martes, 19 de novembro de 2013

O amor pola aldea

RELACIÓNS ESPORÁDICAS A imaxe conservada por unha nena arredor da aldea, cerne do noso sustrato común, enguedéllase co maxín literario de Nélida Piñón a través de varios dos seus libros, pero é agora, co seu último traballo, ‘Libro de horas’, co que estoupa cunha dimensión nova da memoria na recuperación do que un foi para saber o que se é hoxe.


ESCOITAR FALAR OU ler a Nélida Piñón é un exercicio de satisfacción que poucos autores son quen de acadar ante o seu audi torio. Palabras convertidas en ca ricias nas que a dozura dos feitos converte nunha festa dos sentidos as súas intervencións. Comprobá molo ao longo desta semana coa súa participación en diferentes actos en Pontevedra, Cotobade e Campo Lameiro, pero sobre todo comprobámolo nos seus libros. Eles son apaixoadas defensas do ser humano nun ambiente onde a experiencia, a recuperación da memoria ou o vínculo cos mitos gregos esa rede que suxeita moito do que somos hoxe e que nos em peñamos moitas veces en despre zar a través ao maltrato ao seu país de orixe convértense no sustento da súa obra. Dende eses alicerces, Nélida Piñón constrúe unha obra de calado, artellador de diferentes culturas, nunha mestizaxe que lle valeu premios tan sobranceiros como o Príncipe de Asturias das Letras en 2005. A súa ‘República dos soños’ de novo editada por Alfaguara o pasado mes é unha obra capital na lingua portuguesa e unha das obras monumentais da literatu ra mundial. Nela contense todo o que é Nélida Piñón, e moito tamén do que é esta Galicia. Nese libro, o porto de Vigo é o arranque da epopeia social da emigración, do fei to que sustentou durante moitos anos a todo un país malia á ferida social e familiar que supoñía.
Logo viñeron outros libros, outras experiencias, outras viaxes, persoas, lecturas, reco ñecementos, galardóns... pero ao final de todos eles, movendo as folliñas da memoria, sempre asoma aquela pequena capela solitaria de Borela. Un cofre de pedra que a nena Nélida abre de cando en cando para recuperar o tempo da felicidade, un tempo que non foi capaz de esquecer. “Desde que la vi amé la capillita de Borela, localizada después del puente. La visito con frecuencia, y casi siempre la encuentro cerrada. Ese abandono me desconcierta, no sé qué hacer para salvar mi infancia. Ignoro quien tiene la llave del cielo. No obstante, en sus bancadas de madera, en las paredes, en los alrededores sé que están esas huellas mías que el tiempo insiste en borrar”. Deste xeito fala a autora neste ‘Libro de horas’, que artella unha especie de conversas consigo mesma, coas experiencias máis diversas ao longo dos anos, ao compoñer unha paisaxe emocional que aparece fixada naquel sentimento do Cotobade ao que se achegou de pequena e no que viviu arredor de dous anos. Un tempo breve, de tal intensidade, para aquela moza, que xa dende pequena quería escribir e narrar historias, que xa non puido des facerse del, sendo unha constante na súa obra.
Emociona pasar as follas deste libro e contemplar como Cotobade bátese unha páxina tras outra con metrópolis como Nueva York ou São Paulo, espazos urbanos que sen aquela experiencia da nenez serían moi diferentes.
E a carón da pequena capela de Borela temos unha fermosa ponte medieval: “Recorro a pie el puente, que es perenne, mirando un centro hipótetico. Qué habrá al otro lado del mundo? Acaso las puertas del Paraíso, las llamas del infierno de Dante? Conviene desconfiar de una fantasía que invita a olvidar el camino de regreso al Brasil”. Así o cita a autora para evocar a súa imaxinación e capacidade desa fermosa ponte para a evocación, para volverse literatura dende as súas pedras atemporais.
E xunto aos lugares as persoas, a familia e os veciños toman tamén protagonismo no relato, a presenza máxica dos avós: “En la casa de mi abuela, el mundo me exaltaba. Me sentía Atlas sosteniendo en sus manos la esfera de la Tierra”; e xunto a elas as tarefas do campo, as labores agrícolas o trato cos animais: “Mi favorita era Manchada, nombre común en Cotobade. Tenía cuernos cortos, manchas blancas en la piel y la mirada triste, resignada a la miseria humana”, poucas veces se ten falado tan ben dunha vaca; o Nadal e o cocido, inesquecible fío de Ariadna co pasado, tempo ao que a autora brasileira home naxea dende esta sorte de libro de oracións, convertido en fragmen tos dunha vida. Unha lectura evocadora como ela mesma di: “En recuerdo de aquellos tiempos mas tico en las mañanas el pan negro con la sensación de estar de nuevo en Borela, donde fui tan feliz”. 

Publicado en Diario de Pontevedra y El Progreso de Lugo
Fotografía. Capela de Borela (Cotobade). Gonzalo García

Ningún comentario:

Publicar un comentario