domingo, 30 de novembro de 2014

Plátanos y mandarinas



Hablar deportivamente del apellido Domínguez en Pontevedra es hablar de frutas y balonmano. Sucede que, cuando pretendes unir las dos en un mismo artículo lo más probable es que te salga un liderato forjado en nueve jornadas y nueve triunfos. 
¡Casi nada! Media ciudad se alimentó durante décadas de las frutas que la familia Domínguez vendía en su negocio de la calle Sierra, mientras la otra media se acercaba al Pabellón Municipal a ver los partidos del Teucro, y allí aplaudir y vibrar gracias a los diferentes miembros de esa saga en las sucesivas etapas que, generaciones y dorsales, iban protagonizando entre defensas y ataques por el parquet y antes por el cemento. Una relación tan larga provoca, como en toda relación, amores y odios, momentos más alejados en el corazón y otros más intensos, pero siempre con la antorcha laureada iluminando el paso de los días, sean estos más o menos oscuros. 
El penúltimo capítulo de esa conexión lo encarna Quique Domínguez y su llegada como entrenador al banquillo azul. No es fácil venir a un club del que nunca te debías haber ido, como tampoco lo es aterrizar habiendo despegado desde Peinador. Ese aterrizaje provocó en la pretemporada una serie de dudas en muchos, el que esto suscribe, y para que conste en acta lo digo, el primero, que se fueron disolviendo a base de trabajo y buenos resultados, que en el deporte es la única manera de despejar las zonas oscuras, pero también con centelleantes contraataques y la construcción de un equipo que actúa como un bloque granítico capaz de transmitir desde esa solidez ganas e ilusiones. Las victorias fueron llegando. Una, dos, tres, cuatro... y así hasta nueve, el preámbulo necesario para lograr la décima, que comenzará a forjarse a partir de las 20.00 horas de hoy ante el Go Fit, segundo clasificado, que protagonizará un encuentro que no se deberían perder ustedes porque, además de lo seguro del triunfo, les prometo que disfrutarán con un balonmano repleto de atractivos y capaz de enganchar con la afición. 
Cuando Carlos Medinaceli, el brazo armado teucrista en las gradas de media España, fue requerido en Antequera como apoyo logístico para surtir a un desabastecido Teucro de plátanos y mandarinas, en una misión imposible que ríete tú de Tom Cruise, lo que vino fue a aplacar los nervios de un equipo que veía como un rito se podía fracturar, con lo importante que eso es para los equipos en plena racha positiva; pero también para renovar los votos de este equipo con la fruta, y a confirmar que Domínguez+Fruta+Teucro=Victoria, son un sumatorio identitario de este club, con independencia del tiempo en el que nos encontremos. 
Vitaminas aparte, los brazos que de verdad nos están haciendo vibrar y soñar son los de una plantilla a la que el entrenador ha sabido otorgar la confianza necesaria para funcionar como un conjunto lleno de seguridades, algo fundamental para el deportista, y en el que encontrar una fisura, tanto en defensa como en ataque, es muy complicado. Cuando esas complicaciones aparecen es cuando surge otra de las armas secretas de este equipo, como es Toño Puga, inagotable preparador físico que le da sopas con hondas a tanto teórico postmoderno de la preparación deportiva. Cada vez que ha estado él detrás de ese aspecto en el cuadro azul, y otras disciplinas deportivas, todos ellos han tenido mucho más fácil el triunfo. Es un espectáculo ver como el equipo (así, en negrita, sería injusto nombrar algún jugador de manera individual) no se descompone en ningún momento de los partidos y, a partir del minuto veinte de cada tiempo, incrementa el ritmo de juego reventando a sus rivales. Es por ello que en estos momentos este equipo es muy difícil que pierda un encuentro igualado, algo que se produce normalmente en los encuentros como forastero, y de hecho los resultados fuera de casa así lo avalan, victorias mínimas que certifican ese manejo de los momentos decisivos con la cabeza despejada y las piernas a punto. ¡Ah, y lesiones, cero! 
Diez jornadas son ya un buen momento para valorar lo hecho y pensar en lo que vendrá. Justo un tercio de liga hasta el que siempre conviene esperar para no hablar de fortunas o espejismos. Y sin volvernos locos la línea deber ser la misma, la de no moverse de este guión que técnicos y jugadores están escribiendo para gloria de ellos, de la entidad y de la afición. Mientras esos brazos agarren juntos ese mismo balón que los une todo irá mejor, las jornadas se irán sucediendo y ya solo nos falta que los plátanos sigan llegando desde Canarias y las mandarinas desde Valencia.



Publicado en Diario de Pontevedra 29/11/2014
Fotografía: Plantilla y cuerpo técnicos del Teucro. (Javier Cervera-Mercadillo)

mércores, 26 de novembro de 2014

Ilusións feitas sombras

Rue Saint-Antoine nº 170
Cine. A estrea de ‘A Esmorga’ e a inauguración da exposición CineGalicia 25 no Museo do Gaiás, arredor dos vintecinco anos da estrea de tres filmes míticos no noso audiovisual: ‘Sempre Xonxa’, ‘Urxa’, e ‘Continental’ lévanos a mirar algúns anos antes, a un tempo cheo de ilusións e atrancos á hora de establecer os camiños do cine galego.



Se hai unha arte da ilusión esta é o cinema. No seu universo de luces e sombras xogando sobre unha pantalla establécese unha complexa relación entre os propósitos dos seus creadores e o produto final. A súa forte compoñente técnica necesita dunha inversión das que outras maneiras de expresión artística non precisan. Este tipo de situacións déronse de xeito frecuente nos primeiros pasos do cinema galego. Dun cine inmerso, tras o final do franquismo, nunha chea proxectos, ideas e ilusións que moitas veces chocaron coas imposibilidades da nosa «industria», así como da súa financiación.
Cando do 23 ao 26 de novembro de 1989 no Teatro Fraga de Vigo, nunhas xornadas co título ‘Cinegalicia’ estrenáronse ‘Sempre Xonxa’, ‘Urxa’ e ‘Continental’, o cine galego podemos dicir que deixou os seus pantalóns curtos no armario e vestiu con pantalóns longos. Aínda quedaba moito por facer, pero esas tres longametraxes, producidas en Galicia e dialogadas en galego, convertéronse nunha especie de trinidade fílmica dun cine que tivo que loitar moito, a través dos seus profesionais, ata chegar a ese 1989.
Un daqueles protagonistas foi Carlos A. López Piñeiro, codirector xunto a Alfredo García Pinal dunha delas, ‘Urxa’, pero tamén un dos pioneiros daqueles proxectos experimentais e amateurs que foron creando a semente para o que acontecería despois. De feito e coas datas na mans, poderíamos dicir que a primeira longametraxe en galego foi ‘Malapata’, dirixida entre 1979 e 1980 (aínda que xa antes en Super-8 mm. e xunto con Xavier Villaverde, tamén ao fronte da cámara nesta ocasión, realizaran ‘A semente’) e que pese a non ter distribución comercial si que foi exhibida en numerosas asociacións culturais e cine-clubes, nunha interesante iniciativa que levaba as producións do Equipo Imaxe, do que el era o seu coordinador, ata un público que comezaba así a súa relación co cinema galego.
Mirar dende hoxe a aquela ‘Malapata’ e facelo dende o arrepentimento por aceptar un proxecto que non partía do propio Equipo Imaxe, senón dun encargo que, aqueles mozos, desexosos de visibilidade, ante a incipiente chegada da Televisión de Galicia, aceptaron, non sen un longo debate dentro do grupo. Ao pouco de comenzar a financiación prometida foi diminuíndo e aínda así aquela película custou millón e medio de pesetas, unha cantidade irrisoria para unha rodaxe en 16 mm. e a súa postproducción (revelado en Madrid, dobraxe en estudos en Barcelona...) todo iso foi desembocando no fallido do proxecto, pero si que debe ser tido en conta coma esa aventura para dar o gran salto do cine amateur ao profesional que viría despois.
Entre as consecuencias desta produción estaría a disolución dese Equipo Imaxe que, xunto con outros dous, Lupa e Enroba, foron os mantedores dunha produción visual de curtametraxes nos anos setenta alicerzadas polas Xornadas de Cine de Ourense. O grupo Lupa composto por xente do teatro como Euloxio Ruibal ou Roberto Vidal Bolaño; o grupo Enroba liderado por Enrique Rodríguez Baixeras, e o grupo Imaxe fundado por Carlos A. López Piñeiro xunto a Félix Casado e Luis Gayol.
‘Malapata’ foi o punto final dese mundo de ilusións entre sombras que produciron curtametraxes importantes e das que Carlos López Piñeiro si que se mostra orgulloso como ‘A Illa’ (1976), ‘A ponte da Verea Vella’ (1977), ‘Circos’ (1979) ou ‘Érase unha vez unha fábrica’ (1979). E de feito ‘A illa’ recibiu o Premio á mellor película nas ‘IV Jornadas de Cine Independiente’ celebradas en 1976 pola Universidade Complutense, competindo con directores como Fernando Trueba, Fernando Colomo ou Iván Zulueta. Además foi a primeira película galega emitida por televisión, xa que o 15 de agosto de 1976 emitiuse polo Centro Territorial de TVE en Galicia. «Calquera destas curtametraxes reflicte de xeito moito máis fidedigno que ‘Malapata’ cal foi a achega máis específica, distintiva e valorada do Equipo Imaxe á traxectoria do cinema galego», afirma Carlos A. López Piñeiro.
Estes momentos previos ao ‘boom’ do 89 alentáronse cando se creou en 1988 a primeira Asociación de Productores de Galicia co propio Carlos A. López Piñeiro na presidencia, ao que se lle engadiu a presenza na Xunta de Galicia do goberno tripartito no que nomes coma os de Alfredo Conde ou Antón Louro déronlle o empurrón que precisaba o audiovisual, xunto coas primeiras inversións dende a estreada Televisión de Galicia. Foi un punto álxido que se reflectiu nesa colleita de películas e que poucos anos despois volveu a caer no baleiro, froito dunha discontinuidade nos apoios ao noso cine que imposibilitou unha produción máis estable no tempo.




