de literatura.

Valle-Inclán suxeita o libro 'Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros'

A comarca é dunha amenidade sen par, abondosa en froitas de toda clase, especialmente en uvas, que na estación do outono amosan unha vizosa louzanía. Un vello autor andaluz deixou dito que aquí se dan tantas laranxeiras e limoeiros coma na campiña cordobesa...». Deste xeito referíase o viaxeiro inglés vendedor de Biblias, George Borrow, cando se achega a Pontevedra en 1937, á paisaxe que atopou nesta vila e na súa contorna. Un calificativo que lle serve a Víctor Freixanes, editor do texto a través da Editorial Galaxia para subtitular esta escolma literaria cunha cerna ben definida, Pontevedra.
A Pontevedra de Paio Gómez Chariño, a dos frades Feijoo e Sarmiento, a de Xoan Manuel Pintos,  a dos Irmáns Muruáis, a de Valle-Inclán ou Torcuato Ulloa, a de Luis Amado carballo, a de Xoán Vidal Martínez, a de Filgueira Valverde, Castelao ou Lousada Diéguez, a da Revista Cristal, tamén a da Colección Benito Soto de poesía, a de Gonzalo Torrente Ballester... e así poderíamos encher de nomes este artigo ata o punto final. Nomes que renovan a súa faciana cos que forman parte deste itinerario polas almas literarias de Pontevedra. Un itinerario que a Asociación Española de Críticos Literarios, dirixida polo galego Ángel Basanta fixo coa colaboura da Editorial Galaxia e o Concello de Pontevedra, xuntos na afoutada misión de poñer negro sobre branco nas letras de Pontevedra. A reunión dos críticos literarios españois tivo neste libro un agasallo para todos eles que tamén queda no anaquel dos agasallos que a escrita lle fixo á literatura e á propia Pontevedra. Ese relatorio de nomes é a testemuña notarial do que supón esta cidade levitante coas súas historias e escenarios dentro da ilimitada paisaxe literaria. Para manter ese vencello este libro acolle nas súas páxinas a unha escolma de creadores que, dun ou doutro xeito, teñen a Pontevedra como referente, como atrezzo para as súas narracións e inspiración para os seus soños. Fragmentos orixinais uns, outros escollas persoais dos autores que serven para artellar un libro ilustrado con fotografías de Noel Queipo nas que se amosa parte da moita creación literaria que ten a Pontevedra como unha áncora coa realidade ou a irrealidade, quén sabe?
Fina Casalderrey, Alfredo Conde, Xesús Constela, Francisco Cortegoso, Miguel Ánxo Fernández, Susana Fortes, Víctor F. Freixanes, Manuel Lourenzo, Xosé Monteagudo, Luís Rei, Elvira Riveiro, Calros Solla, Miguel Suárez-Abel, Sabino Torres, Xosé Vázquez Pintor, Clementina Vidal Caramés, María Aurora Vidal e Isaac Xubín son a escolla realizada nesta publicación dirixida por Ana Acuña e Olivia Rodríguez. Unha heteroxeneidade literaria que afonda nese universo de perfís diferentes, de horizontes acodados na desembocadura dunha ría que se mergulla no Lérez para converterse en río de palabras. Os seus nomes son, polo tanto, vieiros para a narración curta, a novela, a poesía... diferentes latexos para amosalo pulo do corazón desa Pontevedra feita libros por tantos e tantos ao longo dos séculos.
E a carón das palabras, as imaxes, o percorrido visual por unha Pontevedra de pedras e humidades que, como unha turxente pel, sente o belisco cando alguén pousa a súa pluma ou o seu maxín sobre ela. Fotografías feitas por Noel Queipo que se reparten entre os escenarios da cidade e os retratos dos participantes. O rostro e a man de cada un deles como a metáfora do acto de escribir e a mente que o impulsou son os dous elementos claves de cada unha desas imaxes persoais nas que se concentra moito do que é o autor. Ese ser máxico que coas súas historias lévanos hacia outras vilas, outras historias e outras vidas. E que mellor que facelo dende Pontevedra, medida de tantas cousas.
Exteriores e interiores que reflicten a puxanza das nosas letras. A cantidade de autores que entre ‘laranxeiras e limoeiros’ nos entregan os froitos do seu traballo e paixón, sempre da man cando se fala da escrita. Un libro a través do cal tecer esa malla coas letras que acubillou en días pasados ás xentes de toda España que nos converteron en capital literaria e marcharon convencidos de que así era, cando nós xa sabiamos que somos esa capital dende ben lonxe.
Embaixadores non nos faltan e este listado, envolto nestas páxinas, é a mellor carta de presentación do aquí feito. Ábrano por onde queiran, atoparán a forza da palabra e un relato que lles levará a falar con esta cidade e a ollala enfite a traves desas caras orgullosas de si mesmas, do feito nos seus libros e dese mesmo orgullo é do que participamos todos nós como o complemento necesario para que todo teña sentido.

 Exposición
E as palabras convértense en exposición. Unha mostra inaugurada o pasado xoves no Pazo da Cultura e que estará aberta ata o 31 de maio acolle todo este itinerario literario dun xeito visualmente ben atractivo, cunha serie de paneis nos que se abren todos eses horizontes que foron compoñendo e compoñen a paisaxe literaria de Pontevedra ao longo da historia.
Unha historia que vai dende ‘A música das ondas’ dos trobeiros das Rías Baixas ata a Pontevedra de hoxe, a da Literatura para os máis novos do Salón do Libro ou a Capitalidade das Industrias Culturais do Culturgal.  E polo medio páxinas senlleiras como a colección de poesía Benito Soto, as diversas achegas de Castelao, a Sociedade Arqueolóxica, a presenza de Valle-Inclán ou o Colón pontevedrés. Fitos na nosa historia como comunidade.




Publicado no Diario de Pontevedra 26/04/2016. Fotografía: Rafa Fariña

mércores, 29 de abril de 2015

A turxescencia da pel



Un poemario feito a flor de pel. Capaz de erizar a epiderme palabra tras palabra. Unha conversa afoutada dende o eu cara o exterior e sen deixar de mirar cara un mesmo. Gonzalo Hermo ven de acadar o Premio da Crítica en galego, aí é nada. Toda unha achega á nosa escrita, un pulo á poesía, a boa poesía que se fai en Galicia e que non deixa de mergullarnos nas obras de moitos nomes, moitos deles mozos e mozas, que elevan esa arte ao cumio que merece e que nos converte en senlleira patria de poetas.
Publicado pola recén chegada editorial Apiario, outra ledicia máis a sumar a todo isto. ‘Celebración’, nome do poemario, ben cedo te alumea para deixarte cautivado pola firmeza do que aquí se nos conta. Por ese magma torrencial e liberador que ladeira abaixo vaite abrasando para compoñer unha figura xa eterna. Unha escultura mergullada nese caudal da poesía metaforizada polo propio autor como un río que ten a palabra e a ese debuxo que deixa o tempo como dous elementos de seu. Dúas facianas dunha realidade feita tamén de compromiso para tentar plantexar o que hai detrás do inevitable proceso de cambio do ser humano, espazo no que a memoria se converte en indispensable alicerce para a comprensión deste hábitat que nos rodea. E nesta ‘Celebración’ tamén hai moito diso, de percorrer esta paisaxe de terras, pedras, invernadas, veráns, bosques, musgos, cinzas ou nordés polos que transitamos no noso devir, neste camiñar polo desacougo dunha existencia necesitada de respostas para entendelas preguntas. E que non falten as preguntas!
É fronte ao magma, un elemento que está moi presente ao longo do poemario, o frío. Esa sensación que se converte en cicatriz. A derradeira palabra do poemario, e seguro que non de xeito casual, a marca que levamos cada un de nós como unha pegada que nunca esquecer, o recordo da ferida, a dor impresa na pel que só pode atopala súa terapia dende a palabra. Gonzalo Hermo emprega a palabra como unha terapia, un bálsamo para esas cicatrices, pero tamén para unha alma chea de frío: «Lembra: o pouso do frío termará de nós/como a liña derradeira que nos separa do nada». A palabra e sempre a palabra, un acubillo fiel dende o que tentar explicalo noso mundo. O que está claro é que se ten explicación é dende a palabra, só coa palabra e a partir da palabra.
 Nado en Taragoña, Rianxo, en 1987 (non, non é unha errata, vinte e oito anos e escribindo así!) Gonzalo Hermo deixa un poemario chantado nesta terra. Un marco no lindeiro da creación, na parcela dunha poesía que non deixa de agromar boas novas, unha escuma seminal que nos vivifica a todos e fai da literatura unha ensinanza do que acontece na nosa contorna: «Que houbo que esquecer para aprender a ollar este ceo aberto/este transitar dos corpos e dos días».




Publicado en Diario de Pontevedra e El Progreso de Lugo 26/04/2015

sábado, 25 de abril de 2015

¿Quo Vadis, Adriano?




Alguien se imagina tomarse un café o un tentempié en la cafetería del Museo del Prado con ‘Las Meninas’ a su lado? Seguramente ésta sea una experiencia inolvidable, el mejor café que uno se pueda tomar. Eso hablaría muy bien del café pero no tanto de un centro museístico que coloca uno de sus tesoros a la intemperie, al albur de lo que pueda suceder y sin cumplir los parámetros de conservación e incluso legales a los que obliga la Ley de Patrimonio Histórico Español. Pues aquí, en Pontevedra, en nuestro Museo, tantas veces ensalzado, las más de las veces con razón, y otras con no tantas razones, pero allá cada uno con lo que sus tragaderas le permiten escribir, se produce un caso de los que sonrojarían a cualquier responsable de un centro artístico o a quien tome determinadas decisiones.
No es un Velázquez, pero para Pontevedra sí que puede ser considerada como una obra de incalculable valor. Les hablo del miliario de Adriano, situado en el nuevo Restaurante La Ultramar, en ese impresionante espacio pétreo del Edificio Sarmiento, seguramente no el sitio más apropiado para instalar un restaurante, pero cada uno cocina allí donde le ponen la lumbre. ¡Dios me libre de dudar del quehacer de los hermanos Cannas! todo un orgullo, y solo hay que tomarse un café con ese delicioso pastel de zanahoria para despertar los sentidos, así que imagínense uno de sus platos. Pues el miliario se encuentra así como ven, entre mesas y altavoces, indefenso ante cualquier golpe en una zona de permanente tránsito, en lugar de estar como debería hacerlo una obra de arte o un elemento trascendental de nuestro pasado que logró superar siglos de olvido bajo el lodo para convertirse, desde su recuperación en 1988, en la prueba de la existencia de la Vía XIX, que resituaba de manera definitiva la historia de Pontevedra, y ahora condenado a ser un mero objeto decorativo.
Y es que lo decorativo está acaparando muchos ámbitos de la cultura, valorándose elementos más mediáticos que reales, visiones livianas que se imponen a contenidos tratados con la importancia que merecen. Pocas entidades en Galicia nos ofrecen más de estos contenidos que el Museo de Pontevedra, gracias a las décadas de dedicación de sus diferentes rectores y trabajadores que ven precisamente al súmmum sacerdote de este templo, Filgueira Valverde, reconocido públicamente durante estos días, al tiempo que su obra más querida se resquebraja si la vemos más allá de las fotos inaugurales. Y si no no tienen más que detenerse en la exposición abierta ayer para fijarse en una deliciosa fotografía del Tímpano de Palmou al que ya Filgueira Valverde había puesto el ojo y que hace unos pocos años se pudo incorporar, con no poco esfuerzo económico y laboral, a las colecciones del Museo, para ahora estar oculto y fuera de la vista pública. Lo mismo sucede con los ricos fondos medievales, entre ellos esas dos imponentes figuras del Maestro Mateo pertenecientes al Pórtico de la Gloria que se unen a otras piezas ausentes de un discurso lógico pero interrumpido tras salir de esas nuevas salas arqueológicas  y hasta desembocar en el Gótico. Las salas, bonitas sí, la delicia de los niños, pero que, planteadas a espaldas de los profesionales que integran el propio Museo y que conocen cada una de esas piezas como parte de su propio cuerpo, no dejan de ser una especie de ligero entretenimiento en el que se cometen errores tan graves como piezas colocadas fuera de su época e incluso otras expuestas al revés.
La muestra dedicada a Filgueira nos permite comprobar cómo todavía se pueden hacer bien las cosas en ese Museo nuestro, repito. Una exposición que, junto con alguna otra, no hace más que dejar en evidencia a un buen número de las que han pasado por allí de manera inmerecida en los últimos meses. Exposiciones muy alejadas en lo que mostraban de los criterios artísticos que deben formar parte de la programación de un Museo que realmente quiera vender sus bondades cara al público. Un público que ha ido bajando año tras año su visita al Museo. Lejos quedan ya aquellos picos de más de 200.000 visitantes del año 2010, último año de la añorada Bienal de Arte y que en progresivo decrecimiento se han quedado en las poco más de 94.000 mil visitas del 2014 y con un edificio más en funcionamiento. Esta exposición sorprende por los pocos días de apertura, desperdiciando la estela generada por los actos del Día das  Letras Galegas al cerrarse unas jornadas después de que toda Galicia mire hacia Pontevedra en ese 17 de mayo centrado en Filgueira Valverde, centrado en el Museo de Pontevedra, parte indivisible de ese sabio que, a buen seguro, si se encontrase con ese miliario así plantado en su propia casa le preguntaría aquello de ¿Quo vadis, Adriano? ¿Quo vadis, Museo?




Publicado en Diario de Pontevedra 25/04/2015

mércores, 22 de abril de 2015

Lueiro Rey. De Fornelos ao mundo

Rúe Saint-Antoine nº 170
Literatura. O acto de entrega do III Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey, a presentación de dous libros arredor da súa figura na súa vila natal de Fornelos de Montes e a posta en marcha dunha web volven a poñelo foco nunha persoa fondamente ligada a Pontevedra e cuxa obra literaria pide con cada vez máis forza unha revisión e posta en valor.

Acto de entrega do III Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey
a Luís Valle pola súa obra 'As cicatrices do sol'
O nove de abril de 1916 naceu en Fornelos de Montes Manuel Lueiro Rey. Cando resta pouco menos dun ano para celebralo centenario desa data actívanse diferentes circunstancias que rodean a unha figura todavía por descubrir polo que deu como escritor dende diferentes eidos que van dende a poesía, a narrativa ou a opinión xornalística. En todas elas o seu nivel de creación e de compromiso co ser humano reivindica a súa obra como unha das máis diversas da nosa escrita non recoñecida como o merece.
Fornelos de Montes leva sendo o acubillo dende hai tres anos á entrega do Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey. ‘As uñas crecen’ de Silvia Penas, ‘Anamnese’ de Eli Ríos e agora ‘As cicatrices do sol’ de Luís Valle empezan a fornecer a unha cita que comeza a ser senlleira nos premios da poesía en Galicia. Novas voces que emerxen grazas ao nome dun enorme poeta e a un legado que defende como unha causa propia Carmen Carreiro, activista cultural e presidenta da Asociación Cultural O Cruceiro da Laxe que non deixa de artellar propostas coa feliz axuda do crítico e autor Ramón Nicolás na descuberta da xa chamada  ‘Causa Lueiro’. Un traballo calado que agora comeza a ver como as luces convértense en publicacións e nunha afoutada páxina web que nos leva á vida e a obra do autor de Fornelos.

