UN ANO MÁIS chegamos a este 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, con campañas de concienciación, con actos para a reflexión e con facianas de famosos sacudindo as nosas mentes, pero é mañán, qué pasará mañán?, qué pasará o vindeiro mes ou todos os meses que restan ata o 25 de novembro de 2014? Pois xa llo direi eu, que escoitaremos arrepiantes noticias de mulleres golpeadas, de mulleres asasinadas, de mulleres inseridas nunha vergoñenta e fría estatística de seres humanos axustizados por outros seres, estes inhumanos, e que se fan chamar homes. Miserables que entenden a unha muller como unha posesión na que poder mallar cando lles peta.
Hoxe gastaránse moitos cartos en posters, anuncios e publicidades.... mañán eses gastos petarán contra a realidade cotián, unha realidade na que poucos pensan na nosa gran eiva: a educación.
(Entre Dous. Diario de Pontevedra 25/11/2013)
Ningún comentario:
Publicar un comentario