Cinema mudo en galego

O paso do tempo, os desencontros e os esforzos físicos e materiais malograron as ilusións de moitos daqueles pioneiros. O propio Carlos A. López Piñeiro abandoará de xeito progresivo a súa presenza tras as cámaras para adicarse a outros campos como a docencia ou a investigación. E é precisamente dende aí dende onde reivindica un título que debería considerarse como a primeira longametraxe feita en Galicia e dialogada, aínda que con subtítulos, en galego. ‘Maruxa’, dirixida por Rey Soto, e estreada o 12-01-1924 no Salón Royalty de Compostela e que se anunciou cos títulos redactados polo dramaturgo Lugrís Freire. A película chegou a Pontevedra o 29-03-1924, como recolle o autor no imprescindible ‘O nacemento dunha cidade. A implantación do cine en Pontevedra’.


Publicado no Diario de Pontevedra 24/11/2014
Fotografía: Rodaxe de 'Malapata' en Mera. Xavier Villaverde coa cámara e Carlos A. López Piñeiro dando instrucións aos actores.

luns, 24 de novembro de 2014

Un paso máis, un paso firme



Non lle da tregua Diego Ameixeiras aos seus lectores, cada vez máis e máis aferrados á súa proposta literaria e as súas leas narrativas, certamente anovadoras nunha paisaxe literaria, afortunadamente diversa, e na que Diego Ameixeiras defende a súa nova mirada ao xénero negro, asentándoo nas nosas vilas, confundíndose entre unha poboación protagonista dunhas tramas inspiradas na realidade.
Ese cóctel é o que axita o autor cada ano, converténdose nos últimos tempos nunha cita imprescindible da cultura, como o pode ser unha película de Woody Allen coas que nos agasalla cada ano. A intensidade creativa de Diego Ameixeiras xurde desa literatura directa, escueta nas descripcións dos ambientes ou doutros elementos da narración, pero que eleva a súa tensión cando se achega ao ser humano.
Xunto coas súas últimas novelas, ‘Todo Ok’ ou ‘Matarte lentamente’, ‘Conduce rápido’ ven a completar un tríptico desa experimentación que é quen de levantar pola lapela ao lector e colocalo nunha posición de vértixe ante o que sucede en cada un deses libros. Mundos sórdidos que están á porta das nosas casas e que conviven co común dos mortais. Eses mundos crúzanse, xerando azarosas situacións que van desenrolar nuns universos íntimos cheos de forzas, un exercicio ademais de condensación narrativa que aquí ofrece un paso máis fronte a novelas anteriores ao concentrar os feitos en cinco días e balizando cada unha das pasaxes coas súas horas.
Erika é unha moza que ven de roubarlle unha cámara a uns turistas na praza da Quintana, unha caída a leva a casa dunha amiga. Samuel é o seu irmán, quen busca nas rúas de Compostela a oportunidade que mellore as súas vidas. A aparición dun paquete cambiarao todo, así como a presenza de Ventura, un mozo con perigosas ocupacións. Nomes e rúas dunha cidade que se van engedellando, primeiro para facer de Compostela unha paisaxe chea de instantes prendidos na memoria de todos nós, e compoñéndose coma unha personaxe máis da novela, pero serán eses nomes os que enfíen un relato vertixinoso que sube en velocidade ata os instantes finais cando a novela, e cando a escrita de Diego Ameixeiras amosa do que é capaz cunhas situacións cheas de violencia narradas dun xeito maxistral.
‘Conduce rápido’ é un pulo máis a obra deste escritor que ten moi clariño o que quere e que non deixa de dar pasos firmes para acadar o resultado que precisa. Chegou a boa nova deste ano en forma de libro, en forma dunha colmea de personaxes que xa forman parte do maxín deste autor xerador de instantes e narracións inesquecibles para os seus lectores. Toda unha lexión.






Publicado no Progreso de Lugo e Diario de Pontevedra 23/11/2014

domingo, 23 de novembro de 2014

A letra pequena




Fálase moito do impacto da campaña do Concello de Pontevedra adicada á concienciar contra a violencia de xénero. Fálase e fálase, opínase, sae nun medio, sae noutro, fala Mariló e fala todo o mundo. Xaora, a primeira obriga dunha campaña de publicidade, que é dar a coñecer algo, un produto ou un concepto, entre o maior número de cidadáns, está máis que acadada. A primeira derivada e cómo se acada esa repercusión é o certo e que na publicidade, prácticamente todo vale para chamar a atención dos potenciais clientes, sendo neste caso ese todo vale unha ferramenta imprescinbible para achegar unha mensaxe que mire en fite ás nosas miradas, tantas veces alleas e distraídas ao que nos rodea. 
É máis que posible que de facer unha campaña máis light, menos implicada, pasase desapercibida, veríamola polas rúas como unha publicidade máis dentro dun mundo esgotador nese ámbito, que te asalta a cada segundo dende a prensa, a radio, a televisión, as rúas... ben sabemos que neste mundo noso todo é publicidade e todo se converte nunha feira, moitas veces das vanidades. Unha chea de mensaxes que esgotan a nosa mente e que nos obriga a desbotar ou seleccionar moitas desas mensaxes. De aí o éxito do feito por Ovo Publicidade, unha empresa de Pontevedra que pensa dende Pontevedra, o cal tamén é algo de agradecerlle a esta campaña, o de ser quen de poñer en valor o bo facer ao que nos teñen acostumados dende esa factoría de ideas. Ese éxito é que nos paremos ante eses mupis e que eses insultos nos convertan en seres pensantes, aínda que só sexa durante uns minutos, obrigándonos a reflexionar e a que nos demos conta desa miseria moral que é a violencia de xénero. Por desgraza, esta sociedade, a mesma da caca, culo, pedo, pis, aínda se ruboriza coas palabras, que non deixan de ser iso, letras unhas a carón doutras. Ler puta, burra ou porca fai que moitos boten as mans a cabeza sen pararse a pensar no que hai baixo esas letras, e non me refiro á imaxe dunha muller, senón ás historias que aínda se agochan tras as portas de demasiadas vivendas, historias que só cando saen á superficie amosan o fracaso da especie humana e a condea eterna da parella e dos seus vencellos familiares ou do seu círculo de amizades, vítimas colaterais e inocentes dunha rutina enfermiza que posiblemente na súa visibilidade como problema teña gran parte da súa solución ou polo menos da súa minoración. 
A publicidade acada que poñamos o ollo nesas grandes letras, pero o realmente importante, como tantas veces na vida, é a letra pequena, esas dúas ringleiras nas que lemos: «En 2013 morreron 54 mulleres vítimas de violencia machista. En 2014 xa van máis de 40 e seguimos contando», iso é o que nos tiña que causar espanto, unha absurda e noxenta espiral de terror que nos avergoña aos que somos homes cada vez que escoitamos ou lemos nos medios de comunicación que esa cifra medra nos seus díxitos de loito. 
Eses mupis e a súa repercusión balizan o sentimento de repulsa da meirande parte da sociedade nun aviso que non podemos desprezar, e que ten que estar presente dende ben cedo en todos nós. Gústame ver como os rapaces que saen dos nosos centros de ensino pasan a carón deles e abofé que, tras o sorriso inicial por ver esas inxurias ‘esculpidas’, tamén terán o seu instante de reflexión. Está claro que nas súas mans, e as súas respostas ante este peste, ten que estar o futuro da súa solución, ou esa é a nosa esperanza. Mentres tanto, os maiores, tan sesudos e importantes coma nos cremos, pasamos o rato discutindo as bondades ou non dunha campaña publicitaria que non fai máis que saír dese debate de escumas baleiras con máis afouteza que a que xa lle outorgaron os seus creadores cando a pariron. 
Parto feliz, e un máis dende a Pontevedra que muda moitas conciencias e experiencias a través da imaxe, a publicidade ou o deseño. Unha sinal de modernidade na que se traballa dende os últimos anos nesta vila e que xa deixa pegadas importantes en exposicións, publicacións, webs ou calquera tipo de soporte que pretenda achegar unha información ao cidadán. 
Dende esa óptica achegámonos ao 25-N, Día Internacional da Non Violencia contra a Muller que, desta volta, resoa en toda España dende este curruncho xeográfico que cada vez máis reclama a atención do que aquí se fai pola nosa xente. Talento posto ao servizo da comunidade, unha boa forma de facer cidade, de que nos coñezan, pero tamén de que nos coñezamos a nós mesmos, con letras grandes, pero tamén pequenas, as realmente importantes.





Publicado no Diario de Pontevedra 22/11/2014
Fotografía: Gonzalo García

mércores, 19 de novembro de 2014

O pozo da memoria


Nunha das súas acepcións no diccionario Anamnese defínese como: «Teoría da filosofía platónica segundo a cal o recordo leva ao coñecemento». A partir da explicación desta palabra de orixe grega podemos achegarnos a este breve pero intenso poemario de Eli Ríos recoñecido co II Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey que se entrega no concello natal do escritor, en Fornelos de Montes.
Unha intensidade que xurde da afouteza desta moza inxerida xa nesa poesía feita por mulleres na nosa terra que emerxe cunha enerxía e calidade que nos enche de esperanzas e luces para indagar no noso coñecemento. Coñecer a partir do eu, da experiencia que baliza un percorrido vital no que Eli Ríos procura recuperar fragmentos que compoñan a paisaxe actual. A memoria, o tempo, a palabra e o compromiso afiánzanse como as cordas dun ring de boxeo no que plantexar esa procura.
A memoria coma alicerce da liberdade individual. A loita permanente polo eu nesta sociedade que cada vez é menos favorable do eu singular e si do eu común, unha procura pola uniformidade de pensamento e a aniquilación da singularidade.
O tempo,  empregado como ferramenta para tomar conciencia do hoxe . Un hoxe que non se entendería sen un onte ao que volta Eli Ríos coma se estivese ante un pozo de augas, unhas máis frescas, outras máis podres, pero todo, cada un deses caldeiros, artellan parte dun proceso de formación que agroma neste poemario.
A palabra, a materialización do pensamento, en frases máis ou menos longas... menos aínda, dúas palabras, unha soa... Cada unha delas ten a forza axeitada para amosar a súa contundencia. Un exercicio de precisión que abraia por atopar a palabra precisa en cada momento, en cada liña.
O compromiso como fío irrenunciable co ser humano. Cada un dos capítulos que artellan o libro son  unha sorte de círculos que van rodeando a ese ser humano que é quen está no centro de todo. Dende as súas paixóns, medos, desilusións, soños, ledicias, fracasos... en definitiva, todo aquilo que se pega na nosa pel e que, ao fin e ao cabo, é o que nos configura como seres humanos.
É toda unha ledicia atoparse poemarios coma este, que ademáis recoñécense nun certame que, por certo, xa ten aberta a inscrición na súa terceira edición. Unha ledicia que xurde da palabra e da emoción, da capacidade de mirar cara ese espazo tan complexo como é sempre un pasado no que moitas veces aínda quedan non poucas feridas por cicatrizar. Neso estamos agora, lendo e gozando da escrita e da afouteza necesaria para facer do tempo un lugar para o compromiso na valoración, reivindicación e defensa dun ser humano que non deixa de trafegar caldeiros.





Publicado no Diario de Pontevedra 16/11/2014

martes, 18 de novembro de 2014

Palabras e paxaros

Rue Saint-Antoine nº 170
Literatura ▶ Luis Maquieira, co apoio visual de Manuel Ruibal, publica un libro de contos que el mesmo titula como ‘Contos sen importancia’, pero a importancia existe. E existe porque este libro é unha especie de terapia contra o sistema actual, contra un mundo cheo de miserias ao que quizás só dende a mirada dun rapaz se lle pode facer fronte.


Acuna o seu libro coma se fose un cativo. Igual que un neno que ven á vida e ao que seu pai tenta protexer. Fóra fai frío, e o que é peor, o ser humano non fai nada por combatilo. Ben ao contrario, empéñase unha e outra vez en complicalo todo, en seguir apostando polos poderosos, por unhas oligarquías que lle empezan a ver a orellas ao lobo que asoma de xeito firme como rechazo da poboación a moitas das súas decisións.
Luis Maqueira pasa unhas páxinas nas que se van sucedendo pequenos contos. Narracións que xurden da memoria, dun pasado ao que o autor se aferra para tentar soportar as duras compoñentes que, dende hai un tempo, a vida decidiu pousar nel. Contos soportados na afouteza inquebrantable da nenez, aquela patria que Manuel Ruibal volve a citar como fixera o poeta alemán Rilke. «Iso pásanos a todos, o tempo fainos voltar a esa infancia», e o di un pintor que leva tempo retirándolle a mirada ao home. Mellor debuxar animais, seres libres, sen ataduras pola súa vida en común. Dous rebeldes que se xuntaron a carón deste libro, destes ‘Contos sen importancia’, nos que todo é importante.
Coñécense dende hai pouco tempo, uns catro anos, ao pouco de chegar Luis Maqueira á cidade. Aquí coincidiron nun recital do escritor e poeta que deu na Fundación Cuña-Casasbellas e agora reúnense nun proxecto cheo de conquistas. Conquistas creativas, pero tamén humanas. Non é fácil publicar hoxe en día, menos aínda para alguén non moi vencellado aos círculos culturais que se adican ou impulsan eses proxectos. Tras petar a varias portas, sen nengún éxito, deu coa sensibilidade de Gráficas Anduriña. Eles apostaron polo produto e puxeron o prelo a tirar libros. Xa falaremos dos cartos! Parabéns a eles por esta aposta e o cariño demostrado por unha obra que arrodea moitas das canles establecidas na edición e que, dende a liberdade do creador, amosa iso tan meritorio hoxe en día como é a singularidade.
O libro entendido como un conxunto de cousas que unha coa outra presentan un produto de calidade. Así é como ao acubillo deses contos faltaba algo máis, unha achega que enriquecese a proposta de Luis Maqueira, pero cómo se poderían ilustrar a eses seres que protagonizan os relatos? Pois a traves de animais, metaforizacións deses seres humanos libres aos que lles ocorren cousas importantes, aínda que o autor diga que non, porque son as cousas do día a día, o que no conxunto dunha vida definen a nosa felicidade. Así Luis Maquieira pensa en Manuel Ruibal, metido dende hai un tempo en representar a natureza a través dos seus protagonistas animais. De xeito desinteresado («Talento e xenerosidade» é como consta nos agradecementos do libro) o pintor preséntalle ao escritor unha escolma de pezas que serán aínda seleccionadas polo deseñador do libro, Osmundo Barros. Outro nome máis que engadir á lista de afectos e esforzos.
Deste xeito complétase un gozoso itinerario por todas estas  historias xurdidas da memoria dun home aferrado a ela como acubillo da alma ante as marexadas da vida. Desa memoria xurden Antonio el carbonero, Antucho de berretina, ‘O Tanicas’ ou Toñito o Garelo, protagonistas dunhas vidas cheas de bágoas e sorrisos, de bos e malos momentos, pero nos que sempre se mantén firme a súa dignidade, o único que non se lle pode roubar por ninguén ao ser humano. Neses pequenos relatos contéñense as esencias de cadansúas vidas, o aroma que desprende a experiencia, as viaxes, as amizades, os amores... ulíndose en todo o libro a palabra verdade, xa que se algo destilan estes contos é unha pureza alonxada de contaminacións, de elementos alleos que ben podían adornar ou encher de palla o que neles se conta, pero Luis Maqueira é ben consciente da súa pretensión, a de espir ao ser humano daquilo que o pode perverter, procurando que sexa cada vez máis coma paxariños ceibes nos seus voos, nas súas idas e vidas, cos seus movementos sexan como os da fauna de Manuel Ruibal. Esencia e liña, trazo e xesto.
Temos entón nas nosas mans unha desas maridaxes que só a arte é quen de artellar. Un compromiso común entre diferentes actores que non fai máis que poñer en valor a achega de cada un deles a ese material tanxible que é un libro. Dende o intanxible, cada un deles souperon darlle forma a un soño, a algo que bulía na mente deste home tan grande e alicerzado co andamio da memoria.
Ventará, tronará, ergueránse ondas xigantescas pero nada poderá derrubar ese andamio firme e seguro dende o que Luis Maqueira non so escribe, senón que tamén vive. Porque aínda con todo «Qué marabilla é vivir!»



A fauna de
Manuel Ruibal
«Todos os voos posúen unha patria interminable/ e eu aquí, á espera, do húmido e longo inverno/sabendo que outros continentes ignoran o noso calvario».

Este fragmento dun verso escrito por Manuel Ruibal e incluído nestes ‘Contos sen importancia» reflicte dende a palabra parte da súa recente proposta artística baseada na recuperación de seres vivos da natureza. Eses seres que nunca defraudan e que ao artista lle significan na actualidade un inagotable xeito de inspiración que amosa infinitas posibilidades de expresión. As súas últimas exposicións ou publicacións abraiáronnos por esa captación dalgo tan fugaz e etéreo como pode ser o movemento dun animal. Fugaz e etéreo coma o xesto no que se basea para reducir á súa esencia o que é a natureza.

Publicado no Diario de Pontevedra 17/11/2014
Fotografía: Manuel Ruibal e Luis Maqueira no estudo do pintor. (David Freire)

domingo, 16 de novembro de 2014

Memoria (s)

«Faltan uns minutos e teño valor, por vós, pola Terra, por todos. Vou tranquío. Adeus, Vidiña. Vive para os peques e os vellos; abrázaos, confórtaos. Sé Ti, miña Pequeniña ademirable, a máis valente de todos. Alá sentirei ledicia e satisfacción de Ti e de todos.»
(Fragmento da carta escrita por Alexandre Bóveda á súa muller, Amalia Álvarez. 17/8/1936) 


Sudario da dor. Cortizas da memoria xurdidas da liberdade esnaquizada. Bágoas recollidas dun mar embravecido pola ignominia e o rancor. Anacos dunha árbore atormentada polo goteo da morte e os silencios que estouraban deixando tras de si outro silencio aínda maior. Nun deses silencios penetrou Amalia Álvarez, coma se entrara na escura boca do lobo, para recoller esas cortizas dese monumento natural á crueldade que co tempo foi derrubado para evitar así convertelo nun lugar de peregrinaxe e loito. Agochadas nun pano durante décadas, os seus fillos deron conta desta impresionante mostra de pena fosilizada durante o tempo para hoxe simbolizar os feitos que aconteceron naquel novembro do terror.
Poucas testemuñas atoparemos máis intensas ca esta para reinvicar e lembrar (que importante é este verbo, esta acción á que nos vemos obrigados coma membros dunha comunidade) á hora de poñer en valor o sacrificio de tantos tras décadas de esquecemento. Dese esquecemento debemos saír mirando á cara ás historias de todos aqueles que ata agora só eran números nun listado de vítimas e traballar dende o combate da memoria. E facelo dende as súas historias, falando cos que coñeceron e lembran aqueles feitos, apañando eses materiais que son parte das súas vidas e que subsistiron agochados en faiados ou caixóns convertidos en caixas fortes nas que se pechan as pantasmas do pasado.
O luns o concelleiro Luís Bará, nunha charla que terá a súa repetición, desfiou a madeixa deses nobelos de vidas fracturadas a partir de fotos, textos, obxectos... Historias arrepiantes por cómo sucederon, pero tamén por cómo tardaron en contarse. Nomes dos que algúns non coñecíamos máis ca iso, o seu nome escrito nalgún libro ou nunha placa, pero aos que agora xa poñemos rostro, amosando tamén o primeiro que hai que facer cando se fala destas vítimas: poñerlles cara, coñecer o seu relato para darnos conta do que aconteceu, pero sobre todo, para por fin pechar esas feridas aínda abertas e polas que mesmo supura unha mágoa irrefreable.
Mes da memoria. Mes das memorias. Chega novembro deixando o seu rastro de outono. Follas caídas dunhas árbores cada vez máis indefensas, cada vez máis febles ante as primeiras acometidas dun tempo de escarnio e maldecir. Pontevedra suxeitase a este novembro para recoller esas follas da memoria que lonxe de secar cada vez que as recollemos amósanse máis e máis fortes. Follas dunha memoria que nunca deixaremos podrecer e que ten no 12 de novembro a súa data senlleira. Este ano o acto de recordo ás vítimas da senrazón trasládase ao vindeiro venres co gallo da inauguración dunha escultura adicada a eles, a súa memoria e á súa morte, como bandeira da liberdade.
Unha boa idea, á espera de cómo se resolva, que serve para continuar mantendo aceso ese facho que todos eles prenderon. Os dez que foron fusilados na Caeira o 12 de novembro de 1936, pero tamén, ao seu carón, o recordo de tantos que caeron froito dunha represión física alongada no tempo coa represión mental dos que os sobreviviron. Do mesmo xeito, tamén neste mes, procederase a reivindicar a memoria da Corporación Municipal de 1936. Representantes elexidos democráticamente polo pobo que, xunto con numerosos funcionarios, foron represaliados, e aos que nunca se lles prestou a atención e respecto debido. Nin aquí nin en ningún lado, como se aínda estivésemos baixo o feitizo desa Transición que agora se descose por tantos recunchos deixando unha paisaxe desoladora, ao tempo que nos desperta, labazada tras labazada, do encantamento que tan cómodamente se aceptou para sellar a lápida da ditadura.
Dende que o pasado luns me atopei con estes pitelos dos piñeiros da Caeira nos que foron fusilados tantos cidadáns desta apacible Pontevedra, non podo deixar de pensar as veces que Amalia Álvarez pecharía o seu puño con este relicario dentro del, na procura das forzas que abofé tantas veces lle flaquearían, pero que eran necesarias para «vivir para os peques e os vellos», como lle deixou escrito Alexandre Bóveda, de xeito tan doce coma heroico, no último suspiro da súa vida. 
Sigamos por moito tempo recollendo estas follas de outono, dun novembro de memoria e memorias, para encher con elas as polas das árbores ergueitas da resistencia.




Publicado no Diario de Pontevedra 15/11/2014

mércores, 12 de novembro de 2014

12 de Novembro

ANO TRAS ANO os seus nomes xurden do recordo. Vítimas da sinrazón, o odio e o inexplicable. Eles morreron e foron silenciados para seguir elevando o grao de maldade que o ser humano é quen de acadar. Hoxe os seus nomes volven para que lembremos, sobre todo para que lembremos. Lembrar é respectar o que foron, acompañar aos seus descendentes e honrar o seu sacrificio. Os seus nomes esmagan aos daqueles que remataron coas súas vidas, impresos nos libros de historia, pero alonxados das nosas mentes e corazóns.
É unha mágoa ese puntual traslado de data da tradicional homenaxe que esta cidade lles rende ano tras ano. A data é a data e as cousas podían axustarse ao verdadeiro sentido deste día.
Hoxe fican gravados: José Adrio, Germán Adrio, Telmo Bernárdez, Amancio Caamaño, Víctor Casas, Ramiro Paz, Juan Rico, Paulo Novás, Luis Poza e Benigno Rey.

Entre Dous. Diario de Pontevedra 12/11/2014

martes, 11 de novembro de 2014

Fundiciones íntimas

Rue Saint-Antoine nº 170
Escultura ▶ La exposición que el Museo de Pontevedra dedica al escultor pontevedrés José Luis Penado hasta el 16 de noviembre nos presenta una obra íntima, frente a esa escultura urbana que nos acompaña en nuestros recorridos por la ciudad. Piezas que salen a la luz para comprobar la fascinante habilidad de este creador para trabajar el hierro.


Toreros, pescadores, árboles, bailarinas, niños, mujeres, hombres... figuras que desde la inmovilidad del material con el que están construidas salen del estudio del artista para hacerse visibles, para conocer el contacto con el espectador, estableciendo un tránsito de lo íntimo a lo público. Acostumbrados a pasar cada uno de nuestros días ante la escultura del loro Ravachol en la plaza de la Peregrina, ante el gran árbol que corona la plaza de Barcelos o bajo ese rastro humeante que cuelga del puente del ferrocarril en Monte Porreiro, algunas de las esculturas públicas que José Luis Penado tiene en Pontevedra, esta perspectiva de su trabajo más privado, más recogido, nos ofrece una perspectiva sorprendente y novedosa de su obra.
No me gustaría hablar de reividicaciones a estas alturas de la vida de un escultor con una trayectoria tan larga, pero sí que en demasiadas ocasiones sus etapas creativas se han visto acompañadas de un largo silencio. No muy habitual del mundo expositivo, su obra suele relacionarse más con el público desde la ciudad como hilo conductor a través de unas piezas que se ubican en diferentes localizaciones y ante las que muchas de las personas que pasan ante ellas todos los días de su vida, desconocen lo relacionado con su autoría. Es por ello que una exposición de José Luis Penado es un acto de justicia con esa trayectoria, con un trabajo realizado en demasiadas ocasiones cara el interior del artista, y que se transustancia en su espacio de creación más inmediato, el taller. Que en prácticamente todas las piezas que conforman la exposición conste su procedencia como ‘Colección del artista’ pone esa circunstancia en valor y nos ofrece una cara nueva de su obra. Estos trabajos son los que llevan acompañando jornada tras jornada al escultor en su quehacer diario. Aquello que ve a su alrededor hora tras hora en el estudio emerge ahora de forma libre. Cada pieza reclama lo que es suyo, su espacio, su relación con su entorno  (y aquí es una pena que las piezas no se adecúen en un espacio con mayores prestaciones para la escultura, al estar muchas de ellas aprisionadas contra los muros de un recorrido que no es el más idóneo para este tipo de muestras) y con el público que las debe rodear y descubrir en todas sus posibilidades. Una vez que comenzamos a hacerlo reconocemos al gran escultor, al que necesita bien poco para lograr mucho, el que hace del material y del vacío parte de un diálogo que es la verdadera preocupación del escultor, muy por encima del motivo.
De ese diálogo surge una obra que bebe de las inagotables fuentes de la escultura que hizo tabla rasa con siglos y siglos de dogmatismos y convencionalismos. Picasso, Gargallo, Julio Gónzalez componían sus figuras como planos en el espacio, dibujos en el aire materializados en la contradictoria fluidez del hierro. José Luis Penado honra a esos descubrimientos avanzando, por su parte, en una mayor humanización de esos postulados y en la aproximación al ser humano de esos planos mucho más dulcificados, pero sobre todo, eso es algo que percibimos en algunas piezas como su bailarina o una escena futbolística; pero también respetando aquel ideario vanguardista en las interpretaciones que hace de la naturaleza con sus árboles, sintéticos, reflejo de una naturaleza que parece, en ocasiones, fundirse con el espectador.
Ante el trabajo de José Luis Penado es imposible permanecer ajeno, no hay más que situarse durante unos minutos en esta exposición o ante alguna de sus piezas urbanas (en esta cita se echa en falta alguna aproximación a su trabajo público). ¿Porqué no en la plaza de Barcelos ante ese hombre convertido en un árbol, o ante ese árbol convertido en un hombre?, metonimia que también participa de esta exposición con la maqueta empleada para acometer en su siguiente paso la figura final. En esta pieza, una de las más fascinantes de su trabajo, tanto por su adecuación al espacio como por el resultado formal, vemos al escultor maduro que domina las posibilidades de la materia y la capacidad de la escultura para transmitir evocaciones con un  lenguaje al servicio del fin propuesto.
La escala muda, pero la idea y la sensibilidad por una concepción artística se prolongan en todas las piezas que conforman esta exposición que abre, no solo las puertas del taller, en esa forja de lo íntimo, sino que también apuesta por abrir la percepción que el público de Pontevedra tiene de un escultor con el que se mide día a día, aunque en ocasiones nuestras miradas, distraídas, ajenas tantas veces a lo que nos rodea, no reparen en que vivimos rodeados de hierros que nos hablan y quieren dialogar con nosotros a través del material y el hueco, a través de José Luis Penado.


La ciudad balizada por Penado

La figura del loro Ravachol, el ‘árbol’ de la plaza de Barcelos, el rastro humeante en el puente del ferrocarril de Monte Porreiro; pero también el Cristo que corona el altar de la Iglesia de la Virgen del Camino, o los monumentos a los navegantes que se hayan en la Alameda de Pontevedra o en la plaza del Peirao. Todas ellas son piezas que marcan el itinerario público de José Luis Penado en la ciudad de Pontevedra. Una relación diaria con la ciudad que conjuga el respeto al motivo que se debe hacer con motivo del encargo, con el trazo personal que ha configurado una carrera escultórica. Una lógica que muchos otros autores pervierten pero que nuestro protagonista convierte en una seña de identidad que define no solo una trayectoria, sino también una personalidad artística.


