luns, 5 de decembro de 2011

Culturfesta



Vaia xornadas nos deparou a recén finalizada edición do Culturgal en Pontevedra. Toda unha festa da cultura dende os máis diversos eidos de expresión. Quen percorreu ao longo destes días un encontro, moito mellor montado co ano anterior, e sobre todo cunha masiva presencia de público, entende do que é capaz esta industria, a que mellor pode falar do noso. As súas posibilidades aínda están en moitos casos por desenvolver en todo o seu potencial, pero si que estamos a ver como cada vez máis as súas accións, os seus proxectos ou as súas ideas interesan á sociedade. Facer colas para que un autor firme un libro, para que os nenos participen nunha sesión de contacontos ou para escoitar unha conversa entre persoeiros da cultura, o que fai é reafirmar o seu valor, así como o que tamén posúe esta cidade como sede dun certame que fixo da cultura unha festa. A festa de todos nós.


Publicado en Diario de Pontevedra 05/12/2011

1 comentario: