Ángel de la
Calle propón unha intensa novela gráfica na que, arredor da procura
de documentación sobre a actriz Jean Seberg, artéllase unha paisaxe
humana, política e histórica de diferentes feitos que tensionaron á
sociedade das décadas centrais do século XX
“Eu quería escribir
un libro cheo de cultura cinéfila, novidades e engado, resaltando a
suave beleza de Jean, o seu evasivo xeito de actuar, os amoríos sen
futuro, o inestable compromiso coas causas xustas e, sen saber como,
atópome metido nunha historia de guerra fría, de sucidade
política». Deste xeito, o protagonista da novela, o propio Ángel
de la Calle ubicado nun París cheo de enigmas do pasado, explica no
mesmo texto, cara onde derivou esta extraordinaria novela gráfica
editada por Retranca editora e que traduce ao galego o texto que xa
fora publicado en Reino de Cordelia.
Unha espléndida
edición que dignifica a novela gráfica e dalle a honra precisa a
esta mestura a partes iguais de relato e imaxe na que Ángel de la
Calle afronta un tremendo esforzo para situar diferentes historias
persoais que xorden dos numerosos procesos represores e de negación
da liberdade a unha chea de vítimas en países latinoamericanos, en
especial xente adicada ao mundo da creación, e que fixeron de París
unha especie de oasis vital, aínda que as consecuencias físicas e
mentais do sufrido xa serían irreversíbeis.
Varios elementos chaman
a atención a medida que un pasa as páxinas e se deixa levar polo
que lle están contando nesta ‘Pinturas de guerra’. Nun primeiro
lugar o estilo gráfico, a ausencia de cores, o branco e negro, a
contundencia do que alí se reflicte sen posibilidade de distracción.
Tamén como o creador móvese cunha enorme liberdade á hora de
empregar ou non a viñeta, de superar a tiranía do marco e espallar
as imaxes, se é preciso, para unha mellor comprensión da narración.
Xunto a iso a estrutura é a outra gran achega dende o punto de vista
técnico por cómo Ángel de la Calle plantexa unha serie de
capítulos que se poden seguir lendo de xeito continuado, tal e como
son presentados, ou podemos lelos según o noso criterio. Istos
sonaralles á brincadeira de Julio Cortázar con ‘Rayuela’, pois
iso asúmeo o autor no capítulo final de aclaracións, no que
‘Rayuela’, ese París do Cortázar, xunto a tantos emigrantes
latinoamericanos que buscaban respirar o aire da bohemia, da
liberdade, do existencialismo e da creación ás beiras do Sena, son
tamén parte do relato, asomando esa rayuela debuxada en varios
momentos da novela.
Pero a novela é tamén
unha gran paisaxe dun tempo determinado daquelas décadas de mediados
do século XX, coa Guerra Fría de pano de fondo, as accións do FBI
e nas que latinoamérica desangrábase co terror dos gobernos
militares que afastaban calquera proxecto democrático. Uruguay,
Chile, Arxentina, foron algúns deles, ou outros nos que se esmagaba
calquera xeito de revolta, como a dos estudantes universitarios en
México do 68 antes dos Xogos Olímpicos e, por riba de todo, como
estaba perfectamente artellado todo un sistema de terror e tortura
que afectaba a todo aquel que sospeitoso ou non podía ofrecer
algunha información sobre aqueles colegas que podían ser perigosos
para os novos sistemas. En non poucos momentos o autor consegue o
arreguizo ante as diferentes formas de tortura, e como iso formaba xa
parte das persoas que lograban sobrevivir a todo aquel horror e que
ao tratarse dunha novela gráfica, acada un punto maior de arrepío
que si se tratase dunha novela puramente literaria.
Todo iso é o que rodea
a cerna da narración, a procura de información sobre a actriz Jean
Seberg, un axeitado símbolo dunha época e de todo o que amosa esta
novela. Ela, a actriz dun novo tempo, a referencia feminina da
Nouvelle Vague, despois da súa participación en ‘À bout de
souffle’ e cuxa prematura morte estivo sempre vencellada ao
misterio e a incertidume por si verdadeiramente foi un suicidio ou un
asasinato do que o FBI puido formar parte polas conductas
desafortunadas, dende o punto de vista norteamericano, e de alguén
que formara parte de Hollywood, demasiado liberais en canto a súa
sexualidade, así como de compromiso con diferentes movementos de
igualdade racial ou dos máis desfavorecidos.
O certo é que esta
novela gráfica plantexa un amplo abano de escenarios e personaxes
amosando unha guerra latente en rúas e países no envés dun mundo
que non sempre é o que parece por moi fermoso que sexa o cadro que
se nos queira pintar.
Publicado no suplemento cultural Táboa Redonda. Diario de Pontevedra/El Progreso de Lugo 22/09/2019
CÓMO OBTENGO MI PRÉSTAMO DE ESTA GRAN EMPRESA
ResponderEliminarHola queridos, soy Linda McDonald, actualmente vivo en Austin, Texas, EE. UU. Soy viuda en este momento con tres hijos y estaba atrapado en una situación financiera en abril de 2018 y necesitaba refinanciar y pagar mis cuentas. Traté de buscar préstamos de varias firmas de préstamos, tanto privadas como corporativas, pero nunca con éxito, y la mayoría de los bancos rechazaron mi crédito, no se aprovechan de esos matones que los llaman prestamistas de dinero propio, todos son una estafa, todo lo que quieren es su dinero y es muy probable que no vuelvas a saber de ellos. Me lo han hecho dos veces antes de conocer al Sr. David Wilson. Lo más interesante es que mi préstamo me fue transferido dentro de las 74 horas, por lo que te aconsejaré que te comuniques con el Sr. David si está interesado en obtener un préstamo y está seguro de que puede devolverle el dinero a tiempo, puede comunicarse con él por correo electrónico ……… (davidwilsonloancompany4@gmail.com) Sin verificación de crédito, sin cosignatario con solo una tasa de interés del 2% y mejores planes de pago y programar si debe comunicarse con cualquier empresa con referencia a la obtención de un préstamo sin garantía, entonces contacte al Sr. David Wilson hoy para su préstamo
Ofrecen todo tipo de categorías de préstamos que
Préstamo a corto plazo (5_10 años)
Préstamo a largo plazo (20_40)
Préstamo a plazo de medios (10_20)
Ofrecen préstamos como
Préstamo hipotecario ............., Préstamo comercial ........ Préstamo de deuda .......
Préstamo estudiantil .........., préstamo de inicio comercial
Préstamo comercial ......., préstamo empresarial .............. etc.
Correo electrónico .......... (davidwilsonloancompany4@gmail.com)
Cuando se trata de crisis financiera y préstamos, entonces el préstamo financiero de David Wilson es el lugar para ir, solo dígale que la Sra. Linda McDonald le dirige buena suerte ................... ....