miércoles, 20 de noviembre de 2013

A madeira dos nosos santos...

Murmurounos onte na Libraría Paz Pedro Feijoo a súa nova aventura, e o fixo envolto en libros, moitos deles agochando crimes e historias de vinganzas e sangue. A través dese ollo, ao xeito da vértixe de Hitchcock, descorreu, ata onde se pode ler, o pano dunha historia de asasinatos arredor dunha imaxe mítica do noso país. 'A memoria da choiva' é o anzol para levar ao lector cara unha historia na que se agocha moito máis do que semella nun principio. Unha pescuda na nosa identidade a través dun mcguffin puramento galego que so Pedro Feijoo pode artellar coa solvencia dun xénero tan necesario na nosa literatura como ausente durante demasiado tempo. E ademáis estaba el.....para dicirnos que "agora é cando ides coñecer de que madeira están feitos os vosos santos".

No hay comentarios:

Publicar un comentario