No Multiusos de Fornelos de Montes e coa presencia do presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, pioneiro na súa achega á figura de Manuel Lueiro Rey e o alcalde Emiliano Lage, desenrolouse o acto de entrega deste III premio de Poesía que recaeu en Luís Valle polo seu poemario ‘As cicatrices do sol’, xa editado por Sotelo Blanco e que se presentou nese mesmo acto. O poemario impúxose a outros 37 traballos e del o xurado composto por Luís Cochón, Mercedes Queixas e Armando Requeixo destacou «a súa dicción poderosa para percorrer as realidades máis universais, o amor, a dúbida, a orfandade, a esperanza, o pasar do tempo. (...) Voz por veces oracular, recendos proféticos e imáxenes visionarias fan deste ‘As cicatrices do sol’ un poemario con selo propio». O acto, ao que acudiron numeros veciños, familiares de Lueiro Rey e xente da cultura, desenrolouse entre o recordo sempre afoutado del e o optimismo xerado pola nova poesía, da premiada e da que recitou a gañadora do pasado ano Eli Ríos. Voces que se suceden para que a súa obra siga sendo a testemuña notarial do valor da poesía, hoxe sustentada en nomes como os de Lueiro Rey.


Nese mesmo acto aproveitouse para presentar un volume chamado ‘Lueiro nas coordenadas de Fornelos’ editado polo Concello de Fornelos no que se apañan unha serie de textos feitos polo propio Manuel Lueiro Rey arredor da súa vila natal. Poesía, narrativa e textos xornalísticos que Carmen Carreiro soubo apañar e que con textos limiares de Ramón Nicolás e Manuel Carlos Lueiro Lores detéñense nesa xeografía primixenia como é a da contorna na que se nace e da que un nunca se pode desfacer. Esa xeografía de Fornelos, xunto coas de O Grove onde viviu a maior parte da súa vida e a Pontevedra na que traballou como funcionario de Facenda, compoñen un triángulo vital dende o que Manuel Lueiro artellou a súa obra literaria.

E outra boa nova no universo de Manuel Lueiro Rey é a creación dunha páxina web adicada a súa figura e a súa obra. A dirección www.manuellueirorey.com é un territorio no ciberespacio para espallar o seu quefacer, aquel que comezou dende o mesmo momento do seu nacemento en Fornelos e ao que agora se pode acceder dende calquera lugar do mundo.
Manuel Lueiro Rey (4º dta.) nunha homenaxe
nos anos sesenta
Impulsada por Carmen Carreiro e co deseño de Daniel Ferreiro conta co asesoramento nos seus contidos de Ramón Nicolás, toda unha conxunción de forzas para que nos podamos mergullar en aspectos como a súa biografía, obra, un arquivo con imáxenes e textos e un historial dos premios que levan o seu nome, como son o xa comentado Premio de Poesía e o Premio de Novela que se entrega no concello de O Grove. Abofé que en pouco tempo será unha ferramente imprescindible á hora de descubrir o que nese universo se agocha e co que o tempo non foi moi xeneroso. Chega a hora de saldar débedas, de colocar a Manuel Lueiro Rey no lugar que se merece por todo o escrito, por todo o pensado, por todo o feito e de reinvindicar todo ese labor para o que o ano que ven, lembramos de novo, o do centenario do seu nacemento, ten que ser clave. Por moito menos do feito por el houbo adicacións no Día das Letras Galegas así que teremos que agardar acontecementos para ver se por fin se pon luz na escuridade desa ‘Liberdade Ferida’, como titulou Ramón Nicolás un espléndido e recente traballo editado por Xerais na reivindicación desa causa. O autor de poemarios como ‘Memoria de la raíz de las cosas’, ‘Mientras crece la hierba’ ou ‘Escolma ferida’; libros para nenos como ‘Non debían medrar’; relatos como os que compoñen ‘O sol na crista do galo’; novelas como ‘Manso’ ou centos de artigos xornalísticos abofé que precisa esta descuberta que comeza a latexar con forza de Fornelos ao mundo.




