luns, 9 de decembro de 2019

Educar dende o cinema


É UNHA DAS grandes eivas dos nosos plans de estudos. O de poder apostar máis polas capacidades do cinema como xeito de educación para a mocidade. A Historia do Cine non deixa de ser un apéndice no programa dalgún curso perdido no currículum dos alumnos ao que rara vez se adoita chegar. Só a sensibilidade dos mestres, e que sexan quen de entender que o cinema é un dos discursos visuais e narrativos máis próximos aos mozos e mozas para entender as cousas, pode levar a que eses plans de estudos cheguen ao seu fin.
De aí que un dos grandes meritos do festival Novos Cinemas (que terían mil e unha cousas que alabar) sexa a atención que prestan a esa educación dende o cine, a facer desa maxia da pantalla unha canle de comunicación incomparable con calquera outra disciplina artística para que eles sexan quen, xa non só de entender a linguaxe cinematográfica, senón as súas capacidades para describir o noso mundo lonxe doutros medios que poden ser para eles moito máis áridos. Dende a primeira edición, dende aquel Antoine Duanel de François Truffaut correndo cara o mar no remate de ‘Os 400 golpes’, as intencións deste Festival quedaron ben claras. Por un lado o traballo coas novas miradas, cos directores que comezan a plantexar unha carreira dende o cinema (‘Os 400 golpes’ foi a primeira longametraxe do director francés), e por outro, esa mirada da infancia cara o mundo dos adultos como abraiante xeito de tentar explicarnos a nós mesmos. Ese sentido da descuberta é o gran acerto de Novos Cinemas, o seu elemento diferenciador nun escenario cheo de festivais cinematográficos.
Esa aposta pola educación é a que leva a este festival a dilatar o seu traballo ao longo de todo un ano. Mentres chegan as datas do festival o equipo da organización con Suso Novás á súa fronte plantexa toda unha serie de actividadse en centros escolares da contorna, este ano os escollidos foron o pontevedrés Concepción Crespo Rivas e o marinense do Carballal os que acolleron esta experiencia cunha serie de actividades vencelladas á historia do cinema e á súa linguaxe e que se completará cunha proxección no Museo de Pontevedra para escolares na que se exhibirá ‘A volta a clase’ (1956) de Jacques Rozier e ‘Pequena luz’ (2003) de Alain Gomis. Dúas pezas pequenas de duración pero que permitirán establecer un coloquio cos rapaces que abofé será toda unha experiencia para todos eles nas que poden ser as súas primeiras miradas a un cine que hoxe xa non se fai.
As catro edicións xa celebradas deste Festival amosaron de sobra as súas posibilidades e o poder inesgotable do cinema para emocionar e para converter os nosos ollos en pequenas pantalliñas nas que reflectirse o mundo. Mirar a través dos que miran por primeira vez é unha experiencia estremecedora coa que ningún outro festival ou proxecto de exhibición pode competir. Mirar como miran os nenos, mirar como mira alguén que fai cine por primeira vez é unha desas beizóns primixenias do ser humano e de calquera creador. Poderase con tempo mellorar moitas cousas, coñecer e sofisticar as accións deses directores noveis, pero aquela primeira mirada xa será para sempre irrecuperable. Do mesmo xeito as miradas dos nosos nenos e nenas complicaranse co tempo, enchéndose de prexuízos e de contaminacións dunha sociedade aniquiladora de calquera xeito de inocencia, por iso participar deste festival ten moito de regreso a inocencia, de buscar o sentido da vida, se é quen algún, nas nosas miradas de fai cada vez máis anos.



Publicado no Diario de Pontevedra 6/12/2019
Foto: Proxección de Trinta lumes no Museo de Pontevedra dirixida a escolares na edición de 2018 de Novos Cinemas. (José Luiz Oubiña)


martes, 3 de decembro de 2019

Las palabras vividas

[Ramonismo 4]
Quique González y Luis García Montero renuevan su mítica colaboración en ‘Aunque tú no lo sepas’ con un emocionante disco


UNA HABITACIÓN, un poemario, y un encargo. Así fue como Quique González con ‘Habitaciones separadas’ en sus manos y el encargo de Enrique Urquijo para que compusiera una canción para él, se adentró ya para siempre en la obra de Luis García Montero, y no sólo en la obra, sino en la persona con la que establecería una de esas alianzas inmarchitables a lo largo de la vida.
De aquella habitación salieron dos canciones, pero la adaptación del poema ‘Aunque tú no lo sepas’ fue la que sabiamente eligió el inolvidable Enrique Urquijo, convirtiéndola en una de las más emocionantes integraciones de palabra y música en nuestro país. Una canción que Quique González siguió convirtiendo a través de su voz en una emoción permanente y la evidencia de que hay poemas que con una buena melodía a su lado estallan en infinitas posibilidades.
Hace unas semanas esa alianza entre músico y poeta renovó sus votos y, tras cinco años de trabajo, Quique González y Luis García Montero pusieron en nuestras manos diez poemas convertidos en canciones, diez estaciones de paso para entender el milagro de la palabra, de ‘Las palabras vividas’, que es como se llama este disco pulcramente editado por Varsovia records. Y es que en la palabra es en donde se sustenta todo, la vida, la imaginación, la amistad, el amor, la creación, en definitiva, las «palabras verdaderas», esas que necesitamos para el día a día del ser humano y que el propio poeta reclama en su último libro editado por Alfaguara, ‘Las palabras rotas’, (¡Lean, por favor, este libro tan necesario hoy!). De nuevo las palabras y las señales que esas palabras nos emiten en estos tiempos de confusiones y miedos. Con la poesía, como esa forma de resistencia ya proclamada en varias ocasiones por Luis García Montero, a partir de ella podemos reciclar todas esas palabras que esta sociedad ha ido orillando del que debería ser su centro, nosotros, depositándolas en lo marginal, en aquello que se desprecia. Todo ese libro es un canto a la palabra, a la verdad y a la dignidad de la poesía frente a la inmundicia en la que estamos cada vez más enfangados.
Y precisamente con cantos son con los que Quique González es capaz de apaciguar nuestras almas, de hacer de esas palabras vividas un cántico de emociones, de voces rasgadas en las que se sutura la vida y las historias, aquellas que ofrenda el poeta de manera limpia y clara, sin distracciones ni extravagancias del lenguaje. Así es como canciones como ‘La nave de los locos’, ‘Bienvenida’, ‘El pasajero’, ‘Las nuevas palabras’ o ‘Todo se acaba’, son tránsitos por lo vivido, itinerarios de miradas, pieles y memorias que fundamentan el arte de sobrevivir y que revitalizan aquel ‘Aunque tú no lo sepas’ como dignas sucesoras.
Cómplicidades, admiraciones cruzadas, urbanidades solitarias y resistencias varias unen a Quique González y Luis García Montero en este carrusel bajo la niebla movido por la palabra, esa misma que genera paisajes de ciudades y noches bajo la luna, corazones a la vuelta de la esquina, almas tristes y botellas que esconden el mar. Libertades en plazas por las que aquí se brinda como exaltación de una existencia que este caótico escenario en que se está convirtiendo nuestra sociedad quiere anular en beneficio de una uniformidad que nos acosa cada vez en mayor manera.
Ante ese ruido escuchar estas palabras, acompañadas de la música y la voz de Quique González, propicia un acto íntimo de conocimiento y análisis de uno mismo. La posibilidad de sentirse en el interior de cada una de esas historias que Luis García Montero pensó desde el principio como letras de canciones y no como poesías al uso. Una línea difusa por donde moverse el lector o quien escuche lo que podrían ser diferentes bandas sonoras de nuestras vidas. Deambulatorios en los que ante tantas sombras la palabra emerge con un fulgor cada vez más preciso para hacerse verdad. Como verdad fue la que surgió en aquella habitación y a la que todavía hoy nos asomamos para entender lo que fuimos, pero, sobre todo, para saber lo que somos.