Publicado en Diario de Pontevedra 10/11/2014
Fotografía: Exposición de José Luis Penado en el Edificio Sarmiento del Museo de Pontevedra (David Freire)

luns, 10 de novembro de 2014

Aurora


Aurora
NON SON poucas as ocasións nas que unha gran figura, do eido que sexa, ensombrece todo aquilo que tente medrar ao seu carón. Este foi o caso da recén falecida Aurora Bernárdez, a viúva de Julio Cortázar, quen aínda así soubo manter a súa afouteza ante a xigantesca figura do gran Cronopio. Caladiña, sen facer ruído, traballou como tradutora de escritores como Flaubert, Camus, Sartre, Faulkner... pero tamén como gran defensora da obra de quen foi o seu marido e co que, malia a súa separación, mantivo sempre unha boa relación. Os últimos tempos, nos que se celebrou o trixésimo aniversario da morte e o centenario do nacemento do escritor, serviron para recuperar e traballar en moitos dos seus textos. Neste labor Aurora Bernárdez volveu a amosar a súa grandeza e xenerosidade para seguir aportando o seu saber e a súa forza para que o Universo Cortázar seguise a medrar.

Entre Dous. Diario de Pontevedra 10/11/2014

El océano en una botella


Meter el océano de la literatura en una botella y desprenderse de ella hasta que llegue a los lectores es la pretensión de Juan Tallón al hablarnos de estos ‘Libros peligrosos’. Un peligro que nace de la rendida pasión que la lectura de cada uno de esos libros puede provocar. Esa botella, desbordada ante su propia pretensión a la hora de la inasumible capacidad contenedora de emociones, afronta entre las consecuencias la de volver a hacer literatura a partir de ella misma, así como armar un corpus literario a partir del andamiaje de los Faulkner, Onetti, García Márquez, Vargas Llosa, Dostoievski, Talese, Balzac, Cunqueiro, Salinger, Vila-Matas, Auster, Tizón, Oates... y así seguiríamos con un listado que finaliza solo cuando Juan Tallón coloca el punto final, a buen seguro que limitado por las imposiciones editoriales. Hasta ese punto final el autor desgrana su relación con todos esos libros que de una u otra forma se han ido adhiriendo a su piel para formar parte de su propia esencia. Cada uno de esos libros es un episodio repleto de intensidades afectivas que evidencian el poder pasional y fascinador de lo literario, pero también es una suerte de anillos que se van entrelazando de manera genial para afianzar un territorio personal e íntimo, repleto de brillantes momentos literarios con frases que uno abraza como en un gigantesco abrazo común con toda esa constelación de libros.
Brioso en la expresión, Juan Tallón ejerce de Cicerone por territorios ya explorados, al tiempo que deja infinidad de puertas abiertas por las que el lector tiene libre el paso para reconocer esas geografías literarias. Volver a ‘Mientras agonizo’ de Faulkner o a ‘El astillero’ de Onetti, son regalos que, a quien suscribe bajo esas mismas filias literarias, hace Juan Tallón, pero igual regalo es plantear el deseo de saldar esas deudas pendientes que todos tenemos con libros que todavía esperamos descubrir como los ‘Diarios’ de Alejandra Pizarnik, ‘La señora Dalloway de Virginia Woolf o ‘La noche que llegué al Café Gijón’ de Francisco Umbral, por citar unos pocos. Ese maravilloso terreno del descubrimiento queda ahora expedito y alejado de vergüenzas propias por no haber leído todo lo que se debería haber leído, pero ahí nos queda el as en la manga de la primera vez, la gozosa sensación del descubrimiento del placer literario. Gracias señor Tallón.
No hay duda de que cada lector hubiera hecho su propia selección llenando la botella con los diferentes libros que nos han dejado huella. Juan Tallón lo sabe y poco le importa, aquí ha construido su itinerario por géneros, épocas y autores, un libérrimo recorrido que nos acorrala entre hitos literarios, entre paradas en las que estamos obligados a detenernos, para seguir creciendo en tantos y tantos sentidos.



Publicado en Diario de Pontevedra y El Progreso de Lugo 9/11/2014

sábado, 8 de novembro de 2014

CataS.Ó.S.


«La fraga es un tapiz de vida apretado contra las arrugas de la tierra; en sus cuevas se hunde, en sus cerros se eleva, en sus llanos se iguala. Es toda vida: una legua, dos leguas de vida entretejida, cardada, sin agujeros, como una manta fuerte y nueva, de tanto espesor como el que puede medirse desde lo hondo de la guarida del raposo hasta la punta del pino más alto. Donde fijáis vuestra mirada divisáis ramas estremecidas, troncos recios, verdor; donde fijáis vuestro pie dobláis hierbas que después procuran reincorporarse...» (‘El bosque animado’. Wenceslao Fernández Flórez)



Follas que escachan a cada paso que dás sobre un manto de outono. Rechouchíos de paxaros que lle poñen o fío musical a un bosque pletórico de verdes, marróns e vermellos que adornan unha paisaxe na cerna de Galicia. Iso é só unha parte do que é unha fraga, un espazo máxico no que se agocha, coma en poucos espazos da nosa terra, a nosa verdadeira identidade. A que nos afunde na natureza da que Galicia é unha prolongación comprometida, a que nos vai fiando con todos aqueles que pasaron por aquí antes ca nós para deixarnos un tesouro que estamos obrigados a manter, ao tempo que gozamos del coma un acubillo apegado á alma.
Fai poucos días fun a miña aldea chamada Noceda, unha parroquia de Lalín, na procura desa paisaxe da infancia debuxada con prados de mil verdes, valados nos que se pousou o tempo, mazás verdes que te estremecen cando as mordes, amorodos cun sabor que xa nunca atoparei e fontes de auga fresca nas que ao beber un sente a inmortalidade. Xa ía un tempo que non poñía os pés nela e non percorría algúns dos escenarios dese tempo pasado cun sempre gusta visitar como se fose un manancial no que procurar a afouteza necesaria para o día a día. A carón da casa dos meus avós ábrese unha carballeira, escenario mítico que daquela semellaba xigantesco e no que pasaba moitas horas de xogos, conversas entre veciños e afectos convertidos agora en recordos. Aquela virxinidade natural, e ata a sentimental, aparece agora sementada de estradas, camiños sen moito senso, coches, ausencias de árbores e melancolías que, coma a hedra, foron enchendo todo cunha costra fronte á que un se sente feble e sobre todo cheo de tristura.
Non moi lonxe, a incerteza ensombrece a saúde doutro deses espazos máxicos, a fraga de Catasós, un auténtico monumento que agora vese asoballado pola intención de chantar nela unha liña de Alta Vergoña, perdón, de Alta Tensión, coma se non houbese outro lugar por onde pasar a electricidade. Coido que a ninguén se lle ocorrería derrubar a Catedral de Santiago para que atravese unha liña eléctrica e abofé que se atoparía un percorrido alternativo, aínda que iso signifique un maior custo económico. Qué son os cartos á carón de tantos séculos de historia? Por qué aquí non se realiza ese plantexamento?
Penso cando nos botamos ás mans á cabeza ou cando saímos alporizados ás rúas porque un petroleiro enche de chapapote as nosas costas e as nosas almas, ou cando un lume asola outras fragas, como foi a do Eume, aínda recentemente. Penso nas mobilizacións, nas medidas económicas, nas promesas e nos feitos que buscan reparar de xeito improvisado o que xurdiu dunha desgraza inesperada. E agora somos nós mesmos, bueno, mellor dito algúns, como poden ser os promotores desta barbarie, Unión Fenosa, así como os políticos ou os xestores que nada fan para pararlle os pés aos que queren esnaquizar o que tantos anos levou compoñer.
É evidente que non evolucionamos ben como especie cando lle damos ás costas á natureza, cando posibilitamos o derrubo daquilo que nos sostén como colectivo, abofé que moito máis que outras cousas ás que lles damos máis prioridade. Pobres de nós! nuns aniños xa non estaremos aquí e estas árbores, se non se produce o ‘arboricidio’, permanecerán firmes e afoutadas para que outras xeracións gocen delas.
Pouco a pouco vai medrando a reacción do pobo. Xentes que se mobilizan, que berran por tentar parar todo isto. Hai iniciativas nas redes sociais nas que se pode firmar para visibilizar ese apoio e intentar frear a ignominia. Unha corrente de solidaridade que non é máis co compromiso da xente con nós mesmos. Eu non quero que aos nenos desa zona lles pase como me pasou a mín cando volvín a miña aldea e atopei o fin dun soño, o soño dun neno que sempre terá naquela carballeira un espazo de inspiración, un berce ao que voltar dende os recordos para saber o que en realidade é importante na vida.




