luns, 11 de marzo de 2013

O fume da Academia


NON FORON días sinxelos para a Real Academia Galega: anunciadas saídas, liortas entre os membros e sobre todo a perniciosa perda de imaxe coa que moitos se senten ben agusto.
O mércores coñeceremos se o seu presidente marcha, tanto do cargo como da propia Academia. Será o día do fume branco, como o pode ser no Vaticano se o día antes, o do comezo do Cónclave, non se chega a un acordo sobre o novo Papa. Ese día a nosa lingua vólvese a xogar moitas cousas, e xa é moito tempo xogando ao límite como para que agora os seus propios defensores anden a labazadas entre eles. Imponse a unión, que non marche ninguén con independencia dos cargos. Todos son útiles cando se trata de defender unha lingua da que todos os seus membros son axeitados defensores. Xa hai bastantes inimigos portas afora como para afogar dentro co fume propio.

Entre Dous. Diario de Pontevedra 11/03/2013

Ningún comentario:

Publicar un comentario