Gerardo Conde Roa ten unha débeda, e Leo Bassi é un pallaso que lle produce ao alcalde «especial repugnancia». Así é como se anda a escribir a historia de Compostela nos últimos días. Ben lonxe quedaron os tempos de Xelmírez. Eu, que queren que lles diga, prefiro estar a carón dun pallaso que dalguén que admite manter unha débeda de case 300.000 euros con Facenda e aínda así ten o peito de presentarse a un cargo público da importancia que ten o de ser alcalde da capital de Galicia. E do que é máis repugnante, pois nin lles falo.
A débeda, admitida polo propio político, deixao contra as cordas, xa que, xusto cando se abre o plazo para que todos fagamos a Declaración da Renda non é que sexa o mellor exemplo para que cumpramos coas nosas obrigas fiscais. Se Conde Roa lle quería escribir o guión da actuación compostelana a Leo Bassi certamente non se lle puido ocurrir un número mellor.
(Diario de Pontevedra 11/04/2012)
Ningún comentario:
Publicar un comentario