Rue Saint-Antoine nº 170
Literatura ▶
Alberto Fortes lévanos coa súa novela ‘O verán en Lucenza’
(Xerais) a gozar dun exercicio de memoria que nos fai recuperar
moitas sensacións vividas na nenez, cando pasar un verán na aldea
era un excitante descubrimento que, visto cos ollos de hoxe,
convértese na vivencia dun tempo de felicidade nunca recuperado
Gozar coa literatura,
sentir que o que estás a ler forma parte de ti, aínda que o escriba
outra persoa. Poucas sensacións máis marabillosas pode permitirse a
escrita que acadar esa conexión entre o seu autor e o lector. Cando
un comeza a ler ‘O verán en Lucenza’ de Alberto Fortes
(Pontevedra, 1964), deseguida ten esa sensación, a da mimese co seu
protagonista, cun rapaz que poderiamos ser moitos de nós, aqueles
que na nosa infancia compartimos cidade e aldea ao longo do ano,
quedando normalmente a aldea como espazo de lecer no verán, para
converterse así nun territorio da descuberta, das vivencias que se
afunden nun e que formarán parte eterna da memoria. Tamén dunha
mitificación que ao longo dos anos podemos ollar como un ámbito
cheo dunha pureza infantil que se mantén no noso interior como un
tesouro, un cofre que abrir en certas ocasións cando a escuridade
dos anos fai que todo sexa máis complicado e, abofé, menos feliz.
Lucenza, o fillo de
Cortizo, as tías coas que vive durante o verán, podén ser a
contorna e as protagonistas de calquera espazo de Galicia, de
calquera aldea nos anos setenta ou oitenta na que a vida era unha
aventura diaria para os ollos dun rapaz que, entre a realidade e a
fantasía, fará da súa lembranza o arame co que manter esa relación
cun tempo pasado, cada vez máis afastado da persoa que é hoxe.
Alberto Fortes tira da súa propia experiencia nas terras de Cotobade
para recuperar ese fío coa terra, co valor da aldea e do ámbito
rural para xerar todo un universo de personaxes, situacións e
sensacións que hoxe, unha vez recuperados, son unha morea de
tesouros, emocións acubilladas no interior dunha persoa que cando
volve a poñer os pés neses territorios físicos, ou cando pecha
durante uns instantes os ollos recupera de xeito estarrecedor, proba
do importante que é hoxe algo que, cando se vivía, non deixaban de
ser unha serie de instantes aparentemente intranscendentes.
O certo é que tal e
como se foi modificando a nosa sociedade, coa imposición dunha serie
de valores consumistas e o forte elo co mundo tecnolóxico, tamén
coa prevaleza do ámbito urbano fronte ao rural, todo aquilo que ten
que ver coa vida na aldea afastouse de ser algo a reivindicar ou a
poñer en valor en relación á persoa. A importancia, tamén a
necesidade, desta pequena novela de pouco máis de cen páxinas, é a
súa capacidade para valorar aquelas experiencias, para facer do
medio rural un lugar no que a conexión con certos valores esenciais
da persoa seguen acesos e que, acubillados dentro de nós, serán
sempre un valor seguro ao que voltar.
Como novela de
sensacións e de emocións que é, o texto permite recuperar toda
unha chea de experiencias vividas na infancia en contacto co ese
medio tan especial. Coas persoas, cos protagonistas humanos que, aos
ollos dun neno, causaban as máis diversas impresións; tamén co
medio natural, coas leiras, o río, as casas; e cos animais, a outra
parte desa conexión telúrica co territorio e que hoxe está
prácticamente desaparecida. Un ton de emoción percorre toda a
novela, sabedor da perda e da súa importancia para a configuración
da persoa, pero xunto a ese ton, tamén hai humor, nostalxia e unha
morriña que, lonxe de caer no anecdótico, conforma unha pátina que
permite conectar co lector, capaz de sentir o mesmo que sente o
protagonista porque el xa o viviu tamén antes. A pesca no río (que
importancia teñen as troitas neste texto!), o estar xunto as vacas,
o camiñar pola terra, os sabores do campo: o pan, a froita, as
troitas, a carne... en definitiva, que ese verán en Lucenza é tamén
o verán que moitos vivimos, e arredor do que Alberto Fortes constrúe
a súa propia identidade, dende o paso do tempo, un elemento, xunto
coa memoria, que adoita estar sempre presente, coñecedor do seu
senso finito. «Sei que o que estou a mirar agora decontado será
pasto do tempo, e que xa o está a ser segundo o estou vendo e
segundo estou pensando que será pasto do tempo o que estou vendo, e
que cada vez se achará máis lonxe no pasado», escribe o autor para
que sexamos conscientes da fugacidade, que ao fin e ao cabo non será
tal, se temos a sensibilidade para deixar que esos momentos nos
habiten e formen parte de nós, como nós formamos parte deles, nun
elo que Alberto Fortes converte en literatura e en caderno de
emocións.
Publicado no Diario de Pontevedra 3/02/2020
Fotografía. Leito dun río cheo de troitas (Juan Adrio)
CÓMO OBTENGO MI PRÉSTAMO DE ESTA GRAN EMPRESA
ResponderEliminarHola queridos, soy Linda McDonald, actualmente vivo en Austin, Texas, EE. UU. Soy viuda en este momento con tres hijos y estaba atrapado en una situación financiera en abril de 2018 y necesitaba refinanciar y pagar mis cuentas. Traté de buscar préstamos de varias firmas de préstamos, tanto privadas como corporativas, pero nunca con éxito, y la mayoría de los bancos rechazaron mi crédito, no se aprovechan de esos matones que los llaman prestamistas de dinero propio, todos son una estafa, todo lo que quieren es su dinero y es muy probable que no vuelvas a saber de ellos. Me lo han hecho dos veces antes de conocer al Sr. David Wilson. Lo más interesante es que mi préstamo me fue transferido dentro de las 74 horas, por lo que te aconsejaré que te comuniques con el Sr. David si está interesado en obtener un préstamo y está seguro de que puede devolverle el dinero a tiempo, puede comunicarse con él por correo electrónico ……… (davidwilsonloancompany4@gmail.com) Sin verificación de crédito, sin cosignatario con solo una tasa de interés del 2% y mejores planes de pago y programar si debe comunicarse con cualquier empresa con referencia a la obtención de un préstamo sin garantía, entonces contacte al Sr. David Wilson hoy para su préstamo
Ofrecen todo tipo de categorías de préstamos que
Préstamo a corto plazo (5_10 años)
Préstamo a largo plazo (20_40)
Préstamo a plazo de medios (10_20)
Ofrecen préstamos como
Préstamo hipotecario ............., Préstamo comercial ........ Préstamo de deuda .......
Préstamo estudiantil .........., préstamo de inicio comercial
Préstamo comercial ......., préstamo empresarial .............. etc.
Correo electrónico .......... (davidwilsonloancompany4@gmail.com)
Cuando se trata de crisis financiera y préstamos, entonces el préstamo financiero de David Wilson es el lugar para ir, solo dígale que la Sra. Linda McDonald le dirige buena suerte ................... ....