luns, 29 de novembro de 2010

O home que levitaba nos carros



Chegou Manuel Rivas ó Culturgal dende Albacete, que é cómo dicir que un chega dalgún país máis aló dos Urais co pasaporte na mán. Fixou os pes no chan e entón corporizouse nun home real que deixara de levitar. O que non quedou de todo claro, cando o escritor escusou o seu retraso, é si Manuel Rivas levita dentro do seu ‘carro’, ou se ‘carro’ e Rivas forman un único ente levitante. Así dixo que chegou a Pontevedra, en tempo e forma, que diría un burócrata, pero que como no seu ‘carro’ sofre eses procesos ascensionais se despistou ata chegar a un fermoso lugar peonil a carón do río no que daban gañas de baixar e botarse a andar. É posible que eso sexa o que lle pide o corpo a todo escritor en medio dunha xira de promoción do seu último libro. Un libro, neste caso, de silencios, pero tamén de moitos ruidos ameazadores. Onte, Manuel Rivas baixou dos ceos e camiñou entre nós.




Publicado en Diario de Pontevedra 29/11/2010

Ningún comentario:

Publicar un comentario