luns, 22 de maio de 2017

Volverei!

Os premiados na Gala do Libro (Alba Sotelo)


Horas despois da celebración da Gala do Libro Galego e non resultando gañador do premio a mellor xornalista cultural ao que era un dos nominados, pois xa podo dicir un par de cousiñas:
A primeira é agradecer de todo corazón a todas as persoas que votaron por min para que resultara finalista, foi unha gran e feliz sorpresa sentir que hai alguén ao outro lado da páxina e xuntarme con xente que tanto admiro polo seu traballo como Susana Pedreira Buján Ana Romaní Xiana Arias Rego e o Zigzag Diario
A segunda é amosar a miña alegría por varios premiados aos que teño en moita estima polo seu traballo e dos que me gabo da súa amizade. Nomes como os de Ledicia CostasMercedes Queixas ZasXosé Monteagudo ou a Libraría Paz déronme unha ledicia inmensa.
A terceira é que debemos estar moi orgullosos do moito talento que hai entre os diferentes axentes culturais que fornecen a industrial cultural galega, como ben apuntou Xosé Ballesteros, de xeito tan repetitivo coma necesario, no seu discurso. Premiados e non premiados enchen as nosas vidas de traballos marabillosos que amosan intelixencia e esforzo a partes iguais.
A cuarta é felicitar a Editores, escritores e libreiros pola unión exhibida nunha gala organizada de xeito exemplar.
E a quinta, que como dicía aquel, volverei!

Ningún comentario:

Publicar un comentario