luns, 2 de xaneiro de 2017

"Para Ramón, o John Berger galego"

"Para Ramón, o John Berger galego" é a adicatoria que escribiu Anton Sobral Iglesias en 2005 nun exemplar de 'El tamaño de una bolsa' de John Berger co que me agasallou na mítica librería Michelena. Foi, grazas a Antón e a esa inmensa esaxeración, e como aconteceu con tantas outras descubertas que chegaron da súa man, como me acheguei a John Berger, como descubrín ao autor de textos e pensamentos sobre arte que a mín mesmo me gustaría ter escrito e que facían ver as cousas dunha maneira diferente e imprevista. Dende ese momento foi unha compaña habitual e necesaria para escribir sobre arte, creo que de ninguén empreguei tantas citas como dos seus libros ou entrevistas. Ás poucas horas do seu pasamento recupero unhas liñas suliñadas dese primeiro libro, xa para sempre porta de outros: "cuando el dolor es mucho no se puede compartir. Pero sí se puede compartir el deseo de compartirlo".
Grazas Anton Sobral Iglesias. Grazas John Berger.
http://ramonrozas.blogspot.com.es/2015/08/anton-sobral-na-casa-da-parra.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario