domingo, 8 de xuño de 2014

Ledicia verniana en San Simón



AGASALLOUNOS con palabras Xavier Senín nun deses discursos que, nestes últimos Premios Xerais convertéronsen en agasallos para a nosa cultura. Palabras nas que se pecha o amor a unha língua e os firmes alicerces que, pese a tantas marexadas como se suceden, fornecen ao galego.
Desas palabras enguedelláronse os tres gañadores do serán do sábado na illa de San Simón: Ledicia Costas, Eduardo Santiago e María Reimóndez acadaron a gloria coas súas obras nun ambiente que é dificil de acadar por outras convocatorias. No medio da ría de Vigo, coa memoria dos poetas medievais, o recordo dos que penaron miserias nese recinto e o mito de Jules Verne arrredor noso, o calorciño da xente das letras en Galicia fai que a entrega destes premios cumprimente a todos os presentes dunha maneira inmellorable, pero sobre todo cumprimenta a nosa cultura. Unha ledicia!!!!

Entre Dous. Publicado no Diario de Pontevedra 9/06/2014

Ningún comentario:

Publicar un comentario