luns, 22 de outubro de 2018

Palabra que é mar

Rue Saint-Antoine nº 170
Literatura ▶ A entrega dos Premios Xerais no Museo do Mar de Vigo conformou un ronsel de escumas literarias que deixan o pouso dunha nova etapa na editorial da man de Fran Alonso. Un novo escenario, e unha presentación diferente dos libros premiados, xa presentes nese acto, conviviron co aplauso ao anterior director, Manuel Bragado

Foto de familia dos gañadores e dos xurados dos premios (Xerais)

Irrenunciábel o axóuxere do mar. As mesmas escumas, a mesma ría. O cambio de escenario, do máxico altar sobre o mar da Illa de San Simón, ao Museo do Mar de Vigo, non renuncia a nada de todo o que se agochaba na entrega destes premios literarios a cargo da editorial Xerais. Tres galardóns, o Premio Xerais de Novela na súa XXXV edición, o Premio Merlín de Literatura Infantil na XXXIII e o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil que chega á súa X entrega, convocáronnos de novo no qué é un acto festivo arredor da escrita, arredor da palabra e da lingua. Autores, libreiros, xestores, xornalistas, críticos... maridaron a súa paixón polas letras coa convivencia co gremio. Palabras que se afundiron nun serán de novo especial envolto pola arquitectura de César Portela e un horizonte que enmudecía aos presentes pola súa beleza, pola feminidade deitada sobre as ondas dunhas Cíes que xa son dende esta edición símbolo destes premios.
Non foi un ano sinxelo para a editorial Xerais. Un tsunami na dirección apeou do cargo a Manuel Bragado, tras case 25 anos no cargo. Nunca esta terra poderalle agradecer bastante o feito, non só no eido editorial, senón noutras canles de transmisión do literario e cultural á sociedade. Por iso cando o sábado se lle recoñeceu o seu labor dende a palabra de varias persoas que tiveron a oportunidade de facelo en público os aplausos dos presentes soaron como unha batente do mar chea de respecto e fondo agradecemento. O primeiro en facelo foi o novo director, Fran Alonso. Unha sucesión tan tranquila como intelixente polo valor do elexido. Valor como xestor, que xa comeza a confirmarse dende novas publicacións da editorial, pero valor tamén como autor, como poeta que procura novas canles de expresión co público e sobre todo cun novo público que semella renunciar ao combate co papel. O seu discurso foi soberbio e deu paso á entrega duns galardóns nos que semella hai tamén moito da súa proposta literaria. Obras transversais nos seus xéneros de narrativas que se poetizan e de poesías que se volven narrativa na procura dunha nova maneira de aproximarse ao lector.
A diferenza doutros anos a emoción e os nervos de coñecer aos gañadores, xa anunciados dende o mes de xuño, tradicional mes de entrega destes premios, substituíuse por unha emoción non menor ao poñer a editorial nas nosas mans, co apoio da Xunta de Galicia, os exemplares premiados e xa editados. Un acerto que se completou cunha presentación distinta dos premios  a través dunha conversa cos tres galardoados da man da sempre eficaz e brillante xornalista Teresa Cuíñas. Asi foi como Emma Pedreira, gañadora do Premio de Novela con ‘Besta do seu sangue’; Héctor Carajaville vencedor do Premio Merlín con ‘Kusuma’ e Carlos Negro, que acadou o Jules Verne con ‘Aplicación instantánea’, explicaron o proceso da construción da súa obra, o que se agocha tras cada unha delas e as súas pretensións literarias que, dende estes días, acadan para todos eles unha nova dimensión.
Naquel Museo, naquela sala, chea de efectos navais a un lado, mentres ao outro o mar xogueteaba paseniñamente coa costa, voltamos a vivir unha desas citas incomparábeis no calendario das nosas letras. Houbo tempo para gabar aos premiados, para aplaudir a Manuel Bragado, para suliñar a importancia de seguir mantendo estas liñas editoriais como parte dun sistema literario galego coa forza necesaria para resistir as treboadas que escurecen os fermosos horizontes, tamén para lembrar a quen nos deixou neste ano, Xabier P. Docampo (aínda refulxen as cereixas do seu discurso nestes Premios de hai uns poucos anos), para sorrir coa lembranza a quen nunca nos deixou, Agustín Fernández Paz, pero sobre todo para sentirmos parte dunha colectividade, dun elo indivisíbel sustentado pola nosa escrita que non renuncia, nin renunciará a navegar sempre polo mesmo mar. O mar da palabra.



