É UNHA DAS grandes
eivas dos nosos plans de estudos. O de poder apostar máis polas
capacidades do cinema como xeito de educación para a mocidade. A
Historia do Cine non deixa de ser un apéndice no programa dalgún
curso perdido no currículum dos alumnos ao que rara vez se adoita
chegar. Só a sensibilidade dos mestres, e que sexan quen de entender
que o cinema é un dos discursos visuais e narrativos máis próximos
aos mozos e mozas para entender as cousas, pode levar a que eses
plans de estudos cheguen ao seu fin.
De aí que un dos
grandes meritos do festival Novos Cinemas (que terían mil e unha
cousas que alabar) sexa a atención que prestan a esa educación
dende o cine, a facer desa maxia da pantalla unha canle de
comunicación incomparable con calquera outra disciplina artística
para que eles sexan quen, xa non só de entender a linguaxe
cinematográfica, senón as súas capacidades para describir o noso
mundo lonxe doutros medios que poden ser para eles moito máis
áridos. Dende a primeira edición, dende aquel Antoine Duanel de
François Truffaut correndo cara o mar no remate de ‘Os 400
golpes’, as intencións deste Festival quedaron ben claras. Por un
lado o traballo coas novas miradas, cos directores que comezan a
plantexar unha carreira dende o cinema (‘Os 400 golpes’ foi a
primeira longametraxe do director francés), e por outro, esa mirada
da infancia cara o mundo dos adultos como abraiante xeito de tentar
explicarnos a nós mesmos. Ese sentido da descuberta é o gran acerto
de Novos Cinemas, o seu elemento diferenciador nun escenario cheo de
festivais cinematográficos.
Esa aposta pola
educación é a que leva a este festival a dilatar o seu traballo ao
longo de todo un ano. Mentres chegan as datas do festival o equipo da
organización con Suso Novás á súa fronte plantexa toda unha serie
de actividadse en centros escolares da contorna, este ano os
escollidos foron o pontevedrés Concepción Crespo Rivas e o
marinense do Carballal os que acolleron esta experiencia cunha serie
de actividades vencelladas á historia do cinema e á súa linguaxe e
que se completará cunha proxección no Museo de Pontevedra para
escolares na que se exhibirá ‘A volta a clase’ (1956) de Jacques
Rozier e ‘Pequena luz’ (2003) de Alain Gomis. Dúas pezas
pequenas de duración pero que permitirán establecer un coloquio cos
rapaces que abofé será toda unha experiencia para todos eles nas
que poden ser as súas primeiras miradas a un cine que hoxe xa non se
fai.
As catro edicións xa
celebradas deste Festival amosaron de sobra as súas posibilidades e
o poder inesgotable do cinema para emocionar e para converter os
nosos ollos en pequenas pantalliñas nas que reflectirse o mundo.
Mirar a través dos que miran por primeira vez é unha experiencia
estremecedora coa que ningún outro festival ou proxecto de
exhibición pode competir. Mirar como miran os nenos, mirar como mira
alguén que fai cine por primeira vez é unha desas beizóns
primixenias do ser humano e de calquera creador. Poderase con tempo
mellorar moitas cousas, coñecer e sofisticar as accións deses
directores noveis, pero aquela primeira mirada xa será para sempre
irrecuperable. Do mesmo xeito as miradas dos nosos nenos e nenas
complicaranse co tempo, enchéndose de prexuízos e de contaminacións
dunha sociedade aniquiladora de calquera xeito de inocencia, por iso
participar deste festival ten moito de regreso a inocencia, de buscar
o sentido da vida, se é quen algún, nas nosas miradas de fai cada
vez máis anos.
Publicado no Diario de Pontevedra 6/12/2019
Foto: Proxección de Trinta lumes no Museo de Pontevedra dirixida a escolares na edición de 2018 de Novos Cinemas. (José Luiz Oubiña)
CÓMO OBTENGO MI PRÉSTAMO DE ESTA GRAN EMPRESA
ResponderEliminarHola queridos, soy Linda McDonald, actualmente vivo en Austin, Texas, EE. UU. Soy viuda en este momento con tres hijos y estaba atrapado en una situación financiera en abril de 2018 y necesitaba refinanciar y pagar mis cuentas. Traté de buscar préstamos de varias firmas de préstamos, tanto privadas como corporativas, pero nunca con éxito, y la mayoría de los bancos rechazaron mi crédito, no se aprovechan de esos matones que los llaman prestamistas de dinero propio, todos son una estafa, todo lo que quieren es su dinero y es muy probable que no vuelvas a saber de ellos. Me lo han hecho dos veces antes de conocer al Sr. David Wilson. Lo más interesante es que mi préstamo me fue transferido dentro de las 74 horas, por lo que te aconsejaré que te comuniques con el Sr. David si está interesado en obtener un préstamo y está seguro de que puede devolverle el dinero a tiempo, puede comunicarse con él por correo electrónico ……… (davidwilsonloancompany4@gmail.com) Sin verificación de crédito, sin cosignatario con solo una tasa de interés del 2% y mejores planes de pago y programar si debe comunicarse con cualquier empresa con referencia a la obtención de un préstamo sin garantía, entonces contacte al Sr. David Wilson hoy para su préstamo
Ofrecen todo tipo de categorías de préstamos que
Préstamo a corto plazo (5_10 años)
Préstamo a largo plazo (20_40)
Préstamo a plazo de medios (10_20)
Ofrecen préstamos como
Préstamo hipotecario ............., Préstamo comercial ........ Préstamo de deuda .......
Préstamo estudiantil .........., préstamo de inicio comercial
Préstamo comercial ......., préstamo empresarial .............. etc.
Correo electrónico .......... (davidwilsonloancompany4@gmail.com)
Cuando se trata de crisis financiera y préstamos, entonces el préstamo financiero de David Wilson es el lugar para ir, solo dígale que la Sra. Linda McDonald le dirige buena suerte ................... ....