xoves, 30 de novembro de 2017

Culturdez

O Culturgal celebra a súa décima edición mantendo afouto o seu labor como termómetro da realidade cultural galega


A Feira das Industrias Culturais de Galicia acada a súa décima edición, unha cifra redonda que confirma a este evento como o máis senlleiro da cultura galega e que permite, dende diferentes sensacións e axentes culturais, calibrar o latexo da nosa cultura, non só na literatura, senón tamén na música, o teatro, as artes plásticas, a banda deseñada, o xornalismo ou o cinema.
De singular importancia nestes días son dúas situacións: a interrelación que se amosa entre os protagonistas desas forzas de acción cultural así como a visibilidade do seu esforzo fronte ao público. Un público que é a derradeira  pata do escano da cultura pero sen a que ao fin e ao cabo este asento caería ao chan. Un sistema cultural sen público, sen lectores ou sen clientes (non perdamos nunca de vista a capacidade da cultura como motor económico) estaría mutilado e abocado ao seu fin.
Durante estes dez anos, case todos eles de acubillo en Pontevedra, inmellorábel escenario para este encontro, vimos como esta Feira non deixaba de medrar, cunha organización cada vez mellor, con máis actividades, e abrindo o foco a novas situacións que nos enchen de ledicia e que este ano se singularizan na colaboración internacional, neste caso con Portugal como convidado, e que permitirá amosar unha parte da súa forza creativa e cultural, ante a que, lamentábel e inexplicabelmente, permanecemos de costas aínda que estemos tran preto. Ese arrecendo luso viralle moi ben ao Culturgal para seguir metendo aire nas velas, un aire que tanto precisa o noso sistema cultural, tantas veces en medio das calmas que os océanos da ignorancia procuran. Nesas velas temos que soprar todos, xa que só xuntos será como a navegación chegará a bo porto. Non sempre é sinxelo acadar ese aire, como tampouco o é navegar nunha poza de auga, en vez dun océano, na que semella que os que teñen capacidade de tomar decisións queren converter o noso idioma, o que tería que ser o recio elo de todo este tecido cultural, así como da cultura coa sociedade. A seca non só se concentra nos nosos encoros. Cada vez aprétase máis o investimento adicado ao fomento do galego e uns recentes datos fixan esa perda de investimento nun 60% dende 2008 ata os nosos días. Cifras que deixan os 23 millóns de euros daquela nuns esfameados 6,76 millóns e a esperanza de onte convertida na vergoña de hoxe.
Pois sobre ese regato navegan as nosas mellores naves, que son as do maxín dos nosos autores e autoras, as dos nosos editores, as dos nosos actores e actrices, os nosos músicos e todos aqueles que traballan para facer cultura turrando dende o seu. Un facer cultura que é un facer país. Fagámolo todos xuntos acudindo ao Culturgal, investindo o noso tempo nesa cultura que tanto precisa de nós. Bótenlle unha ollada á programación deses tres días que comezan o venres e verán canto se fai aquí, e canto bo. Nunca baixen a cabeza fronte a falla de apoios coa que tanto acostumamos a flaxelarnos e sexamos optimistas. Cando entren en contacto co espírito do Cuturgal verán renovado ese optimismo e sairán co peito enchido de cousas fermosas, de cousas que falan de todos nós.
Abran a billa da poesía, esa si manando augas frescas e anovadas, gocen coa nosa escrita infantil, merecente de novo de todo un Premio Nacional, vexan cine, sintan as nosas músicas, escoiten falar aos nosos escritores. Formen parte do mellor que temos, a nosa cultura, unha cultura de dez.




Publicado no Diario de Pontevedra/El Progreso de Lugo 29/11/2017

mércores, 29 de novembro de 2017

Diario de un escéptico

Rue Saint Antoine nº 170
Literatura. La edición de las crónicas parlamentarias de Julio Camba entre 1907 y 1909 nos sitúa de nuevo ante un prodigio de la escritura, ante un látigo de la palabra que atizaba a un Congreso bajo el «gobierno largo» de Maura, un martirio para la política y la palabra. Así las cosas sus crónicas se fijan allí donde nadie miraba, donde la lucidez obligaba.


A Julio Camba (Vilanova de Arousa, 1884-Madrid, 1962) habría que leerlo cada día. Más aún si quien lo hace se ha decantado o lo han decantado por el periodismo. Sus escritos son como fármacos contra tanta nadería como nos encontramos hoy en un periodismo demasiadas veces anodino y complaciente con el objetivo de sus crónicas. La pluma afilada de Julio Camba durante décadas se convirtió en una referencia sobre lo que sucedía en este país y junto a otro gallego, Wenceslao Fernández Flórez (sus crónicas parlamentarias son las únicas que resisten al de Vilanova de Arousa), escudriñó lo que sucedía en este sudario peninsular que durante las primeras décadas del siglo XX se convirtió en una vertiginosa montaña rusa de acontecimientos.
Esta meritoria edición a cargo de la Editorial Renacimiento de las ‘Crónicas parlamentarias (1907-1909)’, es buena prueba de ello, así como testimonio de un tiempo muy concreto y fundamental en el futuro del escritor. En estos años aquel anarquista fue abandonando esa posición radical redefiniéndose como un ‘anarko aristócrata’. En 1907 fue contratado por el periódico España Nueva para cronicar el Congreso de los Diputados, dominado por Antonio Maura durante tres años, lo que llevó a ser denominado como ‘Gobierno largo’, en un periodo de mucha inestabilidad política bajo el reinado de Alfonso XIII. Un gobierno conservador que se ajusta temporalmente a las crónicas incluidas en este volumen, completado con otros textos publicados en otros medios, incluyéndose varios inéditos. Sean o no inéditos estos textos son inagotables más de un siglo después de su primera publicación. En ellos se rastrea una vivacidad y actualidad asombrosa, así como una rebelde modernidad erigida contra el hastío que le provocaba a Julio Camba la mediocridad política, tanto en sus acciones, como en sus comportamientos y discursos en la propia Cámara.
Bajo la sección de ‘Diario de un escéptico’ el gallego llegaba a ese medio ya consagrado como cronista. Su humor y escritura ágil rápidamente le convirtieron en una referencia en los medios madrileños, continuando lo hecho en estas lides parlamentarias por otros grandes de la literatura como Galdós o Azorín. Julio Camba fue un maestro en esa otra mirada lateral que tanto abunda hoy en nuestros cronistas parlamentarios, algunos que son elevados a los altares del columnismo patrio y que ven aquí uno de sus precedentes más brillantes, sobre todo cuando la mirada del arousano se dirigía hacia el detalle y obviaba lo puramente político, cuando atuendos, gestos o elementos anecdóticos del parlamento se convertían en los protagonistas de unas crónicas entre cuyos blancos se atizaba a la política, a la mala política.
Galdós le recomendaba entre sesión y sesión por los aledaños del Congreso «que todavía debía ser más escéptico», a ese escepticismo se agarraba Julio Camba como «garantía de mi ecuanimidad y de mi imparcialidad». El mismo que le llevó en sus crónicas a tildar de «loros» a varios diputados, a afirmar que un cacique-el Congreso estaba repleto de ellos- era «un organismo refractario a la poesía» o que de «un edificio con tan mala arquitectura como el Congreso poca cosa buena se podía esperar en su interior». Puyazos a ese gobierno de Maura, pero auténticas obras de arte de literatura parlamentaria. Tanto el prologuista del libro, David Guistau, como el encargado de su edición, José Miguel González Soriano, completan eses artículos con certeras revisiones a su estilo y a esa mirada cargada de un bendito escepticismo, pero que a la vista de hoy son un compendio de lucidez y genialidad.


Política y cantería
«Pontevedra es un pueblo muy chico en el que diariamente hay que pasar diez o doce veces por los mismos lugares. Diez o doce veces que, ante las obras en construcción, son otras tantas exclamaciones: -¡El Instituto provincial, cosa de Besada!, -¡El cuartel, cosa de Besada!, ¡El malecón, cosa de Besada!
Aquí todo lo nuevo es cosa de Besada. Así el adoquinado de las calles de la ciudad como las carreteras y los caminos por donde vienen a ella los habitantes del interior. Todos los edificios importantes de Pontevedra o están en construcción o están en ruinas. Las ruinas pertenecen al dominio del vetusto Sr. D. Casto Sampedro-un aqueólogo local que ha envejecido con ellas-, y las construcciones son obra de Besada. Desde los tiempos de Teucro de D. Casto Sampedro hasta el advenimiento de Besada nadie se había interesado por Pontevedra, a excepción de Montero Ríos, que iba convirtiéndola poco a poco en residencia particular suya. (...)» 9/06/1908




Publicado en Diario de Pontevedra 27/11/2017

venres, 24 de novembro de 2017

82 retratos e 1 bodegón

David Hockney, cos seus oitenta anos, afronta outro novo reto dende a súa gran pintura con esta exposición no Museo Guggenheim de Bilbao na que de novo fai do retrato unha ferramenta de exploración para enguedellar a cultura popular coa modernidade.


Tres días para facer cada un deles, un fondo azul idéntico, unha mesma cadeira e unhas medidas iguais en tódalas pezas. A partir destas condicións identitarias desprégase a proposta de David Hockney (Bradford, Inglaterra, 1937) na que se representan oitenta e dous retratos e un bodegón nunha sala especialmente acondicionada -pintada cun febril vermello- sobre a que todos eses azuis e coloridos retratos semellan moverse nunha danza matissiana.
Ese frenesí da cor complétase co que acontece no interior deses cadros idénticos no seu tamaño e nos que se plantexa unha revisión do Pop Art que este mesmo pintor contribuíra a plantexar nos anos sesenta dentro dunha mostra xa mítica, ‘Young Contemporaries’, que fixou a irrupción dese movemento nas illas británicas. Pouco despois David Hockney estableceuse nos Ánxeles e alí, xunto a unha luz e unha cor abofé que moi diferente a da súa terra natal, compuxo unha pintura chea de vida, na que dende a paisaxe ou o retrato, sempre cunha anclaxe na tradición, integrábase nunha modernidade alabada por todo o eido artístico. As súas exposicións convértense sempre en auténticos feitos mediáticos, sabedores, curadores, institucións e medios de comunicación de que a súa pintura é moi accesíbel ao público, polo menos en cando a súa formalidade, algo que non é nada sinxelo para a pintura hoxe en día.
No Museo Guggenheim de Bilbao xa amosou o pintor, aínda non hai moito, no ano 2012, unha abraiante aproximación á paisaxe inglesa dende acuarelas, óleos e ata co traballo no seu ipad, o que amosa, como poucas situacións, o seu interese por traer ao noso tempo toda esa secularización da pintura. Intelixentemente David Hockney aséntase nesa tradición, nos propósitos dunha longa historia para facela andamiaxe da súa obra que logo complétase coa súa proposta persoal nunha composición chea dunha efectiva sinxeleza, no tratamento da cor ou na disposición das figuras. Unha mirada entre o pictórico e o fotográfico que, neste caso, axústase como poucas veces a través destes retratados aos que o pintor citaba no seu estudo, todos eles amigos seus, algúns famosos, outros descoñecidos para o público, pero que se uniformizan dende esa disposición similiar, nesa cadeira que semella estar flotando sobre algunha das súas coñecidas piscinas.
Alí foron citados e un deles no acudiu rachando así a cadea establecida de cadros e tempos de traballo. A solución de novo xurdía da tradición, do xénero do bodegón, e así David Hockney colocou unhas froitas e unhas hortalizas que tan ben encaixan nesa representatividade do universo Pop entre a brincadeira e a plasmación do cotiá. Constitúense así os 82 retratos e 1 bodegón da mostra que estará aberta ata o 25 de febreiro de 2018. O retrato como un territorio do psicolóxico, facianas e xestos que resumen diferentes personalidades que aquí tenden a homoxeinización, unha fermosa democratización da imaxe que non entende de xenios ou descoñecidos, de ricos ou persoas do común, que aquí acadan a eternidade que só a arte é quen de conseguir. Unha eternidade chea de frescura conseguida polo rápido traballo no tempo, esas 72 horas nas que limitábase cada cadro, tamén polo emprego do acrílico, moito máis manexábel que o óleo, facendo así de cada un destes retratos auténticos anacos de vida. A captación do xesto, a configuración dos rasgos físicos, a colocación de brazos e pernas, son os que falan de como é cada un deles, ou polo menos de como David Hockney ve e entende a todos estes 'modelos' que volven a deixar claro a xenialidade dun dos máis fascinantes pintores do mundo.