Publicado no Diario de Pontevedra 8/11/2014
Foto: Vista da Fraga de Catasós (Óscar Corral. Efe)

martes, 4 de novembro de 2014

Érase un hombre pegado a una cama


Rue Saint-Antoine nº 170
Literatura ▶ La Casa de América en Madrid abre el interior, no solo literario, sino vivencial, del escritor uruguayo Juan Carlos Onetti. Una muestra sembrada de curiosidades entre las que emerge esa nave literaria en forma de cama en la que el autor del ciclo de obras ubicadas en Santa María se embarcó para pasar los últimos veinte años de su vida.


«Se nace cansado, y se vive para descansar. Ama a tu cama como a ti mismo. Descansa de día para dormir de noche», estas frases forman parte de los estatutos del llamado ‘Club de los que nacieron cansados’, y que, plastificadas, colgaban de la pared sobre la que se apoyaba la cabecera de su cama en su piso madrileño de la Avenida de América. Juan Carlos Onetti llegó a España en 1976 huyendo de la ola de dictadores que se impusieron en la América Latina de los setenta y también en su Uruguay natal. Cuatro años después recibía el Premio Cervantes por una prodigiosa obra, quizás todavía hoy no lo suficientemente valorada, en comparación con la de otros compañeros de camada de aquel boom latinoamericano que trastocó renglones y relatos para configurar una literatura maravillosa. Pero esos años ochenta también sirvieron para crear un aura misteriosa en torno a su figura y a su encierro frente al mundo en ese piso, embarcado en una especie de nave atemporal como fue su propia cama.
Hasta el próximo 16 de noviembre la Casade América de Madrid ofrece la posibilidad de rastrear ese encierro, de orear el tiempo pasado entre esas paredes con la compañía de su esposa, Dorotea Muhr, una perra fox terrier, montañas de novelas policíacas y ríos de whisky. Decidir cambiar la verticalidad de la vida por la horizontalidad del retiro sirve ahora para revisar aquellas horas rodeadas de objetos que jalonaban una vida y obligaban al autor a revisar ese tiempo pasado y construído desde un proyecto literario que tuvo, en esa Santa María una patria bajo cuya bandera se acogieron la mayoría de sus relatos. Una revisión desde el Cono Sur de la Yoknapatawpha de un William Faulkner con el que el autor de ‘El astillero’ presenta numerosos contactos. De él se dijo en el día de su muerte que fue el autor del ‘Boom’ que unió las dos literaturas del continente, la del Norte, con su admirado Faulkner, y la del Sur, a través de una obra generadora de un universo singular. Una realidad paralela a la que acontecía a su alrededor y de la que se fue separando cada vez con mayor insistencia, hasta esos últimos doce años madrileños en los que su cama fue su patria. Llevaba ya unos años en ella cuando un director de un periódico le ofreció la oportunidad de escribir un artículo sobre Europa. «¿Europa?, dijo el escritor uruguayo. «¿Pasa algo en Europa?, ¿Pasa algo que merezca la atención? Lo que sí puedo escribirle, si quiere, es un artículo sobre los recuerdos de mi infancia».
Y es que la infancia vuelve una y otra vez a ser ese elemento de ignición del recuerdo en el ser humano, la oportunidad de preguntarse qué es uno y a qué obedece lo que es hoy. Desde esa cama Juan Carlos Onetti miraba una y otra vez al pasado, a sus recuerdos y a sus propias obras, instaladas a la orilla de ese río que cruzaba la localidad de Santa María. Todo un universo donde el ser humano intentaba deshacerse de un destino plagado de frustraciones, de impedimentos para la consecución de una felicidad raramente presente en sus escritos. Pesimismo y negatividad que confluyeron en un encierro final al que numerosos escritores peregrinaban en busca de conocer la fuente de sabiduría en que el tiempo había convertido al escritor uruguayo. Una fuente de la que todavía, pese a la edad, manaba un agua fresca, llena de ocurrencias y de destellos de su genialidad. Periodistas y escritores eran recibidos en ese ambiente, un escenario en el cual se sentían absorbidos por esa puesta en escena de un mito de la literatura en pijama y rodeado de una serie de elementos que ahora se disponen en esta exposición tal y como estaban cuando falleció el escritor. Junto a todo ese imaginario la exposición se completa con otros objetos muy ligados a su vida como libros, cartas, manuscritos, gafas, pasaportes, primeras ediciones, fotografías...
Un año antes de su muerte, en 1993 publicó la que sería su última novela ‘Cuando ya no importe’, redactada en esa cama y a la hora que fuese necesario, ya que allí estaba siempre la buena de Dolly, a la hora que fuera, del día o de la madrugada, para tomar nota de la ocurrencia de Juan Carlos Onetti. Esa obra fue el fin de su carrera y de esa saga de Santa María. Su nivel dista mucho del alcanzado en títulos paradigmáticos de su carrera y de la invención de esa localidad como ‘La vida breve’, ‘El astillero’ o ‘Juntacadáveres’, momentos cumbres en la construcción de una ficción literaria que cada vez más se fue acercando a la realidad, una fina línea que, sobre un colchón, acabó de pulverizarse en la creación de otra ficción, la de un escritor que se refugiaba en sí mismo y en aquello que realmente conformaba su patria, ni más ni menos que la literatura, el arte de generar ficciones.

La visita de Caballero Bonald
«Un día de un otoño de los años ochenta fui a visitar a Onetti. Vivía en un piso algo sombrío y estaba retenido en una de sus obstinadas fases de acostado. Esa situación de residente estable en la cama dotaba al novelista de un aire de enfermo imaginario o de excéntrico personaje de alguna novela no escrita todavía. Y allí estaba Dolly ejerciendo de veladora de cada uno de los días de Onetti, esa última y definitiva sin la que muy deficientemente se puede entender en puridad la vida de un escritor (...) Cuando yo lo conocí, se había pasado del vino tinto al whisky- por prescripción facultativa, según decía- y sólo leía novelas policíacas: Chandler, Simenon, Hamett, Jim Thompson, incluso algunas novelitas negras de frágil calidad y enredo curioso. Apenas escribía o solo algunos fragmentos...»

Publicado en Diario de Pontevedra 3/11/2014
Fotografía: Dolly, la viuda de Juan Carlos Onetti, ante la cama del escritor. Hugo Castro (Efe)


luns, 3 de novembro de 2014

Piercing

PABLO IGLESIAS se ha quitado el piercing que llevaba en su ceja. El mozo huele a ‘Eau de Moncloa’ y comienza a acicalarse para salir bien en la foto que presagian las encuestas del fin de semana y corean los altavoces mediáticos a toda pastilla. ¿Un estilo, personalidad, principios?... y si estos no les gustan tengo otros, que diría Groucho Marx. Los asesores del candidato a presidente del Gobierno le han hecho retirarse el metal para seguir haciendo granero. No hay problema, las encuestas, el calentón general y los corruptos llevan en volandas y ligero de equipaje al líder de ‘Podemos’. Todo sea por la salvación nacional, porque flote el salvavidas de una patria que se hunde en su propia mierda. Bienaventurados seréis los que veáis su luz porque ella os marcará el camino hacia un nuevo tiempo de progreso, esperanza, paz y felicidad. ¿Por qué jugarnos todo por un piercing?

