domingo, 17 de novembro de 2019

Guernica. Lección eterna


POUCAS leccións máis duradeiras deixou ao longo da historia a arte que a que permanece aínda hoxe chea de forza no Guernica. O cadro de Picasso, o cadro do horror da guerra, o cadro que nos fai pensar sobre as miserias do ser humano, o cadro do enfrontamento nun país. Non hai nada máis alá desta visión antibelicista, simplemente, o branco e negro da condición humana.
Impresiona, por moitas veces que un o faga, achegarse ata o Museo Nacional Reina Sofía e chantarse ante este monumental lenzo, ben rodeado de pezas que completan o seu contexto histórico. Pero non sempre é doado facelo, de aí a importancia deste tipo de iniciativas de La Caixa que achegan diferentes cuestións artísticas, culturais ou sociais a diferentes cidades e espazos da península, co fin de que o pobo poida coñecer e gozar das súas exposicións, sempre interesantes e sempre propostas dunha maneira exemplar. Recorda este tipo de aventuras aquelas Misións Pedagóxicas que na República facían da cultura un pasaporte para o coñecemento en moitas vilas e pobos lonxe das posibilidades do saber. Aquela foi unha proeza e o que fai hoxe La Caixa, noutros tempos e con moitas posibilidades, tamén o é. Como o é o seu compromiso coa cultura dende os seus proxectos e edificios culturais en varias cidades de España, e canto botamos de menos en Galicia un CaixaForum como os que hai en Madrid, Barcelona, Zaragoza, Sevilla, Palma, Girona, Lleida ou Tarragona.
Voltemos ao Guernica, e á posibilidade que temos na pontevedresa praza de España de coñecer a súa historia, grazas a unha interesante mostra que nos leva por diferentes cuestións vencelladas a ese cadro vertebrador da arte do século XX, non só pola súa creación, senón polas súas vicisitudes e polo significado que tomou como símbolo antibelicista. Os distintos espazos da exposición lévannos por aquilo que motivou o cadro, como é máis que sabido o bombardeo de Guernika pola Lexión Condor foi o reactivo que moveu a Picasso a aceptar o encargo da II República para o Pabellón Español da Exposición Internacional de 1937. Tamén se fai unha parada nas diferentes viaxes que fixo o cadro despois da Exposición para buscar a solidaridade internacional ante o levantamento militar. Un terceiro chanzo é a súa estancia no MoMA de Nova York. O cuarto sería as negociacións para o seu retorno a España, unha vez que o país recuperou as súas liberdades perdidas, tal e como deixara disposto Picasso; e por último, temos  ese papel simbólico do Guernica convertido nunha icona de paz e así asumido por numerosos colectivos. Xa falamos antes da calidade das mostras de La Caixa e aquí temos unha boa mostra, así que xunto ao apoio técnico e de materiais do Museo Reina Sofía, sóubose compoñer unha mostra atractiva e con moitos contidos que explican ese carácter lexendario do cadro que Picasso pintou tras corenta e cinco bosquexos e cinco semanas de traballo baixo a atenta mirada da súa parella, Dora Maar, que nos deixou outro legado de vital importancia: o resumo fotográfico da construción do cadro.
Nunca está de máis achegarse ao Guernica, agora témolo ás portas da casa, como temos ás nosas portas unha preocupante involución de certos postulados políticos que poden, de non ser atallados a tempo, voltar a caer no branco e negro deste cadro. O crecemento dunha extrema dereita fagocitadora de todo o que signifique progreso e liberdade estase a converter nunha das graves ameazas a nosa convivencia. A lección do Guernica non debería facernos esquecer como rematan estas cousas.



Publicado no Diario de Pontevedra 15/11/2017
Un dos paneis da exposición 'Picasso. El viaje del Guernica' (Gonzalo García)


1 comentario:

  1. CÓMO OBTENGO MI PRÉSTAMO DE ESTA GRAN EMPRESA

    Hola queridos, soy Linda McDonald, actualmente vivo en Austin, Texas, EE. UU. Soy viuda en este momento con tres hijos y estaba atrapado en una situación financiera en abril de 2018 y necesitaba refinanciar y pagar mis cuentas. Traté de buscar préstamos de varias firmas de préstamos, tanto privadas como corporativas, pero nunca con éxito, y la mayoría de los bancos rechazaron mi crédito, no se aprovechan de esos matones que los llaman prestamistas de dinero propio, todos son una estafa, todo lo que quieren es su dinero y es muy probable que no vuelvas a saber de ellos. Me lo han hecho dos veces antes de conocer al Sr. David Wilson. Lo más interesante es que mi préstamo me fue transferido dentro de las 74 horas, por lo que te aconsejaré que te comuniques con el Sr. David si está interesado en obtener un préstamo y está seguro de que puede devolverle el dinero a tiempo, puede comunicarse con él por correo electrónico ……… (davidwilsonloancompany4@gmail.com) Sin verificación de crédito, sin cosignatario con solo una tasa de interés del 2% y mejores planes de pago y programar si debe comunicarse con cualquier empresa con referencia a la obtención de un préstamo sin garantía, entonces contacte al Sr. David Wilson hoy para su préstamo

    Ofrecen todo tipo de categorías de préstamos que

    Préstamo a corto plazo (5_10 años)
    Préstamo a largo plazo (20_40)
    Préstamo a plazo de medios (10_20)
    Ofrecen préstamos como
    Préstamo hipotecario ............., Préstamo comercial ........ Préstamo de deuda .......
    Préstamo estudiantil .........., préstamo de inicio comercial
    Préstamo comercial ......., préstamo empresarial .............. etc.
    Correo electrónico .......... (davidwilsonloancompany4@gmail.com)
    Cuando se trata de crisis financiera y préstamos, entonces el préstamo financiero de David Wilson es el lugar para ir, solo dígale que la Sra. Linda McDonald le dirige buena suerte ................... ....

    ResponderEliminar