Publicado no Diario de Pontevedra 22/10/2018


sábado, 20 de outubro de 2018

A Torre


Foguetes verdes (1)
Hai libros que son moitos libros. ‘A torre’ de Antonio Sandoval é un deses relatos bulideiros abertos a todo un conxunto de saberes e sensibilidades arredor dun dos nosos símbolos.



É UNHA DAS iconas da nosa terra: a Torre de Hércules. Símbolo, non só dunha cidade, senón dun tempo e dunha cultura esencial na nosa terra. Faro aínda afouto que exerce unha especie de dominación do territorio que o rodea. Un espazo cheo de pegadas naturais e históricas, de persoas e acontecementos que sementaron séculos e séculos da nosa historia.
Antonio Sandoval Rey é escritor, comunicador ambiental e ornitólogo, e a súa proposta neste texto tan interesante como engaiolante. é o de camiñar pola contorna da Torre, fronte o Atlántico de escumas salgadas que renovan o seu rito mariño con cada batida do mar. Un espazo, polo tanto, definido pola egrexia presenza da Torre de Hércules, coa súa longa historia de cambios e modificacións a través dos séculos, pero esa historia tamén se pendura noutros espazos da contorna. Todo un territorio no que a natureza ten un forte protagonismo. Aves que voan e habitan nesa cornixa natural. Camiños polos que moverse e facer da andaina unha experiencia sempre diferente.
O certo é que o libro está baseado nesa idea do camiñante, da relación da persoa coa contorna que logo transfórmase en palabra. Case un diario que funciona como un compás indicándonos toda unha serie de direccións que tomar. Unha exploración baudeleriana que se transmite cunha forza panteísta, pero tamén con fondas pegadas poéticas que, en certas partes do texto, ofrécense conmovedoras. Un faro cuxa luz alumea non só na escuridade senón nese devir do tempo que leva ao autor a pescudar en sucesos tráxicos como os fusilamentos da Guerra Civil ous os naufraxios contaminantes de barcos como o Urquiola, o Erkovit ou o Prestige, por citar só algúns desa Santa Compaña exterminadora que se ensaña coa nosa costa. Pero ese territorio tamén é o de Monte Alto, o de Xurxo Souto, o de Manuel Rivas e de moitos outros que escribiron e sentiron o acubillo secular desa construción. Relato tamén de soños e de pinceladas. Lugrís e o azul eterno. Pero tamén a Torre como unha especie de menhir que vencella o pasado co presente. O pasado da romanización e a chegada ao poder de Donald Trump. O pasado dunha nova linterna encargada en Londres en 1794 e o tempo de escuridade da posverdade. Esa intelixente prospección de tempos e diversidades narrativas son as que lle dan pulo neste libro que un le con auténtico gozo. Unha delicia que acada dúas das misións principais de calquera libro, o de adquirir coñecementos, a través de toda unha serie de datos e achegas sobre o que rodeou á Torre e á propia cidade da Coruña; e o de pensar. Estamos ante un libro de reflexións que o autor de xeito atinado vai apuntando polo medio doutro tipo de consideracións. Pensamentos sobre a nosa realidade social, a política, a socioloxía, a economía, a ciencia, o mundo da imaxe, os medios de comunicación e, por suposto, o ecoloxismo, unha baliza sempre afouta neste camiñar por unha zona cambiante: «A cidade vibrante, asida polo seu istmo ao continente, é a man que sinala estes símbolos co índice que chega en forma de rampla ata a Torre. O ceo é meditación que lle suxiren. Unha luz cambiante colorea cada hora o ánimo desta paisaxe. E, xa que logo, tamén o dos que por aquí paseamos», escribe Antonio Sandoval Rey.
Esa é a clave de todo, o paseo. A sensación de fincarse nun espazo domiñado por esa gran escultura, un land-art luminoso, ante o que deixar as nosas pegadas como tantos outros fixeron con non demasiada diferenza das nosas impresións hoxe, cando cada vez se lle dá menos valor a ese acto de sentirse en relación á natureza, de camiñar e de facer da experiencia aprendizaxe. ‘A Torre’ é xustamente iso, aprendizaxe e experiencias convertidas en literatura.



