xoves, 13 de febreiro de 2020

As ‘Arquifeituras’ de Adolfo Barcia

Rue Saint-Antoine nº 170
Escultura ▶ A sala Rivas Briones de Vilagarcía de Arousa acolle unha interesante reflexión dende a escultura sobre a concepción de fogar. Coa metáfora da figura dunha casa, Adolfo Barcia compón un imaxinario creativo de longo percorrido no que a propia casa identifícase co eu, é decir, coa persoa, para xerar unha chea de ideas sobre nós


Catro paredes e un tellado. A imaxe dunha casa. Unha sinxela metáfora na que se reflicte ao propio ser humano. Que nos representa máis co noso fogar? A partir dese concepto Adolfo Barcia desenvolve todo un plantexamento escultórico que sorprende pola súa imaxinación, pola diversidade das pezas e por cómo o emprego dos materiais, moitos deles reciclados doutros usos, achegan toda unha serie de sensacións que lle engaden novos significados á cada unha das pezas.
As dúas salas do magnífico espazo de exposicións da sala Rivas Briones de Vilagarcía de Arousa confórmanse como unha gran casa. Un xeito de mirar cara o noso interior, pero tamén a cómo é a nosa relación coa contorna. Reflexións que nos levan a esta concepción da escultura como un compromiso coa propia sociedade, con cómo son as nosas relacións coa veciñanza, a nosa implicación nunha natureza que adoitamos masacrar co noso egoísmo cotiá, ou cómo o tempo se plantexa como un elemento chave en calquera aproximación sobre a nosa existencia.
Escribe coa súa lucidez habitual o profesor da pontevedresa Facultade de Belas Artes no catálogo que completa a mostra, Juan Fernando de Laiglesia: «Sus casas son como pequeños objetos portátiles, como maquetas a vista de pájaro, convertidas en módulos manejables, para poder coleccionarlas y pasarlas de mano en mano, manejarlas como ideas». Esa percepción da obra como idea, a forma como reflexión é a gran conquista de Adolfo Barcia nas súas pezas, xa que cada unha delas desenvólvese nunha dirección, nunha posibilidade plantexada dende a escultura para propiciar en nós un instante de pensamento, un tempo detido para que a nosa mente estableza unha reflexión sobre cal é a nosa posición fronte á realidade. Pezas aparentemente sinxelas, pezas cheas dunha fonda poética que xorde da súa sinxeleza pero ao tempo, tamén, da súa enorme fondura conceptual. Unhas escaleiras de arame que suben cara o ceo, uns raís que compoñen un infinito, uns anacos de cristais chantados arredor dunha casa, un niño de espiños onde se acubillan dúas casas, unha casa con gadoupas... casas e máis casas ás que os materiais e a súa disposición enchen de posibilidades que xorden do traballo do artista no seu taller, a súa casa taller. Un cerebro no que emerxen unha chea de proxectos que lentamente vanse propoñendo nas súas posibilidades, vendo como funcionan nesa conxunción de materiais que aproveitan a súa vida anterior para sumar unha nova existencia. Mesmo o fragmento, o escombro, asume unha nova funcionalidade. A de memoria dun tempo anterior, un anaco de vida que posúe, concebido como peza artística, unha inesperada capacide como obxecto artístico.
Adolfo Barcia tamén inclúe fotografía ou debuxo como partes do seu proxecto. Un proxecto que se fai. Arquitectura que se fai. ‘Arquifeituras’, o título da mostra. A capacidade do escultor por modelar a realidade tamén se reivindica na propia exposición. A secular idea do escultor que modela aquí trasládase a eses materiais reconvertidos para traballar con eles a partir da manualidade, isto é do propio feito escultórico. Parella, ruína, discusión, decisión, son nomes de pezas, pero son, ao tempo, a plasmación visual dos nosos propios comportamentos. Unha humanización desa forma casa que xoga con elementos surreais, con estrañezas que nos perturban, tamén con mitoloxías que forman parte da nosa cultura e ás que nunca está de máis revisitar polo que teñen de simbólico.
Casas que soben ata un ceo estrelado, casas que se defenden con púas como se fosen un ourizo, casas metidas nun cárcere. Casas e casas para falar de cómo habitamos eses contedores, pero tamén de cómo eses contedores falan coa súa contorna. Pobos, vilas, cidades, urbes... acumulacións de casas que dun xeito ou doutro vense afeitas a unha convivencia con máis ou menos tensións. Ata o 11 de marzo podemos achegarnos a esas tensións escultóricas, a entender como a escultura pode falar de nós mesmos a través dunha serie de formas que nos suxestionan coas súas posibilidades, coa suma de ideas e materiais para xerar unha nova cidade na que todo pode ser ben diferente a cómo é cando as nosas cidades deixan de pensar, algo cada vez máis frecuente.



Publicado en Diario de Pontevedra 10/02/2020


1 comentario:

  1. CÓMO OBTENGO MI PRÉSTAMO DE ESTA GRAN EMPRESA

    Hola queridos, soy Linda McDonald, actualmente vivo en Austin, Texas, EE. UU. Soy viuda en este momento con tres hijos y estaba atrapado en una situación financiera en abril de 2018 y necesitaba refinanciar y pagar mis cuentas. Traté de buscar préstamos de varias firmas de préstamos, tanto privadas como corporativas, pero nunca con éxito, y la mayoría de los bancos rechazaron mi crédito, no se aprovechan de esos matones que los llaman prestamistas de dinero propio, todos son una estafa, todo lo que quieren es su dinero y es muy probable que no vuelvas a saber de ellos. Me lo han hecho dos veces antes de conocer al Sr. David Wilson. Lo más interesante es que mi préstamo me fue transferido dentro de las 74 horas, por lo que te aconsejaré que te comuniques con el Sr. David si está interesado en obtener un préstamo y está seguro de que puede devolverle el dinero a tiempo, puede comunicarse con él por correo electrónico ……… (davidwilsonloancompany4@gmail.com) Sin verificación de crédito, sin cosignatario con solo una tasa de interés del 2% y mejores planes de pago y programar si debe comunicarse con cualquier empresa con referencia a la obtención de un préstamo sin garantía, entonces contacte al Sr. David Wilson hoy para su préstamo

    Ofrecen todo tipo de categorías de préstamos que

    Préstamo a corto plazo (5_10 años)
    Préstamo a largo plazo (20_40)
    Préstamo a plazo de medios (10_20)
    Ofrecen préstamos como
    Préstamo hipotecario ............., Préstamo comercial ........ Préstamo de deuda .......
    Préstamo estudiantil .........., préstamo de inicio comercial
    Préstamo comercial ......., préstamo empresarial .............. etc.
    Correo electrónico .......... (davidwilsonloancompany4@gmail.com)
    Cuando se trata de crisis financiera y préstamos, entonces el préstamo financiero de David Wilson es el lugar para ir, solo dígale que la Sra. Linda McDonald le dirige buena suerte ................... ....

    ResponderEliminar