Entre Dous. Diario de Pontevedra 3/11/2014

domingo, 2 de novembro de 2014

Unhas receitas de medo


Dela fala Manuel Bragado, director da editorial Xerais, como dunha integrante da xeración da esperanza da nosa literatura. Case nada! Eu non lle cargaría con esa responsabilidade, simplemente falaría dela como dunha nova realidade que sente a Literatura como parte súa e como xeito de expresarse nesta sociedade nosa.
A esperanza, de habela, aínda que cada vez un teña menos motivos para tela, é o que hoxe temos nas mans, este libro viscoso, fedorento e xoguetón que Ledicia Costas argallou e que foi recoñecido co Premio Merlín de literatura infantil. Ao seu remate un abeizoa a decisión do xurado que foi quen de  ver nesta ‘Escarlatina, a cociñeira defunta’ o material preciso para este recoñecemento.
Un neno que quere ser cociñeiro e a presenza dunha cociñeira falecida no século XIX son os protagonistas deste relato vencellado ao mundo dos defuntos, a ese alén que tan afastado pode semellar para a literatura infantil pero ao que Ledicia Costas outorga unha apaixoante identidade que abofé fará as delicias dos cativos, e tamén dos maiores. Asegúrolles que si. Unha aposta que pode semellar difícil pero que, á vista do resultado, amosa a afouteza da autora e a confianza nas súas posibilidades. Todo o relato semella enchoupado por esa fantástica ambientación victoriana pero tamén cunha pátina do benquerido universo de Tim Burton, ao que incluso se lle fai un chisco nalgún instante, que permite que o lector visualice de xeito rápido todo ese mundo xurdido do maxín de Ledicia Costas, pero tamén brilantemente corporeizado, nunca mellor dito, polas ilustracións de Víctor Rivas.
Podemos falar doutra das achegas do libro, e para nada pequena ou desprezable, senón ben ao contrario, como é a importancia da cociña e a súa inclusión no terreo literario. Esa motivación dos protagonistas pola cociña, salpícase dunha serie de receitas que abren cada un dos capítulos do libro, todo un receitario de medo que fai salivar a calquera, aínda que logo esas receitas se vexan substituídas por outras moito máis ‘complexas’ para o ser humano, pero non así para os habitantes dese inframundo no que cae Román, o neno protagonista.
Ese xogo de dous mundos, o da realidade e máis o do alén, xunto con todo un universo de seres, ímolos a chamar así, que completan ás personalidades dos protagonistas, artellan un imaxinario abraiante, abofé que merecedor do Premio Merlín, pero tamén da confianza dos lectores que descubrirán e participarán dun itinerario insospeitado no que non borrarán o sorriso da faciana, pese algún xesto de noxo, parte da peaxe que hai que pagar por ir ao mundo dos mortos. Eu deixolles, que me poño a escribir e escribir... e teño no forno unha larpeirada que xa me cheira a torrado.





Publicado no Diario de Pontevedra e El Progreso de Lugo 2/11/2014

sábado, 1 de novembro de 2014

Era visto!



Se o día veu cheo de boas cousas é a guinda perfecta, o fin de festa. Pola contra, se a xornada estivo plagada de malas novas, de feridas na alma (e abofé que ao longo desta semana houbo dabondo, aggghhhh!!!!) é o bálsamo necesario para alivar esas feridas. Eles sempre acadan a pretensión máxima que debe ter calquera espectáculo, o da evasión, o de conseguir arrincar un sorriso con independencia das situacións personais que a vida pega na nosa pel hora tras hora.
Eu supoño que xa todos vostedes os coñecen. Que nalgún momento caeron nas súas redes e compartiron con eles as andanzas nese microcosmos que é Lameiro, por centrarnos nalgún sitio, aínda que calquera punto de Galicia, dende o máis pequeno ata o rincón da vila máis grande, podería ter acollido a esta fauna. Era visto! é un produto deses que nacen sen facer ruido, que se van pousando na pantalla de televisión e nas nosas vidas de xeito paseniño e cando te das conta xa forman parte das nosas familias e dese terapéutico momento do día no que un busca desconectar das horas anteriores. Á vista está que non son necesarias grandes superproducións, nin carísimas campañas mediáticas para que un traballo de televisión chegue ao público, só fai falla confianza, calidade e imaxinación. Un cóctel que ben axitado pódese consumir en calquera momento e en calquera lugar, ata no Puskas.
En poucos sitios teño visto a esta Galicia e a súa idiosincrasia (cómo me gusta esa palabra!) aberta en canal como na esquina da barra do Puskas ou no sofá de Moncho. Dous escenarios, o do fogar e o do bar, nos que se poden resumir moitas vidas e moito tamén do que nós mesmos somos. Nunha apresurada aproximación pódenos parecer unha carallada, catro tolos botando unhas risas, pero non, alí fálase do que nós mesmos somos, das relacións da familia, do mundo laboral, das relacións cos amigos, pero sobre todo da paisaxe dun país que muda de xeito apresurado dentro desa mestura do mundo rural e o urbano. Cando vexo a Moncho xunto a Lino e a Puskas falando do divino e o humano, meténdose nalgunha lea, ou simplemente tentando arranxar este mundo noso, non vexo máis ca talento, nas interpretacións, nos guións, no facer do sinxelo algo moito máis complexo, empregando esa arma invencible que é o humor. Todo desemboca nun costumismo cunhas afoutezas moito máis fondas das que nos poida parecer. Ter a capacidade de rirse dun mesmo e do que somos como sociedade pódese facer deste xeito tan cheo de posibilidades. Eu cada vez que vexo a estes tres falando debezo por estar a carón deles, por botar unha parrafada e tomarlle un viño cuns manises. Polo de agora conseguín esta imaxe, feita estes días en plena rodaxe, un agasallo para os lectores do Diario de Pontevedra no que esta tríade do humor mira cara nós como nos miramos cara eles á notiña. Cantos segredos sobre a realidade galega se agochan nesas faragullas de cacahuetes?, qué tan avispadas son esas miradas nas que se burla acotío a seriedade que tantos queren impoñer as nosas vidas!
Moitas veces adoitamos mirar por riba do ombreiro traballos ou series feitas no noso sector audiovisual. Nós non imos facer True Detective ou Breaking Bad, mira!, ao mellor nin queremos, porque non nos representa, e ademais, qué sentido tería? pero si que somos quen de facer producións máis que dignas que sobre todo veñen a falar moi ben dos nosos profesionais, dese mundo da imaxe, que engloba non só aos que saen na pantalla, senón tamén dos que están detrás: guionistas, productores, iluminadores, maquilladores... que acadan achegas tan meritorias como o foi Matalobos ou o é agora Serramoura ou este Era visto!, por falar dalgúns traballos que, dende o meu entender, acadan un puntiño máis de xenialidade que outros que tamén danlle lustre á Televisión de Galicia.
A mín non me chega a hora para botarme no sofá e que eses sketchs me coloquen ante este muestrario galaico, e que Moncho comece a meterse en leas, que Elvira e Kevin lle fagan bulir a cabeza como só eles saben, que don Anselmo o poña contra a ‘espalda’ e a parede, e que o bo de Monchiño procure consellos, pero dos bos, na barra do Puskas. Bimbios cos que facer un cesto no que todos estamos metidos, un acubillo no que agocharse do que nos está a ocorrer cada día. Nese punto é no que unha risa é un tesouro para tentar comprendernos e ser un chisquiño más felices. Non é sinxelo, pero Era Visto! o consegue. E o fai porque sabe ben o qué tan complexa é a raza humana!





Publicado en Diario de Pontevedra 1/11/2014
Fotografía: Carlos Ares