jueves, 14 de noviembre de 2013

Votos ao Salón do Libro

Cando xa queda ben pouquiño para ter entre nós esa festa da nosa cultura que é o Culturgal, dende hai unhas semanas temos a ocasión para participar  nela de xeito activo, xa que dende a organización, e a través da súa páxina web, reclámase a acción do cidadán para elexir aquela iniciativa cultural que o público considere máis sobranceira.
A Asociación PuntoGal, o Festival de Cans ou o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra optan a ese galardón, e o certo é que as cousas están ben reñidas entre as dúas últimas. Cando quedan unhas horas para pechar as votacións, que lles parece darlle un empurronciño a un dos nosos mellores inventos no eido da cultura feito na nosa cidade? Ese Salón do Libro xa é un referente literario de primeiro nivel que lle outorga valor aos nenos e aos escritores. Valorémolo agora nós a través dos nosos votos. Anímense!


Publicado en Diario de Pontevedra 14/11/2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario