sábado, 19 de diciembre de 2015

Caderno de campaña. Entre Pontes. Acto VIII

Cores
Azul, vermello, laranxa e violeta. Son as catro cores que definiron a esta campaña electoral. A máis diferente da nosa historia democrática, a primeira na que catro opcións políticas, cos seus catro candidatos, teñen opcións claras de formar parte dun goberno na España do bipartidismo agotado, extenuado, e en claro estado de oxidación.
As enquisas, os sondeos ou as cociñas dos partidos xogan a subir e baixar as diferentes posibilidades ao longo da campaña electoral, a plantexar diferentes xogos de forzas de cara ao que poden ser os resultados finais no día de mañá. Todos eles confían en acadar porcentaxes de voto suficientes para situarse en posicións de privilexio, con opcións, ben de gobernar ou de ser decisivos de cara á creación dun goberno estable, pero é tal a indefinición que se acerta entre os electores cun pensa que todo pode ser posible.
Ao longo destes longuísimos quince días comprobamos a teima do PP por continuar coas mesmas políticas empregadas ata hoxe; tamén a resurrección, a media campaña, de Pedro Sánchez; a posibilidade dun partido de estragar todas as súas opcións en só uns poucos días, como é o caso de Ciudadanos, a adaptación ao medio dun ser salvaxe como Podemos e, no caso de Galicia, como dúas opcións que se necesitaban xuntas, Nós e En Marea afrontan unha loita fratricida cuxas consecuencias aínda non adiviñamos.


Publicado no Diario de Pontevedra 19/12/2015

No hay comentarios:

Publicar un comentario