NO DÍA MUNDIAL das Bibliotecas un
dato estremecedor confirmouse pola propia Xunta de Galicia ao afirmar
que a súa inversión para a compra de libros destinado ás bibliotecas de Galicia
ascenderá a 2.000 euros, co que para a Biblioteca de Pontevedra a cantidade
para aumentar os seus fondos será de 240 euros. Se vostedes teñen o feliz
hábito de mercar libros poden botar as contas moi rápido, tendo en conta que de
media o prezo dun libro recén saído do prelo ronda os vinte euros temos que a
Xunta comprará doce libros no 2014 para que a Biblioteca de Pontevedra atenda a
unha poboación que excede os 80.000 habitantes. As medias fálannos xusto dun
libro novo cada mes e dun número de novedades vergoñento para esa cantidade de
lectores. Claro que hai moitos libros aínda sen ler pero é lamentable escoitar
uns datos que volven a falar do que importa a lectura nestes tempos.
Entre Dous. Diario de Pontevedra 24/10/2013
Ningún comentario:
Publicar un comentario