Publicado no suplemento cultural Táboa Redonda. Diario de Pontevedra/El Progreso de Lugo 19/11/2017.
Fotografía: Luis Tejedo (Efe)

mércores, 22 de novembro de 2017

Castelao en Madrid

Estampa do Álbum 'Atila en Galicia' (1937)
Museo de Pontevedra

"O debuxo dun hórreo que polas súas fendas amose únicamente o ceo, di máis da fame dun ano que un artigo de fondo». Con estas palabras expresaba Castelao a importancia que ten a ilustración gráfica á hora de transmitir unha mensaxe, tamén como o impacto na mirada podía superar á palabra escrita nun artigo, nun discurso, ou en calquera libro teórico sobre a política. Esa capacidade do medio gráfico é o que suxeitou cada vez máis o labor de Castelao no mundo da creación, cada vez máis comprometido co ser humano e coa súa terra, e é a mesma que levou a plantexar unha exposición, ‘Castelao grafista’ que leva xa case dous meses amosándose en Madrid, nin máis nin menos que nun dos berces do debuxo, como é a Real Academia de Belas Artes de San Fernando, redefinindo, de novo, a inesgotábel figura do de Rianxo.
Xa nos achegáramos a el polo miúdo na dobre cita plantexada de xeito exitoso o ano pasado na súa casa, o Museo de Pontevedra, pero agora, da man do comisario Miguel Fernández-Cid, o que se fai no conxunto deste proxecto é pecharse na liña de Castelao, alí onde o seu trazo contén unha infinidade de situacións que definiron o seu labor gráfico a través de pinturas, debuxos ou estampas que participaron de diferentes iniciativas artísticas e de pensamento. Acompañado dun farturento catálogo, que excede esa condición sendo un auténtico libro sobre esa faciana da súa obra, esta redimensión de Castelao volve de novo a sorprender e a marabillar. Ao atopármonos a un infindo talento que se foi axustando a cadanseu instante vital, dende os tempos de Nós e ata o final da súa existencia. Esa adaptación ía a carón do afianzamento do seu compromiso social e co país e agromou nunha serie de traballos que agora, na súa totalidade, amosan a súa identificación con ese proxecto en forma de compromiso.
Nós’, ‘Cousas’ ou as ‘Estampas da Guerra’ configúranse como tres grandes cumes que artellan a exposición, pero ao seu arredor atopámonos outra xeira de traballos que, dende a ilustración de libros, viñetas, a creación de cartaces, traballos etnográficos ou escenificacións teatrais, móvense sempre nesa mesma dirección, que é a de xerar un corpus de acción que sirva para o retrato dun territorio e dunha alma, para que se levante a voz en moitos casos fronte o que acontece e na procura dun discurso artistico propio. Unha arte para unha patria. O Madrid fronte ao que nun tempo Castelao ergueuse para pedirlle máis autonomía para Galicia é o que acolle esta mostra. Agora xa non é o cego que pide esmola, agora é a capital a que honra a un artista galego que puxo o seu talento ao servizo dunha causa. Un talento que se pon agora en Madrid ao nivel do propio Goya cos seus ‘Álbumes da Guerra’ que, como se fosen os ‘Desastres’ pintados polo aragonés, deixan constancia da violencia e da represión sufrida en Galicia na Guerra Civil. Arte e reflexión ao servizo dun pobo. O que comezou anos antes como un interese artístico e humano, agora a sinrazón converteuno nunha obriga moral. Como obriga é por parte de todos nós seguir traballando arredor desta personalidade, tal e como fixeron nesta ocasión tres institucións como a Real Academia de Belas Artes de San Fernando, a Fundación Mapfre e a Fundación Torrente Ballester empurradas por un deses pontevedreses imprescindíbeis, Miguel Fernández-Cid.
Esas Estampas saíron por primeira vez do Museo de Pontevedra de maneira completa para amosarse fóra, e abofé que moita xente se atoparía por primeira vez fronte a elas para sentir o arreguizo que un sempre sente cando se enfronta a este traballo monumental, e que conforma unha das máis grandes obras da plástica mundial e que xa se bota de menos en Pontevedra, o seu Pontevedra.



Publicado no Diario de Pontevedra/El Progreso de Lugo 22/11/2017 




luns, 20 de novembro de 2017

Lorca en la noche de Pontevedra

«Pronto será huésped de Pontevedra García Lorca, el gitano de los romances. Y para ‘Cristal’ será un huésped de honor, todo él espíritu e ingenuidad que nos estimulará en nuestra labor con aguijonazos de su lirismo captador (...) Y alimenta nuestros espíritus. Y aviva y zahiere nuestras imaginaciones. Y anima y solaza nuestros pechos. Y nos da optimismo, y emoción, y luz estelar... Todo ello con el desinterés del que no espera la menor recompensa».
(Revista Cristal nº 5. Noviembre de 1932)


Rue Saint-Antoine nº 170
Memoria La presencia de Federico García Lorca en Pontevedra los días 19 y 20 de noviembre de 1932 dejó para la historia de la ciudad uno de esos acontecimientos inolvidables. Aquel poeta de 34 años era un espejo en el que mirarse tantos jóvenes ilusionados por la cultura y un progreso que en Pontevedra se definieron a través de la Revista Cristal

Paseó Federico García Lorca por Pontevedra entre el 19 y el 20 de noviembre de 1932. Uno de esos paseos que se quedan prendados en la memoria de una ciudad. 85 años escritos sobre la mesa de mármol de un café alumbrado por el reflejo de la luna sobre la ría de Pontevedra, incapaz de desdibujarse por las ondas de un río que brillaba esperando las palabras del poeta que, al día siguiente, iba a pronunciar en una conferencia en el desaparecido Cine Coliseum, sobre la pintora María Blanchard, invitado por el Comité de Cooperación Intelectual de Pontevedra.
García Lorca ya había estado apenas tres meses antes en Pontevedra, en una de las dos únicas visitas de las que se sabe que el poeta granadino realizó a la ciudad. En aquella ocasión acompañando a la compañía teatral ‘La Barraca’ en una actuación en la plaza de la Estrella. Ahora, el poeta de la modernidad visitaba Pontevedra y era acogido por otro grupo de entusiastas creadores imbuidos por aquel espíritu del que la República impregnó a todo un país entre las libertades, el progreso y el amor por la cultura. Esos jóvenes, ‘capitaneados’ por Juan Vidal pusieron en marcha la revista Cristal, cuyo primer número se fecha el 25 de julio de ese mismo año. El «espíritu cosmopolita, deportivo y elegante» del que se presume como declaración de intenciones en su primer editorial se nutre de los mejores escritos de la literatura gallega y universal. Los diferentes números fueron componiéndose entre los poemas de Juan Bautista Andrade, Xosé María Álvarez Blázquez o Luis Amado Carballo y los de Juan Ramón Jiménez, García Lorca o Antonio Machado, con una serie de ilustraciones que acercaban a esta revista a otras publicaciones del momento, respondiendo a una emocionante inquietud en el panorama literario, como lo fue la revista ‘Gallo’ que el propio García Lorca fundara en Granada en 1928.
Luciano del Río, Evaristo Mosquera, Javier Andrade, Bernardo Salom, Tabucho Pintos Fonseca y Luis Poza Pastrana esperan en la estación del tren de Campolongo al poeta, a ellos se les unieron poco después los miembros de aquella revista de los que Luciano del Río cita en un artículo publicado en Diario de Pontevedra en 1973 «al poeta Juan Vidal Martínez, como redactor y fundador de la revista Cristal a la que pertenecían José María Álvarez Blázquez, Antonio Díaz Herrera, Rafael Lois Teijeiro y como dibujantes Ventura de Dios López (Turas), Alejandro de la Sota y José Luis Fuentes. Juan Vidal era como el ‘hermano mayor’ de aquella animosa e inquieta comunidad literaria».
Habría que imaginarse a aquellos jóvenes orgullosos y felices caminando junto a Federico García Lorca por las calles de Pontevedra. Jóvenes que llevaron a ver su guarida al poeta. Avergonzados por la precariedad de sus instalaciones el autor de  ‘Bodas de sangre’ rápidamente los alivió a todos al recordar como su revista granadina no había nacido en mejor cobijo. Aquella redacción estaba en un desván del Hotel Méndez Núñez, frente a él, otro de esos símbolos de la modernidad local, el Café Moderno. Hasta él le llevaron, al tiempo que sacaban unas cuartillas, para que García Lorca, cuya presencia habían anunciado en el número de noviembre, descerrajase un poema que sería suyo, de aquellos incandescentes pontevedreses y que sería publicado en el siguiente número de Cristal, el correspondiente a la Navidad.
Las mesas de mármol de aquel lugar, las mismas en las que Castelao y Bóveda posaban sus manos diseñando un país, sobre las que Luís Amado Carballo ya había rimado cientos de palabras eran ahora todo el papel para que García Lorca escribiese en Pontevedra, y así surgió un soneto que sería ilustrado por José Luis Fuentes que fue la gran sensación del número 6 de la revista que se abría con ese poema y se cerraba con otro en francés de Vicente Huidobro. Federico García Lorca tuvo otro gesto más hacía aquella revista, al permitir la publicación de un poema inédito que se publicaría posteriormente en esa obra cumbre de la literatura mundial como es ‘Poeta en Nueva York’, el poema ‘Asesinato’ se incluyó en el número 7 de la revista Cristal.
«La luna vino a la fragua/con su polisón de nardos», escribió el poeta y la luna llegó a iluminar a aquella noche pontevedresa como pocas lunas lo hicieron. Lorca fue agasajado con un vino en casa de los Díaz Herrera, en el piso principal del Café Moderno, donde él mismo improvisó un recital de canciones populares y andaluzas. De nuevo un paseo puso el final a aquella jornada inolvidable, un paseo bajo la luna, mientras la noche quedaba, todavía, demasiado lejos.


Publicado en Diario de Pontevedra 20/11/2017

sábado, 18 de novembro de 2017

A rexeneración da identidade

‘Corpo de Antiochia’ revélase como un poemario feito viaxe. Un espazo para a reflexión sobre a reconstrución dun ámbito físico pero que vai máis alá da man de Tamara Andrés, adentrándose nun devir íntimo de descuberta da persoa e dos seus procesos de evolución.


'O que non se nomea non existe’. Afirma Tamara Andrés (Combarro, 1992) no interior de ‘A auga’ un dos poemas clave deste ‘Corpo de Antiochía’ que, editado por Galaxia dentro da súa colección Dombate, lévanos a afrontar un proceso de construción íntima a través da afoutada metáfora da cidade de Antiochia. Histórico cruce de civilizacións, construída, derruída e de novo ergueita, unha e outra vez. Unha visión especular que serve a Tamara Andrés para dar un salto de madurez na súa aínda recente traxectoria na escrita, e que deixa abertas as portas a un futuro que teima en chegar.
Convértese así esa imaxe da cidade situada  na actual Turquía nun poderoso faro fronte ao que esta poeta actúa como unha serea que xorde do mar para, co seu canto, evocar o paso do tempo e a súa pegada na pel dos que hoxe somos protagonistas doutro tempo tan afastado daquel. Nesa pel póusase como se fose un compás un poemario preciso tamén para termos consciencia do noso eu.
O primeiro que nos chama a atención é esa afouteza da linguaxe, a capacidade por prescindir do sobrante, nun proceso de depuración que case sempre adoita ser o máis complexo para o escritor que sabe dese compromiso para chegar á cerna das cousas. Agora queda a segunda parte do trato, o de ser quen de artellar con esas poucas palabras un discurso no que se conteñan as pretensións do creador e que estas sexan palpábeis para o lector. E isto acádao Tamara Andrés cuns poemas contundentes, nos que se rastrexa ese ronsel da forza que ese proceso cíclico de construción e destrución foi devalando nos séculos. Agora ese tempo é o noso, e todo o que semella un devir histórico contense no noso eu. A poeta é quen de facernos conscientes dende a palabra, sempre a palabra que nomea o que existe, de que ese proceso dase de xeito constante no noso interior, entendidos o nosos corpos tamén como cidades de ida e volta, cheas de bos e malos momentos, de incertezas e loitas fronte ao exterior, de procesos que nos poñen ao límite pero dende o que tentar albiscar novos horizontes.
O poemario condúcese por todo ese itinerario: A extinción, o desterro e o retorno. No primeiro céntrase na ausencia da beleza, a súa perda como cegueira da sociedade que precisa desa beleza como rexistro atemporal: «a fame da memoria», escribe a autora. Non se pode dicir mellor, memoria en cuxa ausencia impídese o camiñar. No desterro xorden as dúbidas: «como mirarnos?/onde nos deter?» É o desacougo, o derrubamento do eu, a dor, o percorrido polo descoñecido, entendido como incerteza. Un tránsito que aínda que nese intre non o pareza serve para sementar o futuro, esa nova etapa convertida en retorno, a redescuberta do que somos, de novo o eu como lugar no que deterse o faro que alumea a nosa contorna, alí onde bater a nosa individualidade fronte ao colectivo.
Imos, polo tanto, con cada páxina debullando ese eu, sempre a partir da metáfora colectiva, esfolar a nosa identidade, capa a capa: «Disque a ferida sempre cicatriza/e que a dor nace para o remedio,/mais o proxectil do berro/non deixa/aquí/estanque/entre os beizos.». A destrución e o remedio: a reconstrución da identidade. Escoitamos un novo canto da serea, o da identidade, unha das cernas do poemario, a capacidade para a rexeneración desa identidade en canto o que somos fronte ao conxunto de individuos. Un corpo no que se pousan as cronoloxías, as maneiras de mirar, o físico e o simbólico.
Dende ese corpo escribe Tamara Andrés, dende ese eu medran os versos precisos para enfrontármonos cun espello en forma de mar. Un espello que non é, como a nosa identidade tampouco ten a precisa estabilidade, móvendose entre ondas axitadas incapaces de ter a calma necesaria para vérmonos, para recoñecérmonos.


Publicado no suplemento cultural Táboa Redonda. Diario de Pontevedra/El Progreso de Lugo. 12/11/2017  


xoves, 16 de novembro de 2017

Xuíces afoutos

A concesión dos Premios San Clemente por parte dun xurado de rapaces e rapazas convértese nun triunfo da literatura.

Membros do xurado (Xoán Rey. Efe)

Hai xurados e xurados, como hai premios e premios literarios. Hai premios dos que xa desconfías meses antes de coñecer o seu veredicto. Sabes que deles pouco bo se espera para a literatura, domesticados polo interese de encher os listados de vendas ou satisfacer os egos dalgúns autores vencellados de diferentes maneiras a organizadores ou xurados. Pero outros premios un espéraos cun gozo difícil de explicar porque sabe que tras eles agóchase o recoñecemento puro a un libro que gustou a rapaces e rapazas, a xuíces que deciden sen as eivas dos que buscan nos premios outros intereses afastados do que debería ser o valorizar aquilo que te emociona ou que polo menos te convence a ti, como membro dun xurado, e merece ser gabado.
Un deses premios é o San Clemente, outorgado polo Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. Son xa XXIII as edicións deste galardón, que conta co apoio de Abanca e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, non para buscar gañadores famosos, senón para botar unha man para a segunda parte deste fermoso asunto, como é a presenza e o contacto dos escritores cos alumnos dese centro.
É emocionante botarlle un ollo ao vídeo que o centro ten na súa páxina web. Un resumo destas edicións no que José Saramago, Haruki Murakami, Paul Auster, Javier Marías, Luis Landero, Manuel Rivas, Eduardo mendoza, Teresa Moure, Amélie Nothomb, Pedro Feijoo ou Colm Tolbin recollen ese premio entre as miradas de sorpresa e a admiración de alumnos e profesores, e tamén entre os aplausos daqueles que teñen ante si a auténticos creadores de historias e emocións e que tanto goce lle outorgan aos lectores.
Outra das súas achegas é a de que ao ser un premio que recoñece a un libro xa publicado hai uns meses tamén serve para poñer en valor de novo certas obras que podían quedar no esquecemento para moitos lectores. Non sucede iso con dous dos premiados deste ano, os de Lingua Castelá e Lingua Galega, ‘Patria’ de Fernando Aramburu, e ‘Todo canto fomos’ de Xosé Monteagudo, ambos con fondos recoñecementos nos seus respectivos sistemas literarios, pero si acontece co premio á mellor obra en Lingua Estranxeira, que recaeu en ‘Morir en Primavera’, do alemán Ralf Rothmann e que editou Libros del Asteroide, unha desas editoriais que brillan pola súa escolla de autores, afastados dos nomes máis mediáticos dunha literatura exquisita e que ademais dirixe un galego intrépido, Luis Solano. A edición deste ano, se ben serve para alinearse nese pulo xeral a favor de dous libros, os de Aramburu e Monteagudo, cheos de valores e virtudes, tamén quedará fixada no tempo polo recoñecemento a este ‘Morir en Primavera’, absolutamente marabilloso, do que levo engaiolado dende que se deu a coñecer a escolla do xurado e que un mesmo ao tempo que o le imaxina aos rapaces dese instituto, así como os de outros institutos de Galicia e do estranxeiro que tamén son parte do xurado, traballando arredor dun texto que se afunde na II Guerra Mundial coa historia nada sinxela de dous mozos de dezasete anos que entran no exército nazi ao final do conflito e formarán parte dese escenario da dor, no que compoñentes como a inocencia, a amizade ou o deber aparecen como ingredientes cos que a literatura se mergulla na nosa historia e que abofé farían pensar moito a este xurado afouto ao gabar un libro coma este.
Grazas a todos os que manteñen este premio en pé. Sodes unha beizón para a literatura que agora xa queda á espera desa xornada de sorrisos, firmas e historias inesquecíbeis, cando Fernando Aramburu, Xosé Monteagudo e Ralf Rothmann se acheguen a Compostela, na que será unha parada ben diferente a todas as moitas que xa levan feito no universo das palabras. Unha parada das que se pegan á pel.



Publicado no Diario de Pontevedra e El Progreso de Lugo. 15/11/2017. Fotografía Xoán Rey (Efe)

martes, 14 de novembro de 2017

Ilusionismo persistente

Rue Saint-Antoine nº 170
Pintura. Luis Bueno fainos partícipes do seu proxecto artístico. Un traballo de reflexión sobre os límites da pintura e a súa representación ao longo dos séculos. Teoría e praxe que o artista explora como parte da súa tese de doutoramento, pero tamén como arte per se.


Marcos rotos, lenzos rachados, pinturas que saen fóra do espazo bidimensional, naturezas intervidas, pinturas sobre soportes impensábeis, paisaxes contidos en latas de conserva... de todas estas ferrramentas válese Luis Bueno para presentar ante nós un traballo máis que interesante, non só pola súa propia condición de obxecto artístico, senón polo que ten de estudo e análise da tradición pictórica ao longo dos séculos. Esa tradición tivo no tempo espazos de dúbida e reflexión, máis que como movementos, como audaces intervencións ou propostas de artistas determinados que puxeron no arame esa contención da pintura no lenzo ou a plantexada polos férreos límites do marco.
Luis Bueno estableceu un proceso teórico de estudo desa situación que a representación pictórica ou que a ilusión foron quen de plantexar para, dende eses elementos tradicionais da pintura: a natureza, a perspectiva, a cor, o debuxo... ir plantexando unha serie de materializacións que nos fixesen pensar sobre esa tensión interna establecida polo feito pictórico. O resultado é unha teoría resolta académicamente de xeito trunfal, e que agora vemos exposta mediante un exercicio pictórico de límites confusos pero manexados de xeito brillante e intelixente fronte ao espectador na Sala-X da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
Ata o 17 de novembro podemos percorrer este honesto exercicio arredor da pintura para enfrontarnos a ese debate. Para ver como os ingredientes da pintura poden resolverse de xeito audaz dende diferentes composicións afastadas do normal, pero tamén para achegarnos a unha serie de soportes que discuten a propia identidade do soporte e plantexan interesantes concepcións sobre a representación. Paisaxes sobre papeis que son chamados a súa rápida degradación, imaxes dunhas paisaxes nas que se elimina toda presenza humana quedando unha pegada blanca ou naturezas contidas en latas de conserva como brutal impacto e reflexión sobre o acotamente extremo que estamos a facer da natureza dende a nosa perversa sociedade, xerando unha natureza cada vez máis domesticada, cada vez máis entendida como un parque de diversións humanas e non como un territorio aberto e libre.
Luis Bueno reactualiza a propia concepción da pintura, facendo que siga presente dentro do taboleiro artístico contemporáneo, con novas compoñentes e arriscados matices, pero nunca deixando de ser pintura. O que ao fin e ao cabo é o seu gran éxito.







Publicado no Diario de Pontevedra 13/11/2017
Fotografías. Olga Fernández


xoves, 9 de novembro de 2017

Fernando Rey, cabaleiro do cine


Os materiais que se atopaban gardados nunha maleta propiedade de Fernando Casado Campolongo, o fillo do actor Fernando Rey e a actriz arxentina Mabel Karr, son os grandes protagonistas da exposición adicada ao protagonista de filmes míticos como 'Viridiana', 'Tristana' o 'The French Connection', e cuxa orixe é coruñesa. O espazo do Kiosco Alfonso amosa un apaixoante e revelador 'travelling' sobre toda unha carreira que o converteu no noso actor máis internacional e que, co gallo do centenario do seu nacemento, búscase dar a coñecer entre as novas xeracións.


