martes, 30 de xullo de 2013

Descubrindo a Lueiro Rey

A publicación dunha escolma de textos relacionados con Manuel Lueiro Rey recupera a figura dun personaxe moi ligado a Pontevedra, tanto dende o punto de vista humano como profesional, e serve de pretexto para dar a coñecer a quen a historia non tratou como debía. O seu compromiso cun irrenunciable ideario non parecía ter cabida no seu tempo, a pesar das bondades dunha literatura que ía dende o xénero da novela á poesía, pasando polo relato ou o xornalismo, estando algúns dos seus mellores artigos publicados no Diario de Pontevedra.


Cantos máis nomes como o de Manuel Lueiro estarán ocultos? Cantos libros é necesario publicar para ir recuperando do esquecemento nomes tan importantes como este? O labor dunha editorial non só se ten que sustentar na venda de libros, senón tamén nese traballo tan pouco agradecido de ir construíndo o sistema cultural no que se move. Neste caso non creo que se vendan moitos libros deste volume, pero a súa significación como alicerce cultural engádelle á Editorial Xerais un plus de prestixio, valor e aposta por unha terra tan de aplaudir como incalculable. Este vén pola sorpresa que supón de cando en cando o descubrimento de personaxes cos que a historia non foi de todo bondadosa, un descoñecemento que é máis avergoñante para quen traballa nun medio no que tamén el escribiu. Éste é o caso que nos ocupa, unha vez que un se mergulla arredor dunha figura como a de Manuel Lueiro Rey o primero que fai é sorprenderse pola miopía dos que antes non souberon ver as súas cualidades, unha miopía que se converte en noxo cando o que podería atribuirse a un despiste convértese nunha maniobra consciente de esquecemento.
Baixo a coordinación de Ramón Nicolás, neste volume acádanse diferentes colaboracións de personaxes que, dun ou doutro xeito, coñeceron e traballaron con Manuel Lueiro Rey. Entre todos eles xérase unha figura chea de luces que basean a súa luminosidade na fondura da súa humanidade traspasada á confianza no ser humano e a liberdade do home afastada das escuridades da vida. Dende a súa escrita, tanto a prosa como a poesía, atopamos ese canto á liberdade, esa sutura da ferida que o acompañará dende que fixera dos seus textos o seu compromiso.

En Pontevedra | En 1943 aproba a oposición a técnico de Facenda, fixando Pontevedra como cidade do seu traballo, que alternará coa residencia familiar no Grove, na que compartirá a súa vida con Maruxa Lores, coa que casara nese mesmo ano e coa que tivo cinco fillos. O Grove, a ría de Arousa, o ambiente mariñeiro permitíalle respirar a súa terra que compatibilizaba coa vida naquela Pontevedra do momento, aínda moi pechada nesta década e na seguinte pero que nos sesenta comezará  retomar o pulo social e cultural que a caracterizou antes da Guerra Civil.
Aquela Pontevedra dos sesenta reflectíase nun equipo de fútbol que trataba de ti a ti aos grandes da Liga española, pero tamén nunha cidade que medraba urbanísticamente cara os barrios de San Antoniño, Campolongo ou A Caeira.Comezaban a funcionar numerosas industrias e así, só con pasar unhas poucas follas daquel ano 1966, no que Manuel Lueiro gaña o Premio Cidade de Oviedo coa súa novela ‘Manso’, un xa se atopa co nacemento de Gaseosas La Pontevedresa, Confecciones Tery ou Terrazos López. Pero foi no eido cultural onde Pontevedra recuperou o pulo doutro tempo. No derradeiro día de agosto daquel ano marchaba a Albany Gonzalo Torrente Ballester, que fora catedrático de Literatura no Instituto, pero na cidade funcionaba o Cine-club e o Ateneo de Pontevedra, compoñendo un ambiente cultural ao que non escapaba Diario de Pontevedra. Durante estes anos de xeito periódico publicábanse unhas páxinas culturais baixo o título ‘2x2=¿4?’. Unha forma de dubidar de todo, unha tea de pensamento e reflexión na cal participaban diferentes nomes como J. A. Durán, Luciano del Río ou Borobó, pero tamén aquel funcionario de Facenda que escribía e que deixou neste medio algúns artigos cheos de implicación co home e que lle deron non poucos sustos cos censores, como a publicación daquel artigo sobre o teatro de Bertold Brecht o 31 de xullo daquel ano. Pero naquelas páxinas houbo tamén lugar para o recoñecemento en forma de entrevista, como a que se lle fixo o 11 de decembro dese 1966, tras coñecerse o seu éxito literario en Oviedo, na que nos deixou un titular revelador: “Pongo mi imaginación al servicio de la sinceridad”. Poucos días despois Manuel Lueiro Rey tamén gañaba un certame de relatos convocado en Marín. Con ‘Invierno sobre los árboles’ gañaba o concurso do Café Real, un relato que aparecería publicado no Diario do 15 de decembro. Dous días máis tarde volvía Manuel Lueiro ás páxinas do Diario en forma de homenaxe manifestado polos seus compañeiros de traballo na Delegación de Facenda, participando todos nun almorzo no Restaurante Coral, no que estiveron os máximos representantes dese organismo para compartir a ledicia polo Premio que recibiu o día de Nadal. Con ‘Manso’, unha paisaxe sobre a Guerra Civil en Asturias cun cabalo chamado Manso estaban claras as posicións do autor sobre a Guerra, e iso volve situalo nunha complicada posición, de feito, chegouse a dicir que a súa figura por sí soa xa xustificaba o soldo dun censor durante todo o ano. Pero Manuel Lueiro resistiu, como fixo toda a vida, como parte dun proxecto de vida afianzado e sustentado na escrita. Os seus artigos no Diario de Pontevedra amosan ese compromiso irrenunciable. En 1974 Manuel Lueiro volverá a ser noticia no Diario debido á publicación dun novo libro de narrativa, ‘Non debían medrar’, unha fermosa peza literaria e visual.

A ferida | Esa foi a súa primeira prosa en galego. Tres anos antes publicara en Arxentina dous libros: ‘Un tempo de sol a sol’, un poemario, e ‘La noche espera al alba’, polo que ao chegar a España foi interrogado pola Policía en Pontevedra.
A partir dese ano, 1974, será o galego a lingua na que fundamente o seu traballo. Participará en homenaxes a Rafael Alberti e el mesmo organizará, sendo concelleiro de Cultura no Grove, cargo que ocupou dende 1979, unha homenaxe ao seu querido Luis Seoane, na que participará o poeta gaditano.
Toda unha vida nunhas poucas liñas. Despregar esas liñas supón achegarse ao miúdo da vida, os medos e as alegrías, as achegas e as frustracións, os bos e os malos momentos. Os textos que se suceden en ‘Manuel Lueiro Rey. A liberdade ferida’ serven para amosar todas eses aspectos que son de grande a través daqueles que se moveron ao seu arredor, os que tiveron contacto con el, tanto na súa terra como nas súas visitas á Arxentina, de grande importancia para apuntalar a súa figura. Herminio Barreiro, Luís Cochón, Ramón Chao, Isaac Díaz Pardo, Basilio Losada, Xosé Luís Méndez Ferrín, Olegario Sotelo Blanco ou o seu propio fillo Manuel Lueiro Lores, son algúns dos que arrastran a unha desas figuras ás que a súa visibilidade non fai máis que engrandecela e situar na posición que merece.
O volume complétase con diferentes estudos sobre aspectos concretos da súa obra, así como cun derradeiro apartado no que se inclúen textos de creadores que buscaron inspiración na súa figura. Todo se vai ir poñendo a lume lento, levándonos pola construción dunha figura cunha profunda humanidade que tras esa achega vai ir conformando a súa obra literaria apegada ao ser humano, a súa irrenunciable liberdade individual asentada nese compromiso que moitos quixeron esnaquizar, pero aos que ás veces había que enfrontarse con mesura, con paciencia, sorteando os atrancos do camiño sen perder a cabeza.

Ler hoxe as súas obras reconforta a alma, pero ler esta escolma supón suturar esa ferida que leva aberta demasiado tempo.


Publicado en Revista. Diario de Pontevedra 18/07/2013
Fotografías Camilo Franco. Manuel Lueiro en 1974 e entrega do Premio Café Real en Marín en 1969.


Non son poucos os artigos que Manuel Lueiro Rey firmou no Diario de Pontevedra nos anos sesenta. A calidade e o compromiso que amosa en todos eles fai moi complicado escoller un, pero este é especialmente atinado. Por un lado amosa a súa defensa do ser humano, con independencia de razas ou outras connotacións, nun momento especialmente delicado polos sucesos racistas dos Estados Unidos, ademais de permitir recoñecer o seu amplo coñecemento sobre a literatura, e neste caso da poesía. Foi publicado o 13 de outubro de 1966.  

Lorca, poeta español que ha cantado a los negros

La valoración de las razas ha dejado de ser un mito. Hoy, el importante problema de la integración racial se estudia como un hecho sociológico eminentemente humano profundizando en la realidad inmediata con un justo criterio de análisis fundamentado. Es una necesidad vital surgida al haber tomado el hombre- negro, chino, mestizo, judio, eslavo u oriental- conciencia de su valor como ser natural, lo cual le obliga instintivamente a huir de la explotación que a que ha sido sometido, sin remilgos de conciencia a través de la historia.
En la actualidad se ha llegado a demostrar científicamente que no existen razas superiores desde su origen genético. Es más: se comprobó que las diferencias manifiestas entre hombres, eran más frecuentes y superiores en aquellos núcleos de una misma raza encuadrados en el mismo grupo social.
La Unesco ha dado publicidad a un documento firmado por varios sabios mundiales en el cual que afirma: “Que los hombres actuales pertenecen a una misma especie, la del ‘homo sapiens’. “Que biológicamente no puede hablarse de una inferioridad o de una superioridad de tal o cual raza”. “Que el dominio de las potencialidades hereditarias en lo que concierne a la inteligencia global y las capacidades de desarrollo cultural, como las características físicas, no permiten justificar el concepto de razas superiores o inferiores”.
El mito ha sido destruido. Y ante la destrucción del mito un intelectual negro, James Baldwin, nacido y educado en Harlem como resumen certero de los frutos de la ciencia, ha dicho: “No quisiera volver a vivir mi infancia”. cuando no se quiere volver a la infancia es porque el recuerdo clava en el alma las horas de perro vagabundo pisoteado por todos.
El problema racial de los negros, como cualquier otro problema humano, no podía pasar desapercibido entre los poetas. Por algo la poesía es la palabra dicha a tiempo y los poetas precursores de los caminos del mundo.
Poetas de distintas razas, “humanamente hablando”, supieron llevar al verso la pureza de su sentimiento, la rebeldía de su voz, el grito angustioso ante la injusticia. Langston Hughes, poeta negro, norteamericano decía: “He sido un esclavo: -César me ordenó limpiar su escaleras, -cepillé las botas de Washington. -He sido una víctima: -los negros me cortaron las manos en el Congo. -Se me lincha ahora en Texas”.
Nicolás Guillén, siempre palabra abierta hacia el futuro, exclamaba: “El negro
junto el cañaveral.
El yanqui
sobre el cañaveral.
Sangre
que se nos va”
Y otros gritaban:
“Negro, hermano negro, -más hermano en el ansia que en la raza. -Negro en Haití, negro en Jamaica, -negro en Nueva York, negro en La Habana- Da al mundo con tu angustia rebelde, - tu humana voz...- ¡y apaga un poco las maracas!”.
La voz de los poetas empezaba a trazar los caminos del hombre raza negra. El mismo camino que más tarde la ciencia aprobaría como un acto de fe.
Lorca, poeta universal, que sabía que la poesía era amor, sobre todo amor, y que odiaba “el órgano, la lira y la flauta, y amó la voz humana”, cantó hermosamente la verdad de los negros.
“Negros, negros, negros. negros. La sangre no tiene puertas en vuestra noche boca arriba. -No hay rubor . Sangre furiosa por debajo de las pieles, -viva en la espina del puñal y en el pecho de los paisajes, - bajo las pinzas y las retamas de la celeste luna de cáncer. - ¡Ay, Harlem! ¡Ay, Harlem! ¡Ay, Harlem! -No hay angustia comparable a tus rojos oprimidos, - a tu sangre estremecida dentro del eclipse oscuro. -a tu violencia granate sordomuda en la penumbra, - a tu gran rey prisionero con un traje de conserje.
La visión de Harlem, la miseria y el hambre de los negros, el abandono total en que se arrinconaban -año 1929, fecha de la ‘Gran Depresión’, cuando las industrias norteamericanas trabajaban a menos de la mitad, se entregaban subvenciones para no trabajar los campos, se quemaba trigo y café, para sostener la voracidad de los grandes trusts-; la terrible visión de Harlem-decía-mordió en el alma de Lorca como sierra oxidada, y nació esa admirable ‘Oda al rey de Harlem’ de su libro ‘Poeta en Nueva York’
“Aquel viejo cubierto de setas iba al sitio donde lloraban los negros- mientras crujía la cuchara del rey y llegaban los tanques de agua podrida”.
Pero a través de su verso, Lorca no niega nunca la esperanza:
“El leñador no sabe cuanto expiran los clamorosos árboles que corta. Aguardad bajo la sombra vegetal de vuestro rey a que cicutas, cardos y ortigas tumbre postreras azoteas”.
Hoy, cuando la valoración de las razas ha dejado de ser un mito, los versos del poeta español, tienen vigencia, calor de sangre fresca. Voz unida, humanamente unida a la rebeldía justa de todos los negros del mundo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario