sábado, 30 de abril de 2016

Isla Negra

«Compañeros, enterradme en Isla Negra/ frente al mar que conozco, a cada área rugosa/de piedras y de olas que mis ojos perdidos/no volverán a ver.
[‘Disposiciones’. Canto General. Pablo Neruda]



A mí el cuerpo hoy me pedía hablarles de otra negrura. De esos políticos oscuros que tenemos, incapaces de sentarse todos juntos ante una mesa, desembarazados de unas fronteras partidistas que cada vez más los distancian de unos votantes exhaustos ante sus discursos inoperantes.
Es por ello que como muchos de esos votantes desertarán en el nuevo día señalado para volver a las urnas, dedicando el día a otras circunstancias mucho más provechosas que para volver a empujar a esos pseudolíderes a una mesa de negociaciones, que, al fin y al cabo, no será muy diferente de la que se han dedicado a evitar durante estos últimos cuatro meses, pues el menda también deserta de todos ellos, desterrando sus nombres en este artículo que solo busca un horizonte de esperanza y hasta de alivio, ya que otros se empeñan en ahogar ambas cuestiones.
Y lo cierto es que pensando y pensando a donde se podría uno exiliar durante estas semanas que nos esperan de cruces de declaraciones, promesas estériles, apocalípticos anuncios, reproches infantiles y méritos inmerecidos, así como de unos gastos que no nos podemos permitir y tras rastrear las noticias de esta semana que está a punto de acabar con esa sensación de amargura,  si me dieran a elegir tomaría un avión rumbo a Chile y me plantaría ante ese escenario ya mítico como es la Isla Negra en la que el martes fue enterrado, por segunda vez, el que fuera su residente más conocido, Pablo Neruda.
Con este son ya cuatro los entierros del poeta, cuatro las sepulturas de quien efectuó largas travesías por dimensiones insondables para el resto de los mortales y que era capaz de registrarlas en forma de poemas. Textos inmensos, con independencia de su tamaño, profundos pese a la agitada y dulce espuma que sobre ellos se adivina y en los que el amor ejerce como salvavidas permanente, asidero ante las tormentas y pasaporte hacia el horizonte infinito. 
La noticia surge en una búsqueda que clarifique una de las muertes literarias más sombrías. Un recorrido hacia la verdad judicial sobre su fallecimiento, producido el 23 de septiembre de 1973, e intentando certificar si éste se produjo por el cáncer de próstata, al que siempre se ha aludido, o por un envenenamiento, casualmente diez días después del golpe de Estado de Pinochet, y tal y como denunció en 2011 su propio chófer. Este desenterrar cada cierto tiempo, tras las pruebas científicas, parece terminar y deja a este abril de 2016 como el del descanso, esperemos que definitivo, de Pablo Neruda en su regreso a esa Isla Negra en la que exhortó a sus amigos a que fuese el lugar de su reposo eterno. Frente al océano turquesa, ante la infinitud de una mirada que él supo hacer finita frente a la vida y sus requiebros. Un recinto casi sagrado de casa, tierra y mar, en el que sobrevuela la poesía para generar la representación física de lo que significó, no solo su obra, sino también su compromiso con la palabra, con su pueblo y con los propios lectores. Pocos lugares más mágicos para sentarse sobre la tierra oscura, para huir del ruido, para juguetear con conchas y guijarros ante la tumba del poeta. Caracolas interminables, vertientes virginales, saltos de rayuela. Y una vez alta la mirada sentir la brisa del mar, el aroma salado de una naturaleza perfumada y turbadora ante la cual nada nos puede importar.
Pero la realidad se empeña en emboscarnos, en convertirnos en rehenes de una situación que pocos querían y que nadie necesitaba. Nos alejamos de la paz del poeta, de su cuarto entierro tras el efectuado tras su muerte en el Cementerio General de Santiago de Chile y el posterior, en 1974, en otro punto de ese recinto; o el que 1992 le condujo, por vez primera, a su Isla Negra. A todos ellos podrían, deberían, sumarse otros cuatro funerales políticos, los de las despedidas de los cuatro candidatos de nuestros principales partidos, terminando, en parte, con este fracaso con el que a tantos opinadores y políticos se les llena la boca, pero ante el que nadie parece presentar una solución sin que ésta proceda del regreso a la urna negra. ¡Ni un paso atrás! Cuatro meses en los que la vagancia, la insolencia, el equilibrismo o la frustración (jueguen ustedes a repartir la adjetivación) han propiciado un paisaje pedregoso y de esperanzas soterradas. Un frustrante estado de la cuestión que nos revela la escasa madurez de una democracia, ahora de luto, en la que cuando son más de dos a opinar se convierte en una riña de niños cargada de intereses adultos y por lo tanto perversos.


Publicado en Diario de Pontevedra 30/04/2016


venres, 29 de abril de 2016

A chamada da terra chega a París

O Museo Picasso e a Biblioteca Nacional de Francia, dúas das cernas da cultura gala, ábrense a obra de Miquel Barceló para amosar un traballo cunha fonda carga visual, acubillado no territorio mítico das culturas primitivas e a capacidade dos materiais para dialogar co espectador a partir das súas compoñentes históricas.

PARÍS ERA unha festa cando Pablo Ruiz Picasso decidiu que a arte tiña que mudar, que tantos séculos de historia tiñan que atravesar unha especie de burato negro que lle cambiase toda a súa perspectiva do mundo e a relación coa realidade. As caras deixaron de ser só caras e foron miradas infindas á realidade a través dun primitivismo no que se atopaba unha pureza precisa nos momentos nos que o marchantes forxaban o seu poder. A arte precisaba atoparse a si mesma e o gran home do farol que alumeaba o camiño a seguir era un español racial e un tanto tosco que nunca se deixou contaminar pola sofistificación parisina.
Tantas décadas despois, outro español, Miquel Barceló (Felanitx, 1957) volve a ser reclamado dende a capital francesa para prolongar moitas das achegas do pintor malagueño do cal se considera un admirador e, ao que non de xeito casual, se lle leva a expoñer ao Museo Picasso, sendo o primeiro artista contemporáneo que ten esa honra. E digo que non é casual porque esta dobre mostra que leva aberta dende o 21 de marzo e que se desenvolve nese Museo Picasso e na Biblioteca Nacional de Francia plantexa un vencello moi claro entre ambos creadores a partir dese carácter racial e fincado no poder case telúrico da terra no que ambos se moveron.
Un vencello que se conxuga moi ben a partir do traballo co barro, unha arcilla na que terra e auga, dous dos elementos primitivos que explicaron durante moitos séculos a existencia do home, e da que Picasso serviuse nas súas moitas pezas de cerámica sobre as que despois adoitaba pintar.
Miquel Barceló leva xa moito tempo empregando este material no seu traballo creativo, no só no aspecto plástico, senón tamén en escenografías teatrais como ‘Pasodoble’, na que se chegou a clasificar como «sacerdote del barro, alfarero sobrenatural o demiurgo del lodo», en palabras de Jacinto Antón, tras asistir impactado a aquela representación. Pois ese barro, esa conexión directa de afundilas mans no lodo, na propia natureza é a que sustenta moito do que se expón na dobre cita parisina.
No Museo Picasso artéllase o diálogo fronte a fronte con creador do Guernica. Unha selección de traballos dos últimos catro anos amosa dende pinturas ata bronces, cerámicas, calcografías e ata unha técnica nova empregada polo artista mallorquín, a xilofagia, na que se presentan papeis comidos polos insectos e que Barceló adoptou coma ‘técnica’ ao ver en Mali as accións das termitas sobre os papeis. Esa conexión ancestral entre os dous creadores lévase as súas pinturas, ao mundo dos touros que ambos evocan en moitos dos seus traballos, pero abofé que é dende as formas dos obxectos cando se fai máis próxima. Diferentes espazos propostos por Miquel Barceló énchense de grandes xerras, un trasunto das formas orgánicamente femininas que plantexaba en moitas das súas cerámicas Picasso, pero o máis espectacular é un gran muro que xera un amplo telón no que diferentes pezas cerámicas, semellantes a ladrillos unhas e outras imitan cabezas de animais, xeran toda unha sorte de primitivismo no que eses animais semellan obxectos cultuais, co que se volve a ese ánimo de representación das culturas antigas, prehistóricas, nas que se sometía a vontade do home a toda unha serie de ritos paganos. 
Esa consagración do antigo, ese sentido oferente do artista, que tamén tinxiu moito do feito por Picasso, acada a súa cima na outra mostra que compón o conxunto chamado ‘Miquel Barceló. Sol e sombra’ e que non é máis cunha espectacular intervención nunha superficie de vitrais da Biblioteca Nacional de Francia. 190 metros de longo e 6 metros de alto trabállanse como unha gran gruta acristalada, un plantexamento similar ao dun dos seus referentes artistico como é a cova de Chauvet, xunto con Lascaux ou Altamira, unha das catedrais da arte parietal prehistórica e da que o propio Barceló forma parte dun comité para a súa restauración. Coma un artista prehistórico, Miguel Barceló traballa sobre esas paredes que nun primeiro momento énchense de barro e sobre cuxa superficie desenvolve todo un imaxinario de figuras, humanas e animais. Move coas mans ese lodo, desliza os seus dedos sobre o material, aínda fresco, e que cando se reseca pola acción do tempo e a luz do sol debe ser removido con cepillos ou punzóns. Aí xa non se traballa coa dialéctica do pintor no seu estudo senón coa inspiración a flor de pel. A recuperación do xesto do primeiro artista da historia. As puntas dos dedos moven a materia, a recompoñen e é cando asoma todo un bestiario de bisontes, peixes, polbos, paxaros... e ao seu carón esqueletes, crucifixións... escenarios da dor e do sufrimento, oradados por un raio de luz que traspasa a vidrieira e compón a figura proposta polo artista. Un efectista territorio afundido na natureza e no seu valor panteísta, case chamánico, co que tentar, como o home primitivo controlar a natureza, domesticala dentro dun ámbito humano que comezaba a facer do mundo o seu dominio. Terra pero tamén mar, o mar tamén sempre presente no traballo de Barceló, moitas das súas obras son unha especie de inmersión nas profundidades, na representación de especies descoñecidas, case fantásticas, procedentes, en moitos casos, da oralidade, dos relatos acubillados a carón do lume baixo ceos estrelados.
En definitiva, unha paisaxe do devir humano ao longo da historia, dende a prehistoria ata un hoxe no que tanto cuestionamos a esa natureza esnaquizada por nós. Esa paisaxe é a que propón Miquel Barceló no seu regreso a París, un retorno a un lugar que o reclama en non poucas ocasións para expoñer, para amosar a súa chamada da terra no corazón da metrópole, no corazón da arte. Alí, onde no século XX Picasso dixo que nada voltaría a ser igual, chega Miquel Barceló para renovar os votos coa natureza, o eterno fío uterino do home.
 
Instalación no Museo Picasso
Barceló. A exhibición permanente
UN MONO azul, pantuflas, o cabelo revolto, chorretóns de pintura ou de barro salpicando esa ropa ou ese pelo. Así emerxe do estudo Miquel Barceló cada vez que que aparece nunha reportaxe de prensa. É a mirada a un artista en permanente estado de exhibición, o creador plástico máis mediático da arte en España e o máis cotizado fora das nosas fronteiras e, non só por esta exposición, senón polos seus plantexamentos artísticos, quen de maneira máis audaz recupera ese sentido picassiano da arte e ata da existencia.
Produto dese senso mediterráneo xurdido da súa contorna e da súa longa estadía en Malí, Miquel Barceló plantexa unha especie de tributo co gran mestre da nosa arte. A pegada de Picasso e a forza de Barceló fan que emerxa de novo o seu talento en París, aínda que, afastado no tempo, entre ambos agóchanse pequenos lugares comúns, sensacións e percepcións da arte a través da materia e sobre todo facendoo dende o compromiso coa orixe, cunha mediterraneidade acubillada polos vestixios clásicos, polos ciclos lexendarios, as ruinas dun pasado sobre ás que aínda é posible soportar unha mirada afouta a este mundo actual tentando incluso explicalo, ou polo menos facelo con nós mesmos.
Ese apego coa terra, cun facer dende o primitivo, un pulo brutal é o que cautiva aos franceses, tal e como fixera Picasso, ao cal adoptan xa como un artista case seu e de aí ese centro de referencia para a arte como o parisino Museo Picasso. O malagueño afundiuse non só na súa terra de orixe, senón tamén na francesa, a súa estadía en Vauvenargues, lonxe dos mitos parisinos, fíxolle traballar dende a luz da Costa Azul, compoñer pezas de cerámica coa auga e a terra aromatizada pola lavanda e plantexar ese fío coa terra gala.
Miquel Barceló comenzou nos anos oitenta a ter o recoñecemento da súa obra e polo tanto a participar dunha especie de exhibición permanente non só da súa obra, senón da figura do artista. O Premio Nacional de Artes Plasticas en 1986 e a súa estadía en Mali dende 1988, afinaron esa contundencia formal que levou un inmenso respaldo ao adicarlle o Museo Pompidou unha retrospectiva en 1996. En 2003 recibe o Premio Príncipe de Asturias das Artes. O seu idilio con Francia continúa en 2004 ao ser o primeiro artista contemporáneo que expón no Museo do Louvre ao amosar unha serie de acuarelas inspiradas na Divina Comedia. Xunto coas alabanzas e os premios a súa arte evoluciona cara unha maior espiritualidade, a abstracción gaña terreo e o seu traballo vólvese máis complexo. Chegan grandes e espectaculares composicións, como a decoración dunha capilla na Catedral de Mallorca feita con barro ou a cúpula da sala dos Dereitos Humanos da ONU en Suiza.
O exposto en París ao longo destes meses, a  efímera obra na Biblioteca Nacional, borrarase a partir do 28 de agosto, e a mostra no Museo Picasso, son unha achega a ese artista da materia que, como un chamán procura dende os materiais unha maior contundencia formal, un xeito de expresión cada vez máis puro, pero tamén máis espectacular.

Publicado no Suplemento Cultural Táboa Redonda. Diario de Pontevedra e El Progreso de Lugo. 24/04/2016

mércores, 27 de abril de 2016

"Necesitamos unha paisaxe propia"

Rue Saint-Antoine nº 170
ENCONTROS NA CREACIÓN. Foron mestre e alumna, e agora son colegas no mundo da escrita. Xesús Constela e Tamara Andrés reúnense na biblioteca do Instituto de Poio para falar sobre o seu contacto no eido da educación e sobre as súas obras literarias recentemente saídas do prelo. Novela e poesía que procuran atopar a súa identidade



UN DÍA calquera na vida dun Instituto. Xesús Constela (Ferrol, 1963), profesor de Inglés, non deixa de pensar na inesquecíbel experiencia vivida o día anterior ao acompañar a un grupo de alumnos do Instituto de Poio, pertencentes a un clube de lectura, ata Catoira, onde alumnos do instituto, integrantes doutro clube de lectura, esperaban aos de Poio na estación do ferrocarril cunha pancarta de benvida nas mans. Cincuenta e un rapaces falando das súas lecturas, pero tamén dos seus desexos de ser escritor. Aínda queda esperanza. Tamara Andrés (Combarro, 1992) aparece polo corredor cun ramo de flores, hoxe despídese das prácticas como profesora de francés no Instituto no que se formou.
Os anos bótanse enrriba e quenes compartiron aulas dende a posición de profesor e de alumna, agora comparten o claustro de profesores, pero tamén, unha das súas paixóns, a escrita. Xesús Constela, xa asentado como unha das voces máis solventes da nosa narrativa chega cunha nova novela baixo o brazo, ‘A rotura das paisaxes’, editada por Xerais, e que será presentada o vindeiro xoves no Museo de Pontevedra; mentres, Tamara Andrés, aínda segue pendurada do seu soño de ser escritora, e o fai firmemente suxeita a un poemario de fortes alicerces na infancia editado por Medulia, ‘Nenaespiraes’. 
Como é a convivencia do escritor co Instituto?
Xesús Constela: Eu teño unha relación de amor odio co centro. O que máis me gusta é o contacto cos adolescentes, xente moito máis nova ca min que me fascina. Ofrécenche unha visión da realidade totalmente distinta a túa.Moitas veces fanche preguntas, non só sobre a asignatura, senón sobre a propia vida que te deixan descolocado e te fan pensar.
Experiencias que serven de nutrintes para o eido literario?
X.C: Claro, claro. son enormemente enriquecedoras. Non é que apareza nun libro reflectida esa situación, pero si esa idea, e te leva a plantexarte cousas que nunca te plantexarías a ti mesmo.E aínda son máis ricas cando saes da rutina do instituto, cando fas actividades fora do centro. Nós, neste instituto viaxamos moito. Nós mesmos, Tamara e eu, coincidimos en diferentes viaxes, ver como responden perfectamente todos os rapaces, que non hai problema algún, e que cando pasan as xeracións aprendes cousas moi distintas porque aínda que visitemos os mesmos sitios os alumnos son diferentes.
Vitrina con libros asinados polos seus autores na biblioteca

Como alumna, Tamara, como cre que influiu ese ambiente do centro en que se decantase pola escrita?
Tamara Andrés: Pois mira, xa que estamos falando de Xesús, el si que introduce a literatura nas aulas, aínda que non fale de literatura.
X. C.: A mín encataríame ser profesor de literatura.
T.A.: Si que é certo que falas de moitas historias, tamén dos teus libros, e iso ao longo eu creo que si cala no alumno. Sempre contas anécdotas. Tes moi claro que o docente no só ensina contidos teóricos en inglés, transmitías a vida desas historias na aula.
X.C: Sabes que pasa, a min encántame viaxar, cando aparece algo nun texto en inglés que a min me suxire algunha cousa fago como unha paréntese e introduzco algunha historia na clase. Date conta que como adultos temos moitas máis experiencia e anécdotas, e ante nós temos uns rapaces de trece ou catorce anos nun centro rural onde non todo o mundo ten moitos recursos e nas súas casas non houbo esa inquedanza por amosarlles cousas, e as veces len temas nos libros que non manexan e pérdense. Por exemplo, hoxe mesmo, púxenlle, porque nos sobraban cinco minutos, e tendo acceso a Youtube nas aulas, agora temos moitas posibilidades, é fascinante, pois púxenlle, ‘The big bang theory’  con Sheldon Cooper, en inglés, subtitulado. Pois quedaron calados completamente, moi interesados, pero un dime porque non nos poñes ‘La que se avecina’, e entón o que quero dicir é que hai que amosarlles que hai máis mundo daquelo que manexan habitualmente.
Como mestre, Xesús, e falando de Tamara, e tamén con outros mestres do claustro, recoñecíase a posibilidade dunha futura escritora?
X.C: Si, ela foi unha alumna que nunca deu ningún problema, sempre moi colaboradora en todo. Ela estudou traducción. sempre foi moi boa en linguas e fora do inglés sempre amosaba inquietudes, preguntaba cousas. Pode ser algo xenético, porque a súa irmá vai polo mesmo camiño.
T.A.: Dende moi nova participei en concursos, e dende ben pequeniña xa escribía poemas moi sinxelos.
X.C: Pero eso non o debes perder nunca, eso son tesouros absolutos. Eu supoño que detrás de todas as cousas que se escriben ou que se pintan, hai unha sensibilidade especial, ese pretender ver algo que ao mellor outros non ven.
Supoño que para un profesor ver cun alumno acada un camiño no mundo da escrita é un orgullo?
X.C: Por suposto. De feito o maior orgullo foi que eu lle presentei o seu primeiro libro ‘A mentalista’ en Pontevedra, e foi algo inesquecíbel, pensar que estaba sucedendo iso. E temos o recordo que comentamos que na cartela diante dela puxéronlle o seu nome e debaixo ‘escritora’.
T.A.: Eu as teño gardadas. Impresionoume, dixen, xa me consideran unha escritora.
X.C.: Pois vaite acostumando, díxenlle. Porque isto non fixo máis que comezar. Eu estou convencido de que detrás de ‘A mentalista’ou ‘Nenaespirais’ virán moitas máis obras, e sobre todo pola súa determinación. Non é iso casual  de dicir ‘mira a nena escribiu un poema’.
T.A.: Eu a raíz diso que preguntas quero dicir que hai moitos rapaces que escriben. Non que o mostren, pero si que o fan. Eu coñezo a moitos e é algo que me chama moito a atención. Nas miñas xeracións non se escribía tanto.
Unha defensa polo tanto da xente nova de hoxe
X.C: Si, é certo que se falan pestes das novas xeracións, pero non é verdade. É verdade o que sae na televisión, ese casos truculentos, e moi espectaculares. Pero iso non é representativo. Eu por exemplo teño entre os meus rapaces, nos cursos de terceiro de ESO nenos con moitos potenciais dende diferentes planos: cultural, coñecementos, lecturas, deportes... Onte en Catoira, eran 51 rapaces e preguntei cantos escribían, e tres, cunha gran determinación dixéronme que eles escribían, e tiñan moi claro o que querían facer.
Tamara Andrés e Xesús Constela na biblioteca do IES Poio
Falando xa máis do literario. A Xesús Constela que é o que máis lle preocupa acadar coa escrita?
Eu teño moi claro que a miña teima é por buscar unha voz propia. E creo que o estou acadando. Quero que alguén colla un texto meu e diga isto é de Xesús Constela, creo que é o mellor, como cando ves un cadro de Van Gogh ou Zurbarán, que enseguida os recoñeces. Eu traballo iso realmente, por exemplo, cos diálogos, que é algo que me gusta moito manexar, nesta novela quixen espilo totalmente con dous personaxes que falan constantemente sen eu meterme polo medio. Quero que o lector sinta as cousas sen que eu lle teña que contar nada. Como si estivese a escoitar unha conversación entre dous personaxes sin que eu interveña. Teño dúas asignaturas pendientes, unha esa, a min non me gustan os autores que un día sacan un libro dun tipo, e outro día doutro; e a outra é que tódalas cousas que escribín están ubicadas nun lugar que nunca se describe, que non ten unha localización concreta e quero que siga así.
Con este libro estou moi contento porque é volver ao principio de todo, ‘As humanas proporcións’, un libro que escribín libre totalmente e despois sempre estás pendentes das vendas, dalgún premio...este non vai para aí, é un exercicio literario puro e duro do que estou moi satisfeito.
E vostede, Tamara, neste momento iniciático cal é a súa maior preocupación?
T.A.: A mon o que máis preocupou era que eu considerábame distinta ao que había na literatura galega en xeral, ou no caso da poesía, á liña que había dentro desa poesía galega, sobre todo nos rapaces coma min. Ahora preocúpame un pouco menos, si o de atopar unha voz poética propia, pero iso creo que é algo que se irá artellando co tempo. Un exercicio a longo prazo.
X.C.: Ainda estou eu niso. Eu sempre o comparo coa pintura que é moito máis visual. Picasso é unha persoa a que recoñeces, ou Miró, pero que comezaron pintando paisaxes, e foron evolucionando. A paisaxe foi por aí. Necesitamos unha paisaxe propia.
No poemario, Tamara, sorpréndeme que sendo tan nova haxa un interese moi claro pola volta á infancia, cando aínda é moi nova
T.A.: Eu son moi nova, pero sei que tiven moitas experiencias distintas que dalgún xeito fixérome madurar moi pronto e quixen voltar a ese inicio. E facelo dende a poesía, como o mellor medio para recuperar esa infancia. Necesitaba da voz poética para facelo.
E vostede, Xesús, inclúe poesía na novela?
X.C.: Si, non o fixera nunca. Escribira poesía, pero noutro plan. Eu envéxolle aos poetas a capacidade para nuns versos explicar o que eu necesito facer en tres páxinas. Os poemas aquí están moi traballados, cun ton surrealista.
A novela é tamén un xogo de realidades literarias?
X.C.: Si, iso vai na liña de procurar unha voz diferente. Hoxe en día na novela hai que experimentar. Nun mundo inmediato, de cousas pequenas, hai que darlle ao lector cousas fragmentarias. Os meus relatos falan todos do mesmo, pero dende diferentes perspectivas alleas á propia novela.
Que é o que máis lle interesa a Xesús Constela do que fai Tamara Andrés?
A capacidade para ver a realidade doutro xeito, sabendo plasmala. Non é unha fotógrafa da realidade, interpretaa.
E a Tamara de Xesús Constela que lle atrae da súa obra?
Dende que o comecei a ler pareceume unha voz diferente dentro da literatura galega. Achega un valor engadido á hora de escribir ao ser unha literatura moi fresca. E ten algo de Amélie  Nothomb, unha autora que me encanta.


Publicado no Diario de Pontevedra 25/04/2016
Fotografías. Gonzalo García


martes, 26 de abril de 2016

Vaites, vaites! Chegarei tarde!

A madrileña editorial Lata de sal propón, dentro da súa colección Vintage, unha edición de pequeno formato do clásico ‘Alicia no país das marabillas’, traducido ao galego. Unha xoia que nos traslada a ese soño cheo de imaxinación proposto por Lewis Carroll para goce duns lectores que non deixan de medrar



POUCOS relatos máis fascinantes para o lector como ‘Alicia no país das marabillas’. Unha desas narracións que se quedan pegadas a alma lectora de cada un dos que se enfrontan por primeira vez a ese texto. O soño desa Alicia é o soño de moitos dos que gustan da lectura, daqueles que soñan con outros mundos abraiantes, con vivir aventuras fascinantes, con atoparse con personaxes inesquecíbeis e todo iso mantendo unha forte compoñente de inxenuidade.
Un nunca se cansa de ler as andanzas desa rapaza e así cada nova edición ou adaptación que se publica do texto escrito por Lewis Carroll é unha boa nova e unha beizón para os lectores. Máis aínda cando ese material, e este é un dos máis acaídos para este tipo de edicións, tanto no referido ao relato como ás súas ilustracións, amósanse en soportes novedosos e moi atraíntes, que non fan máis que afondar nesa situación de admiración do ideado polo escritor e polas ilustracións, tamén xa míticas, feitas por John Tenniel, e que aquí amósanse coloreadas, compoñendo un dos imaxinarios sobre o escrito máis suxerentes da historia da literatura.
Esta nova edición chega da man dun deses milagres que o mundo das editoriais nos achegou nos últimos tempos, nos que pese ao laios sobre a situación do sector, xurdiron diferentes editoriais que plantexaron camiños novedosos e que procuraban o seu oco nun eido tan complexo. Lata de sal é unha editorial madrileña que cuida ata o extremo os seus produtos, e para iso non hai máis que ver esta edición que semella ter mordido un anaquiño desas setas que tomaba Alicia para mudar o seu tamaño, xa que mide 9,5x12,2 centímetros, cunhas preciosas tapas vermellas, como o vestido da propia Alicia, e que nesta edición recupera ese deseño único de John Tenniel co ese vestido vermello. Un libro non máis grande que a palma da man, unha xoia que gardar e tamén que acariñar, porque este libro é un deses libros aos que gusta pasarlles a man por riba e gozar tanto do seu interior como do propio obxecto en que se converte este exemplar.
Nas páxinas recupérase a primeira edición orixinal a cor, feita a prezo de bolsillo en 1907, artellando así un percorrido polos espazos e os encontros máis senlleiros da imaxinación de Lewis Carroll. Non falla nin o descenso á toba, nin o mar de bágoas, nin a casa dese coello branco que sempre chega tarde, nin o té co sombreireiro e  a lebre, nin o gato Cheshire, nin a eiruga azul fumando nunha pipa ou a raíña corta cabezas. Todo iso está dentro dese pequeniño soño de tamaño, pero fondo, moi fondo nas súas pretensións, capaces de levarnos outra vez a ese mundo de ilusións.
E se é moi de alabar este tipo de edicións tamén o é a aposta por facelo en diferentes linguas: castelán, catalán e galego. Así é como as dúas coleccións da editorial, unha delas adicada a libros vencellados con gatos, (a quen lle gusten estes animais gozarán cada un deles pola diversidade con que se pode afrontar esta literatura), e outra liña é a da publicación de libros clásicos readaptados a formatos moi suxerentes e diferentes entre si.
Un deses clásicos é este ‘Alicia no país das marabillas’, non se resistan e volten a caer por esa toba para entrar nun dos relatos máis engaiolantes da literatura, apoiense nesas imáxenes e solten a súa imaxinación para acompañar a esa rapaza que é un pouco de cada un de nós, xa que ese tipo de narracións son as que nos acubillaron dende pequenos e ás que nunca deberíamos renunciar. Lata de Sal con esta achega deixa nas nosas mans un anaquiño da nosa infancia, pero tamén unha xoia coa que gozar e continuar marabillándonos cunha obra que é quen de reiventarse edición tras edición. 





Publicado no suplemento cultural Táboa Redonda. Diario de Pontevedra e El Progreso de Lugo. 17/04/2016

sábado, 23 de abril de 2016

Estar é ser

 «Os cavalos da cavalería é que formam a cavalería. Sem as montadas, os cavaleiros seriam peões. O lugar é que faz a localidade. Estar é ser.»
[‘ABC de Fernando Pessoa’.
Livros d’hoje]



Estar, ser. Dúas das condicións que nos definen como seres humanos. Podemos decidir onde estar, podemos mudar o noso lugar no mundo, plantexarnos, segundo as nosas preferenzas, ou os ditados da vida, o espazo físico dende o que relacionarnos coa nosa contorna. Fronte ao estar o ser ten esa connotación persoal, alude ao noso interior, á construción do eu máis íntimo, a unha acumulación de experiencias que nos van configurando ao longo do tempo como seres humanos.
Raquel Calviño móvese coa súa cámara entre eses dous verbos, entre o estar e o ser. O estar nun lugar para ollar ao ser. O establecemento físico dende o que pescudar, dun xeito silente, como os seres humanos se moven e relacionan co seu hábitat. A nosa protagonista convértese, trala súa cámara, nunha cazadora desas presenzas que inundan as nosas cidades e que extrae do anonimato urbano para convertelas en protagonistas das súas fotografías. Unhas imaxes que teñen a capacidade de conxelar un instante e de facernos partícipes desa mirada, converténdonos, a nós mesmos, en parte desa visión.
Nesta ocasión ese labor céntrase nun dos refuxios favoritos da fotógrafa, a cidade de Oporto, mestura de decadencia e modernidade que se traslada a unhas rúas cheas de vida nas que unha abraiante mixtión de xentes convoca a nosa mirada ante o espectáculo da vida urbana diaria. Unha vida rutinaria que moitas veces nos pasa desapercibida, pero que, cando a fixamos ante nós, acada unha chea de novas significacións, non só polas presenzas, senón tamén polas ausencias, os rastros daqueles que acaban de pasar por alí, os que veñen de deixar unha pegada coa que tamén se constrúe o estar e o ser dos que falaba Fernando Pessoa e que agora Raquel Calviño leva ao estar cunha cámara, ao ser cunha cámara.
Amosar esta exposición no Café Savoy é tamén unha sorte de diálogo coa cidade, non só con Oporto, senón tamén con Pontevedra. Todas as cidades teñen as súas vidas, as súas presenzas pendentes de ser conxeladas. Teñen os seus nenos xogando cun globo laranxa, as súas pombas bicando entre os pés dos camiñantes, parellas falando entre si, xentes que van e veñen como autómatas. Poucos espazos máis acaídos para ver a vida dunha cidade co Savoy, un paraíso para o voyeur que precisa desas fiestras abertas ao gran espectáculo do mundo para gozar de todo aquilo que acontece ao noso arredor. As pegadas dos protagonistas das fotografías lusas de Raquel Calviño están tamén fora do café, atópanse na praza da Ferraría. Só hai que permanecer uns segundiños ante esas xanelas para ver a súa correspondencia local e tamén para, tal e como fixo Raquel Calviño, captar esas existencias, saber estar fronte ao ser. 
O Café Savoy, entre as súas moitas utilidades terapéuticas, ademais de que Juan José Esperón lea este artigo á primeira hora do sábado e o suba ás redes prolongando ese xogo de dentro e fóra, ten o de ser un pequeniño xérmolo de cultura. Exposicións, concertos de jazz, taboleiros de xadrez... ata espontáneas clases de inglés salpican as súas mañás entre biscoito e o arrecendo do café. E libros, por suposto, libros cun pode coller dun andel co que poder completar esa dicotomía entre interior e exterior, libros que hoxe festexan o seu día, que fan do 23 de abril un dos días máis fermosos dun abril que é todo emocións.

Visiten os cafés, paseen pola súa cidade pero entren nunha libraría e merquen un libro. Eses libros, como as fotografías de Raquel Calviño ou as fiestras do Savoy son pasaxes á vida. Carreiros polos que un se move só, coñecéndose a si mesmo, e que lle permiten, ao chegar ao final, saber moito dos demais. Fagan a proba e escollan, deixense aconsellar polos nosos libreiros, que temos moitos e moi bos e xenerosos. Eu déixolles unha recomendación, unha novidade que serve para pechar este artigo sobre unha exposición de fotografías e un café que homenaxean á vida e ás vidas, un escritor de moitas existencias, un escritor de contrastes, un escritor que son moitos escritores, un desasosego implacábel, alguén a quen nunca coñeceremos de todo, Fernando Pessoa, e ao que podemos achegarnos coa edición máis completa dos seus ‘Cuentos’ recén publicada por Páginas de Espuma. Contos para cando estar é ser.


Publicado no Diario de Pontevedra 23/04/2016
Fotografía. Rafa Fariña

martes, 19 de abril de 2016

El doctor embajador de Pontevedra

Rue Saint-Antoine nº 170
Memoria. Cuando se cumplen 15 años de la muerte del doctor José Luis Barros Malvar, Pontevedra permanece ausente ante su recuerdo. La ciudad, su ciudad, de la que se convirtió quizás en su mejor embajador ante el mundo, y en especial ante el entramado de la cultura, todavía le debe un homenaje que redimensione su singular figura.


Se agotaba el mes de abril de 2001 cuando desde Madrid llegaba la noticia del fallecimiento de José Luis Barros Malvar (Pontevedra, 1923 -Madrid, 2001). No podía ser en otro mes, tenía que ser en el de las ilusiones tricolores, en el mes de los libros y cuando la belleza de las flores se convierte en pequeñas poesías de vida. Y es que la existencia de este médico, que recordaba haber jugado de niño con el que era su vecino en la calle de la Oliva, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, estaba repleta de cuestiones como el pensamiento ilustrado y libertario, el coleccionismo de libros, la amistad con infinidad de personajes del arte y la literatura y la búsqueda de la belleza, no tanto en las flores como en las mujeres, y también esa belleza que surge de su labor profesional, la de la cirugía, en la que el doctor Barros Malvar fue toda una eminencia.
Atravesaba todos esos ingredientes vitales esa especie de magdalena proustiana que siempre necesitaba saborear Barros Malvar y que era ni más ni menos que su ciudad natal, una Pontevedra que ocupaba su corazón de una manera constante, con un apéndice, su cuartel general en Udra (Bueu). De estos dos territorios se convirtió en uno de sus mejores embajadores, exaltando sus virtudes por el mundo entero e invitando, siempre que era posible, a diferentes personajes para que conociesen lo que se sentía a lo largo de la ría de Pontevedra.
Por esa Ría de Pontevedra navegó con el Premio Cervantes, José Manuel Caballero Bonald; por Pontevedra y Estribela caminó con su gran amigo Luis Buñuel, que lo incluyó en pequeños papeles en varias de sus películas; a la propia capital se trajó una noche a Caballero Bonald con el gran bailarín Antonio Gades para realizar una demostración de flamenco en el Teatro Malvar. También invitó al mismísimo Rafael Alberti en 1993 para que recordase su primer y único paseíllo en una plaza de toros, sí, en la de Pontevedra, en 1927, formando parte de la cuadrilla de otro mito, Ignacio Sánchez Mejías.
Y es que la vida de José Luis Barros Malvar es, junto con la de su profesión como médico, la de disfrutar de la vida a través de la amistad. Pero sus amistades no solo se relacionaban con personajes conocidos, sino que Barros Malvar era amigo de sus amigos de toda la vida, de aquellos con los que creció en Pontevedra, de aquellos con los que jugaba al waterpolo en las frías aguas de un Lérez que se volvía mar, y también de aquellos que se iban colocando ante su ir y venir en la vida. A mí me tocó hacerlo en el último tramo, apenas dos años que me descubrieron a un ser fascinante, arrollador en cuanto a su capacidad para hacer cosas, para poner en marcha nuevos retos y sobre todo para ensalzar a la amistad.
A esa amistad dedicó los últimos meses de su vida coincidentes con el centenario del nacimiento de Luis Buñuel en los que, inmerso en numerosas celebraciones, se empeñó en que Pontevedra también tuviese un recuerdo para el director aragonés. Constantes llamadas movían los hilos para que Pontevedra conmemorase esa fecha movilizando a diferentes instituciones para que, bajo la organización del Ateneo de Pontevedra, se pudiese organizar una exposición, un ciclo de proyecciones y otro de charlas en octubre del año 2000. Solo unos pocos meses después, la noticia que escuchaba en la radio, aquel 26 de abril, convertía a José Luis Barros Malvar en una de esas personas que la vida te regala, no solo durante el tiempo que pudiste convivir con él, sino para el resto de tu vida.
Esa amistad se trasladaba a todo lo que tenía que ver con Pontevedra, a pacientes que con pocos recursos eran enviados a Madrid para que sus manos sanadoras obrasen el milagro, que también obró en cuerpos famosos, como los de Camilo José Cela o Antonio Gala que, gracias a sus saberes quirúrgicos, prolongaron sus vidas. Una labor médica que le tuvo como una referencia en la cirugía digestiva y torácica a nivel mundial desde el Hospital Provincial de Madrid, posteriormente Gregorio Marañón, del que llegó a ser su director, siendo invitado en numerosos centros médicos de todo el mundo para mostrar sus conocimientos.
Pero siempre que ese calendario se lo permitía se imponía una escapada a Pontevedra, para encontrarse con sus vecinos, para contar anécdotas entre seductoras sonrisas en alguna taberna o para retirarse a ese mirador sobre la ría entre pinos y el horizonte frente a sus ojos desde el que tomarse un respiro en la vida.
José Luis Barros Malvar recibió homenajes como el Premio Amigos de Pontevedra, fue pregonero de las fiestas de la Peregrina en 1989 y también recibió el Premio Ciudad de Pontevedra en 1993, pero de todo eso ya hace demasiado tiempo. Él siguió ‘trabajando’ como embajador de Pontevedra, e incluso para la presentación de ese congreso sobre Buñuel fue capaz de traer al hijo del cineasta, Juan Luis Buñuel y al guionista, escritor y director de cine, Jean Claude-Carrière, al que todavía recuerdo maravillado ante el San Jerónimo con gafas de la fachada de la Basílica de Santa María mientras lo grababa con una cámara.