Publicado no Diario de Pontevedra/El Progreso de Lugo 19/10/2018
Foto: Cabalar


xoves, 18 de outubro de 2018

Eduardo Arroyo. Pintor


Esas palabras serán las que figuren como epitafio en su tumba de Robles de Laciana (León). ‘Eduardo Arroyo. Pintor’. Un nombre y un oficio, el de pintor, que honró como pocos. Pierde el universo de la plástica a uno de sus más destacados y comprometidos activistas, porque así es como habría que definir a su pintura, una pintura ejercida desde el activismo. En primer lugar para reclamar su tradición y poder de fascinación a lo largo de la historia del arte, y en un segundo momento, por la implicación con una sociedad a la que tantas veces desnudaba con sus obras, a través de sus figuras, con el grito de sus colores, con sus ávidas miradas a una realidad demasiado convulsa. España, como siempre, con sus coces y sus cabezazos, capaz de lo mejor y de lo peor, fue, poco a poco, desfilando por las obras de Eduardo Arroyo como en una carnavalada solanesca. Los ecos de Goya, el recuerdo de Velázquez. Los dos genios a los que rendía culto, no sólo a través de su pintura, sino de repetidas visitas al Museo de El Prado donde todo empieza y todo acaba para cualquier pintor. Donde la pintura se manifiesta en una especie de epifanía que rinde de manera irrebatible a quien se enfrenta a ella. Desde Goya y Velázquez, Eduardo Arroyo continuaba inmerso en la tradición pictórica hispana de evocar desde su obra los grandes males que nos acosan y que es imposible nos podamos sacudir, así pasen las generaciones que pasen.
Su cabeza, esa misma que reposará, según escribe Juan Cruz en El País, sobre un viejo ejemplar de Robinson Crusoe (toda una declaración de intenciones frente a la eternidad), era una coctelera en la que agitaba su inteligencia, su agudeza y una visión descarnada sobre la política de este país. A todo ello le daba salida desde la escritura, la escultura y sobre todo la pintura. Artes que formaban parte de una existencia enérgica que buscaba una especie de regeneración humana a través de los mitos, que ya sabemos nunca defraudan. De su pintura participaban todos ellos, desde una efectiva puesta en escena sin distracción alguna de colores planos y figuras sobrias, en ocasiones retadoras con el espectador. El universo del Barroco tensado con un lenguaje actual y desafiante con su propio tiempo. Tantas veces ajeno a su obra, tantas veces inquisidor, como en el agónico franquismo, al que sometió a la prueba de su pintura descosiéndolo con cada pincelada mientras el monstruo lo perseguía irritado.
Emerge así un universo particular, una estética de la demolición de una España cutre y soez, incapaz de reivindicar su enorme poder a partir de unas inmensas capacidades pero que tantas veces emplea para autodestruirse. De ese proceso es del que se nutre en mayor medida la obra de Eduardo Arroyo, sabedor de que en ese intersticio se encuentra siempre un volcán en erupción, un magma a la que ninguna paleta puede equipararse. Sus exposiciones siempre fueron una inteligente y certera radiografía de este país. También sus conversaciones con otros pintores, intelectuales o personas de lo común, con las que gustaba charlar dejando patente su vasta cultura y el poder de ésta como único camino posible de regeneración.
Su pintura libre y libertaria es ya un hito en nuestra cultura. Enjuto y descarnado, un Zurbarán con chaqueta, en los últimos meses todavía se enfrentó a los grandes, como a ese Rembrandt que reinterpretó para una exposición en Francia. El fin estaba ya cerca, pero aquel manantial, el de la mejor pintura, era el único del que poder beber hasta la llegada de la parca para alguien cuyo oficio era, ni más ni menos, que el de ser pintor.


Publicado en Diario de Pontevedra 17/10/2018
FOTO. EFE/David Asta Alares

mércores, 17 de outubro de 2018

Un pazo que é un océano

Cultura ▶ O Pazo da Cultura de Pontevedra amosou durante esta longa fin de semana a súa potencialidade para ser o centro da actividade cultural de Pontevedra e a súa contorna. O festival de músicas da lusofonía, Cantos na Maré, ou dúas exposicións que, dende a pintura e a fotografía, vencéllanse co mar, amosan a forza dun espazo singular

Cantos na Maré. Concerto de Cesária Évora Orchestra (J.L. Oubiña)

Os galegos somos anfibios. O mar e parte do que corre polo noso interior. O mar sírvemos para sentir e tamén para respirar. Non é raro que moitos artistas plantexen o seu traballo dende a sensibilidades de enfrontarse a ese espello de auga salgada no que reflectirse. Como tampouco é estraño que ese mesmo mar, ese Atlántico que se axita estes días de outono e temporais cos ventos que veñen da outra orela, sirva de metáfora coa que envolver o festival de música lusófona, Cantos na Maré.
Exposicións e concertos que fixeron do Pazo da Cultura un epicentro cultural de primeira orde en toda Galicia e que amosan a afouteza dese lugar cando enche todas as súas velas e fai da cultura un ronsel de emocións. Poucos espazos tan abondosos nas súas posibilidadades como o Pazo da Cultura de Pontevedra. O edificio do prestixioso Manuel de las Casas ofrece salas de exposicións, salas de concertos, de maior ou menor tamaño, e moitos ambientes máis para que sexa un compás da cultura, xa non só na capital da provincia, senón nas comarcas que nos rodean. É por iso que un nunca se cansa de pedir máis inversións en cultura, xa non só dende o público, senón que é unha mágoa que máis empresas privadas non se animen e se sumen á esponsorización da programación de todo o ano ou a eventos e actividades puntuais que ían a falar moi ben delas e da súa sensibilidade.
Non hai máis que lembrar o que pasou ao longo desta fin de semana prolongada coa coincidencia de dúas exposicións e unha edición renovada e ampliada de Cantos na Maré. Todo o espazo do Pazo da Cultura ofrecendo posibilidades artísticas, miradas cara a pintura de Antón Sobral e Carmen Hermo, e os oídos ben abertos ante toda esa música chegada dos países da lusofonía e da nosa propia terra.
Exposición 'Na beira do río. Diálogos na Pintura' (Rafa Fariña)
Unha maridaxe que sae do mar, coma do mar emerxe a arte de compromiso de Antón Sobral e Carmen Hermo, dúas achegas dende a pintura que nos convidan a percorrer un novo universo de pinceladas dende o acougo e a serenidade do primeiro, á mestura de linguaxes e formatos da segunda, nunha rifa coa propia pintura. Noutro dos espazos Alba Sotelo plantexa unha viaxe homérica, coa súa ‘Voltar a Ítaca’, unha escolma fotográfica que plantexa a defensa do mar e da pesca máis tradicional a través dos seus protagonistas. Heroes do cotiá que converten as súas mans en anzois.
Visitante ante unha fotografía de Alba Sotelo (J.L. Oubiña)
Pero esta fin de semana foi a dos sons, a das músicas que chegaron co ‘sotaque’ portugués, coa mestura de ritmos que nos obrigan a esquecer fronteiras nos mapas e a sentir as que se agochan no noso interior, ás que falan de linguas comúns e sensibilidades que, como as ondas do mar, móvense entre as músicas de diferentes territorios que teñen a obriga de seguir apostando por navegar xuntos, en océanos como os do Pazo da Cultura de Pontevedra.