Publicado no Diario de Pontevedra 20/04/2015

luns, 20 de abril de 2015

El tiempo hecho poesía


TRADUCIR LO VIVIDO a la poesía. Convertir en palabra y caricia el tiempo que ha transcurrido y lo experimentado a lo largo de una existencia es el fin del último libro de Joan Margarit. Una voz fascinante de la poesía actual que ha visto como su obra completa se ha reunido en un volumen editado por Austral (‘Todos los poemas, 1975-2012’) al tiempo que la Editorial Visor publica sus últimas composiciones en ‘Amar es dónde’. Un hatillo de poemas que revisan la propia vida del poeta, ese espacio desde el que solo se puede entender la composición poética, según explica el propio Joan Margarit en un apasionante y lúcido epílogo que pone el cierre a este poemario.
Ese epílogo nos deja varias tomas de corriente sobre el hálito de vida que convierte una experiencia en poema. Lo que logra cimentar esa transustanciación de lo vivido en un itinerario de palabras que se descuelgan por un territorio íntimo que se vuelve pellizco cuando el lector lo tiene en sus manos. Aplicar esa experiencia del poeta a la intimidad del lector es una de las claves de la poesía, algo sobre lo que reflexiona el autor en el mencionado epílogo al igual que sobre la indiferencia alcanzada con el tiempo en relación al pasado, a la conquista de una nueva percepción que permita lograr una libertad ante el acto creativo que la haga más real y limpia de contaminaciones sentimentales que podrían llegar a distraer nuestra atención de lo verdaderamente importante.
Ese paso del tiempo hecho poesía visto desde la edad actual de Joan Margarit, nacido en 1938, es el alma de estos poemas llenos de encuentros, de experiencias, de emociones que se concentran de manera magistral y que vuelven a definirnos al gran poeta que es Joan Margarit. «Soy como una vieja pala, oxidada y aún sacando tierra», dice en uno de sus poemas. Esa capacidad de decir tanto con tan poco, de exprimir la vida en unos cuantos renglones, es pura emoción por lo que tiene de definición de un tiempo y por hacerlo tirando fuerte de las bridas de la nostalgia así aplacada, escribiendo desde lo que él mismo llama «la playa invernal de cada uno». Un calor vital atemperado por la edad, por la invernía que se posa en una pluma que sabe que ya debe medir sus palabras para no desperdiciarlas en la codiciosa pretensión de apretar el pasado en aquello que se escribe y que, una vez hecho libro, será acta notarial.
Este desfiladero de poemas se encuentra repleto de humanidad, una de las grandes armas de la poesía de Joan Margarit, siempre pegada a la piel del hombre y huyendo de una de las grandes taras de ese ser humano, la vulgaridad en la que hunde su vida en tantas ocasiones casi faltándose al respeto a sí mismo. ‘Amar es dónde’, tres palabras que se repiten en varios poemas, es un canto de cisne sobre la belleza de la vida que, al fin y al cabo, es el goce consciente de esa vida.



