venres, 20 de decembro de 2019

Paisaxe brava


A TODOS NOS amolan estes días. Xornadas de molladuras, de paraugas estragados, de árbores esnaquizados, atascos de tráfico ou sobresaltos pola noite que rachan o noso sono. Unha chea de situacións que enchen estes días de pequenos imprevistos que rachan a nosa prezada vida cotiá. Pero se miramos do outro lado, tras estas tolemias do tempo, atopámonos a nosa marabillosa natureza en plena liberdade, nun acto de rebeldía ante moitas das dubidosas fazañas do ser humano.
Estas xornadas de temporais déixannos unha chea de imaxes abraiantes da nosa contorna, pertencentes a unha Galicia inagotábel no referido as súas posibilidades paisaxísticas, e posuidora dunha bravura engaiolante dende cada un dos seus recantos. Do Caurel a Fisterra, de Estaca de Bares á ‘raia’, a nosa terra acumula durante estes días unha chea de postais a cada cal máis fermosa, pero tamén vén a poñer en discusión a natureza a e nosa relación con ela. Unha relación baseada, de xeito corrente, no seu asoballamento, na certeza de considerarse o ser humano un ser superior e coa capacidade para facer dela un elemento secundario das súas vidas, estando nas nosas mans a súa modificación, de xeito consciente ou inconsciente, sen ter que pedirlle explicacións a ninguén, ou cando estas se esixen o mal é xa irreversíbel. Así atopámonos con moitas desas paisaxes, que cando se contemplan de xeito pracenteiro amosan unha chea de contaminacións, primeiro visuais, e logo de modificacións das compoñentes do territorio. Pero cando a natureza libérase, cando a meteoroloxía dispara as súas condicións máis extremas, nós xa pouco pintamos nela. A natureza entón ponnos no noso sitio, na nosa insignificancia, e aí é cando moitas desas accións feitas polas nosas mentes tan evolucionadas como egoístas, incrementan as consecuencias negativas deses temporais. Dende ríos que medran no seu caudal e ocupan o seu espazo natural, ese mesmo que o home foi enchendo coas súas construcións, estradas que se adentran por zonas boscosas de xeito indiscriminado, ata portos que modifican as liñas e condicións da costa con diferentes consecuencias. En definitiva, moito do noso suposto avance social non se realiza conforme coa natureza que, ao fin e ao cabo, é o noso hábitat a respectar.
Estes días tamén deberían servir para converter a nosa reflexión en parte dun comportamento máis sostíbel co noso medio, o alento para unha complicidade con eses espazos naturais capaces de xerar unha emoción xigantesca cando presenciamos a esa natureza desfacerse de nós e debuxarse libremente baixo ballóns estremecedores, saraibadas arrepiantes, lóstregos alumeantes, néboas poéticas ou o bruar do vento berrando a súa trascendencia.
Non nos gusta mollarnos cando os nosos traballos nos obrigan a facelo, cando o ir e vir polas nosas rúas non nos deixa outra opción que a de sentir como o vento abaneas os nosos paraugas ou cando estes rematan nunha papeleira. Porén non me digan que non está fermosa Galicia nestes días, e xa sei que hai certos perigos, e que non se tería que recomendar, fronte ás xustificadas alertas das autoridades. Pero ubíquense en espazos como as fervenzas do Toxa, A Barosa ou no mítico Ézaro, a Costa da Morte ou a da Vela no Morrazo; pero tamén o noso interior, os Cañóns do Sil, a Fonsagrada ou calquera das nosas carballeiras, e poucos impactos terán máis fondos na súa vida que contemplar a unha natureza en liberdade, unha natureza na que a nosa presencia as máis das veces sobra, como tantas das nosas accións nela.



Publicado no Diario de Pontevedra 20/12/2019
Foto. Costa de Camariñas co faro Vilán ao fondo. Cabalar/Efe

1 comentario:

  1. CÓMO OBTENGO MI PRÉSTAMO DE ESTA GRAN EMPRESA

    Hola queridos, soy Linda McDonald, actualmente vivo en Austin, Texas, EE. UU. Soy viuda en este momento con tres hijos y estaba atrapado en una situación financiera en abril de 2018 y necesitaba refinanciar y pagar mis cuentas. Traté de buscar préstamos de varias firmas de préstamos, tanto privadas como corporativas, pero nunca con éxito, y la mayoría de los bancos rechazaron mi crédito, no se aprovechan de esos matones que los llaman prestamistas de dinero propio, todos son una estafa, todo lo que quieren es su dinero y es muy probable que no vuelvas a saber de ellos. Me lo han hecho dos veces antes de conocer al Sr. David Wilson. Lo más interesante es que mi préstamo me fue transferido dentro de las 74 horas, por lo que te aconsejaré que te comuniques con el Sr. David si está interesado en obtener un préstamo y está seguro de que puede devolverle el dinero a tiempo, puede comunicarse con él por correo electrónico ……… (davidwilsonloancompany4@gmail.com) Sin verificación de crédito, sin cosignatario con solo una tasa de interés del 2% y mejores planes de pago y programar si debe comunicarse con cualquier empresa con referencia a la obtención de un préstamo sin garantía, entonces contacte al Sr. David Wilson hoy para su préstamo

    Ofrecen todo tipo de categorías de préstamos que

    Préstamo a corto plazo (5_10 años)
    Préstamo a largo plazo (20_40)
    Préstamo a plazo de medios (10_20)
    Ofrecen préstamos como
    Préstamo hipotecario ............., Préstamo comercial ........ Préstamo de deuda .......
    Préstamo estudiantil .........., préstamo de inicio comercial
    Préstamo comercial ......., préstamo empresarial .............. etc.
    Correo electrónico .......... (davidwilsonloancompany4@gmail.com)
    Cuando se trata de crisis financiera y préstamos, entonces el préstamo financiero de David Wilson es el lugar para ir, solo dígale que la Sra. Linda McDonald le dirige buena suerte ................... ....

    ResponderEliminar