Publicado en Revista. Diario de Pontevedra. 30/12/2019
Foto. Víctor Sainz/El País

luns, 2 de decembro de 2019

Culturgal. Apuntes na crista do galo

Rue Saint-Antoine nº 170
Cultura ▶ A décimo segunda edición do Culturgal renova un ano máis o compromiso desta cidade coa cultura e coas súas posibilidades arredor do ser humano converténdoa na patria natural desta Feira das Industrias Culturais. Os cheos de público, así como as vizosas propostas presentadas polos sectores culturais, énchenos de esperanza no futuro



Empoleirouse o Culturgal de novo no Recinto Feiral de Pontevedra. Berrou ben forte e, como aquel Galo co que se titulou o libro póstumo de poemas do pontevedrés Luis Amado Carballo, no que a Boa Vila deu de beber a quen pasa, o Culturgal deulle cultura e festa a quen o visitou. Porque diso é do que se trata ao longo deste fin de semana por excelencia da cultura galega abeirado ás orelas do Lérez, de amosar a nosa cultura dende unha chea de disciplinas, pero tamén de festexala e celebrala como algo noso, como unha das nosas pegadas máis intensas cara a posteridade. É por iso que o Culturgal funciona e funcionará sempre como acaído xeito de atoparse e de facer unha celebración colectiva. O inesgotable motor do Culturgal é xerar ese espazo propio, ese encontro de axentes e protagonistas da cultura para recoñecerse como parte dun clan e para tecer esas redes tan necesarias no universo cultural. A hibridación de diferentes ingredientes é o segredo desta feira, un banco de ensaio integrador de cada un de nós nos nosos campos de acción, tanto como axentes como público, sendo todos parte dun proxecto que, como poucos, nos pode xuntar arredor dun destino común.
Unha boa amiga miña di que do Culturgal un sae coas mans cheas e o corazón contento, e o certo é que hai moito diso, imposible non caer nalgunha das opcións de libros ou artesanías que alí se ofrecen é que tan ben falan do ben que traballamos en canto a facer cultura, tanto en contidos como na súa presentación, pero tamén que ese corazón saia cheo de ledicia é o que mellor fala do que é capaz de transmitir a nosa cultura. E todo iso porque quen se involucra na cultura traballa en boa parte cun forte compromiso co que fai, cun goce do seu traballo que excede en moitos casos o puramente administrativo, entendéndose como parte dunha paixón. Mirar durante estes tres días o traballo de editores, libreiros, actores, músicos, cineastas, xestores, artistas plásticos, e ata os traballadores dos stands oficiais reflicten que o seu compromiso coa cultura é impagable.
Falou na inauguración da Feira o conselleiro, Román Rodríguez, ao que hai que agradecerlle o forte compromiso da Xunta coa Feira, da importancia da cultura como axente económico, non falou, iso si, dos recentes datos que falaban da perda de mil quinientos empregos no tecido cultural galego, ou de que a Casa de Rosalía de Castro, un dos nosos tótems culturais, teña que poñer en marcha unha campaña de apoio económico popular para manter as súas actividades. Con todo isto atopámonos un Culturgal que, coma sempre, acaba como o galo cando asoma no alba do día, espertándo as nosas conciencias, porque cultura é conciencia, e tamén valentía para seguir neste espazo de resistencia en que se converte moito do que fan os nosos creadores. E a esperanza tamén vén da man dos pequenos, dese público miudo que está na feira, pero que aínda tiña que estar máis. O futuro pasa por eles e a loita por acadar novos públicos, por renovar aos que van cada ano como militantes de fe, debería ser unha das grandes apostas do Culturgal cara os anos seguintes. Mellorouse o plantexamento da Feira e a mobilidade do público cando en momentos de moita asistencia non se sentiu o colapso doutras veces. Houbo queixas en canto a sinalización da contorna do Recinto Feiral, de como acceder ata el dende as vías de comunicación, e de publicitar máis a Feira para manter o público doutras edicións. Todos sabemos o que custa acadar públicos, e non teríamos que baixar a garda fronte a un futuro descenso nas visitas. Pero como cada edición o mellor sempre vén da man dos creadores, dese concerto na despedida de Marful, das Tanxugueiras e o seu brutal cheo, como o de ‘Eroski paraíso’ de Chévere, na súa versión cinematográfica, ou a emoción da última obra de Oliver Laxe, dese novo xornal en papel, ‘Nós’, que sairá en xaneiro, do novo cómic de Miguel Anxo Prado, ‘Amani’, editado por Retranca Editora, do libro de María Vinyals de Diego Piay editado por Alvarellos, ou da plaquette que Apiario publica co ‘Agosto’ de Míriam Ferradáns, ou do novo selo editorial, Cuarto de Inverno, ou do ‘Un lume azul’ de Pedro Feijoo, ou... ou... unha interminable listaxe de aventuras creativas que nos falan da necesidade de moitos Culturgais máis e de que o galo siga amosando a súa fermosa crista.



Publicado no Diario de Pontevedra 2/12/2019
Fotografía. Rafa Fariña

luns, 25 de novembro de 2019

Una furtiva lágrima

[Ramonismo. 3]
En esa lágrima Nélida Piñón contiene una vida que se agota desde la emoción y la escritura


UN DIARIO luminoso, íntimo y singular de una de las escritoras más importantes de la literatura latinoamericana». De esta manera se presenta en la contraportada de ‘Una furtiva lágrima’ (Alfaguara) a la escritora Nélida Piñón (Río de Janeiro, 1937), un limitado elogio incapaz de reflejar la importancia de esta enorme escritora con profundas raíces en Galicia, y en concreto en Borela, Cotobade.
El hermoso título de este libro es toda una metafórica declaración de intenciones de su contenido. Una lágrima ante un final que inevitablemente se acerca, «vivo en vísperas de la despedida o de la capitulación final», escribe la autora. Una lágrima también luminosa en la que se contiene una vida exprimida al máximo, desde el contacto con diferentes personas de su círculo íntimo o personalidades de la cultura y la sociedad de las últimas décadas. Y es que este texto, o compilación de textos, es más que un diario, es un conjunto de anotaciones alrededor de una serie de experiencias que han ido alimentando a la autora de ‘La república de los sueños’. Y digo alimentando porque en todo el libro hay mucho de eso, de la vida como alimento, de sabores que se se han ido adentrando en el interior de Nélida Piñón para, desde la memoria, los viajes, los paisajes, la religión o esa dualidad Galicia/Brasil, conformar a una persona inmensamente agradecida con la vida.
«Narrar es una prueba de amor», escribe en una de las primera páginas, y es que ese hecho narrativo es el que justifica toda su larga peripecia literaria, que la ha hecho merecedora de galardones coronados en 2005 con el Premio Príncipe de Asturias de las Letras. Como importante es también su papel como mujer dentro de las letras al ser la primera en presidir la Academia Brasileña de las Letras, profesora invitada y doctora Honoris Causa en numerosas universidades del mundo. Esa condición de mujer inevitablemente está muy presente, no sólo a lo largo de su obra, sino también en este libro, mostrando a la mujer a lo largo de la historia, en diferentes contextos y ante esa culpabilización de tantas cosas como la historia machista se ha encargado de acusar.
Un libro en el que el gran protagonista es el tiempo. El tiempo vivido y el tiempo que nos resta. «Somos víctimas del tiempo que nos acecha», apunta Nélida Piñón en uno de los capítulos en el que ese tiempo se muestra como un tesoro que no solemos apreciar. Ese tiempo y el continuo deterioro de nuestros cuerpos es el que está llevando a la autora a perder la vista, a una progresiva pérdida de visión que cada vez más limita sus lecturas y su escritura.
Esa lágrima que parece recorrer todo el libro contiene también su intensa mirada hacia la cultura, hacia lo que le ha aportado a lo largo de este tiempo (¡qué hermoso su texto sobre el wéstern!), también hacia la escritura como el «salvoconducto con el que circular por el laberinto humano», pero sobre todo, su mirada hacia sus raíces, hacia ese paisaje físico y humano de Borela que ya se había volcado en su ‘Libro de horas’, pero que aquí toma de nuevo protagonismo como una de las patrias de esta «mujer, brasileña, escritora, cosmopolita, aldeana, un ser de todas partes, de todos los puertos», tal y como ella se define. Y es que ahí está siempre Borela, alojada en ese inagotable baúl de la memoria en que se convierte ese rincón de Cotobade. Y ese cofre necesario, oxígeno puro, se abre de manera intermitente, entre comentarios sobre su oficio, viajes, sueños, el rostro de Dios, su Vila Isabel natal o el determinismo, estaciones de paso de una mujer capaz de escribir esta frase estremecedora leída desde aquí: «El eco del corazón gallego me confirmaba que el mundo era narrable». Como estremece ese final donde, tras tanto vivido, la muerte de un perro, de un fiel compañero, es lo realmente importante, hasta el punto de dedicarle un libro donde todo es vida.




Publicado en La Revista. Diario de Pontevedra 23/11/2019
Fotografía. Nélida Piñón en la presentación en Madrid de 'Una furtiva lágrima'. (Zipi/Efe)

luns, 18 de novembro de 2019

Verdad

[Ramonismo. 2]
Un cofre de tesoros flamencos es el que nos ofrece Rocío Márquez en su último disco ‘Visto en El Jueves’


ALEJADA DE los estereotipos del flamenco Rocío Márquez (Huelva, 1985) pone con su voz patas arriba ese universo musical y el alma de quien la escucha. Su voz, impregnada de esa verdad tan obligada en un cante racial, es un hilo conductor desde la memoria del flamenco hasta nuestros días, reuniendo, bajo un mismo palo, tradición y renovación. Esos elementos confluyen de manera afortunada en su último trabajo, ‘Visto en El Jueves’, una exploración desde esa memoria del flamenco que sirve, como la propia cantaora apunta, como «la celebración de nuestro compromiso».
Y es que ese compromiso es el que alumbra todo este trabajo. Un electrizante recorrido por cantes y canciones del mundo flamenco: Pepe Marchena, José Menese, Manuel Vallejo, El Cabrero, Turronero, Bambino o Paco Ibáñez, entre otros, son el sustrato al que Rocío Márquez aporta su identidad, y ahí es donde se disparan estas canciones, desde una voz limpia y generosa, entornada en las más dispares emociones que hacen de esas letras una exaltación de la vida, un rasguño interno que es donde esa música alcanza todo su misterio y emoción.
En Galicia no estamos muy acostumbrados a estes sones, a esas guitarras que parecen querer hablar-¡qué maravilla en este disco la guitarra de Juan Antonio Suárez Cano!- pero simplemente, con un poco de interés y atención, les aseguro que estas canciones se les prenderán en la memoria, de la que vienen y a la que Rocío Márquez, en un ejercicio de honestidad con su trabajo, quiere reverenciar.
Está la cantaora de Huelva recogiendo los frutos de muchos esfuerzos y horas de estudio que eclosionaron de manera definitiva con su triunfo en esa universidad del flamenco que es el certamen de la Lámpara Minera en La Unión, que conquistó en 2008. Antes había estudiado piano y cante, y en Sevilla, desde los quince años, se fue adentrando en el estudio del flamenco de manera más intensa. Graduada en Educación Musical por la Universidad de Sevilla. Máster de Estudios avanzados de flamenco y con una tesis sobre la técnica vocal en la historia del flamenco. Profesora y conferenciante sobre el flamenco vemos como su aproximación a él es de una solidez abrumadora, de un conocimiento de todo ese andamiaje que durante décadas y décadas ha sostenido a numerosos cantantes y músicos desde una vertiente más basada en la experiencia de tablaos y palmas que desde el conocimiento intelectual de este género musical, como en nuestra protagonista.
Desde aquel triunfo en Las Minas se dispara su presencia en festivales y eventos musicales, también sus discos comienzan a difundir esa expresión suya donde una pasión se ve enriquecida por todo ese aprendizaje y formación desde el universo más clásico del cante jondo, pero al que Rocío Márque ha sabido generar una nueva perspectiva, la que surge de las fusiones, del propio concepto del flamenco como arte de hibridación de músicas.
En ese buscar en el pasado Rocío Márquez se echó al rastro sevillano, a un mercadillo que en la capital andaluza se celebra los jueves y allí, entre grabaciones que se pensaban caducadas, ella recuperó cantes y canciones a los que inoculó su fuerza. Esa que nos conecta con títulos como ‘Trago amargo’, ‘Se nos rompió el amor’, ‘Entorna la puerta’, ‘Luz de luna’ o un ‘Andaluces de Jaén’, junto a Kiko Veneno, que remata el disco de una manera antológica. Un trabajo en el que en cualquier canción, en cualquier parada en esas diferentes estaciones del flamenco hay algo nuevo, un pellizco que te acerca a esa dimensión de la música que, por muy poca conexión que puedas tener con ella, te acaba conquistando.
Esa conexión también se establece a partir del soporte físico con el que se presenta un disco con un diseño muy atractivo y lleno de unos cuidados dibujos de Manuel León, así como la tipografía que nos conduce a un disco moderno y atrevido, en consonancia con esa visión del flamenco cantado en 2019 y no, como si siguiésemos en el siglo pasado. Pocas bendiciones mejores puede tener el flamenco que cantaoras como Rocío Márquez, una mujer que escapa del muchos tópicos, pero que respeta, como pocas, todo lo que se vincula al universo flamenco, contribuyendo a su difusión desde el máximo respeto. De ahí la importancia de su reciente aparición en el fantástico y tan necesario programa de ‘La hora musa’ en La 2, con una actuación en la que cantó, hasta el estremecimiento, el primer tema del disco ‘Luz de luna’, y que situó al flamenco en igualdad de condiciones con otras opciones musicales, algo hasta hace poco prácticamente imposible.
Verdad, es la que se respira en este disco que, cuando uno lo escucha una vez, no puede alejarse demasiado de él, dejándose llevar por las tonalidades de una voz limpia que ejecuta esas músicas históricas mano a mano con una guitarra inmensa. Rocío Márquez coloca así las piedritas para no perderse en el camino del flamenco, la piedritas que encontró en ese mercado sevillano y que sirven para señalar toda una historia enorme, de maestros y canciones que fueron haciendo del flamenco una parte sustancial de nuestra cultura, demasiadas veces maltratada por ciertos atavismos, pero que también necesita de cierto reverdecimiento, de nuevas voces que lo aproximen más allá de sus centros neurálgicos y popularicen una manera de cantar singular y que se agarra al interior de quien lo escucha de una manera infrecuente en otro tipo de canciones con cada vez con menos esencia y también sustancia.
Sensaciones de palabras y guitarras que parten de los escenarios y se vuelcan en este trabajo más que recomendable para sentir un nuevo flamenco de memoria y el intimismo de mente y corazón de una cantaora que está llamada a ser la gran voz del flamenco en los próximos años. ‘Visto en El Jueves’ es la celebración del compromiso de una mujer con sus raíces, con una cultura y con un sentir emocionante.



Publicado en Diario de Pontevedra 16/11/2019
Fotografía: Rocío Márquez en un balcón de Madrid. (Víctor Lerena. Efe)