Publicado en Diario de Pontevedra/El Progreso de Lugo 19/04/2015





sábado, 18 de abril de 2015

Confianza en la poesía



Camina Luis García Montero por las calles de Madrid. La tarde se despereza de su siesta y el poeta se dirige hacia una reunión con funcionarios de Justicia para hablar de la privatización de los Registros Civiles. «Es la última guinda que le faltaba a este país para hacer el ridículo. Que un presidente, Registrador de la Propiedad, privatice los registros y encarezca la justicia a todos los españoles para beneficiar a cuatro compañeros suyos es una barbaridad como la copa de un pino». Así se las gasta el poeta durante estos días tras su designación por Izquierda Unida como candidato a la Comunidad de Madrid en un proceso que ha llevado a varios partidos a colgarse el salvavidas del prestigio de diferentes nombres de la cultura, pero Luis García Montero quiere precisar antes de seguir charlando: «Ahora que se ha puesto de moda el que los intelectuales van a regenerar la política, yo creo que pueden ser tan honestos o tan deshonestos como los políticos, que al fin y al cabo son ciudadanos también. La política es un asunto de ciudadanos y se puede hacer bien o mal siendo carpintero, médico o intelectual. He dado el paso porque llevo desde mis tiempos universitarios en la lucha contra el franquismo como parte del Partido Comunista y después participé en la fundación de IU en 1986. Respondo con mi personalidad de poeta y de escritor, pero también como un militante que lleva comprometido más de treinta años con estas siglas»
Hoy Luis García Montero estará en Pontevedra en la saludable PontePoética. Hace poco más de cinco años desde su última visita a esta ciudad. Aquella tarde dejó prendida con alfileres una frase que desde entonces es un adagio al que regresar cuando vienen mal dadas y necesitamos un cobijo. «La poesía es un ajuste de cuentas con la realidad». Ahora la frase se ha corporeizado, transustanciándose en candidato a la Comunidad de un Madrid chusquero y deshilachado durante los últimos años.
Ese ajuste de cuentas ha pasado de la pluma a la acción. «De alguna manera tiene que ver con eso. La poesía me ha educado en la imaginación moral», afirma Luis García Montero, para continuar, «Decía Rousseau que sólo la imaginación moral sirve para comprender el dolor ajeno y te permite entender los problemas de la realidad y desde un punto de vista más optimista, sirve para encontrar alternativas para pensar en los caminos que nos lleven hacia la transformación de las cosas, y en ese sentido, en un momento de incertidumbre y dificultad, dedicarse a la política es una manera de ajustar cuentas con la realidad, de inventarse respuestas para acontecimientos que no me gustan».
Y ello desde una IU tambaleante y necesitada, por lo tanto, de un discurso que sea capaz de aglutinar a unos votantes que se deslizan hacia otras opciones. ¿Cuál debe ser ese discurso? «La izquierda tiene dos tareas fundamentales. La primera abrirse a la sociedad. IU, que llama a la gente con más conciencia crítica, debe estar en constante transformación; y la segunda es no confundir la transformación con la disolución. Es muy importante en este momento mantener la identidad de un espacio de izquierda nítido, que se identifique con sus valores, más allá de la indignación popular de la crisis o la corrupción y con dos tareas fundamentales: Una, la defensa del trabajo digno y del salario justo, es decir, el conflicto laboral; y dos, la defensa de los servicios públicos». Y al fondo Madrid, el Madrid deseado, pero también el Madrid soñado. «Hablar hoy de Madrid es hacerlo de una ciudad cortesana, burocrática, llena de tramas de corrupción, y esa imagen oculta al Madrid enérgico y cívico. Madrid por culpa del PP se ha constituido en un laboratorio para experimentar todas las políticas del neoliberalismo y para privatizarlo todo. Al mismo tiempo ha surgido una movilización popular en torno a las mareas blancas, las mareas verdes, movimientos sociales y sindicales que presentan una batalla feroz. A mí me gustaría darle protagonismo a esa gente y convertir la ciudad en una ciudad de creatividad, de emoción, de energía cívica», comenta esperanzado el poeta.
¿Qué le puede aportar la poesía a un político? «El lema de mi campaña es ‘El corazón de la izquierda’ porque me parece que la poesía lo que busca es el fondo de la condición humana y yo lo que quiero es reivindicar valores. Se puede hacer política más allá del mercadeo electoral. Me gustaría transmitirle a la gente, como se transmite la emoción en un poema, que para que una sociedad recupere el orgullo democrático hay que hablar de valores en primer lugar más que de números fríos», afirma Luis García Montero, al que también le pregunto por aquellos poetas a los que se sujeta cuando se siente zarandeado por la sociedad. «A mi me gusta la poesía que se convierte en un ejercicio de conocimiento a través del cual emocionar. Yo he aprendido mucho de Luis Cernuda, de Rosalía de Castro, de Federico García Lorca. Poetas capaces de encerrarse en sí mismos y de unir la reivindicación de su propio orgullo solitario con la dignidad colectiva. Que el orgullo individual sea un modo de reivindicar ilusiones colectivas». PontePoética mira a la realidad poética de hoy. ¿Qué poetas actuales le interesan a Luis García Montero? «Muchos. Me doy cuenta de una cosa que me enseñó Rafael Alberti sin que yo fuera muy consciente, el respetar a los jóvenes y a tener los ojos abiertos hacia ellos. Gente que te mantenga viva la capacidad de admiración. Admiro a poetas como Raquel Lanseros, Elvira Sastre, Carlos Pardo o Fernando Valverde, pero te podría dar otros muchos que leo y de los que aprendo a seguir manteniendo mi confianza en la poesía». Una confianza que nunca se debe perder, ¿verdad? «Nunca. Creo que cuando la poesía se convierte en una vocación es también una forma de destino y hay que luchar por no perder las confianzas en aquellas cuestiones que marcan el sentido de tu vida». Palabra de político... palabra de poeta.


