Pandora
Abrir
os programas electorais de cada un dos partidos que concorren ás eleccións
supón, en moitos casos, abrir unha sorte de Caixa de Pandora da que saen as ideas máis variopintas.
O
programa de Ciudadanos, unha vez que
se deu en abrir, está sementando de furias e hidras as páxinas dos xornais, os
micrófonos de radio ou os platós de televisión. Se no debate do pasado luns,
que aínda segue a dar que falar, ao seu líder botáronlle no rostro, cando
deixou de movelo, que aposte polo contrato único, dándolle carta blanca aos
empresarios para despedir cando e cómo lles pete (si, aínda máis que agora);
pois tras outro debate, a simpar Marta
Rivera de la Cruz ,
número tres da candidatura de Ciudadanos por Madrid ao Congreso, e da que coñecíamos as súas bondades literarias
e agora tamén as políticas, abriu a odiosa caixiña de par en par para, entre
outras lindezas, presentar a proposta para modificar a ley contra a
violencia de xénero despoxándoa do seu carácter maioritariamente machista,
cando a realidade, a miserábel realidade, empéñase en dicirnos que non é así, e
de feito, e lamentábelmente, abriron a caixa no día en que morreron dúas
mulleres a man de dous homes.
Dito
e rexistrado. Agora asistiremos a baixada do volume, a dicir que o que se
quería dicir realmente non era iso e Rivera
porá o seu mellor sorriso para que confiemos nas súas políticas tan afastadas
das do PP, iso si, sen clarexar en que dirección se afastan.
Publicado no Diario de Pontevedra 11/12/2015
Ningún comentario:
Publicar un comentario