CEN PROGRAMAS de televisión son todo un mundo para calquera serie. Unha cifra difícil de acadar pero que non deixa de falar do traballo ben feito e de algo que interesa ao público. O pasado luns a serie da Galega ‘Era visto’ chegou a esa cifra. As andanzas de Moncho, Elvira, Kevin, o bar Puskas e o universo de Lameiro convertéronse nun oasis para desconectar do quefacer diario e botar unhas risas a costa de nós mesmos. Porque nesa serie se agocha moito do que somos os galegos, con máis ou menos retranca, cun humor máis ou menos groso, pero toda unha saudable lección sobre, como diría aquel, a idiosincrasia do pobo galego.
Ao mellor moitos non ven nela un produto comparable a grandes producións televisivas pero o certo é que o que se acada con ela é moi meritorio, co difícil que é rir hoxe Moncho e compañía son un sopro de aire fresco e unha cita ineludible no día a día.
Entre Dous. Diario de Pontevedra 30/04/2014
Ningún comentario:
Publicar un comentario