Publicado en Diario de Pontevedra 18/04/2015

martes, 14 de abril de 2015

Augas túrbidas


Chega o abril da poesía revoloteando entre as flores. Versos que xogan ledos ante a chegada da primaveira e os alumiños dunhas temperaturas que nos enchen a todos de ledicia e benestar. Pero a poesía tamén serve para rastrexar esa outra face da vida. A que aínda non é mariposa senón eiruga, a que baixa aos infernos da persoa na procura dun bálsamo para a alma pero sobre todo para tentar comprender como a nosa mente se desenvolve ante determinadas situacións.
Marta Dacosta propón nesta travesía polo seu derradeiro poemario, «Dun lago escuro», percorrer ese itinerario carontino para situarnos ante nós mesmos á procura dunha resposta fronte á podremia que, esta sociedade na que nos tocou vivir, nos asulaga ata a asfixia. Con cada vez menos aire a poeta mergúllanos no fondo dunhas augas que pretenden «escorrentar a escuridade». Porén o que acontece nesa travesía alónxanse bastante de poder atopar un fío de esperanza que nos eleve por riba dos valos, das mentiras, dos medos, das traizóns, dos cansazos ou do balbordo da desesperación. Unha tormenta que non nos deixa vivir na calma, cando todo sería moito máis sinxelo, ademais de telo ben merecido, pero abofé que somos malos animais... seres que tenden sempre á destrución propia e do seu semellante como parte dun proceso case de exterminio ou polo menos de búsqueda do sufrimento no igual, como se iso nos fose a conceder algún privilexio por riba da mesquiña sensación de sentirse superior a alguén. O dito, todo podería ser moito máis fermoso...
Nesas augas, límpidas na súa faciana, á pouco que deixemos atrás esa superficie atoparemos como todo é escuro, como o espello vólvese costra a medida co dano da profundidade medra chea de engano e mentira. É a travesía a nado dun lago como metáfora da viaxe da vida na que adoitamos mirar cara o ceo mentres baixo nós amontóanse os cadáveres. Cómo nos gusta meter baixo a alfombra todo o que é suxo? Aquilo que nos fai darnos conta do que en realidade somos. A alfombra aquí é auga, augas túrbidas, «mentres medra o pánico contra o fondo», ao tempo que entramos nun estado de onirismo. Alucinacións, efectos surreais, xeroglíficos... estrañas percepcións para rachar o equilibrio, converténdose ao fin na incómoda peaxe da nosa travesía.
Marta Dacosta segue a medrar como poeta, sendo este poemario un valente percorrido dende a palabra e a poesía por ese lado do que a poesía se serve para oscurecela súa propia luz. Pero ela é así, segura de si mesma, afoutada nas súas pretensións e sabedora do que é quen de suxerir. Así é como a autora sérvese desa forza telúrica para artellar un poemario imprescindible hoxe para entender moito do que nos mergulla na desesperación. Palabras para rastrexar a incerteza. Palabras para respirar.





Publicado no Diario de Pontevedra e El Progreso de Lugo 12/04/2015