Quince años después es un buen momento para que Pontevedra se plantee algún tipo de reflexión sobre el papel de este humanista moderno. Merecimientos para un espacio público con su nombre los tiene más que de sobra, él, que hizo de nuestras calles el itinerario de tantos y tantos personajes inolvidables. Y es que el callejero de Pontevedra sin su nombre es como un abril sin bandera tricolor, sin libros y sin flores.



Publicado en Diario de Pontevedra 18/04/2016

sábado, 16 de abril de 2016

Inmortal poesía


«La poesía ha muerto, dice. Una pantalla de televisión siempre repite lo que dice. Once segundos, como un endecasílabo, y ya parece una noticia vieja.»
[‘Balada en la muerte de la poesía’. Luis García Montero]

 
Gonzalo Hermo recitando en Ponte Poética 6

Dicen que la poesía ha muerto. Dicen que ya nadie quiere leer poemas. Dicen que las palabras se han agotado. Dicen que las metáforas se han quedado sin oxígeno. Dicen, dicen, dicen...
Los que tanto dicen sin decir son los que no confían en el valor de la poesía. En su carácter terapéutico, en su poder como apaciguador de almas y mentes, sobre todo cuando la tempestad azota. La poesía es cada vez más necesaria y así se está viendo con citas poéticas por todas las esquinas. Este fin de semana es Pontevedra, con su Ponte Poética floreciendo abril tras abril, pero también es Ferrol con su Semana de Poesía Salvaxe, y como lo será A Coruña con sus Poetas Di(n)versos
Nuestra Ponte Poética, con sus dos pilares, el Ateneo y el Concello, se evidencia como un buen termómetro para calibrar la capacidad de la poesía para incrustarse en la sociedad. Para voltearla, en muchos casos, desde una delicadeza casi zen, pero con una contundencia que desarma palabra tras palabra. Y de nuevo la palabra, como oraba el gran demiurgo Carlos Oroza, nuestro poeta muerto recientemente, nuestra baja más sensible en el ejército lírico en los últimos meses.
Seis años de Ponte Poética nos han planteado una mezcla de voces y de realidades que deja en evidencia a los que hablan de esa defunción. El enganche de poetas más veteranos con voces recientes, pero atronadoras, nos posicionan ante una situación de resistencia, que es el lugar en el que la poesía se hace fuerte. Acostumbrada a permanecer en la orilla, a situarse al margen del discurso oficial, siempre pegada a la necesidad, al esfuerzo por sobrevivir. Recluida en aquella buhardilla de Pessoa que iluminaba el Tajo, en la habitación del retiro campestre de Emily Dickinson o en el malditismo parisino de Baudelaire... ¿qué más ejemplos queréis para mostrar su inmortalidad?
Entre hoy y mañana, o como sucedió ayer sobre las tablas del Teatro Principal, cada vez que una voz se hace poesía, entra en nuestra sociedad una bocanada de aire fresco. Conocer y emocionar a través de ella fueron dos de los rastros que nos dejó el pasado año el invitado estrella de Ponte Poética, Luis García Montero, como los dos verbos que balizan el devenir del poeta. Conocerse a sí mismo para, a través de esa reivindicación interior, alentar la ilusión colectiva. Hace unas semanas el propio Luis García Montero publicó en la catedral poética de Visor, ‘Balada en la muerte de la poesía’, un canto general al óbito lírico anunciado de manera machacona, pero que naufraga ante la realidad que siempre se empeña en llevar la contraria a los profetas.
En el libro el poeta nos coloca ante el catafalco de la poesía, ante el cortejo fúnebre que, de manera circular, recorre una y otra vez, ajeno a cualquier tiempo, esa situación luctuosa. Cada vez más muerta. Cada vez más viva. Se publica a nuevos autores, se reeditan antologías y las listas de ventas se arriman a las de la narrativa. Pero en esa redimensión hay también que estar alerta. Muchas veces la poesía se contamina de lo trivial, convirtiendo el fino alambre del verso en un equilibrismo de unas pretensiones que no le corresponden, con lo que el experimento se cae al vacío en unas poesías que no dejan de ser posibles canciones de éxito travestidas con una piel que no es la suya y, lo más peligroso, generando la confusión del lector.
Ponte Poética y sus voces: Alicia Fernández, Renato Filipe Cardoso, Blanca Llum Vidal, Francisco X. Fernández Naval, Lorna Shaughnessy, Juan Ramón Madariaga, Miriam Reyes, Gonzalo Hermo y Eva Veiga, no asisten a ningún funeral, bien al contrario, convierten esta reunión anual en un canto a la inmortalidad. Idiomas diferentes que, como pájaros, sustentan letras que salpican a esta ciudad de agua y piedra. Recitales que ajustan cuentas con la realidad, sometiéndola al dictado de la palabra, a la capacidad para traducir y cauterizar esa herida que te obliga a reaccionar.
Ese subsuelo, desde el que el poeta emite sus señales, son las arenas movedizas de una sociedad en permanente estado de confusión, un hábitat que ya ha engullido a muchos y que no contaba con la firmeza de la poesía. Anímense, guarézcanse de la lluvia, de las miserias humanas de este momento y háganse fuertes al calor de la poesía. La inmortal poesía.



Publicado en Diario de Pontevedra 16/04/2016
Fotografía. Beatríz Císcar.

mércores, 13 de abril de 2016

Barcelos 'made in' Calatrava

Rue Saint-Antoine nº 170
Arquitectura Ha sido durante los últimos días uno de los temas estrella, el nuevo diseño de la plaza de Barcelos. Un paso más en una humanización comenzada muchos años antes, desde que se desterró aquel aparcamiento en superficie. Otra estrella, en este caso de la arquitectura, Santiago Calatrava, también presentó su proyecto de cambio.
 
Santiago Calatrava y Juan Luis Pedrosa en la plaza de Barcelos
Un paseo entre adoquines, socavones en el barro, Talbots Horizón, Seats Ritmo o Fiats Punto fue el escenario que envolvió la visita del arquitecto Santiago Calatrava a la plaza de Barcelos el 22 de noviembre de 1995. De la mano del alcalde Juan Luis Pedrosa, y dentro de un proyecto reformador de muchos puntos de la ciudad, (si me lo permiten no todavía del todo reconocido en toda su dimensión), la plaza de Barcelos, al igual que la parte trasera de la Audiencia de Pontevedra, conservaban todavía una de esas imágenes de una Pontevedra descuidada y en blanco y negro.
Lo que fuera el espacio que acogió el antiguo mercado de ganado, posteriormente la tradicional Feria, que con carácter semanal se realizaba en la ciudad, continuaba siendo a finales de los años noventa un espacio en el que los coches se acumulaban sin ton ni son. Juan Luis Pedrosa, al igual que con la zona posterior de la Audiencia, acometió una reforma integral de ambos espacios en los que sepultó el recuerdo de los vehículos mediante sendos aparcamientos subterráneos, mientras que en superficie se procedió a ganar dos amplios espacios para la ciudadanía.
A la hora de establecer que tipo de reforma se debía acometer, sorprende la presencia en Pontevedra del que posteriormente sería tan reputado como polémico arquitecto, Santiago Calatrava, conocido actualmente por sus grandes proyectos que traen tras de sí numerosos costes económicos y diferentes reparos por parte de sus usuarios y promotores. 
«Vino ayer de París y se marcha ahora mismo», declaró Juan Luis Pedrosa aquel día sobre la importancia y el éxito que significa que un arquitecto de nivel internacional haya dedicado unas horas a conocer ese entorno y plantear una modificación de sus diferentes espacios y utilidades. En esa misma línea Juan Luis Pedrosa destacaba la capacidad de trabajo e ilusión del arquitecto con el que había compartido una cena el día anterior «aún estábamos hablando, después de cenar, ya que nos quedamos hasta las dos de la mañana, y ya estaba dándole vueltas en la cabeza al proyecto. Hoy por la mañana me llegó ya con unos dibujos del aparcamiento tal y como lo concibe él».
¿Y que era lo que concebía Santiago Calatrava? Pues según sus propias palabras buscaba «una plaza de gran calidad y que se ajuste a la dimensión urbana y a la doméstica. Es importante que la gente vea esta zona como un lugar moderno, que al mismo tiempo contenga sitios en los que se pueda estar conversando o sentado en un banco y los niños puedan venir a jugar». Los accesos para los coches serían a través de la calle Genaro Pérez Villamil, una de nueva apertura donde se encontraba la Cristalería Pontevedra y que conectaría con la calle Lepanto, así como la calle Perfecto Feijoo. Las salidas hacia San Antoniño y la antigua calle Secundino Esperón, ahora rúa do Rouco. Al aparcamiento subterráneo se accedería por dos rampas laterales que partirían del actual vial. También tendría un acceso desde la calle Benito Corbal mediante una pasarela peatonal elevada.

Diseño de Santiago Calatrava de la plaza de Barcelos
«Yo tengo un entendimiento de la arquitectura lo más próxima posible a la naturaleza, y un gran respeto por el medio ambiente, y por eso me preocupa el destino de los árboles; por eso queremos dotar a la plaza del mismo número o el doble de los que hay, creando una línea de arbolado en sustitución de los aparcamientos laterales. Junto a los árboles otro elemento llamó la atención del arquitecto y es el muro que cierra el Convento de Santa Clara. Un muro «austero y bello», tal y como lo definió en su momento, y del que también comentó que «tiene unas cualidades que están ahora totalmente deprimidas por los carteles publicitarios. Eso no tiene razón de ser», al tiempo que para su realce planteaba «destacar su valor escultórico y abstracto, creando una alberca-fuente a la que se dotaría de una iluminación frontal, eliminando todas la farolas de su entorno, de modo que en la noche se vería el muro como fondo de la plaza y estaría reflejado en el agua».
Hoy recuerda Juan Luis Pedrosa aquel encuentro que a priori sorprende por poner el ojo en uno de los que se podrían considerar arquitectos estrella del momento y al que a priori parecería complicado acceder. Pero no fue así, como comenta el exalcalde: «A mi me gustaba Calatrava y creo que podría haber hecho en la ciudad un proyecto que fuera atracción de gente como lo son otras de sus obras. Creo también que él tenía una espinita clavada con Pontevedra, ya que hace algún tiempo se había presentado a un concurso por un puente y no lo había ganado. Contactar con él fue muy sencillo, llamamos a su despacho y enseguida, a la vuelta de un viaje, nos llamaron que venía a Pontevedra. Lo fuimos a buscar al aeropuerto e hicimos un recorrido por Pontevedra. Primero vio la plaza de Barcelos de noche, vacía. Le encantó y le impresionó el entorno de la Ferrería y estuvimos charlando hasta las tantas de la noche. A las ocho de la mañana, antes había ido por la plaza a verla otra vez, con coches, ya me presentó una serie de dibujos sobre lo que podría ser ese proyecto». La siguiente pregunta es clara, ¿por qué no se llevó a cabo?, «Nosotros le planteamos que sacaríamos un concurso y que él tendría que presentarse. A lo que nos comentó que ya no se presentaba a ese tipo de concursos, y que tenía una tarifa del diez por ciento de lo que cueste la obra. Lo que para el Concello era una barbaridad, con lo que no había forma de poder llevar a cabo esa contratación», responde Juan Luis Pedrosa, quizás pensando aún en lo que podría haber sido ese espacio que finalmente llevó a cabo Construcciones Bodaño en el primer gran proyecto de humanización de la plaza de Barcelos.



Publicado en Diario de Pontevedra 11/04/2016
Fotografía. Miguel Vidal