domingo, 17 de novembro de 2019

Guernica. Lección eterna


POUCAS leccións máis duradeiras deixou ao longo da historia a arte que a que permanece aínda hoxe chea de forza no Guernica. O cadro de Picasso, o cadro do horror da guerra, o cadro que nos fai pensar sobre as miserias do ser humano, o cadro do enfrontamento nun país. Non hai nada máis alá desta visión antibelicista, simplemente, o branco e negro da condición humana.
Impresiona, por moitas veces que un o faga, achegarse ata o Museo Nacional Reina Sofía e chantarse ante este monumental lenzo, ben rodeado de pezas que completan o seu contexto histórico. Pero non sempre é doado facelo, de aí a importancia deste tipo de iniciativas de La Caixa que achegan diferentes cuestións artísticas, culturais ou sociais a diferentes cidades e espazos da península, co fin de que o pobo poida coñecer e gozar das súas exposicións, sempre interesantes e sempre propostas dunha maneira exemplar. Recorda este tipo de aventuras aquelas Misións Pedagóxicas que na República facían da cultura un pasaporte para o coñecemento en moitas vilas e pobos lonxe das posibilidades do saber. Aquela foi unha proeza e o que fai hoxe La Caixa, noutros tempos e con moitas posibilidades, tamén o é. Como o é o seu compromiso coa cultura dende os seus proxectos e edificios culturais en varias cidades de España, e canto botamos de menos en Galicia un CaixaForum como os que hai en Madrid, Barcelona, Zaragoza, Sevilla, Palma, Girona, Lleida ou Tarragona.
Voltemos ao Guernica, e á posibilidade que temos na pontevedresa praza de España de coñecer a súa historia, grazas a unha interesante mostra que nos leva por diferentes cuestións vencelladas a ese cadro vertebrador da arte do século XX, non só pola súa creación, senón polas súas vicisitudes e polo significado que tomou como símbolo antibelicista. Os distintos espazos da exposición lévannos por aquilo que motivou o cadro, como é máis que sabido o bombardeo de Guernika pola Lexión Condor foi o reactivo que moveu a Picasso a aceptar o encargo da II República para o Pabellón Español da Exposición Internacional de 1937. Tamén se fai unha parada nas diferentes viaxes que fixo o cadro despois da Exposición para buscar a solidaridade internacional ante o levantamento militar. Un terceiro chanzo é a súa estancia no MoMA de Nova York. O cuarto sería as negociacións para o seu retorno a España, unha vez que o país recuperou as súas liberdades perdidas, tal e como deixara disposto Picasso; e por último, temos  ese papel simbólico do Guernica convertido nunha icona de paz e así asumido por numerosos colectivos. Xa falamos antes da calidade das mostras de La Caixa e aquí temos unha boa mostra, así que xunto ao apoio técnico e de materiais do Museo Reina Sofía, sóubose compoñer unha mostra atractiva e con moitos contidos que explican ese carácter lexendario do cadro que Picasso pintou tras corenta e cinco bosquexos e cinco semanas de traballo baixo a atenta mirada da súa parella, Dora Maar, que nos deixou outro legado de vital importancia: o resumo fotográfico da construción do cadro.
Nunca está de máis achegarse ao Guernica, agora témolo ás portas da casa, como temos ás nosas portas unha preocupante involución de certos postulados políticos que poden, de non ser atallados a tempo, voltar a caer no branco e negro deste cadro. O crecemento dunha extrema dereita fagocitadora de todo o que signifique progreso e liberdade estase a converter nunha das graves ameazas a nosa convivencia. A lección do Guernica non debería facernos esquecer como rematan estas cousas.



Publicado no Diario de Pontevedra 15/11/2017
Un dos paneis da exposición 'Picasso. El viaje del Guernica' (Gonzalo García)


mércores, 13 de novembro de 2019

Pinturas de guerra

Ángel de la Calle propón unha intensa novela gráfica na que, arredor da procura de documentación sobre a actriz Jean Seberg, artéllase unha paisaxe humana, política e histórica de diferentes feitos que tensionaron á sociedade das décadas centrais do século XX


“Eu quería escribir un libro cheo de cultura cinéfila, novidades e engado, resaltando a suave beleza de Jean, o seu evasivo xeito de actuar, os amoríos sen futuro, o inestable compromiso coas causas xustas e, sen saber como, atópome metido nunha historia de guerra fría, de sucidade política». Deste xeito, o protagonista da novela, o propio Ángel de la Calle ubicado nun París cheo de enigmas do pasado, explica no mesmo texto, cara onde derivou esta extraordinaria novela gráfica editada por Retranca editora e que traduce ao galego o texto que xa fora publicado en Reino de Cordelia.
Unha espléndida edición que dignifica a novela gráfica e dalle a honra precisa a esta mestura a partes iguais de relato e imaxe na que Ángel de la Calle afronta un tremendo esforzo para situar diferentes historias persoais que xorden dos numerosos procesos represores e de negación da liberdade a unha chea de vítimas en países latinoamericanos, en especial xente adicada ao mundo da creación, e que fixeron de París unha especie de oasis vital, aínda que as consecuencias físicas e mentais do sufrido xa serían irreversíbeis.
Varios elementos chaman a atención a medida que un pasa as páxinas e se deixa levar polo que lle están contando nesta ‘Pinturas de guerra’. Nun primeiro lugar o estilo gráfico, a ausencia de cores, o branco e negro, a contundencia do que alí se reflicte sen posibilidade de distracción. Tamén como o creador móvese cunha enorme liberdade á hora de empregar ou non a viñeta, de superar a tiranía do marco e espallar as imaxes, se é preciso, para unha mellor comprensión da narración. Xunto a iso a estrutura é a outra gran achega dende o punto de vista técnico por cómo Ángel de la Calle plantexa unha serie de capítulos que se poden seguir lendo de xeito continuado, tal e como son presentados, ou podemos lelos según o noso criterio. Istos sonaralles á brincadeira de Julio Cortázar con ‘Rayuela’, pois iso asúmeo o autor no capítulo final de aclaracións, no que ‘Rayuela’, ese París do Cortázar, xunto a tantos emigrantes latinoamericanos que buscaban respirar o aire da bohemia, da liberdade, do existencialismo e da creación ás beiras do Sena, son tamén parte do relato, asomando esa rayuela debuxada en varios momentos da novela.
Pero a novela é tamén unha gran paisaxe dun tempo determinado daquelas décadas de mediados do século XX, coa Guerra Fría de pano de fondo, as accións do FBI e nas que latinoamérica desangrábase co terror dos gobernos militares que afastaban calquera proxecto democrático. Uruguay, Chile, Arxentina, foron algúns deles, ou outros nos que se esmagaba calquera xeito de revolta, como a dos estudantes universitarios en México do 68 antes dos Xogos Olímpicos e, por riba de todo, como estaba perfectamente artellado todo un sistema de terror e tortura que afectaba a todo aquel que sospeitoso ou non podía ofrecer algunha información sobre aqueles colegas que podían ser perigosos para os novos sistemas. En non poucos momentos o autor consegue o arreguizo ante as diferentes formas de tortura, e como iso formaba xa parte das persoas que lograban sobrevivir a todo aquel horror e que ao tratarse dunha novela gráfica, acada un punto maior de arrepío que si se tratase dunha novela puramente literaria.
Todo iso é o que rodea a cerna da narración, a procura de información sobre a actriz Jean Seberg, un axeitado símbolo dunha época e de todo o que amosa esta novela. Ela, a actriz dun novo tempo, a referencia feminina da Nouvelle Vague, despois da súa participación en ‘À bout de souffle’ e cuxa prematura morte estivo sempre vencellada ao misterio e a incertidume por si verdadeiramente foi un suicidio ou un asasinato do que o FBI puido formar parte polas conductas desafortunadas, dende o punto de vista norteamericano, e de alguén que formara parte de Hollywood, demasiado liberais en canto a súa sexualidade, así como de compromiso con diferentes movementos de igualdade racial ou dos máis desfavorecidos.
O certo é que esta novela gráfica plantexa un amplo abano de escenarios e personaxes amosando unha guerra latente en rúas e países no envés dun mundo que non sempre é o que parece por moi fermoso que sexa o cadro que se nos queira pintar.



Publicado no suplemento cultural Táboa Redonda. Diario de Pontevedra/El Progreso de Lugo 22/09/2019