Publicado no Diario de Pontevedra (15/10/2018)

xoves, 11 de outubro de 2018

Ley gallega

El director Dani de la Torre junto a varios de los actores en
el preestreno de 'La sombra de la ley' en Pontevedra (Rafa Fariña)

Desde hoy en los cines de toda España se podrá contemplar la nueva película de Dani de la Torre, ‘La sombra de la ley’. Un director al que tras su sorprendente ‘El desconocido’ (2015), se esperaba de manera impaciente por cómo iba a responder ante un nuevo reto, ante esa segunda película, siempre tan complicada tras un inicial éxito de esos que se definen como de crítica y público. Con aquella película comprobamos su capacidad para tensar al espectador, para rodar con un ritmo poco visto en el resto del cine español y con un gran trabajo de elementos que suman y mucho al resultado final de una película, como el guión, el montaje, el diseño de producción o los actores.
Con ‘La sombra de la ley’ Dani de la Torre vuelve a dejarnos con la boca abierta, tras poco más de dos horas de una película entretenidísima, en la que además de manejar de manera espléndida todos esos elementos se integran otros que potencian el relato y provocan el seguir ‘rumiando’ la película minutos después de haber salido de la sala de proyección.
En este caso fue el Teatro Principal de Pontevedra el que acogió el preestreno de la película, ciudad en la que se rodaron secuencias en localizaciones como el Instituto Valle-Inclán o el palacio de Montero Ríos en Lourizán; pero Dani de la Torre extiende la magia del cine por otros territorios como A Coruña, Lugo y su Monforte natal para concebir una Barcelona en la que nunca tanto maíz han visto junto, pero que te acabas creyendo. Espectaculares planos, escenas de acción trepidantes e interpretaciones fantásticas se van conjuntando al tiempo que asistimos a una historia centrada en una serie de acontecimientos que tienen lugar en Barcelona en 1921, dos años antes del golpe de estado de Primo de Rivera, y en plena efervescencia de movimientos anarquistas y de una incipiente lucha por los derechos de la mujer, donde lo que llamaríamos, con la perspectiva de hoy, las ‘cloacas del Estado’, provoca los inesperados giros en la película, tal y como sucede en la realidad, tantas veces teñidas de las miserias de los poderosos. Una temática valiente por lo que tiene de apostar, dentro de una película de acción y de gánsteres, por asuntos comprometidos, y que pueden ser de poco interés para un espectador que a priori busque una película más vinculada a la pura acción, pero que Dani de la Torre, con un hiladísimo guión de Patxi Amezcua, resuelve de manera muy acertada.
De nuevo, como ya sucediera con ‘El desconocido’, una productora gallega, la coruñesa Vaca Films, está detrás de la película y demuestra el enorme potencial de nuestro audiovisual para, desde los diversos segmentos que confluyen en una película, lograr un producto de calidad que nada tiene que envidiarle a una producción hollywoodiense, por aquello de medirnos a la cinematografía en la que se ha acuñado la narrativa y estética de este cine negro, bebiendo en los clásicos de los años treinta, pero también en obras de directores como Coppola, Arthur Penn, Sergio Leone o Brian de Palma, con los que se establecen maravillosos guiños visuales con películas icónicas del género.
Pero esta es también una película de actores, desde ese antihéroe que encarna Luis Tosar, hasta los policías que lo acompañan, extraordinario Ernesto Alterio, y, como no, todos esos actores gallegos que no dejan de asombrarnos, tal y como lo llevan haciendo en las últimas producciones que se han realizado a nivel nacional, tanto cinematográficas como televisivas, y que revelan ese talento más allá de nuestra geografía o de nuestro ámbito audiovisual.
En definitiva, ‘La sombra de la ley’ además de una magnífica película, es otro motivo de orgullo para Galicia, que sigue construyendo su destino a través de pasos tan firmes como los que está dando Dani de la Torre. Desde Monforte para el mundo.



Publicado en Diario de Pontevedra/El Progreso de Lugo 10/10/2018



mércores, 10 de outubro de 2018

Outra lección

Rue Saint-Antoine nº 170
Memoria ▶ O cadro de Castelao ‘A derradeira lección do mestre’ protagonizou a semana en Galicia. A súa recepción en Compostela para participar nunha exposición na Cidade da Cultura e as máis que desafortunadas palabras do presidente da Xunta provocaron unha reacción xeral que podemos entender como unha nova lección de Castelao.

Unha das accións de protesta foi a recreación da lámina orixinal
de Castelao por Kiko da Silva no Museo de Pontevedra (Gonzalo García)

Poucas veces se viviu unha situación como a que tivo lugar ao longo desta semana en Galicia arredor dunha obra de arte. O asombroso discurso do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que el mesmo se adicou a esnaquizar 48 horas despois diante da familia Bóveda, minimizaba a contundencia do cadro que Castelao pintou no exilio arxentino en 1945. Para Castelao a arte converteuse nun medio de concienciación social e política a medida que foi pasando o tempo, e a súa condición de pintor dirixiuse dende as obrigas morais dos feitos históricos co rodearon cara un emprego do artístico para que Galicia mirase cara si mesma poñendo en cada obra unha carga de profundidade contra o atraso e as diferencias de clase na sociedade.
Ese devir da súa obra acada unha nova dimensión tras o levantamento militar e a Guerra Civil. Castelao realizará tres albumes para denunciar a represión que acontecía en Galicia. ‘Galicia Mártir’ e ‘Atila en Galiza’, foron editados en Valencia, o primeiro en 1937 polo Ministerio de Propaganda da República, mentres o segundo polo Comité Nacional da Confederación Nacional do Traballo. O terceiro, ‘Milicianos’, editouse en Nova York, un ano despois pola Fronte Popular Antifascistas Galego.
Estes tres traballos, absolutamente espléndidos dende o artístico, si que se poden calificar como o máis cercano ao que podería ser unha especie de Guernica galego, ao tratar, como no cadro de Picasso, da visualización da sin razón humana e que ademais mantén un fío directo cos gravados de Goya dos ‘Desastres da Guerra’, tanto na súa conformación plástica como na inclusión dunha mensaxe ao pé da imaxe. Castelao, polo tanto, dialoga de xeito directo con todos eles e fai da obra un altofalante dunha sociedade esnaquizada nos seus valores.
Selo da República Española
coa 'Derradeira lección do mestre'
Unha das láminas daquel primeiro álbum é ‘A derradeira lección do mestre’. Unha representación que foi moi especial para Castelao xa que nela aparece o seu mestre, de quen tanto aprendeu, o seu irmán, tal e como se recolle na correspondencia entre eles, Alexandro Bóveda. É certo que non aparece en ningún texto esa adscripción do personaxe, pero moitas veces queremos desviar a vista ante o que está diante de nós. Non hai máis que mirar o propio cadro, fixarse na cara dese home que ven de ser asasinado para que non haxa dúbida algunha. Esas entradas no cabelo, ou ese guecho de pelo no centro, son identificativos do personaxe e así grandes caricaturistas como Manuel Torres non precisaban de máis para reflectir a Alexandro Bóveda. Esta lámina era tan especial para Castelao que foi unha das tres que elexiu para converterse nun selo da República en 1939, precisamente o de máis valor, 90 céntimos. E o que se converteu no gran lenzo de 200x132 centímetros que Castelao pintou en Bos Aires coa mirada posta en Galicia e no martirio do seu irmán.
Caricatura de Bóveda realizada
polo pintor Manuel Torres
A última lección de quen fora o mestre de tantos galeguistas que puxeron a súa terra por riba deles mesmos. Pois resulta que non foi a última, o destino, e a forza da arte como aglutinador de sentimentos, quixo que aínda quedase outra lección por dar, á que asistimos estes días nos que un discurso completamente afastado do relato do cadro e da súa orixe fixo que gran parte desa terra que se regou co sangue do mestre levantase a voz para berrar e para lembrar que aquela lección aínda non se esqueceu, e que aínda ten moito que ensinar.

Publicado no Diario de Pontevedra 8/10/2018

mércores, 3 de outubro de 2018

El grito de Valverde

Alejandro Valverde, feliz, en el pódium del Mundial (C. Bruna)

Es el maillot arco iris uno de los grandes iconos visuales del deporte, como lo son la chaqueta verde del Masters de Augusta de golf, el anillo de campeón de la NBA o el maillot amarillo del Tour de Francia, en el propio ciclismo. Enfundarse esa prenda y portarla durante un año es uno de los grandes reconocimientos del mundo del deporte. El pasado domingo Alejandro Valverde ciñó su enjuto cuerpo a esa túnica sagrada del ciclismo y comprendió porque se había hecho ciclista y porque llevaba tantos años persiguiendo ese galardón. Tantos que, hasta su definitiva consecución, había logrado hasta seis medallas en esa misma carrera, dos de plata y cuatro de bronce, ¡una barbaridad! Pero faltaba el título supremo, la medalla y el maillot.
Junto a los 258,5 kilómetros y 6 horas y 46 minutos sobre la bicicleta y 38 años a sus espaldas, son miles y miles de horas de entrenamientos, caídas y fracturas, tristezas y alegrías que se condensaron nada más superar la línea de meta en uno de los gritos más hermosos que el deporte nos ha proporcionado nunca.
Valverde gritaba abrazado a su masajista, la persona que recupera diariamente las destrozadas piernas de cualquier ciclista tras una jornada extenuante, como todas las de estos deportistas inmensos que optan por esta especialidad deportiva tan dura. Un abrazo que ninguno de los dos olvidará porque refleja mucho más que el abrazo de dos profesionales. Ese abrazo, coronado por ese grito estremecedor, es la demostración de quien ama a este deporte, de quien da por bueno ese sacrificio permanente por lograr la gloria que te adentra en el olimpo de los más grandes especialistas de un deporte en el que la leyenda pesa tanto que quien la alcanza se convierte en eterno.
Alejandro Valverde, insisto, con sus 38 años, ha vivido mucho sobre la bicicleta, corredor de esos que se definen por sus características como 'clasicómano', especialista en las largas carreras de un día con duros y cortos repechos que salpican el norte de Europa en la primavera. En el sur, en su casa, nunca ha sido del todo alabado por un público acostumbrado a exaltar a nuestros ciclistas por los éxitos en las grandes vueltas por etapas, la figura de Alejandro Valverde siempre se ha instalado en un injusto escalón inferior al de otros corredores. Sus pódiums en Tour, Giro y Vuelta, carrera que logró ganar, parece que nunca fueron suficiente para lograr el reconocimiento unánime que solía llegar, como en aquellas carreras en las que demostraba realmente su potencial (como en la Flecha Valona, que ganó en cinco ocasiones) es decir, con la caducidad de un día. Ahora el aplauso se prolongará durante todo un año, ese arco iris en el pecho lo designa visualmente como un campeón en toda regla y pone el broche de oro, aunque el ciclista ha manifestado su intención de llegar a los Juegos Olímpicos de Tokyo, a su espectacular y envidiable currículum.
Ese grito seguirá retumbando durante muchos años y debería sonrojar a otros que hacen de ese recurso una especie de exaltación de sus virtudes y que se quedan en un infantil gesto frente a hazañas como las que genera el mundo del ciclismo. Cada vez que veo a Cristiano Ronaldo irse a un córner a gritar y a posar ante una cámara se evidencia lo que es verdad de lo que es puro artificio y cómo el ciclismo sigue manteniendo un sentimiento de orgullo y esfuerzo que emociona frente al fútbol cada vez más mercantilizado desde los ademanes de diseño.



Publicado en Diario de Pontevedra/El Progreso de Lugo 3/10/2018