ORSON WELLES dixo del que era o mellor actor de Europa. Baixo as ordes do director de 'Cidadán Kane' Fernando Rey traballou en 'Campanadas a medianoite' (1965), dentro dunha listaxe de traballos fascinantes, entre as arredor das 150 películas nas que participou, e que permiten sitúar a Fernando Rey (A Coruña, 1917-Madrid, 1994) nun contexto internacional de grandes interpretacións que deben servir para achegarse e contextualizar este actor hoxe, cando moitos descoñecen tanto o seu traballo como a súa orixe. Ao cumprirse o centenario do seu nacemento, a mostra instalada no Kiosco Alfonso da Coruña permite darlle corpo a esa traxectoria facéndoo dun xeito moi ameno e didáctico, abofé que o primeiro obxectivo dos seus comisarios, o xornalista Rubén Ventureira e José Luis Castro de Paz, catedrático de Comunicación Audiovisual e historiador do cine español, quen lle adicou ao propio Fernando Rey o libro 'O cine de Fernando Rey: entre o azar e a dor'.
Tanto ese libro como esta exposición plantéxanse como unha necesaria redescuberta, como a posibilidade de dar a coñecer un nome, lamentábelmente para a maioría da cidadanía —é que dicir da mocidade!—, descoñecido. Para iso nesta mostra pártese da súa infancia, do seu nacemento no número 1 da rúa Betanzos na Coruña. Alí pasou doce anos nos que estudou no colexio Eusebio da Guarda ao tempo que frecuentaba a praia de Riazor. Un berce ao que regresaría en varios veráns, xa nos últimos anos da súa vida, como vemos nunha fotografía da exposición fronte a esa vivenda na que chegou a este mundo. Esa presenza galega estivo pegada a el ao longo de toda a vida da que moito tempo despois aínda lembraba os xogos no Campo da Leña, as festas de María Pita —das que co tempo sería pregoeiro— os Xardíns de Méndez Núñez e ata o contemplar algún naufraxio dende a Torre de Hércules. Toda esa época asoma na exposición, reflectida no cambio físico cara á modernidade da cidade, así como dos espazos que tiveron que ver con quen chegaría á interpretación dun xeito inesperado, nun Madrid de posguerra gris e dorido, onde só a boa nova de que o propio xeneral Franco lle conmutara a pena de morte ao seu pai, xeneral e home de confianza de Manuel Azaña, puxo un pouco de esperanza. Tras ler un anuncio participa nun cásting e comeza a facer pequenas aparicións en filmes dos anos corenta. Outro anuncio lé- vao a traballar como actor de dobraxe, establecéndose así dous camiños xa esenciais na súa traxectoria. A interpretación a partir desa figura estilizada, de cabaleiro andante, e o traballo como narrador ou dobrador cunha voz que resoaría en moitos filmes e que podemos escoitar na exposición nun punto adicado a esa tarefa, na que podemos oír a súa voz en off en 'Bienvenido Mr. Marshall'(1953) e que se prolongaría en títulos como 'Marcelino pan y vino' (1955). Debutará como actor con diálogo en 1944 como Duque de Alba no filme 'Eugenia de Montijo' e en 1948 participará nun dos grandes éxitos do cine español, do periodo de Autarquía, 'Locura de amor' de Juan de Orduña, interpretando a Felipe El Hermoso.
Da man de Juan Antonio Bardem participa en dous títulos importantes,'Cómicos' e 'Sonatas', nos anos cincuenta, por aquel tempo recibe un consello de alguén que sabía ben o que era o cine internacional e a importancia de moverse no exterior e coñecer outras filmografías, o director Edgar Neville quen lle aconsella que aprenda inglés e saia ao estranxeiro. Fernando Rey optou por ese camiño afastándose así dos vieiros doutros actores españois que nunca se plantexaron esa opción. Títulos moi irregulares fóronse esvaecendo ese cami- ñar ata que se produce un deses encontros que fan cambiar unha vida. Fernando Rey atópase con Luis Buñuel e iso, con todo merecemento, ocupa un dos apartados senlleiros da mostra cos cartaces das películas e materiais xurdidos dese encontro.
Coñecer a Buñuel foi "renacer, comenzar a darle un sentido y un alcance distinto a todo lo que estaba haciendo", con estas palabras o propio actor recoñece a importancia dese encontro que chegou da man de 'Viridiana' (1961), a película coa que comezou unha colaboración de catro filmes fundamentais na carreira do director despois da súa andaina mexicana. Despois de 'Viridiana' chegarían 'Tristana' (1970), 'El discreto encanto de la burguesía' (1972) e 'Ese oscuro objeto del deseo' (1977). A importancia deste traballo común excedeu do propio oficio e desembocou nunha gran amizade que deixou anécdotas como a desvelada polo fillo do actor co gallo desta exposición arredor do soldo que Fernando Rey cobrou pola súa maxistral interpretación de Don Lope en Tristana, cando este coñeceu o soldo da protagonista Catherine Deneuve, que estaba moi enriba do que el mesmo cobrou e que fixo incluso que alguén como Luis Buñuel, que tiña fama de bastante agarrado cos cartos, non dubidase o día da estrea do filme en darlle cen mil pesetas ao actor. O certo é que 'Viridiana' servía para poñer a un Fernando Rey que dominaba o inglés no escaparate internacional, nunha película que recibiu a Palma de Oro en Cannes. Luis Buñuel atopa nese actor, polo que se decidira tras ver o ben que fixo de morto en 'Sonatas', unha contundente presenza física ligada a unha elegancia que se poñía no limiar do pecado ante as obsesións do director aragonés. Un director que no seu mítico libro 'Mi último suspiro' conta unha broma que lle gastou ao actor, que, como tantos, gustaba do feito da popularidade. Así, Luis Buñuel a través do seu director de produción pediulle que falara cos alumnos dun colexio cercano para que nun momento no que director e actor estivesen xuntos estes lle fosen pedir un autógrafo, pero só ao director. Ambos estaban tomando un café cando chegou o primeiro escolar, despois o segundo, que nin siquera dirixiron a súa mirada ao actor galego. Cando o terceiro fixo o mesmo Fernando Rey pronunciou unha sonora risada comprendendo a broma, ao tempo que lle dicía ao director que esa situación era "rigurosamente imposible", algo que incluso alguén que militara no surrealismo máis afouto foi quen de recoñecer. Cando 'El discreto encanto de la burguesía' acada o Oscar á mellor película estranxeira e o premio como mellor película da Asociación Nacional de Críticos Norteamericanos. Fernando Rey rende así a industria americana que lle concede a categoría que merece. A súa presenza en festivais e entregas de premios fai que se relacione coas grandes estrelas do cine mundial. Estes instantes ocupan un espazo estelar na exposición con moitas imaxes nas que o vemos co directores como Orson Welles ou John Ford, ou actores como James Stewart ou Sophia Loren. Ese cinema norteamericano chamou á súa porta para interpretar un dos seus papeis máis coñecidos, o do vilán de 'French Connection' (1971) baixo a dirección de William Friedkin. A película gañou cinco Oscars, entre eles, o de mellor película. Os anos setenta deixaron dous grandes premios polas súas interpretacións en 'La duda' (1972), no Festival de San Sebastián, e o mesmo premio no Festival de Cannes por 'Elisa, vida mía' (1977).
De novo no andar baixo do Kiosco Alfonso atopámonos coa parte final da súa traxectoria. O regreso a España, traballos como os de 'Diario de invierno' (1988), que lle valeu un Goya, ou a súa espectacular intervención na serie televisiva 'Don Quijote' (1991), cando xa contaba 73 anos, dirixida por Manuel Gutiérrez Aragón coa que viña a pechar, con esa imaxe mítica da figuración española, a traxectoria dun actor que tivo moito de Quixote, de cabaleiro andante, que loitou contra muíños de vento aos que en España ninguén osou enfrontarse, e dos que agora podemos dar fe a través dunha exposición que debería ser de visita obrigada para comprender un home e o seu tempo. Un desafío do que Fernando Rey, un coruñés que foi polo mundo, saiu sempre triunfante.




Publicado no suplemento cultural Táboa Redonda. Diario de Pontevedra/El Progreso de Lugo 5/11/2017


mércores, 8 de novembro de 2017

Memoria (s)


Unha cámara de fotos e unha fotografía. Dous obxectos que nos falan de dous tempos diferentes. Dous tempos encetados pola memoria, polas memorias de todos aqueles que foron no pasado e que deben ser hoxe, no presente, obrigada presenza nunha sociedade sa que nunca esqueza ás vítimas dunha traxedia que, lonxe de pechar as fendas da dor, ve como estas aínda continúan abertas ao longo de tantas e tantas historias de familias que non puideron recuperar os restos dos seus, dos nosos.
Novembro acada en Pontevedra un espazo de referencia e lembranza que vai afortunadamente a máis pola sensibilidade dunhas administracións ata aínda hai ben pouco alleas a esta realidade. A serie de actos que dende a Deputación de Pontevedra ten lugar de xeito diario ao longo desta semana denominada de ‘Reparación da Memoria Histórica’ no simbólico espazo do salón noble da Deputación, no que se realizaba a pantomima dos consellos de guerra contra os represaliados, como por exemplo o de Alexandre Bóveda, é un paso máis para reverter esa situación que non verá a súa completa reparación ata cando non haxa máis corpos que buscar e máis historias afogadas no silencio. A historia dos fusilados en Pontevedra o 12 de novembro de 1936 é a cerna dunha conmemoración que simboliza a moitos axustizados, froito do rancor e o odio. Pero xunto a esa gran lembranza hai outras historias que nos enfrontan a ese abismo sentimental, quizais unha das máis emotivas sexa a do asasinato en Barro de Castor Cordal e Ramón Barreiro. O primeiro, sindicalista da CNT, e o segundo, xornalista, un caso importante ao ser a primeira foxa aberta na comarca de Pontevedra. Aquel día de outubro de 2009 no que se descubriron uns corpos a poucos centímetros baixo terra, a carón do muro de peche da igrexa de Santa María de Curro pero fóra do cemiterio, houbo varios familiares esperando atoparse co pasado, entre eles Antonio Cordal, o sobriño daquel rapaz que con 27 anos fora asasinado por defender unha xornada laboral de oito horas. Foi o seu pai quen lle lembraba, case a diario, a historia do seu tío, tamén do que supuxo para a familia aquela aldraxe, o terror ao que someteron aos pais antes de detelo, a burla facendo bailar espidas as súas irmás fronte a aqueles falanxistas, a imposibilidade de ir á escola, como as demais nenas, de Josefina, a irmá pequena do asasinado, a prohibición de pousar sobre aquela terra unha flor. Antonio preguntoulle a Josefina se desexaba recuperar ese corpo: «Quero levantalo aínda que sexa cos dentes que non teño», contestoulle, segundo recolle, no imprescindíbel libro ‘Un cesto de mazás’, Montse Fajardo.
Aquela xornada chegou e da man da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica abriuse a foxa do terror e do esquecemento. Antonio non esquecera, e el estaba alí cunha fotografía na que Castor estaba xunto ao seu pai, Alfonso Cordal. Pero tamén cunha pequena cámara para fotografar o hoxe, para ser notario dun momento de dor, pero tamén de acougo para a familia.
Como a familia de Castor son moitas as familias que teñen preparada unha cámara de fotos para serenar a alma, para tentar facer da memoria o único ao que suxeitarse fronte o escaso apoio que se ten dende quen ten a posibilidade e as ferramentas para reverter esa situación. Feitos como os que estamos a coñecer esta semana nunha institución que si deu o paso adiante: os vividos na Illa de San Simón, os dos mestres de escola de Marín ou a represión sufrida polas mulleres, dobres vítimas da mesquindade que agora é memoria e orgullo.



Publicado no Diario de Pontevedra/El Progreso de Lugo 8/11/2017
Fotografía: Rafa Fariña

martes, 7 de novembro de 2017

O erro como acerto

Rue Saint-Antoine nº 170
Escultura. Rosendo Cid afronta unha interesante proposta artística na exposición que ata o 15 de decembro amósase na Fundación RAC de Pontevedra. Unha reflexión dende o obxectual daqueles elementos que froito de ser pezas fallidas no taller agora reclaman un espazo propio así como un protagonismo para o que non foron chamados.

Rosendo Cid na Fundación RAC

Conexións e desconexións funcionan nesta exposición como nun itinerario do fracaso. Un feito circunstancial que non adoita saír do estudo do artista, da súa falla á hora de enfrontarse ao labor artístico. Nesa fenda soe quedarse o fracaso, superado pola procura do éxito, pola necesidade de que unha peza triunfe dentro do maxín do artista. Rosendo Cid leva anos dende o seu traballo reparando en situacións ou elementos lindeiros coa propia obra, aspectos nos que non se adoita reflexionar nese pescudar da obra perfecta que protagonice unha exposición. Aquí a exposición é froito do erro, desas pezas que, frustradas na súa orixe, quedaron esquecidas no obradoiro, desterradas dun protagonismo que agora buscan e acadan dende un proceso conceptual ao que Rosendo Cid dá corpo.
Dende que Duchamp puxera o mundo da arte patas arriba co obxecto como protagonista dun proceso de identificación do artista coa súa obra, o papel dese obxecto forneceu da man de diferentes artistas que tras esas pezas achegaban un fondo proceso de análise e reflexión. Rosendo Cid móvese nesa situación e dende diferentes formulacións creativas, que van dende a propia escrita ata a escultura, hibrídase unha conexión entre fondo e forma que acada unha sorte de mutación, e aquilo para o que naceu desemboca noutra personalidade.

Aquí son moitas as pezas que traballan dende a hibridación, dende esa construción dende o erro e que desembocan nunha ampla mostra, moi meditada ao longo do tempo dende que dende a Fundación RAC se lle plantexou ao artista a posibilidade de traballar neste espazo. Ese tempo nótase na intelixente disposición das pezas ao longo dos diferentes espazos da Fundación ubicada na rúa Sarmiento.
Moitas desas pezas xorden do azar, dunha casualidade adaptada e integrada na peza que nace cunha nova identidade, unha reformulación inesperada pero dende a que Rosendo Cid acada unha nova mirada a un obxecto con todas as propiedades dunha peza escultórica. Pezas cheas de paradoxos, de interrogantes, de desafíos fronte a un espectador que se ten que abrir a participar dese diálogo formando parte tamén dese proceso case exploratorio da man do artista. 
Unha caixa chea de frustracións, uns andeis con numerosas pezas froito do erro, partes de algo que foi e que agora volve a ser. Así artéllase unha exposición dende o que foi erro e agora é acerto. Dende aquela parte desprezada e que agora defínese de seu como parte esencial do propio proceso creativo do artista. Dende ese empirismo necesario para acadar o resultado preciso é no que Rosendo Cid plantexa unha mostra que nos conduce entre a sorpresa e a reflexión para seguir entendendo as infindas posibilidades da arte como canle de expresión e tamén de análise, neste caso da propia tarefa do artista que no caso do noso protagonista vive un momento moi fecundo xa que a esta mostra engádeselle outra na Zona C de Santiago de Compostela, xunto á tamén artista Rosa Neutro, tras gañar un concurso de comisariado baixo o título de ‘Un cuarto propio’, e o seu recente proxecto editorial ‘5.000 veces pintura’.
Espazos, ámbitos, territorios para a reflexión no artístico, parte esencial dun traballo visíbel agora ante nós como obxecto resucitado despois do erro e convertido xa en vizosa proposta.



Publicado no Diario de Pontevedra 6/11/2017
Fotografía: David Freire